Literatura
Narrar desde a greta

Unha novela excepcional sobre navegar entre a morte e a perda de sentido no marco da sociedade contemporánea
22 jul 2022 23:44

Ver o mundo a través das fiestras dos ollos. Sentilo todo repercutir no corpo, mais non ser capaz de romper o cristal para acceder ao mundo exterior. Mellor así, estase ben así. De se estrelar, de se crear a máis miúda greta, implicaría asumir a tarefa de expoñer a vulnerabilidade que nos tece. 

O termo permaxeo refírese á capa do solo  en estado de conxelación permanente. Esta capa, que illa do exterior demasiado cálido, mantén xuntas terra, pedras e area grazas ao xeo. Eva Baltasar recorre ao permaxeo para construír unha metáfora dun xeito de habitar o mundo, dunha maneira particular de sentir e relacionarse cunha mesma e coas outras persoas.  

A autora é unha das figuras máis importantes da literatura catalá contemporánea. Debutou na poesía con Laia, poemario que lle valeu o premio Miquel de Palol. En total, publicou outros nove poemarios, todos eles galardoados. Permaxeo foi a súa primeira incursión na narrativa. A edición en galego publícase baixo o selo de Kalandraka coa tradución de Gonzalo Hermo.  

Permaxeo é una novela fragmentaria. Composta por case corenta breves capítulos, o libro explora a vida dunha muller a través do seu tren de pensamento, que percorre distintas etapas da súa vida. De xeito similar ao que fai Rachel Cusk en A Contraluz, a personaxe principal nárrase a través da interacción con outras persoas. Lemos sobre a súa infancia e a súa relación cos membros do seu núcleo familiar, mais tamén sobre a descuberta da sexualidade. Con todo, é a súa pulsión de morte o tema sobre o que se desenvolve a novela.  

“A vida pertence aos outros, sempre foi así. Estou aquí e vexo que pasa; a vida pasa polas vidas doutros, é unha miraxe real e inabarcable que flúe a través das vidas dos outros, enchéndoas coma auga, maximizándoas como papadas.” 

Os distintos episodios da vida da narradora amosan unha perda de sentido que na literatura podemos rastrexar desde O estranxeiro de Albert Camus e até O meu ano de descanso e relaxación de Ottessa Moshfegh. Os tres textos seguen unha personaxe que semella incapaz de asumir o peso emocional que implican as relacións sociais.  

No caso de Permaxeo, a perda de sentido exprésase en dúas constantes: a fuga do compromiso amoroso, así como o desinterese que afecta calquera empresa que nalgún momento prometera satisfacción. O que devén destes trazos de carácter é o estado de impermanencia, de falta de estabilidade.  

Esta maneira de vivir confróntase coas expectativas da nai e a eterna comparación coa súa irmá que constrúe a súa vida baixo a seguridade da norma social. E é xusto alí onde aparece unha pequena crítica á presión social que ten a intención de  que nos definamos como persoas, quedemos nos lugares seguros e resolvamos a nosa vida emocional, sexual e laboral a una idade determinada, preferiblemente durante os 20.  

“A forza do medo é a suma de cada pequeno soño reducido a po. Inháloa, xa que logo, pois parece ser o único xeito de vivilo que nos queda.”

Ao  contrario do que podería semellar a presenza da morte en tódalas páxinas, a prosa de Eva Baltasar está chea dun sentido do humor intelixente que se concatena cun lirismo excepcional. Polo demais, a autora fuxe dos lugares comúns. Permaxeo non é bildungsroman. Non hai lección que aprender. A estrutura da novela non está construída para describir unha evolución de carácter. Nese sentido, a morte aparece crúa e a atracción que a personaxe principal sente cara a ela nunca está acompañada por un xuízo moral nin leva consigo unha ensinanza de fábula. 

“Unha estocada ao amor propio provoca unha ferida fonda pero non mortal, un burato negro capaz de dixerir fragmentos de morte co recordo.”  

Por outra banda, outro factor a salientar é o xeito co que a autora logra que a narración do libro emule o permaxeo. As descricións das personaxes e as situacións polas que atravesa a narradora están contadas desde o interior. Cada evento esperta unha sensación corporal de impresións e ideas que non terminan por atopar unha vía de saída cara ao exterior.  

Permaxeo nárrase desde a greta. Non pode ser doutro xeito. Nárrase no espazo desde o cal podemos acceder ao interior do que permanece oculto trala capa de xeo. Mais entendemos que a profanación, a greta, só puido ser perpetrada pola forza da vida, que sempre empurra cara adiante.  

“As familias péchanse sobre elas mesmas como vilas asediadas. Pero é a vida, a salvaxe que nos cerca e nos asedia.” 

Permaxeo forma parte da colección Faktoría K, na que podemos atopar desde clásicos imprescindibles como O Amante de Marguerite Duras, até a narrativa máis actual, como pode ser a marabillosa Canto eu e a montaña baila, de Irene Solá. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Migración
Migracións A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.