Sáhara Occidental
Seis empresas galegas participan da explotación pesqueira en territorios ocupados

Á vulneración constante dos dereitos humanos no Sáhara Occidental ocupado únese un segredo a voces: o espolio de recursos naturais saharauís por parte de empresas europeas. Moitas delas, galegas.
Pesca Sahara - 4
Venda e transporte de produtos pesqueiros en Dakhla que son etiquetados como marroquís.

Corea do Sur, Italia e o Estado español constitúen o top tres na importación de polbo a nivel mundial. Xa no 2015, a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO, polas súas siglas en inglés) estimaba unha demanda de 400 mil toneladas de polbo, dez veces máis ca no 1950. Unha tendencia en alza que choca de bruzos cos límites planetarios e as consecuencias da emerxencia climática. “Coñecer os datos exactos en canto ás poboacións de polbo é moi difícil, pero si sabemos que en España hai poucos exemplares”, explica Celia Ojeda, responsable de Biodiversidade en Greenpeace España.

Por este motivo, os principais caladoiros atlánticos dos que se obtén este famoso cefalópodo, oficialmente, son Mauritania e Marrocos. Un informe do Observatorio de Dereitos Humanos e Empresas (ODHE), Associacions Catalanes Amigues del Poble Sahrauí (ACAPS) e NOVACT deixa ao descuberto toda unha trama de espolio continuado no territorio ocupado do Sáhara Occidental, denunciado en múltiples ocasións polo dereito internacional pero non o suficientemente perseguido por unha Unión Europea que lava as mans deixando que a responsabilidade caia nas empresas cómplices de dito saqueo.

“Territorio pendente de descolonización”, o ingrediente máxico para obter unha escala de grises na que actuar con total impunidade

O capítulo XI da Carta das Nacións Unidas denomina ao Sáhara Occidental “Territorio Non Autónomo pendente de descolonización”. Xa no 1966, a Convención Internacional dos Dereitos Civís e Políticos, así como a Convención Internacional sobre os Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, establecían que “todos os pobos deben, polos seus propios medios, libremente dispoñer dos recursos naturais de todo tipo atopados no seu territorio, incluíndo o espazo marítimo”. Por outra banda, a Resolución 1803 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas (2008) describe “a soberanía permanente sobre as riquezas e os recursos naturais coma un elemento básico do dereito de autodeterminación”. É dicir, un territorio non autónomo pendente de descolonización, como é o Sáhara Occidental, ten dereito a xestionar os seus recursos, así coma os beneficios xerados pola explotación dos mesmos.

Porén, o conflito no territorio saharauí comprende múltiples niveis (político, económico, social e ético) e é o caldo de cultivo perfecto para xerar unha escala de grises na que as empresas poden actuar na alegalidade con total impunidade. “Non é obrigatorio dicir onde foi capturada unha especie, senón o porto do que saiu”, explica a voceira experta en Biodiversidade de Greenpeace España, Celia Ojeda. A Unión Europea, seguindo o principio de protección ecosistémica por mor do risco no que se atopa o polbo actualmente, limitou no 2023 a pesca desta especie. Pero as dificultades na trazabilidade dos produtos pesqueiros fai imposible o control desta limitación, xa que as empresas seguen a capturar polbo unindo á cota da UE outros convenios bilaterais co Reino de Marrocos, quen captura o 90% dos peixes e cefalópodos en augas recoñecidas coma saharauís, segundo unha investigación realizada polo ODHE, ACAPS e varios colectivos de activistas saharauís, coma a Asociación para a Vixilancia dos Recursos e para a Protección do Medio Ambiente no Sahara Occidental (AREN).

Os tentáculos do espolio baixo a lupa

“A situación ameaza con perigo nos próximos anos a menos que a comunidade internacional interveña para impoñer o descanso biolóxico e un control estrito da sobrepesca contra os recursos mariños saharauís”, advirte Lahcen Dalil, activista saharuí integrante de AREN.

No 2018, tras a conferencia sobre resistencia civil nonviolenta “Sáhara Rise”, xorde “O Sáhara Occidental non está en venda” (WSNS, polas súas siglas en inglés), unha campaña internacional contra o espolio dos recursos naturais no Sáhara Occidental formada por activistas e asociacións do pobo saharuí. No seu manifesto, establecen o obxectivo de poñer fin á actividade das empresas estranxeiras en canto á explotación dos recursos naturais no Sáhara Occidental ocupado. Esta campaña advirte de coma nos últimos anos a exportación de produtos pesqueiros, en especial sardiñas e polbo, do Sáhara Occidental está en aumento constante. Algunhas das empresas exportadoras máis importantes atópanse no Estado español e, máis concretamente, en Galiza.

