Universidad
Un grao menos, mais nin un paso atrás

O colectivo de estudantes En defensa das humanidades fíxose visíbel logo de que o grao de Ciencias da Linguaxe se sumara á alarmante lista dos graos humanísticos pechados da oferta académica en Galiza.

Un Grao Menos Galiza
O colectivo de estudantes En defensa das humanidades fíxose visíbel. Sara Guerrero Alfaro
19 feb 2020 10:00

“As Humanidades nas tres universidades galegas sufrimos do mesmo mal, somos regados co mesmo pesticida. Chámase Decreto 222/2011. É un pesticida destinado a eliminar plantas de pensamento crítico. O seu compoñente activo é a lei do mercado liberalizado. Efecto primario: con menos de 50 clientes por ano extermínante por seres custoso. Ofreces unha formación importante? Xa hai universidades privadas que lle porán un parche”. Con esas palabras o “Chamamento á defensa das humanidades” proclamouse o pasado novembro no salón de actos da Universidade de Vigo, logo de que fora coñecida a posíbel disolución do grao en “Ciencias da linguaxe e estudos literarios”, feito que evidenciou a precarización do ensino público.

Indiferente ás protestas, a Consellería está a pedir á facultade unha nova proposta de grao para modificar estruturalmente o grao en Ciencias da Linguaxe.

No medio dun cisma entre as profesoras que apoian a defensa do grao e as que prefiren que se disolva noutros como Linguas estranxeiras, os estudantes foron ignorados pola universidade. Por iso mesmo, alumnado dos tres graos da Facultade de Filoloxía e Tradución organizáronse para construír unha resposta común e que a súa postura tivera máis posibilidades de ser tomada en conta.

“Desde un primeiro momento o alumnado posiciónase en contra dunha medida que só tiña en conta a rentabilidade monetaria dun grao. Non se tiña nada mais en conta, nin calidade do ensino, nin a interese dos alumnos, nin os contidos do grao... Aínda maior foi a nosa indignación cando botamos un ollo ao decreto e vemos que ten apartados puramente contraditorios. Por exemplo, nel afírmase a atención sobre as características socioeconómicas, demográficas, culturais e científico-educativas da sociedade galega e despois establécese o sistema de cotas de alumnado. O decrecemento poboacional galego, a emigración xuvenil e os continuos ataques artellados desde o capital contra os ámbitos humanísticos por seren estes os menos produtivos para o sistema, fan case imposible que estas cotas se cumpran”, comenta Marinha Paradelo Veiga, unha das integrantes do colectivo de alumnas En defensa das humanidades.

Indiferente ás voces do profesorado e alumnado que se manifestaron, a Consellería de Educación da Xunta está agora mesmo a pedir á facultade unha nova proposta de grao para modificar estruturalmente o grao en Ciencias da Linguaxe. “Temos un grao totalmente único que nos mandan pechar e cambiar por outro. Preséntase unha proposta de grao en filoloxía e a Xunta argumenta que é parecida a outros graos. Non ten nin pés nin cabeza. Nos reincidimos en que o noso grao oferta contidos únicos no ámbito humanístico que non é posible cursar noutra universidade pública de España e que por isto non debemos deixar que se peche”, explica Marinha.

Emerxencia

Deste xeito, nunha situación de emerxencia, o movemento estudantil galego comeza a moverse. O feito de que o colectivo en defensa das humanidades estea formado por pouco máis de dez persoas amosa que unha grande parte do estudantado non está aínda preocupado polo futuro das disciplinas humanísticas.

“Este novo curso chegamos coas pilas cargadas e comezamos a movernos por redes con forza, a facer mesas informativas e a conseguir que máis alumnado se achegase ás asembleas abertas. A maioría destas estratexias foron moi positivas pero aínda así mobilizar ao propio alumnado da facultade segue sendo unha tarefa pendente; que o alumnado entenda a loita estudantil como unha ferramenta necesaria e útil é difícil”, expón a integrante do colectivo.

“As Humanidades nas tres universidades galegas sufrimos do mesmo mal, somos regados co mesmo pesticida. Chámase Decreto 222/2011.”

Como as accións, tanto do profesorado como do estudantado, non tiveron maior repercusión se optou por invitar á comunidade da facultade a “un certo grao de rebeldía e desobediencia”, como fora mencionado no chamamento inicial.

Así, a primeira acción do colectivo En defensa das humanidades foi acompañar un cartaz na entrada principal da facultade —nel deixaban claro a particular emerxencia no sistema educativo galego— cun boneco aforcado que se podía ler na cabeza “Decreto 222/2011”, e no peito: Humanidades.

No entanto, o decano pediu aos estudantes esa mesma tarde que retiraran o boneco sen ningunha xustificación. Marinha conta que o colectivo decidiu colocar o boneco ao lado do cartaz “porque consideramos que a ocupación e intervención sobre o espazo público é un dereito do alumnado e unha ferramenta máis coa que contamos. Tamén intentamos desa maneira interpelar ao estudantado e romper o clima de pacifismo que imperaba no centro de estudo. Na facultade están a pasar cousas graves e o alumnado estase posicionando publicamente cada vez que pode. Como estudantes, mediante a vía institucional en órganos como a xunta de facultade pouco máis que tomar a palabra podemos facer. A nosa representación nestes espazos é mínima”.
O colectivo de Estudantes en defensa das Humanidades non dá por perdida a loita pese a esta nova disolución dun grao de humanidades. Consideran imprescindíbel seguir sinalando estas situacións para que a sociedade entenda a importancia das humamidades para que exista un pensamento crítico en momentos de crises sociais e ecolóxicas.

“Mobilizar ao propio alumnado da facultade segue sendo unha tarefa pendente; que o alumnado entenda a loita estudantil como unha ferramenta necesaria e útil é difícil”

“Agora mesmo estamos buscando establecer relacións coas organizacións estudantís galegas. Entendimos que a nosa resposta como alumnado non ía seguir a vía institucional, aínda que animemos ao estudantado a participar nos órganos universitarios e a exercer os seus dereitos como alumnado. Nós imos seguir traballando facendo mesas informativas, cartaces, faixas e non descartamos facer algunha mobilización. Defender as humanidades e o ensino público, galego e de calidade é cara onde encamiñaremos todos os pasos que deamos, por pequenos que sexan”, conclúe Marinha. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Migración
Migracións A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.