Laboral
Remedios Zafra: “A precariedade nos traballos creativos funciona como xeito de domesticación”

Un ensaio con vocación de alegación, El entusiasmo, sérvelle á profesora Remedios Zafra para alertar dos malestares que afectan ao traballo creativo e a aquelas persoas que se adican a el.


Remedios Zafra
A escritora e profesora Remedios Zafra, no Museo de Ciencias Naturais de Madrid. David F. Sabadell
Tradución: Elena Martín
25 abr 2019 13:55

Hai unha frase no novo libro de Remedios Zafra (Zuheros, Córdoba, 1973) que describe con precisión un silencio histórico, atribuído ao decoro, que ela pretende dinamitar. Di así: “Nalgún momento da nosa historia falar de cartos cando un escribe, pinta, compón unha canción ou crea fíxose de mal gusto”.

EnEl entusiasmo, Premio Anagrama de Ensaio en 2017, Zafra, escritora e profesora de Arte, Estudios Visuais, Estudios de Xénero e Cultura Dixital na Universidade de Sevilla, asómase ás condicións nas que actualmente se produce e xestiona a cultura, posto que —e é imprescindible o recordatorio— “nunca unha creación se fai illada do mundo material”. Engade así unha nova capa ao corpus que formulou en ensaios previos —tamén en Los que miran (Fórcola Ediciones, 2016), unha moi recomendable primeira incursión no terreo da novela—, sempre inclinado á observación de como o arraigo de internet está afectando á nosa vida.

Non por previsible menos demoledora, unha das conclusións ás que arriba o seu traballo debería facer saltar todas as alarmas xa que pon negro sobre branco un estado de cousas insostible: o mundo cultural, resume Zafra, “é mantido por colaboradores a tempo parcial, entusiastas bolseiros e figuras diversas para a xestión de redes”.

Por que é importante analizar a precariedade no traballo creativo na era dixital e falar sobre ela?

A precariedade é unha das maneiras máis habituais que adquire a desigualdade no capitalismo e é importante porque hoxe caracteriza os modos predominantes de traballo nun mundo conectado. É tan habitual que tende a pasar desapercibida. E paréceme que isto ocorre por varias razóns, entre outras: a precariedade no traballo creativo camúflase con altas doses de motivación e voluntarismo; en ocasións recibe pagos inmateriais ou simbólicos que fan sentir ós traballadores que xa tiveron unha ganancia —aínda sexa un mero certificado ou un maior número de seguidores—; reforzan a tradición de que a creación comporta un pago ‘distinto’ —“que afortunado son por dedicarme ó que me gusta”—. Esta naturalización das formas de precariedade na era dixital apóiase, ademais, en vidas online onde cada vez dedicamos máis tempo a xestionar as nosas redes e a ‘nós’ nelas. Nós como o gran produto creativo de agora.

Por que hai que falar sobre ela? Porque esta precariedade fala da época que vivimos e, polo tanto, trata de algo que nos está acontecendo, que podemos e no que, se en algo nos importa o social, temos que intervir. Paréceme que escribir sobre ela, axudar a pensala, contribúe a romper o lazo da súa ‘normalización’, pero tamén nos facilita reflexionar sobre as novas formas de conformación de valor nun mundo en rede, a política implícita nesta economía.

Cando o sistema cultural se sostén na precariedade e na competitividade, os vínculos entre iguais corren o risco de se fracturar
Que a fai diferente ás precariedades doutros sectores produtivos?

Penso que, ante todo, a motivación implícita en todo traballo creativo. A vida cultural e creativa adoita vir de prácticas en moitos casos vocacionais que nalgún momento nos orientaron a unha formación dirixida e, en noutros, a transitar por determinadas afeccións con paixón e entusiasmo. Hai, polo tanto, unha clara expectativa.