As empresas galegas Discefa, Frigoríficos Camariñas (Canosa), Profand, Salgado Congelados S.L, Fesba Seafood e Gilmar Mariscos anuncian nas súas páxinas web “polbo de Dakhla”, unha rexión pertencente ao Sáhara Occidental ocupado. Todas elas rexeitaron a oportunidade de responder preguntas para esta reportaxe. “A normalización e complicidade coa anexión ilegal dun territorio non autónomo pendente de descolonizar está a realizarse sen ningún tipo de pudor”, denuncian dende ACAPS, a Asociación Catalana de Amigas do Pobo Saharauí.

Mapa Zona pesca Sahara Occidental
Sinalada en verde a zona económica exclusiva do Sáhara Occidental. Arte El Salto

Hai menos dun ano, concretamente o 17 de xullo do 2023, pasados os catro anos establecidos na súa publicación no 2019, finalizou o protocolo creado dentro do acordo de colaboración de pesca sostible entre a Unión Europea e o Reino de Marrocos. Dito acordo permitía ás flotas pesqueiras da UE faenar nas augas baixo a xurisdicción de Marrocos, a cambio dunha contrapartida económica de 208,7 millóns de euros. O Frente Polisario denunciou ante o Tribunal Xeral de Xustiza da Unión Europea (TGJUE) no 2021 que polo menos o 90% destas capturas estaban a realizarse no espazo marítimo saharauí, sen beneficiar de xeito algún ao pobo orixinario de dito territorio. Tras esta denuncia, e a sentenza dictada polo TGJUE en setembro dese mesmo ano, decidiuse non prorrogar este acordo, dictaminando así que a UE ten a obriga de respectar os intereses do pobo saharauí, solicitando o permiso previo ao Frente Polisario, que conta co recoñecemento internacional coma representante do pobo saharauí. Un toque de atención histórico para a comunidade europea, máis non o primeiro: os acordos anteriores entre a UE e o Reino de Marrocos xa contaban coa advertencia do Tribunal de Xustiza de que non eran aplicables ao Sáhara Occidental.

Se ben a non prorrogación do último acordo é clave, non é impedimento para que as empresas antes mencionadas, e outras, sigan distribuíndo polbo procedente do Sáhara. “Existe por un lado a política pesqueira común da UE, que se aplica a todos os estados membro; e por outro, os acordos bilaterais entre países ou entre países e empresas, que permiten faenar fóra das augas e cotas comunitarias. Trátase dunha trampa moi extendida no sector, pero non é ilegal en si mesma”, explica Celia Ojeda dende Greenpeace España. Porén, a lei esixe que ditas actividades en terceiros países sexan mutuamente beneficiosas para os países implicados e a súa poboación, así como contar co consentimento de todas as partes, e o respecto dos dereitos humanos e do medio ambiente das zonas explotadas. Puntos que non se cumpren cando se trata do polbo e do Sáhara Occidental.

Asinando acordos bilaterais co Reino de Marrocos para faenar en augas do Sáhara, máis ricas nas especies que precisan, as empresas transnacionais apoian ao réxime marroquí e lexitiman e financian a ocupación do Sáhara Occidental

Dende a ocupación militar do Sáhara Occidental por parte de Marrocos o 31 de outubro do 1975, as persoas saharauís, e en especial as mulleres, sofren constantemente crimes de guerra e contra a humanidade por parte das forzas de ocupación marroquís. Entre ditos crimes, o activista Lahcen Dalil, denuncia “o desprazamento forzado da patria, secuestro, violación e tortura física e psicolóxica acompañadas de diversas prácticas racistas e humillantes que degradan a dignidade humana”. Asinando acordos bilaterais co Reino de Marrocos para faenar en augas do Sahara, máis ricas nas especies que precisan, as empresas transnacionais apoian ao réxime marroquí e lexitiman e financian a ocupación do Sáhara Occidental, con todo o que conleva. “Calquera participación de empresas no saqueo dos recursos naturais do pobo saharauí convértese nunha violación do dereito internacional, especialmente porque a ocupación marroquí emprega as ganancias do saqueo para fomentar os asentamentos e o empobrecemento e a fame do pobo saharauí”, resalta o activista.

