Medio rural
Superstición: Crenzas e relatos sobre os animais

As crenzas místicas e relixiosas a miúdo son consideradas como inxenuas e primitivas, e, por extensión, tamén á comunidade do campo galego por mantelas vivas a través dos séculos. Mais os mitos e lendas son a expresión de toda unha cosmogonía que ata hoxe marca os xeitos de relación co outras especies.  

  

Rebinxe foto de Moucho
Un moucho sostennos a mirada. Arquivo Rebinxe
19 jun 2020 19:28

Só fai falta saír de noite ao monte para redescubrir o pequenos que somos ante a grandeza da natureza. Quedar de pé a carón das árbores nunha noite ventosa pode tornarse dun momento a outro nunha experiencia mítica. A madeira comeza a renxer, as lixeiras follas das copas danzan nun vaivén tan sonoro que causa a sensación de sordeira. E despois se empezan a escoitar outro tipo de sons que son imposibles de descifrar en medio da escuridade.  Hai algo alí ou foi o vento? Será un porco bravo ou un morcego?  

A imaxinación comeza a facer das súas, por malo que sexa para os nervios. As imaxes flúen tratando de dar sentido ao que percibimos e non podemos constatar. E así, en pleno século XXI, presenciamos o escenario do nacemento do mito.          

A RELACIÓN ENTRE A MÍSTICA E O MUNDO RURAL        

Por máis que se asemellen entre si, toda sociedade desenvolve os seus propios mitos e lendas. O rural galego non é a excepción, mais si ten as súas particularidades. Compartir o espazo coa natureza e os animais determina o tipo de narracións que se contan. A súa xeografía e o seu contexto socio-político predispoñen os xeitos nos que as historias viaxan de boca en boca e como pasan de xeración en xeración. 

Ao ser os animais ese corpo e conciencia que non somos nós, nos relatos moitas veces representan o descoñecido, o salvaxe, a vida e a súa finitud. A historia do templo de A Franqueira, por exemplo, conta que cando os portugueses e galegos estaban a discutir sobre se a imaxe relixiosa tiña aparecido no seu territorio ou no noso, decidiron vendarlle os ollos a dous bois que acareaban un carro. Puxeron á virxe no carro e deixaron que os bois tiraran cara ao lugar da aparición. Nesta lenda, é coma se os animais fosen os representantes da verdade divina.  

Se miramos só un pouco máis afondo, unha lenda coma a da Franqueira evidencia a relación indisoluble entre o popular e o sacro. A relación entre a relixión, a maxia e as supersticións é tan estreita que costa traballo albiscar a liña divisoria; todas son expresións da cosmogonía das comunidades, son interpretacións da realidade que, coas súas propias normas e valores, ordenan e dotan de identidade aos colectivos. 

Porén, no século XVIII, os intelectuais (sic) impoñen a idea de que todas estas crenzas, que escapan do ámbito da razón, son inxenuas, primitivas, arcaicas. 

Xa non estamos neses tempos e a antropoloxía -e a sensibilidade- ten demostrado que o sentido relixioso non é unha expresión de atraso menos complexa que outros xeitos de expresión humana. Tampouco se trata de pensamentos que poidan ser superados ou remplazados pola ciencia, xa que conviven de xeito natural. Secasí, a idea de que o mundo místico pertence ao pasado e representa o primitivo sigue vixente e pode observarse na –falsa- dicotomía entre o urbano e o rural. 

As cidades son, ante todo, o símbolo do progreso. Nas rúas, as edificacións de concreto érguense impoñentes e a última tecnoloxía avistase en cada unha das súas esquinas para reiterar o triunfo e a continua superación da nosa especie. Domada queda a natureza, crecendo segregada en espazos delimitados e a noso xeito.  

Lonxe -e atrás- queda o campo, ese espazo salvaxe onde se vive entre a natureza e a xente –pobriña- aínda se deixa levar polas supersticións. 

Mais o pensamento místico é intrínseco a humanidade e atópase tamén nas cidades. Agáchase porque son diferentes ás narracións antigas; son unha expresión das idiosincrasias das comunidades urbanas e os seus xeitos de vida. A superstición familiar máis antiga que lembro de cando era nena e vivía nunha cosmópolis, por exemplo, ía sobre a mala sorte que traía non sacudirse cada que se escoitaba o son do carro do vendedor ambulante de patacas doces. 

Nas cidades non hai moitas crenzas que xiren ao redor dos animais, cousa impensable no rural, onde os animais son moitas veces os protagonistas dos contos, aínda que isto causase que moitas especies foran e continúen a ser catalogadas como “malas” ou  daniñas desde hai séculos. 