Un novo repartidor de comida a domicilio pode compartir precariedade cun escritor cando ambos compiten polos mesmos traballos temporais e mal pagados, pero habitualmente o traballador creativo ven de desinchar o seu currículo, quitarse anos e ver frustrada a súa expectativa profesional mentres segue a facer mestrados. Creo que é aquí, na expectativa que os traballadores creativos teñen sobre si mesmos despois dunha vida —nova e adulta— dedicada á formación, onde se debuxa algo singular da frustración laboral contemporánea. Expectativa que hoxe se canaliza, expresa e transforma nunha cultura en rede.

Remedios Zafra presenta nuevo libro, 'El entusiasmo'
Remedios Zafra con su nuevo libro, 'El entusiasmo'. David F. Sabadell
Como afecta esa precariedade á propia creación e ás mensaxes que se transmiten desde as industrias culturais?, nótase dalgún xeito ou pasa completamente desapercibida ós ollos de quen recibe esas mensaxes?

As formas de crear están cambiando con internet e isto ten múltiples lecturas tanto descritivas, e máis antropolóxicas, como lecturas políticas e críticas. Baixo este último enfoque poderíamos dicir que a creación tamén é agora máis precaria. Varios pensadores falan da imaxe e a obra precaria nas redes xurdidas da celeridade, a vulnerabilidade, o remix e a caducidade. Obras condenadas a ser substituídas rapidamente polo máis novo, o máis visto, que se fan e almacenan sen apenas ser vistas. Como efecto, a creación tórnase rápida e superabundante, apoiada en titulares que buscan resumilo todo, emocionar e non pensar, primando a acumulación e la cantidade á profundidade.

As mensaxes das industrias culturais seguen a mesma inercia, como se a maquinaria non puidera parar, apóianse máis que nunca en aspectos emocionais e intuitivos. E paréceme que a percepción de este tipo de creación tende a ser interiorizada como parte dos tempos que vivimos. É sinxelo habituarse a estrear constantemente información e obra. É lo que tamén fan os nenos cando, fronte a dez regalos, piden máis sen terse parado a ver que había nos anteriores. Teño a sensación de que deixamos de mirar con atención as cousas. Imos demasiado rápido e a concentración posiciónase como unha das grandes perdas, ou das grandes crises.

Afirmas que “o sistema cultural válese hoxe dunha multitude de persoas creativas desarticuladas politicamente”. Non se supón que as persoas creativas, os suxeitos que traballan en/coa cultura, teñen unha especial capacidade política, tanto na análise como na práctica?, non lles valeu para enfrontar esa desmobilización política?

Cando o sistema cultural se sostén na precariedade e a competitividade, os vínculos entre iguais corren o risco de fracturarse. Despois da universidade é sinxelo atopar a vellos compañeiros competindo polos mesmos empregos temporais, premios ou bolsas que agranden o seu currículo namentres esperan algo mellor. O concurso constante é un modo de manter desactivadas ás persoas, pois chegan a pensar que gañar a 50 persoas e obter un traballo temporal ou non remunerado é “un premio”.

Dun lado, a inmersión nesa busca constante de traballo (mellor), doutro a competitividade, e como contexto un hábitat online que favorece novas formas de individualismo, esbozan un escenario que dificulta o vínculo político, máis aló das espontáneas conformacións de multitudes online.

Certo que as arestas son moitas e que o contexto cultural parecera idóneo para unha toma de conciencia política, pois a materia coa que traballamos son ideas, expresións, pensamento. Porén, este contexto desactívase se non hai liberdade e sostense na desigualdade que provoca a precariedade, entón priman a impostura e a inercia.

Teño a sensación de que o capitalismo cultural anima a vivir a cultura como entretemento e consumo, ou como intervalo que interesa pero despois escorrega
Para que serve entón a creación cultural se non é para intervir politicamente?

Coincido en que a creación cultural debe servir para axudar ás persoas a ser máis libres, máis iguais —socialmente—, máis diversas —nas nosas formas culturais—, e claramente isto ten unha lectura política, posto que toda creación que favoreza a nosa liberdade apóiase nunha toma de conciencia, nun posicionamento disruptivo que de pronto nos permite facer visible a desigualdade ou visibilizarnos nesa desigualdade.

