Migración
Burocracia para os 'refuxiados de segunda': sete rapaces malianos ante o bloqueo do Estado ao pedir asilo

Presos da guerra, chegan a un novo territorio en procura de mellores oportunidades, pero son presos de temporalidades e trámites administrativos, minguando o seu estado anímico e deixándolles estancados nun limbo temporal que os anula como cidadáns.
Foto Javier
Dinguere Dansoko, Fode Diakité, Demba Sissoko, Demba Dembelé, Bonko Dembelé, Fily Sissoko e Fousseni Samoura Alba López Álvarez
19 jul 2024 05:30

O 17 de xaneiro de 2012 estalaba a guerra no norte de Malí. Unha primeira ofensiva militar que abogaba pola liberación e independencia da rexión norteña de Azawad acabou por desencadenar nunha guerra cada vez máis ampla e complexa, provocando un conflito froito de causas vinculadas a cuestións históricas, culturais, sociopolíticas, económicas, militares e xeoestratéxicas. Un conflito protagonizado por diversidade de  actores armados con axendas diferenciadas -separatistas, estatistas e yihadistas- e tamén por diversos actores e axentes de Occidente.

O conflito armado que asola Malí dende 2012 continúa pese ao acordo de paz firmado en 2015 entre o goberno de Malí e algúns grupos armados. Os ataques contra a poboación civil e as ofensivas dos diversos grupos terroristas aumentaron tamén no último tempo. Este contexto de intensificación da violencia no territorio maliense leva aos seus cidadáns ao desprazamento masivo e empurra as persoas ao exilio, buscando refuxio e asilo noutros países.

Este é o caso de Dinguere Dansoko, Fode Diakité, Demba Sissoko, Demba Dembelé, Bonko Dembelé, Fily Sissoko e Fousseni Samoura, sete rapaces malienses que chegaron a principios de ano a Coruña e que aínda seguen esperando os trámites para lograr a protección internacional.

Ley de Extranjería
Migraciones “No son cromos”: colectivos piden que se respeten los derechos de los menores no acompañados en su reparto
Mientras el Gobierno presentan una proposición de ley para repartir a los niños y niñas no acompañados que han llegado a las costas de Canarias, colectivos ven la medida como necesaria pero recuerdan que es solo un “parche”.

Estes sete rapaces chegaron o 23 de novembro de 2023 a Tenerife. “Na embarcación eramos cen persoas. Viñemos fai moitos meses escapando de Malí, escapando da guerra. Alí non podemos facer nada. Os terroristas buscan e matan á xente. Hai moitos grupos de terroristas que collen á xente moza para facelos militantes guerrilleiros dos seus grupos armados. Collen á forza os alimentos, os animais. Abandoamos Malí por medo”, explican. 

Un deles, Dinguere, conta como isto non comezou só na embarcación. Vén de moito máis atrás. “En Malí non podemos facer nada. Nos poucos traballos que hai non se gaña nada de diñeiro. En 2021 fun a Mauritania e a finais de 2023 entrei a España. Traballei un pouco en Bamako para ter diñeiro e chegar a Mauritania. Alí traballei en varios oficios: man de obra, axudante de albañil, pesca... Un amigo de Francia envioume diñeiro e así completei o que precisaba para poder pagar o barco”.

Os sete viñeron na mesma embarcación. Alí se coñeceron. Dende que chegaron a costa canaria, estiveron dous meses en Sigüenza e despois chegaron a Coruña a finais de xaneiro. “Dende que chegamos a Tenerife dixemos que queriamos pedir asilo. Dixéronnos que nos atopabamos nun lugar de paso, que unha vez que nos enviaran á Península poderiamos pedilo”. Seguindo estes pasos, cando chegaron a Sigüenza intentaron inciar o trámite para conseguir o asilo, pero nunca lles chegaron a dar ningunha cita. Aínda non estaban no destino final e, ante a dúbida, pedíronlles esperar para saber se se quedarían aí ou irían a outro lugar. Finalmente, “tras dous meses en Sigüenza,  dixéronnos que tiñamos que ir a outro centro”.

Así foi como chegaron a  Coruña, o terceiro destino desta viaxe. Chegaron en xaneiro de 2024 e iniciaron de novo a tramitación. Solicitaron por correo electrónico unha primeira cita para formalizar a manifestación de vontade, un documento que lles exixe a Administración antes de presentar a petición de asilo.

