Laboral
As esquecidas

Unha grande parte das mulleres do rural está totalmente invisibilizada. Porén non só existen senón que se atopan nunha situación cotiá de vulnerabilidade e de violencia que debería ter sido atendida hai tempo.

las olvidadas
A situación das mulleres agrávase ao teren varios obstáculos que impiden a cotización e o dereito a unha pensión. Sara Guerrero Alfaro
30 may 2019 11:00

Sentada á calor da cociña de leña, Dalia mira os montes a través da xanela e suspira cando lle pregunto se conta cunha pensión propia. Con certa indignación que se deixa ouvir a través da súa voz, dime que toda a súa vida foi economicamente dependente do seu marido xa que, pese a que nunca deixou de traballar, nunca cotizou. Agora, após un transplante de pulmón, codición que limita as súas tarefas de reprodución, vive grazas á pensión do seu home. Cando lle pregunto se acudiu á asistenta social para que evalúe o seu caso e así saber se poden darlle unha axuda, respóstame con sarcasmo: “Xa fun. Agora danme 47 euros ao mes. Ben, danllos a el para axudalo a cubrir os meus gastos. Quero ver se quen mos dá é quen de comer con iso”.

AS TRABALLADORAS

A desigualdade de xénero no campo laboral non é unha noticia nova. As mulleres non só seguen a ser vítimas de acoso e violencia sexual dentro dos seus lugares de traballo —a pesar da existencia de protocolos sobre esta problemática nas empresas—, tamén continúan a traballar duplas e até triplas xornadas.

Por esta razón, a maioría dos contratos a tempo parcial están feitos a nome de mulleres. En 2017, o 22% das traballadoras galegas tiveron este tipo de contratos, a diferencia do 6% dos traballadores. A todo isto, non podemos esquecer que o 85% das mulleres na Galiza traballan no sector servizos, que son categoricamente menos remunerados que calquera outro sector laboral.

Todo isto acaba por criar a figura das traballadoras pobres que, pese a teren un emprego fixo, a final de mes un 56% tivo ingresos por debaixo dos 1.061 euros no 2017. Sen lugar a dúbidas, isto compromete ainda máis ás mulleres economicamente á hora na que chegan a cobrar unha pensión, e o monto que reciben está un 37% por debaixo do que cobran os homes mes a mes.

POBREZA?

A Dalia non lle costa traballo lembrar a dieta que levaba de nena: “Non tiñamos que comer. Non había nin patacas. Cando tiñamos unha barra de pan, era un día de festa. O meu pai facía nunha pota grandísima, uns caldos nos que puña algún cacho de carne de porco para dar sabor e cuncas enteiras de fariña para darlle consistencia e enchernos a barriga. Odiaba eses caldos, preferia pasar fame antes que comelos”.

Estamos sentadas á súa mesa, tomando un café con leite e bolachas. Ofreceume varias veces un bocadillo e tiven que negarme unha e outra vez ante a súa xenerosa insistencia por querermo facer. Falar de tempos pasados tan duros fai que pareza que os 800 euros que apenas lle chegan ao mes a ela e ao seu marido, sexan si unha inxustiza mais tamén un gaño que fai mais sinxelo resignarse e descartar a palabra pobreza para describir a súa situación actual. Porén, a economista feminista Alma Espino explica que a pobreza é moito máis complexa que un déficit no ingreso e a capacidade de consumo.

“Ao considerar unha soa dimensión [o ingreso de diñeiro], non se toman en conta os bens, servizos e subsidios públicos, o acceso aos recursos de propiedade común e a posesión ou a carencia de activos tais como a dignidade, a autonomía, o tempo, entre outros”. E continúa Alma Espino: “O desemprego, a falta de cobertura da seguridade social, a diminución da participación cidadá en múltiples formas, configuran o cuestionamento das melloras de calidade de vida presente que vai máis aló de indicadores estritamente monetarios”.