Porén, na creación cultural contemporánea tanto as formas de traballo como as formas de experimentar a cultura están influenciadas por vellos patróns que non terminan de ceder e novos que non terminan de nacer. Teño a sensación de que o capitalismo cultural anima a vivir a cultura como entretemento e consumo, ou como intervalo que interesa pero despois escorrega; é dicir, como algo que non sempre levamos á nosa vida cotiá.

E penso que ten que ver con como o exceso de mundo visualizado nas pantallas xera tal saturación de novas case sempre negativas, que a cultura semella sucumbir ó que ofrece o mercado dando a resposta: “Non pense, reláxese, goce, aquí o máis vendido, o que debe mercar/ler, o que minguará a súa anguria un rato”. As pantallas son as novas xestoras de graos de perturbación que toleramos, incluso de graos de autoengano que estamos dispostos a aturar.

Que papel xogaron os sindicatos nesta desfeita dos dereitos laborais na esfera dixital que analizas en El entusiasmo?

A tradición dos artistas e creadores non foi a dun colectivo sindicado. Os mitos que reforzaron o seu individualismo e primar ante todo a súa obra fronte ao soldo ou retribución que esta merece alimentaron idealizadas figuras para as que falar de cartos era de mal gusto. Con todo, o contexto non é uniforme e de moitas maneiras comezan a vencerse esas inercias, de xeito que diversos movementos asociativos empezan a articularse de maneira colectiva e reivindicativa con base nos traballadores.

A precariedade nos traballos creativos funciona como xeito de domesticación, porque é enganosa e tende a facer pensar que é temporal ou que é necesaria como fase para traballos mellores, máis estables
Non podería ser a afiliación sindical unha maneira de articular politicamente a esa multitude de persoas creativas das que se vale o sistema cultural?, por que non sucede isto, por que non se considera ós sindicatos como ferramentas para as persoas que traballan nas culturas?

Podería selo, pero se precisa confianza nas estruturas sindicais tamén salpicadas polo lodo da corrupción que tanto afectou á política deste país. Semella entón necesario resignificar o vello ou idear novos formatos que cumpran a función de defensa de dereitos dos traballadores.
Doutro lado, paréceme que a precariedade nos traballos creativos funciona como forma de domesticación, porque é enganosa e tende a facer pensar que é temporal ou que é necesaria como fase para traballos mellores, máis estables. Certo que esta situación, unida á tradición de traballo solitario no creativo e a actual crise de vínculos entre iguais derivada da competitividade do capitalismo dixital, favorece un escenario de maior individualismo, con todo cabe pensar que desde a conciencia a alianza sempre é posible.

Que vías existen para crear unha comunidade que poida reverter as situacións de precariedade que describes no libro?, é reversible esa precariedade?

Este libro está escrito como un intento de situar as contradicións e conflitos do asunto na realidade contemporánea, pero non está construído para chegar a unhas determinadas vías argumentadas ou conclusións delimitadas, senón para animar o pensamento propio e a interpelar cun relato político. Por iso creo que é máis de achegar suxestións que propostas.

Con todo, quen se anime a lelo poderá transitar por vías especulativas relacionadas coa alianza, a imaxinación e a mutación como “vías” o suficientemente amplas para imaxinar fórmulas máis concretas e contextualizadas. Creo que axudar a pensar, e non sentenciar o pensado, é máis coherente coa defensa da liberdade que fai este libro.

Sobre se é reversible, non se trataría tanto de volver ó estado anterior, senón de transformalo e ser capaces de crear outras, mellores, condicións. Liberar a imaxinación de tanto lastre precario é un reto porque os cambios que precisamos son tamén estruturais.

A vaidade é o gran motor das redes e diso válense as industrias dixitais para as que “o eu” é o produto
Ata que punto a vocación e o ego funcionan como un engano nestas profesións creativas das industrias culturais, como unha coartada para aguantar condicións inaceptables en calquera outro traballo? Acéptao porque é “a túa vocación”, a túa canción, a túa curta, o teu libro, o teu artigo e porque sae o teu nome.