Porén, non recibiron resposta.  Chegaron buscando traballo e atopáronse nun periplo burocrático no que os prazos temporais non se axustan á realidade que se esperaban nin ás necesidades que teñen, xerando cada vez unha maior sensación de frustración neles.

Atópanse dentro do Programa de Atención Humanitaria da Dirección Xeral de Atención Humanitaria e Inclusión Social da Inmigración. Este programa xestiónase tamén grazas a varias organizacións, das cales Accem forma parte. Actualmente alónxanse nun dos fogares que xestiona Accem en A Coruña. A organización axúdalles coa manutención, aloxamento, clases de español… Asesorando e acompañando en todos os procesos previos á formalización do asilo. Se ben parte das súas necesidades básicas están cubertas, para eles non é suficiente: “Estamos cansos de quedarnos en casa e non facer nada, queremos traballar, para iso viñemos aquí. Xa fai nove meses que estamos nesta situación. É moi frustrante.”

Foi por iso que, tras cinco meses de espera nesta nova cidade, o 13 de maio decidiron mandar un correo e presentar un escrito ao Rexistro da Oficina de Asilo da Coruña expoñendo o seu caso. O 17 de xuño, apoiados por persoal de Accem, convocaron unha rolda de prensa ante a sede da Policía da Coruña. 

Poucas horas despois de enviar a convocatoria a prensa, recibiron a notificación da súa primeira cita para a realización deste trámite. “Cando nos chamaron puxémonos moi contentos, pero queriamos seguir mantendo a convocatoria para explicarlle á prensa e á policía que non nos conformábamos con isto, nós o que queremos é a nosa cita de asilo”. De todas formas, a ilusión durou pouco, contan. “Despois desta chamada explicáronnos a situación e dixéronnos que nuns seis meses nos chamarían para a primeira entrevista. Sentimos moita decepción. Chegados a este punto, para nós seis meses son moitos”.

Infancia
Sira Rego “La palabra ‘mena’ deshumaniza al otro y nos negamos a deshumanizar a las infancias”
El Ministerio de Juventud e Infancia, creado en noviembre de 2023, tiene el reto de sacar adelante la propuesta para que se produzca la acogida de los 6.000 niños y niñas no acompañados que se encuentran en Canarias.

O seu estado anímico vese mermado e contaxiado pola desmotivación, o medo e a ansiedade.  “Vimos de onde vimos e vemos como a outros compañeiros xa lle deron a protección. Nós temos o mesmo dereito ca eles a traballar canto antes. Para nós esta primeira cita é como si non fora nada”, conclúen falando desta chamada da policía. 

A manifestación de vontade non actúa como un documento legal para traballar. Trátase dunha especie de limbo suscrito a temporalidades que non atenden ás particularidades nin situacións persoais das persoas solicitantes. “Os prazos que nos dan son moi longos, o que queremos é ter a cita o antes posible. Está pasando moito tempo. A nosa demanda é que adianten a cita para a demanda de asilo, ter a nosa protección internacional é o único que queremos”.

A tramitación das solicitudes de asilo dependen da provincia e da localidade na que se demande. Todo depende da cantidade de demandas que haxa en cada sitio. Debido á alta demanda de solicitudes de asilo no último tempo, o sistema está colapsado e a maioría de provincias presentan grandes períodos de esperas no procedemento. Isto xera, ademais, unha desigualdade entre os distintos territorios do Estado Español. “Moitas das persoas que viñeron con nós no barco teñen xa a súa entrevista de asilo feita dende fai dous meses, incluso comezaron a traballar”.

Son firmes na súa demanda: eles o que queren é traballar. Esa é a súa primeira necesidade, tanto por unha cuestión anímica como por unha cuestión económica. Ante a pregunta “Sabíades que isto pasaría unha vez que chegásedes a España?” responden un unísono non. Non entenden a súa situación. Non poden evitar compararse co resto de compañeiros e din que, aínda que chegaran fuxindo da guerra, aquí tamén sinten medo. “Non nos sentimos benvidos aquí. Preocúpanos a nosa situación: non conseguimos durmir ben, non temos apetito”.