OS RELATOS SOBRE OS ANIMAIS  

No tempo que levo vivindo no rural galego, teño escoitado unha infinidade de historias sobre distintos animais. 

“Mira, alí vai un moucho, vai morrer alguén, contábame a miña veciña Felicia, o mes pasado vimos un parado no poste que hai na nosa finca e uns días despois morreu o esposo de María”. 

É imposible dar cos inicios destas narrativas que forman parte do patrimonio cultural inmaterial da Galiza. Emociona, sen dubida, que as poidamos escoitar ata o día de hoxe. En moitos casos, o que se conta dos animais non vai alén das historias de sobremesa. No en tanto, hai outras lendas que poden chegar a comprometen a existencia das especies. 

Unha vítima deses casos é a raposa: cada que unha galiña desaparece do curral automaticamente se lle culpa a ela. Se buscan e se tapan os buracos nas redes das fincas e incluso algúns chegan a instalar –ilegalmente- trampas nos arredores. Cando, na realidade, os responsables son outros depredadores (mamíferos e aves). Na miña aldea, mirar unha raposa cerca das casas é cousa mala e rapidamente a veciñanza corre a voz para que cada quen tome as súas precaucións. Pouco se fala das beneficiosas que poden ser as raposas no control de pragas de teipas ou ratos. 

Noutra ocasión, cando estaba a axudar a botar patacas, un golpe á terra co sacho deixou á vista un niño de serpe. Seis ovos brancos e redondiños quedaron descubertos. Non me deu tempo de achegarme a miralos cando empezaron a aventalos pola leira. A explicación veu por si soa, coa súa respectiva historia, nuns intres: 

“Miña nai contoume que ao pouco tempo de dar a luz a meu irmán Manolo, acabouselle o leite. Empezou a ter pesadelos co demo e cousas así e foi cando souberon que unha serpe entraba á casa cando todos durmían e lle mamaba o leite toda. Despois diso, cada noite, entes de durmir, miña nai esparexía fariña por todo o chan para ver se a serpe deixaba o seu rastro. Temos que quitar os ovos porque poden ser velenosas. Ademais, agora temos cabritos; temos que tapar ben os ocos da parede de pedra da cadra, porque as serpes poden entran por calquera buraco pola noite para beber a leite da cabra e logo xa non queda ningunha para darlle á crías”. 

E así, xunto coas serpes, mouchos e raposas, falase do lobo, da curuxa, do porco bravo e dos sapos. Cada un ten a súa historia que determina ata hoxe a relación que a xente ten con esas especies. Ou que tería, porque en moitas ocasións nin sequera houbo un encontro físico entre quen conta a historia e o animal do que fala. 

Mais non é que estes pensamentos místicos e a súa reprodución sexan produto da inxenuidade nin que carezan de complexidade. Hai outros xeitos de coñecer, ordenar e relacionarse co mundo que son igual de validos que calquera outro, aínda que o noso contexto e as nosas referencias limiten a nosa comprensión. 

PARA REMATAR 

Se ben as distintas manifestacións de crenzas son valiosas para todas, os prexuízos e lendas falsas sobre certos animais poden chegar a comprometer o equilibrio ecolóxico se se pasa do ámbito literario a accións que atenten contra a vida de especies. Unha tradición non pode preservarse intacta só polo seu valor histórico e cultural se atenta contra a vida e o benestar de alguén -aínda que sexa nun plano simbólico-.  

Neses casos hai que rachar as narrativas. A vida en común só é posible se recoñecemos a interdependencia entre nós e con quen compartimos o espazo. Aínda que hai organizacións cidadás que se están a encargar de informar e sensibilizar no referente á ecoloxía no mundo agrario, urxe que un programa de educación ambiental que sexa verdadeiramente accesible para as comunidades do rural. Manter un estado xeral de desinformación na poboación é tamén un xeito de segregar, vulnerar e precarizar a vida. 

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
Galicia
Galicia Cientos de personas descienden el río Ulla en una protesta histórica contra la celulosa Altri y la mina Touro
El río potencialmente más afectado por ambos proyectos se convirtió este domingo en una ruta de protesta y concienciación ambiental gracias al descenso de decenas de embarcaciones lideradas por activistas de todo el país.
Altri
Altri Centos de persoas enchen o río Ulla nunha protesta histórica contra a celulosa de Altri e a mina de Touro
O río potencialmente máis afectado por ambos proxectos converteuse este domingo nunha vía de protesta e conciencia ambiental grazas á decida de decenas de embarcacións dirixidas por activistas de todo o país.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.