A vocación é un asunto tan crucial como íntimo cando o que está en xogo é “o noso nome”. Como se despoxados do material nolo xogásemos todo a ese nome que se convirte en marca, en portada de artigos baleiros de sentido pero que cumpren as normas, en epígrafe dun currículo repleto de certificados con título, en interruptor de rexistros Google que te definen, en secuencias de números de seguidores que se acumulan. Non hai motivación maior para un humano que un mesmo, a vaidade é o gran motor das redes y diso válense as industrias dixitais para as que “o eu” é o produto.

Existe un entusiasmo que poida rematar non facéndolle o xogo ao sistema? De existir, onde se atopa?

A vulnerabilidade do entusiasmo radica en converter ós entusiastas –subordinados– en axentes partícipes da súa propia subordinación. Traballar gratis e dar as grazas é algo que podemos atopar en quen ten medo ou vive situacións de desigualdade. No libro desenvolvo esta idea en relación a pobres e mulleres que se incorporan ó mercado laboral cunha maior expectativa querendo demostrar que o poden facer e que o farán con máis motivación que ninguén, chocándose case sempre coa claudicación e o abandono como algo alimentado e previsible. A desigualdade é a fonte desta opresión derivada do abuso de poder apoiado nese entusiasmo inducido.

Fronte a ese entusiasmo que xorde como estratexia para lograr un traballo ou un recoñecemento e do que se beneficia un sistema que quere máis por menos, existen formas de entusiasmo sincero relacionadas coa paixón creativa cando se vive en liberdade e con maiores graos de igualdade. Paréceme que se este entusiasmo habitara un lugar sería este, o da liberdade.

O traballo creativo na era dixital aparenta ser incorpóreo, pouco físico, pero afecta directamente ós corpos das persoas que o realizan. Cales dirías que son os principais accidentes laborais que sofren, en sentido metafórico e tamén en sentido literal?

Creo que os accidentes e feridas laborais dos traballadores dixitais teñen especialmente que ver coa ansiedade. Esa sensación de non poder abarcar o que se quere facer, acceder ó que se descargou, ver o que está dispoñible, responder ás demandas e interpelacións humanas e da máquina, vivir-traballando…
Non é de estrañar que o uso de ansiolíticos e medicamentos que permiten un “entusiasmo artificial” haxa aumentado tanto nos últimos tempos. Este é un asunto que me interesa e sobre o que directa e transversalmente transita a protagonista de El entusiasmo ó longo do libro.

La profesora y escritora Remedios Zafra
Remedios Zafra analiza la precariedad laboral del sector cultural en la era digital en su nuevo ensayo. David F. Sabadell
En Clavícula, Marta Sanz escribe sobre o dano físico dunha traballadora cultural y Belén Gopegui abordou os aspectos laborais dun xigante tecnolóxico multinacional de hoxe como Google na súa última novela. O teu ensaio tamén trata o asunto das condicións de traballo. Rompeuse unha especie de mordaza ou tabú sobre a cuestión material de quen crea?, a que cres que obedece esa ruptura?

As condicións materiais de traballo cultural cambiaron fortemente con internet e ó compartilas non só falamos daqueles que crean como profesionais da cultura, senón que falamos de facetas cotiás na vida de todas as persoas conectadas que hoxe vivimos e creamos nas pantallas.
Supoño que esta desxerarquización da creación como algo que nos interpela a todos, aínda que en distinto grao, xera un interese maior porque falando de nós falamos de moitas persoas. E falamos de persoas que “teñen corpo”, que se ensucia, engorda, goza, doe e se cansa… Escindir do traballo intelectual esta realidade supuxo un rumbo tamén político, en tanto os corpos e os seus coidados eran “cousa de mulleres”.

