Salto a contenido Salto a navegación Contenidos portada Accesibilidad
image/svg+xml

Cine
‘Jojo Rabbit’, o humor como crítica social e política

Taika Waititi, director de películas como O que facemos nas sombras (2014) ou Cazando
salvaxes
(2016) volve a anunciarse en carteleira con Jojo Rabbit (2019), que logrou un gran éxito sendo nominada a cinco Oscars, entre os que destaca o de mellor película, e dos que finalmente conseguiu obter o de mellor guión adaptado.

Momento da película de 'Jojo Rabbit'
Momento da película de 'Jojo Rabbit'. Cedida de 20th Century Fox.
11 feb 2020 13:20

Dunha forma amable que recorda no seu estilo ao de Wes Anderson, narra a historia dun rapaz alemán que pertence ás Xuventudes Hitlerianas e acude a un campamento. A gracia, reside en que Jojo, o protagonista, ten un amigo imaxinario un tanto peculiar: Adolf Hitler. Así, a pesares de que a  obra trata o tema do nazismo, faino dende un punto de vista agradable e irónico, enmarcándose no humor  negro.

Desta forma sitúase cerca doutra película recente: Volveu (2015), filme alemán basado no  libro homónimo de Timur Vermes na que se conta cómo Adolf Hitler esperta no mundo actual. Despois dun tempo informándose acerca de tódolos cambios que non puido presenciar, Hitler  consegue converterse novamente nunha figura pública e coñecida, ata o punto de aparecer nun famoso  programa de televisión. A través de esta situación bizarra vemos algo que se asemella ao experimento da Terceira Ola. Este experimento levouse a cabo nun instituto de California, no que un profesor de  historia decidiu explicar aos seus alumnos de forma práctica o auxe do nazismo. O resultado foi a  aparición dun movemento de tintes fascistas no que participou gran parte do alumnado, non soamente  da clase, senón de todo o centro escolar.

O PUNTO FORTE DE JOJO RABBIT RESIDE NoS SeuS PERSONAXES”


De igual forma que na Terceira Ola, Jojo realmente non é nazi, non é máis que un rapaz que  creceu dentro dunha sociedade que o apoia, ou, polo menos, unha gran parte dela. O punto forte de Jojo Rabbit reside non seus personaxes, sobre todo no seu carismático protagonista. A pesar de que é unha  película moi agradable de ver —xa que conta con gags que realmente funcionan— non deixa de ser unha  crítica a unha situación que ocorreu fai 70 anos e que toda a sociedade superou.

Jojo Rabit é un filme que xa vimos. Pódese afirmar que non é necesario. Mantense na superficialidade e  está a anos luz de ser algo arriscado. Se botamos a vista atrás, observando O gran  dictador (1940), que lle ocasionou máis dun problema a Charlie Chaplin; ten sentido unha película con este argumento hoxe en día? Importa iso?

Poderíanse tratar outros temas máis comprometidos e que seguen existindo na actualidade (ao fin e ao cabo, o fascismo continúa inserto na sociedade). Jojo Rabbit une á xente fronte ao nazismo. De feito, logra que nos riamos del.


Arquivado en: Culturas Cine
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Culturas
Cultura Máis de 30 artistas esixen aos catro festivais galegos de KKR que cumpran coas demandas do pobo palestino
Bandas como Bala, Highpaw, O Leo de Matamá, Dakidarria, Zénit, Hugo Guezeta ou Teresa Ferreiro apoian publicamente as demandas da maior coalición da sociedade palestina contra o fondo proisraelí.
Granada
Cómic 'La Revística': el caso de Juana Rivas, Remama contra el cáncer y más historias de la Granada rebelde en cómic
La asociación ‘La Tebeoteca’ publica el número 9 de su revista gráfica que incluye el caso de Juana Rivas, la iniciativa ‘Remama’ de mujeres pacientes oncológicas o el mítico festival granadino ‘Espárrago Rock’, entre otros temas
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.