Infancia migrante
Menores que migran solos Securitización vs acogida: ¿para cuándo el debate sobre el “reparto” del presupuesto migratorio?
En el paradigma de la migración como problema a neutralizar, “repartir” a los menores parece lo más acertado, solidaridad, que cada cual se haga cargo de su parte del problema. En este debate, quedan sin discutir otros “repartos” más problemáticos.

Desigualdades e diferenzas entre as persoas migrantes nos distintos puntos do territorio

Verse e compararse co resto de compañeiros cos que compartiron embarcación e vivencia failles sentir moita estrañeza. Esta situación de desigualdade entre uns e outros non só ten que ver co colapso das oficinas e a cantidade de demandas de asilo en cada lugar,  senón tamén coa existencia ou non de economía sumerxida nos distintos territorios. A maior parte de traballos que desempeñan moitos dos migrantes irregulares son fóra da lei.


Un estudo elaborado pola fundación porCausa no ano 2020 estima que neses intres había uns 300.000 inmigrantes extracomunitarios ocupando empleos dentro da economía sumerxida. É moi complicado atopar datos exactos neste campo pola complexidade que supón e tamén porque non se dirixen recursos a súa investigación.  Este tipo de traballos concéntranse en sectores moi precarizados, fundamentalmente na construción, agricultura e particularmente no sector servizos (restauración, limpeza, servizo doméstico, tarefas de coidado...). A súa situación de irregularización converte estes espazos en lugares nos que se dan situacións de violencia e abusos cara os traballadores e traballadoras.

Existe tamén unha brecha moi grande entre distintos territorios do Estado Español no que a economía sumerxida se refire, xerando unha gran disparidade. Comunidades como Andalucía, Extremadura e Castela A-Mancha contan cunha maior economía sumerxida en comparación a outras. Isto tamén pode explicar por que moitos dos seus compañeiros están traballando mentres eles non: “Hai amigos que tiveron procesos máis acelerados e xa están traballando. Coñecemos a xente que está noutros lugares como Sevilla e xa atoparon traballo”, comentan.

Todo isto acontece nun marco de cambios e movemento. O futuro é incerto, pero pódense ver luces. O pasado 9 de abril de 2024, no Congreso dos Diputados e as Diputadas, apoiouse por maioría absoluta a toma en consideración da ILP Regularización para a continuidade do seu trámite parlamentario dentro do Congreso.

Esta iniciativa lexislativa popular, impulsada por máis de 900 asociacións da sociedade civil e de colectivos migrantes e racializados e que contou co apoio de máis de 700 mil firmas de cidadáns e cidadás españolas, pon no foco a situación de 500.000 persoas en situación de irregularidade administrativa.

A historia de vida de Dinguere Dansoko, Fode Diakité, Demba Sissoko, Demba Dembelé, Bonko Dembelé, Fily Sissoko e Fousseni Samoura ten nomes e apelidos. É un relato concreto, nun lugar e nunha temporalidade concreta. Pero en parte vén a contarnos tamén a historia deste medio millón de persoas migrantes que actualmente se atopan en irregularidade administrativa e polas que a cidadanía está a proclamar os seus dereitos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
Altri
Altri Centos de persoas enchen o río Ulla nunha protesta histórica contra a celulosa de Altri e a mina de Touro
O río potencialmente máis afectado por ambos proxectos converteuse este domingo nunha vía de protesta e conciencia ambiental grazas á decida de decenas de embarcacións dirixidas por activistas de todo o país.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Opinión
Opinión ¡A la mierda Europa!
Hay otra Europa que es víctima de la Europa neoliberal y belicista que apuesta por la industria de las armas a costa de los derechos sociales, es una Europa que se muere de vergüenza cada vez que ve imágenes de Gaza o Cisjordania.
Laboral
Laboral Al borde de la huelga en la educación pública vasca
Los cuatro sindicatos convocantes denuncian que el Departamento de Educación vasco no se han sentado a dialogar hasta este viernes pocos días antes de los paros
Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Palestina
Ocupación Isarelí Primera movilización unitaria contra el genocidio en Palestina y por el fin del comercio de armas con Israel
Este sábado 10 de mayo se espera en Madrid una asistencia multitudinaria de personas venidas desde cientos de municipios de todo el Estado español para concentrar la protesta de los ataques indiscriminados del Israel contra la población palestina.
Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.