Quere dicir que a pesar de que a Xunta considere que con menos de mil euros ao mes dúas persoas poden vivir, a realidade é que entón grande parte da poboación feminina vive nunha situación de pobreza sen poder recoñecelo. No medio rural, a situación agrávase considerabelmente ao teren unha variedade de obstáculos que impiden a cotización e, ainda por riba, o dereito a unha pensión.

AS LABREGAS

Percorro unha aldea na provincia de Pontevedra e chego á casa da familia Bello. Recíbeme na súa cociña Mari Carmen, unha muller de 47 anos que, a diferencia dos seus pais e dos seus irmáns, sempre morou na aldea. Ela conta que ao ser a única muller que tiveron os seus pais “tocáballe” a ela quedar na casa para coidalos na vellez. Agora, xa casa e cun fillo adolescente, coida do seu pai e leva a maior responsabilidade nas tarefas de casa, incluindo o coidado da gandeiría e a agricultura para a subsintencia familiar.

“Cando casei, quixen marchar de casa co meu home. Mais os meus pais choraron e non me deixaron porque querían que eu os coidase de maiores, así que fiquei. Traballei un pouco no monte na tala de árbores e coticei cinco anos coidando dunha señora maior. Despois enfermou o meu pai e tiven que ficar na casa para coidalo porque non podo deixalo só. Non recibo ningunha axuda da Xunta e o tempo que coticei non me alcanza para ter unha xubilación. Grazas ao meu marido teño Seguridade Social, mais fóra da casa dos meus pais, non teño nada. Deberían darme algo por coidar ao meu pai porque é un montón de traballo, mais como ainda camiña e pode comer só, as asistentas sociais non me dan nada. Antes sequera existía o seguro agrario, mais agora xa nin iso”.

las olvidadas dos
A lei que permite que a muller poda acceder a compartir a titularidade dunha explotación é do ano 2011. Pablo Santiago

Cando lle pregunto cantas mulleres na aldea están nesa mesma posición de dependencia económica por non teren cotizado nunca, ao comezo díxome: “Todas”. Fomos repasando casa por casa, caso por caso. A maioría das mulleres recibían unha pensión por viuvez. Outras, ao igual que Dalia e Mari Carmén, dependeron toda a súa vida dos seus pais e, despois, do seu marido. Só unhas cantas cotizaron, mais hai unha grande diferencia entre estas mulleres e as demáis: son mozas, non traballan no campo e teñen os medios para baixar a traballar aos entornos urbanos máis próximos. Mari Carmen, sendo unha das mulleres máis novas da aldea, é a proba irrefutábel de que a opresión de xénero no entorno rural non é un asunto do pasado ou, en todo caso, da idade.

ESPELLISMO DE OPORTUNIDADES

A maioría das mulleres galegas labregas non teñen ningún tipo de cobertura ao longo da súa vida. As únicas prestacións ás que poden ter acceso son as pensións non contributivas, as cales dependen de cada comunidade autónoma, é dicir, da Xunta de Galiza, e están dirixidas a aquelas persoas que nunca cotizaron ou que cotizaron por períodos cortos e non alcanzan a ter dereito a unha pensión contributiva.

Pese a que poda parecer unha opción viábel, na maioría dos casos descártase pois ao solicitala faise un estudo socioeconómico da demandante na que se miran os ingresos da unidade familiar e o patrimonio. É dicir que Dalia, que vive só co seu marido e que ten ao seu nome a súa casa e algunhas fincas na aldea, pese a non podelas traballar pola súa idade e enfermidade, sería descartada como candidata para tal prestación.

Para facer fronte a esta situación de inxustiza social, en 2011 aprobase a Lei de Titularidade Compartida, a que permite que, se nunha granxa traballa unha parella e a titularidade estaba só a nome do varón, a muller podería acceder a compartir a titularidade e comezar a cotizar como autónoma. No 2011 estimouse que a nivel estatal 350.000 mulleres poderían aproveitar esta lei para revertiren a súa situación. En Galiza, o número estimado era de 30.000. Porén desde a entrada en vigor desta ferramenta legal, houbo moi poucas solicitudes: no 2017 houbo 546 a nivel estatal e 18 na Comunidade Autónoma Galega —catro na Coruña, cinco en Compostela, nove en Lugo, Pningunha na provincia de Pontevedra—.

