O prelo
Vivir na fin do mundo

Corre a década de 1079. Christina Lilliestierna (1923) é unha afamada escritora e xornalista sueca. Ata ese momento, ten vivido en Francia, África do norte, o Congo, Irán... Mais fáltalle algo. Un anaco de terra, unha casiña á que poida chamar fogar e na que poida pasar o resto da súa vida. Iso si, tería que estar nun lugar onde houbera paz, que estivera o más lonxe posíbel das grandes urbes.

É así como comeza a historia dunha viaxe a Galicia. No libro, editado este ano pola editorial Rinoceronte, nárranse as experiencias de Christina dende que deixou atrás a súa vida parisiense e se embarcou nunha viaxe cara a esa terra da que non tiña escoitado e que parecía estar situada na mesma fin do mundo.

Xornalista
9 nov 2019 12:00

Coa publicación de Vivir na fin do mundo, a editora Rinoceronte rescata este relato que dá fe da experiencia da escritora e xornalista Christina Lilliestierna de chegar a vivir ao rural profundo de Galiza sen saber ren desa terra afastada. Pero, ao tempo que nos relata as súas impresións e sensacións sobre o que olla, o que fai é dar testemuño dunha Galiza da que en aparencia só quedan ruínas, pero que, ao ler o libro, nos decatamos de que na realidade esa época descrita persiste e constitúe a nosa identidade como se foran os nosos cimentos.

"En realidade todo comezou como unha brincadeira, como un xogo de palabras. Pero na brincadeira había, se non unha gran parte de seriedade, polo menos unha boa cantidade de vellos soños. E cos soños vellos non se pode chancear. Se algunha vez se lles dá a oportunidade de saír á superficie e teñen a impresión de que se toman en serio, entón fanse os donos e abóurannos teimando insistentemente, non coma figuras da néboas senón con realidades".

Coa sinxeleza que teñen todos os xiros que irrompen e mudan o curso da vida, Christina e a súa familia chegan a Galicia e podemos ler como xa dende entón acceder a Galicia dende outros países, e incluso dende as outras provincias, implicaba un traxecto esgotador.

Co factor da lingua na súa contra, a “estraña estranxeira”, como lle chama a xente da aldea que a mira pasar, atopa a vivenda dos seus soños: O Pazo de Cadro, o pazo máis antigo do Concello de Marín.

Como chegar a vivir a un mundo tan distinto do que coñecías? Como aprender a conciliar o choque de culturas? Como adaptarse e integrarse a esa comunidade que resulta tan allea sen perder a identidade?

Nos primeiros capítulos do libro contan a historia de como conseguiu mercar o Pazo. Con todo, a perspicaz pluma de Christina enche estas descricións dun contido máis fondo e logra que podamos dar de conta do tipo de relacións sociais que se establecen con naturalidade. Por exemplo, Christina, ao tempo que relata o proceso de restauración do pazo, sinala o machismo no rural co que é recibida.

Como chegar a vivir a un mundo tan distinto do que coñecías? Como aprender a conciliar o choque de culturas? Como adaptarse e integrarse a esa comunidade que resulta tan allea sen perder a identidade? Son só algunhas das preguntas que a narradora se fai continuamente ao longo do libro conforme pasa o tempo.

Unha vez que a casa se restaurou e foi habitada, Christine e a súa familia mergulláronse nos costumes da súa contorna a través do traballo no campo, a gandería e a matanza do porco. Christine nunca deixa de observar con respecto e admiración os coñecementos dos veciños, que son moito máis profundos e complexos de que a mesma xente cree. Observa que o cultivo das patacas encerra coñecementos ancestrais, por exemplo de astronomía, que moitas veces perden a súa explicación co paso do tempo e que se converten en meras prácticas que terminan por levarse a cabo por tradición.

Christine e o seu marido morrerán no Pazo. Que atopan en Galicia que non atoparon en París nin en Irán nin en ningunha outra parte do mundo?

Esta capacidade de ollar é a que fai posíbel que Christine poida describir e denunciar a pobreza sen poetizala nin vitimizar á poboación. Na mesma liña, a autora comparte a súa preocupación de ter unha mirada colonial e moralmente superior sobre a súa contorna que, en comparación co mundo parisiense, parece estar atrasado.

“O certo é que comezamos cunha especie de complexo de superioridade. Non esperabamos atopar nada tan xenuíno, forte e vivo. O ambiente xeral é tan lento, tan apático. O que ocorre no fondo está oculto. Hai que afondar, e é preciso facelo aos poucos.”

Quizás foi esta sensación o motor que levou a Christine e a seu home a abrir o salón do Pazo do Cadro para facer unha exposición dos artistas locais, idea que nun principio parecía unha tolemia. Mais de recomendación en recomendación, a parella percorreu as aldeas de Pontevedra e Ourense, e deron cunha serie de personaxes excepcionais que facían magníficas obras de arte (algúns mesmo sen sabelo). Como reaccionará a aldea ante unha exposición de arte, algo que non teñen visto na súa vida?, preguntase a narradora antes da inauguración.
En contra de todos os prognósticos, pero dacordo cos primeiros desexos da familia, Christine e o seu marido morrerán no Pazo. Que atopan en Galicia que non atoparon en París nin en Irán nin en ningunha outra parte do mundo? Como foi que unha muller cosmopolita terminou por quedar a pesar das limitacións que se atopa non só de infraestrutura senón tamén de sanidade pública?

A mirada estranxeira de Christine sobre Galicia é potente porque visibiliza cunha voz crítica tanto as virtudes, como as problemáticas para superar da sociedade galega.

A pesar de que se adoite pensar que nada do que aparece no libro permanece (empezando pola vida rural), o libro é unha viaxe ao pasado necesario para reencontrarnos co presente e avaliar que cousas cambiaron e cales permanecen. En que consiste o progreso? A mirada estranxeira de Christine sobre Galicia é potente porque visibiliza cunha voz crítica tanto as virtudes, como as problemáticas para superar da sociedade galega. É por iso que Vivir na fin do mundo é máis que un libro que describe como vivía a xente na segunda metade do século pasado. É tamén unha oportunidade para profundar na propia condición humana a través da exposición das distintas visións sobre a vida dependendo das culturas nas que se viva.

“E a muller que tivo fillo tras fillo entre colleita e colleita de viño, que axudou aos netos a vir ao mundo e que cada ano viu nacer añiños, cuxos e porquiños, que pregou e chorou en numerosos velorios, non saberá máis ca a señora da cidade coa súa distancia hixiénica e impenetrable ante todo o que chamamos realidade? Con que termómetro se mide o nivel da vida? E a felicidade?”

Despois de tantos anos, tras a morte de Lilliestierna no 2000, o Pazo de Cadro quedou baleiro e abandonado, nas mesmas condicións coas que Christine o atopou. É como se o mesmo Pazo estivera condenado. Con todo, é mellor pensar que esa mole de pedra está a agardar pacientemente a que alguén abra a porta e déalle vida unha vez máis. Todo é posíbel na fin do mundo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Natalia García Freire: escritora de una generación volcánica
Sexto capítulo de la serie Aleteo sonoro, en el que volamos a los Andes ecuatorianos para conocer la infancia y las motivaciones literarias de la autora.
El Salto Radio
El Salto Radio Centenari de Josep Maria Llompart
Demà fa un segle del naixement d’aquest poeta mallorquí que sacrificà la seva vocació per mor de les exigències de la cultura que abraçà.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.