Sobre esa posible mordaza que suxires, quizais merecería unha reflexión máis pausada, pero advirto que os pobres que traballaban non tiñan tempo para escribir sobre como traballaban. Hoxe as persoas pobres precarias tamén crean e, a pouco que teñan conciencia política, falar sobre as súas condicións de traballo é algo que flúe.
Por outra banda, por fin empezan a escoitarnos e a lernos ás mulleres. E esa é unha das grandes mordazas, que ata fai ben pouco ás mulleres non podíamos ser creadoras, ou a nosa creación viña previamente deostada o comprimida en publicacións que nos querían só ensinando a cociña, soñando co amor, como amantes ou esposas e como coidadoras dos outros, e non de si mesmas.

Alí onde os traballos de contextos culturais e creativos son máis precarios, os traballos seguen estando feminizados
Non parece casualidade, en efecto, que as tres sexades mulleres. Afecta de xeito distinto a precariedade do traballo creativo a homes e mulleres?, hai tamén unha resposta diferente ante ela por parte duns e doutras?

Sinto unha irmandade intensa coas mulleres escritoras, especialmente con mulleres como Marta e Belén, coas que sintonizo en moitas formas de ver o mundo. Sobre as túas preguntas, penso que afecta de modo distinto, porque as mulleres aínda seguimos –non por vontade propia– atadas ás herdanzas dos corpos e los coidados, precedidas dunha imaxe e un corpo sobre o que todos se reservan o luxo de opinar, e faltas de historias que veñan escritas desde nós, libres de patriarcado.

Alí onde os traballos de contextos culturais e creativos son máis precarios, os traballos seguen estando feminizados e a resposta tamén é distinta, pois mentres ós homes anímaselles a buscar algo mellor, a expectativa posta en moitas mulleres é animar á renuncia pola familia, a unha xornada máis flexible ou máis curta, con menos soldo, que lle permita coidar a fillos, enfermos ou anciáns. Esa expectativa que silenciosamente atravesa a nosa vida cotiá alimentando a resignación e negando a capacidade de reacción.
Vencer esa tendencia asimétrica fai que o plus de entusiasmo das mulleres nos traballos creativos sexa se cabe maior e a carga ás súas costas tamén, porque se espera que “claudiquen”. Como non nos vai doer o corpo?, como non imos a reivindicar que os homes que len e pensan tamén teñen corpo –e mans para coidar– como nós que tamén lemos y pensamos?

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Trabajo sexual
Estudio sobre trabajo sexual De la Policía, los dueños de locales y los clientes: así es la violencia que sufren las trabajadoras sexuales
Las trabajadoras sexuales sufren múltiples violencias y un estudio las recoge en sus propios términos. Las violencias más frecuentes por parte de los clientes consisten en la retirada del condón sin consentimiento o malos tratos verbales.
Memoria histórica
Marc Solanes “Mi bisabuela luchó en el frente y fue considerada una mala madre, pero lo hizo por sus hijas”
En ‘Las niñas de Elna’ (Pollen, 2024) el periodista reconstruye la historia de las mujeres de su familia resolviendo enigmas para resignificar la imagen de la mujer en la historia.
Feminismos
ESS equidad Rompiendo brechas
Al calor del marzo feminista, hablamos sobre equidad para ver cómo las empresas de la Economía Solidaria la integran y promueven.
Educación pública
Iglesia Semana Santa: negocios, procesiones en colegios, inmatriculaciones y fervor
Más allá de la expresión cultural, la Semana Santa tiene una esfera económica que genera millones de euros y otra social que le sirve a la Iglesia Católica para legitimar sus privilegios dentro del Estado español.
Memoria histórica
Marc Solanes “Mi bisabuela luchó en el frente y fue considerada una mala madre, pero lo hizo por sus hijas”
En ‘Las niñas de Elna’ (Pollen, 2024) el periodista reconstruye la historia de las mujeres de su familia resolviendo enigmas para resignificar la imagen de la mujer en la historia.
Palestina
Palestina Viaje al fondo del horror
El fotoperiodista Javier Bauluz cubrió la primera Intifada, la primera gran rebelión del pueblo palestino desde la creación del estado israelí.
Poesía
Poesía La generación beat sigue latiendo
La generación beat es la del ritmo, del golpe, la de superar, la del latido en el papel y fuera de él. La del sentimiento desgarrador que sale del individuo, pero llega a la sociedad.
Literatura
Literatura ‘La santita’ de Mafe Moscoso: para escribir sobre el fin del mundo
‘La santita’, libro de relatos de Mafe Moscoso, es el método pero también es el fin: pone a convivir lo precolonial con las formas de nuestro presente ultracapitalista, ultramuerte, sin exclusiones ni jerarquías.
Maternidad
Maternidades Reaprender la espera
El tiempo de gestación es largo y va a un ritmo distinto al que acostumbras: el ritmo natural al que desarrolla una playa, un monte, un océano. Y no estamos ya habituados a darle la mano a la pausa.
Momus Operandi
Momus operandi Todo es una narración
Nos dicen que las mentiras son la única realidad. Que aprendamos a mentirnos, que nos engañemos, que no nos importa la salud, ni los derechos laborales, ni las violencias estructurales.