Para María Ferreiro, responsábel da Secretaría da Muller do Sindicato Labrego Galego, a Lei de Titularidade Compartida é unha ferramenta ideal para reverter a situación de pobreza das mulleres campesiñas: “Foi un momento de alegría porque foron moitos anos de reivindicación. Dá ferramentas para reverter esta situación. Mais os números falan por eles mesmos. A lei é un fracaso. Hai un descoñecemento total da súa existencia. Fixemos unha grande campaña mais os números seguen aí”.

Ferreiro pensa que, en grande medida o fracaso da lei se debe a que un requisito para obter a titularidade compartida requere da sinatura do actual titular. “Precisarías a sinatura da outra parte. En xeral, como o outro é o titular completo, a súa lóxica dille: para que vou compartir a propiedade? Non lle ven ningun tipo de ventaxa, senón todo o contrario. Se xa na administración poñen trabas para levar a cabo o trámite e os homes titulares das propiedades tampouco se benefician diso, moitas veces non chega nunca a proceder. A ferramenta para que as mulleres pasen a cotizar e ter cobertura está aí e recoñeceuse a lei, mais seguimos con eses números que non acaban de avanzar”.

AS INVISÍBEIS

Cando lle pido a María Ferreiro a cantidade ou a porcentaxe de mulleres vivindo en zona rural que se achen nunha situación similar á de Dalia ou Mari Carme, quere dicir, de dependencia económica e sen posibilidade de prestacións sociais, a resposta é clara: ninguén o sabe. “Exactamente non o sei. O que si sabemos é o das mulleres que realmente chegan a unha xubilación. Nos últimos datos rexistrados (2016), o 80% dos homes cobran o 100% da súa pensión. Mais só o 5% das mulleres cobran o 100% da pensión que lles corresponde. Mais os datos sobre as mulleres sen prestacións dentro das coberturas sociais non están reflectidos en ningún sitio. Ainda que se queiran conseguir, non constan en ningunha parte. Estas mulleres están totalmente invisibilizadas e non constan en ningún tipo de estadística. Como non cotizaron, non hai rexistros delas”. 

Ter aceso a recursos económicos esenciais dá oportunidades ás mulleres para mellorar os seus ingresos e decidir como xestionalos. María Ferreiro remarca que é indispensábel que as mulleres poidan gozar de independencia económica xa que, de non ser así, atópanse “limitadas para tomaren as decisións do día a día e para xestionar a súa vida. Se non somos donas das nosas propias decisións, entón é tamén unha cuestión de dignidade. E ao non termos ningún tipo de recoñecemento social, colócasenos como mulleres de total vulnerabilidade. A dependencia económica tamén é violencia”.

Pese a que nas aldeas esta situación de vulnerabilidade e violencia sexa unha circunstancia cotiá na que as mulleres aprenderon a vivir, é importante por o énfase en que nos achamos fronte a unha cuestión de inxustiza social. Que así como Mari Carmen e Dalia, a pesar de que o sistema non teña rexistro delas, a grande maioría das mulleres do rural existen e se atopan nunha situación extrema que debe ser atendida. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Laboral
Secretos de un Organizador Exitoso Busca líderes naturales
Cada lugar de trabajo tiene líderes informales que no han sido elegidos ni designados. Simplemente lo son y tienen influencia entre sus compañeros de trabajo.
Laboral
Laboral “Se buscan figurantes para una película a cambio de la merienda”
El sindicato CGT denuncia ante Inspección de Trabajo a una productora cinematográfica por ofrecer trabajo de figurante en la película ‘Corredora’ a cambio de una merienda.
Granada
Granada Trabajadores del ‘sorteo de Oro’ de la Cruz Roja denuncian “salvajes condiciones de trabajo”
CGT señala ante Inspección de Trabajo fraude de ley en los contratos, que les obliga a hacer horas extras para llegar a los mínimos de ventas que pide la ONG y no ser despedidos antes de acabar la campaña.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.