Sanidad
Martiño Noriega: “Búscanse espazos de negocio na saúde da xente”

A caída do investimento na atención primaria veu acompañado dun aumento dos seguros privados de baixo custo, ofrecidos principalmente por entidades bancarias e bonificados fiscalmente.

Martiño Noriega é médico de familia no centro de saúde de Fontiñas, en Santiago de Compostela. A atención primaria é un dos piares da sanidade pública e, como di, “corrector das desigualdades sociais” para as persoas doentes e as súas familias. Desde hai uns anos, con todo, o número de seguros privados e a derivación de fondos públicos cara a centro privados non deixa de aumentar, achegándonos cada vez máis “a un modelo norteamericano” da sanidade.

Cóntanos cal é a situación das profesionais da atención primaria na actualidade.
A ninguén se lle escapa que nestes momentos existe unha saturación e unhas condicións complicadas, fundamentalmente no que ten que ver coa falta de persoal e na sobrecarga que iso supón. É certo que nestes momentos non hai compañeiros e compañeiras —médicos de familia—, pero non os hai por unha cuestión evidente: unha serie de políticas públicas feitas na década anterior que expulsaron a moita xente. Iso non só fai que nestes momentos esteamos asumindo nas nosas costas unha sobrecarga, senón que ademais moitas veces temos que darlle cobertura a compañeiros ou facer xornadas prolongadas. E todo iso no contexto dunha pandemia. O certo é que todo isto está a ser duro e xera un desgaste en moitas de nós.

Na Galiza hai medio millón de persoas que xa teñen seguro privado.
Existe unha relación entre a baixada de investimento na primaria e o aumento dos seguros privados?

Cando falamos de xente que aposta por unha asistencia dual, falamos de persoas que queren ir máis aló do sistema sanitario público introducindo a medicina privada vía seguros ou vía concertación. Existe unha clara evidencia de que un menor investimento na sanidade pública, nomeadamente na atención primaria, dispara a contratación de seguros privados. De feito durante a pandemia, nunha situación tan complicada como a que estamos a vivir, os seguros privados aumentaron un 5% a súa facturación tanto no 2020 como no 2021. En cifras, estamos a falar de que nestes momentos no Estado hai 11 millóns de persoas que contan cun seguro privado, hai unha facturación próxima aos 10 mil millóns de euros. Na Galiza, nestes momentos, hai medio millón de persoas que xa teñen seguro privado.

Chámanse seguros low-cost. Son seguros de baixo prezo que se ofertan fundamentalmente vía entidades bancarias, curiosamente, e que ademais están bonificados fiscalmente. Non deixa de ser un cabalo de Troia. Por unha parte, aprovéitanse do deterioro da atención primaria e da sanidade pública, e por outra introdúcense con prezos baratos. A pregunta que todos nos facemos é, se nalgún momento o deterioro da sanidade pública e da atención primaria chega a ser definitivo, que prezo van ter os seguros que a día de hoxe teñen un prezo simbólico? Seguramente un prezo moito máis elevado, iremos xa a un modelo norteamericano. Iso é evidente. Un non sabe se as políticas de deterioro do sistema sanitario público na anterior década, en plena crise, dalgunha maneira estaban abrindo a porta para establecer este tipo de asistencia dual: minorar o gasto público e introducir un espazo de negocio na sanidade. Resulta evidente. E isto págano os pacientes e os propios profesionais da atención primaria.

Cómpre facer unha aposta por restablecer, dalgunha maneira, o que sería a base do sistema sanitario público.

Tamén hai outros xeitos de privatizar, como a concertación, que xa están dentro das dinámicas da atención primaria, non?
Si. A maiores dos seguros privados, hai unha concertación directa. É dicir, hai unha parte do orzamento do Sergas que se dedica directamente a concertar con entidades privadas para diminuír o que se din listas de agarda ou sobresaturación. Nese sentido, no centro de saúde moitas veces, cando solicitamos probas de diagnóstico –por exemplo unha ecografía–, acábanse facendo en entidades privadas, neste caso da área sanitaria da cidade. O mesmo pasa con intervencións. Se enviamos a alguén a un traumatólogo e este decide que hai que facer unha operación, moitas veces este tipo de operacións ofértanselle á xente directamente en entidades privadas que están financiadas con fondos directos do Sergas, baixo a cuestión de: “Se queres operarte podemos operarte aquí, e se queres facelo directamente polo Sergas nos hospitais de referencia, ao mellor tes que agardar moito máis”. Non deixa de haber unha chantaxe nesa situación. E tamén unha vía de concertación: derivar fondos públicos para centros privados na cuestión da sanidade. Serían complementarias: por unha parte os seguros e por outra esta vía, e ambas completarían o que é esa asistencia dual que algúns están incentivando.

Sanidad pública
Colapso na sanidade pública galega
O colapso na atención primaria e nas urxencias son o resultado dunha privatización implacábel que favorece o lucro de xigantes empresariais como Medtronic.