Últimas

Industria
Transición industrial Mecaner, un cierre injusto o cuatro alternativas con mirada ecosocial para mantener la fábrica de Urduliz
ESK y LAB han presentado el ‘Plan de Transición Ecosocial’ que ha elaborado la cooperativa Garúa como una herramienta para la búsqueda de soluciones al ERE propuesto por la multinacional Stellantis.
Sidecar
Sidecar Crisis intratable en la República Democrática del Congo
Una y otra vez los actores externos han fracasado a la hora de contener la escalada de violencia en la República Democrática del Congo.
Más noticias
América Latina
Caribe Haití: el fracaso neocolonial y el “eterno castigo de su dignidad”
La crisis de gobernabilidad que vive Haití después del alzamiento paramilitar que liberó a más de 3.600 presos y expulsó al primer ministro es un capítulo más de una historia colonialismo y dependencia.
El Salto Twitch
El Salto TV Economía y titulares de guerra
En el programa en directo de Economía Cabreada del 26 de marzo se hizo un análisis de la deriva bélica de la Unión Europea, sus gobiernos y de los grandes medios con Tica Font y Miquel Ramos.
Sidecar
Sidecar Soluciones bonapartistas
Las turbulencias en el seno de los dos partidos estadounidenses dominantes refleja el problema más amplio de un sistema capitalista cada vez menos capaz de proporcionar ganancias materiales a la clase trabajadora.
Memoria histórica
Memoria histórica Las nuevas leyes de memoria histórica recuperan la “concordia” franquista
La ofensiva legislativa de gobiernos autonómicos como el de Castilla y León y el País Valencià, adoptan un enfoque revisionista que amenaza los avances en el reconocimiento memorialista.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda La PAH València clama por el derecho a una vivienda digna: “¿Duermen tranquilos?”
Centenares de personas protestan frente al palacio de la Generalitat para exigir que se haga efectivo el derecho a la vivienda ante la insoportable alza de los precios.

Recomendadas

Investigación
Investigación O Goberno galego repartiu 4.000 millóns de euros en contratos a dedo en só seis anos
Desde 2018, a Xunta asinou 1.034.964 contratos sen sacalos a concurso: algo máis do 30% do diñeiro do que dispón para o exercicio de 2024. Ademais, 35.362 deses contratos teñen un importe entre 14.000 e 14.999 euros, o límite legal.
Ríos
Radiografía fluvial de España La tierra que no amaba sus ríos
Los ríos ibéricos agonizan. Casi la mitad de las masas de agua está en mal estado. Presas, sobreexplotación, contaminación y crisis climática son sus principales amenazas, con la agroindustria como mayor agresora.
Cine
María Alché y Benjamín Naishtat “El cine puede proponer imágenes y reflexionar, y por eso Milei necesita destruirlo”
María Alché y Benjamín Naishtat dirigen ‘Puan’, una película optimista y amarga, entre la comedia y el cine social, que ofrece nuevas lecturas tras los primeros cien días de gobierno de Milei en Argentina.