Ademais da vulneración dos dereitos humanos, a actividade pesqueira nesta zona incumpre tamén normativas en materia medioambiental, sendo a pesca de arrastre a arte de pesca empregada na maioría dos casos. “Esta técnica de pesca ten un gran impacto medioambiental porque os arrastreiros non distinguen as capturas e acábase arrastrando gran cantidade de fauna que a miúdo non é devolta ao mar, por non falar da destrucción dos fondos mariños que son hábitat de moitas especies”, denuncian dende Greenpeace. A pesca tradicional nos caladeiros de Mauritania e do Sáhara Occidental comprende artes menos invasivas, pero non poden competir coa técnica do arrastre en tempos e prezos. En canto á pesca ilegal, a Oficina Nacional de Pesca Marroquí estima nun 30% a pesca non declarada en Marrocos, incluído o Sáhara Occidental. Segundo o Informe para o consello de dereitos humanos das Nacións Unidas relativo ao examen periódico universal de Marrocos realizado no 2022, en Dakhla este tipo de pesca afecta principalmente á especie do polbo. As asociacións de pesca saharauís denuncian que esta pesca clandestina non respecta as treguas naturais e biolóxicas da especie afectando á saúde dos ecosistemas mariños.

Por outra banda, pese a que os portos de Dakhla e El Aauin, onde son capturados a maioría dos polbos e sardiñas, pertencen ao Sáhara Occidental, AREN denuncia que a porcentaxe de persoas saharauís empregadas neste sector non supera o 5%. A maiores, o Sindicato de Promoción Nacional Saharauí afirmou no 2021 que estas traballadoras e traballadores saharauís nas zonas ocupadas non están a recibir o mesmo trato que as marroquís, destacando como necesidades básicas incumpridas a aplicación do salario mínimo, a cobertura sanitaria, a igualdade de salarios entre mulleres e homes, a determinación da idade de xubilación, o acceso á vivenda social, indemnizacións por accidentes de traballo, e o dereito a vacacións. En canto á propiedade das empresas e as licencias de pesca outorgadas “no 2019 documentamos que de 216 barcos de arrastre tan só 30 pertencían a saharauís”, informan dende AREN.

Deste xeito, a actividade pesqueira levada a cabo por empresas do Estado español e Galiza no porto de Dakhla non cumpre nin coa defensa esencial dos dereitos humanos e o medio ambiente, nin co beneficio mutuo xunto coa zona na que desenvolve a actividade. Os tres puntos clave que dicta a sentenza do Tribunal Xeral de Xustiza da Unión Europea.

“Dende AREN instamos a todas as empresas estranxeiras a respectar as súas obrigas éticas e principios de responsabilidade social corporativa, e lembrámoslles o estatus especial do Sáhara Occidental coma territorio no que o proceso de descolonización non concluíu aínda”, pide o activista Lahcen Dalil.

9X: unha nova oportunidade para defender os dereitos fundamentais

“O papel da Unión Europea para asegurar a aplicación das resolucións das Nacións Unidas e garantir así os dereitos do pobo saharauí é esencial”, afirman dende ACAPS. Por iso, no marco das próximas eleccións europeas, as activistas saharauís piden que as distintas candidatas ao Parlamento Europeo inclúan nos mandatos o “establecemento dos mecanismos precisos para implementar unha regulación que garanta que as empresas europeas non están involucradas na explotación ilegal de recursos naturais saharauís e que permitan identificar e sancionar ás empresas que vulneren os dereitos humanos no Sahara Occidental ocupado”.

En canto á parte que atañe ao medio natural, dende Greenpeace esixen a creación dun 30% de reservas mariñas para 2030 e a transición cara un modelo de pesca sostible a nivel internacional, dicindo adeus á pesca de arrastre, revalorizando a pesca artesanal e de proximidade, e promovendo unha reducción no consumo de proteína de peixe no norte global. “O poder debe estar na Unión Europea para que se respecten os acordos, e non deixar esta responsabilidade en mans das empresas”, afirma a responsable de biodiversidade de Greenpeace España.