Sabemos que a Xunta non vai cambiar a medio prazo este modelo, pero que tería que facer unha administración se realmente quere ter unha primaria e unha sanidade pública de calidade?
Creo que xa estamos en feitos consumados. Un amigo meu, o actor Carlos Blanco, sempre di que somos un país de feitos consumados, que nos laiamos cando xa temos a realidade aquí. E eu creo que nestes momentos a realidade xa está aquí. Se medio millón de cidadáns de Galiza teñen concertados seguros a baixo custo que despois lles subirán o prezo, se hai derivación de fondos a entidades privadas para a realización de probas e de operacións, e a maiores hai un deterioro da sanidade pública evidente, cun problema estrutural no que ten que ver coa atención primaria, estamos xa nese feito consumado.

Cales son as solucións? As solucións son a medio prazo e pasan por reforzar a base do sistema sanitario público que é a atención primaria. A primeira liña. Abrindo o número de prazas de especialidade de familia, ofertando condicións de estabilidade laboral e non de precarización, e facendo unha aposta por restablecer dalgunha maneira o que sería a base do sistema sanitario público. Pero dá a sensación de que non imos cara a aí. Quen está sostendo nestes momentos o sistema sanitario público son os seus profesionais, facendo máis con menos e cunha sobrecarga e unha saturación que ten un límite. O límite da capacidade das persoas, o límite anímico para saber ata onde podemos soster un sistema. Non son boas políticas públicas. Na Xunta, nos últimos orzamentos aínda se diminuíu a aportación á atención primaria. Aquí hai intereses económicos moi potentes. E o feito tamén de que se bonifique a nivel estatal a contratación de seguros privados indica que claramente hai unha liña: a liña de buscar espazos de negocio onde antes non se buscaban, neste caso na saúde da xente.

Que compoñente ten a atención primaria e comunitaria que a diferencia do que ofertan os seguros privados?

Primeiro quero dicir —e agora contesto a pregunta— que a xente fai a contratación de seguros privados por un cuestión práctica. Se ti ves cun problema de traumatoloxía e o teu médico de primaria te atende, pídeche probas complementarias, derívate ao traumatólogo... Pola vía pública vai tardar tres meses. Se logo che programan unha operación vai tardar outros tantos. Se despois tes que ir a rehabilitación, outros tantos. Se tes un seguro privado, pola contra, vaite ver un traumatólogo nuns días, vaiche pedir probas complementarias, vaiche dar un tratamento e planificar unha solución. Estanse aproveitando das eivas do sistema público. Iso é evidente.

Máis aló diso creo que si que no imaxinario colectivo, a figura do médico de familia debería ter nestes momentos outras condicións para poder desenvolverse laboralmente. Por que? Porque podería facer medicina comunitaria, medicina de prevención, tecer redes familiares,... Entender que a sanidade pública e a figura da atención primaria é un corrector das desigualdades sociais. Hai que coñecer as familias, saber en que ámbitos están. Que moitas veces non é só unha cuestión de saúde, senón tamén de perspectiva social. Poder facer prevención, seguimento, poder visitar no domicilio as grandes dependentes, ás persoas maiores e acompañalas dalgunha maneira en moitos procesos. A día de hoxe, hai moitos centros de saúde onde hai cupos que non teñen médico e están a ser cubertos polo resto dos compañeiros do centro. Iso que implica? Que moitas veces non podes facer seguimentos de crónicos, tratamento paliativos en domicilios de xente que o está pasando mal porque cada día hai un médico diferente. Entón, a medicina de familia tería que ser moito máis do que se está a facer a día de hoxe coa vontade de moita xente; e sería fundamental ter unha atención primaria potente para poder facer viable un sistema sanitario público.

Sanidad pública
“Imos cara a unha sanidade ‘yankee’ na que a promoción da saúde non importa”
Luisa Lores foi directora do Complexo Hospitalario de Pontevedra, é experta en procesos de privatización sanitaria e activista da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública (AGDSP).
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Andalucía
Sanidad pública La crisis sanitaria, el colapso y la sobremedicalización desbordan la atención a la salud mental en Andalucía
La Junta de Andalucía no ha aprobado aún el Plan para la Salud mental en una comunidad con dos suicidios diarios y más de un millón de personas que consumen benzodiacepinas de forma crónica
Madrid
Madrid Más de 200.000 personas salen a la calle contra el “abandono deliberado” de la sanidad pública madrileña
Madrid se enfrenta a la política sanitaria de Ayuso en una gran manifestación compuesta de cuatro columnas reclamando mejoras en Atención Primaria, en las urgencias extra hospitalarias, en los equipos de salud mental y exigiendo más pediatras.
Sanidad pública
Transparencia La Audiencia Nacional avala la opacidad en los precios que paga Sanidad por los medicamentos
Tres recientes sentencias anulan las decisiones del Consejo de Transparencia para impulsar que se hagan públicos los precios que ha pagado el ministerio por medicamentos de la farmacéutica Novartis.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.