Ante a crecente demanda de polbo e a cada vez máis minguada poboación desta especie, algunhas empresas propoñen como solución a creación de macrogranxas de polbos. Unha proposta que non convence ás organizacións ecoloxistas que, coma Greenpeace, están a denunciar estes proxectos no Estado español. “Estas granxas non só atentan contra o benestar animal, xa que está científicamente demostrado que o polbo é un animal moi sensible, senón que precisan dunha cantidade inxente de proteína de peixe para funcionar e xeran moita contaminación directa nos océanos”, conclúe Celia Ojeda. De levarse a cabo proxectos deste tipo, o sector da pesca contaría con aínda máis obstáculos para os pequenos pescadores das comunidades locais, que dificilmente poden competir cun produto que se vende en calquera momento do ano e moito máis barato.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Pesca
Biodiversidad Un boicot al pescado de las Feroe para frenar la matanza de más de un millar de delfines y ballenas al año
Nueve supermercados españoles comercializan bacalao de las Feroe. España compra a las islas 83,4 millones de dólares anuales, principalmente en productos del mar.
Industria alimentaria
Neocolonialismo empresarial La industria salmonera devasta el mar patagónico en Chile
Esta empresas transnacionales están contaminando con antibióticos el mar chileno. Además debido a la sobreproducción, millones de ejemplares están depredando a las especies locales, afectando gravemente al equilibrio marino.
Crisis climática
Crisis climática Miles de millones en fondos europeos no logran salvar a los mariscadores de la crisis climática
VV.AA.
Las grandes empresas se llevan la mayoría de uno fondos europeos ligados a la sostenibilidad en detrimento del pequeño mariscador.
juabmz
6/6/2024 10:35

Nestas circunstancias é a nosa responsabilidade deixar de comer polbo. Un animal fermoso a piques de exterminio pola voracidade humana. https://www.youtube.com/watch?v=56qOs08XUUk

0
0
Xunta de Galicia
Sanidade A Xunta de Feijóo, condenada por negar as visitas a unha muller falecida de cancro por ter covid-19
A xuíza di que a situación requiriu medidas de prevención “flexibilizadoras”. Faleceu a principios de 2022 no Hospital Álvaro Cunqueiro durante os últimos meses de administración do xefe do PP con Julio García Comesaña como conselleiro.
Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.

Últimas

Historia
Descifrando a historia Así foi a rebelión antifiscal galega de 1790 contra a burocracia española
A monarquía española quixo implantar a Contribución Única, algo que provocou fortes protestas. A máis coñecida foi o motín da Ulloa, chamado así porque se produciu nas zonas desta comarca. Foi a maior revolta antifiscal do Antigo Réxime en Galiza.
Xunta de Galicia
Vivenda O ‘teléfono antiokupas’ da Xunta recibiu só tres chamadas por ocupacións en 2024
O servizo foi renovado este ano cun orzamento de 61.000 euros, coa colaboración do Consello da Avogacía Galega e 135 avogados para atender as consultas. O pasado ano atenderon 109 consultas, a maioría sobre desafiuzamentos.
Madrid
Acusaciones de violencia sexual Monedero, bajo investigación de la Universidad Complutense por la denuncia de acoso sexual de una alumna
La confidencialidad del expediente no permite saber cuándo se presentó la denuncia ante la Unidad de Igualdad o cuánto se demorará la resolución. La Complutense afirma que la Inspección de Servicios está tramitando la acusación.
Más noticias
Justicia
Justicia Rubiales, condenado por agresión sexual y absuelto del delito de coacciones
18 meses de multa con cuota de 20 euros al día por un delito de agresión sexual. Es la condena al expresidente de la RFEF Luis Rubiales por los hechos ocurrido en la ceremonia de entrega e medallas del pasado mundial celebrado en agosto en Sidney.
Egipto
Egipto Ashraf Omar continúa en prisión provisional por dibujar
Ashraf Omar, caricaturista político del medio digital AlManassa, sigue en prisión preventiva indefinida tras ser arrestado violentamente en su domicilio el 22 de julio de 2024.
Fascismo
Memoria antifascista Allí donde hay humo, hay fuego
A unos días de las elecciones alemanas, donde la ultraderecha acude fortalecida, un repaso sobre el proceso de desnazificación posterior a la Segunda Guerra Mundial y sus medias verdades.

Recomendadas

Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.
América Latina
Extrema derecha Los soldados de Donald Trump en América Latina
Mientras algunos presidentes latinoamericanos, con mayor o menor ímpetu, intentan ponerle freno, otros tantos se arrodillan y le rinden pleitesía sin recibir nada a cambio. ¿Quiénes son los súbditos latinoamericanos de Trump?