Patrimonio cultural
Xerardo Feijoo: “A existencia dun patrimonio común a galegos e portugueses existiu dende épocas ancestrais”

Xerardo Feijoo é o coordinador da asociación de profesorado que desenvolve dende hai 25 anos o proxecto pedagóxico de Ponte nas Ondas, para a difusión, recoñecemento e preservación do patrimonio cultural que comparten Galicia e o norte de Portugal.

Ponte nas Ondas 1
Imaxe da ponte que comunica Galiza e Portugal na localidade de Salvaterra do Miño durante a primeira actividade da Asociación hai 25 anos. Foto: arquivo Ponte nas ondas.
30 mar 2020 09:00

No ano 1995, a ponte que une a Salvaterra do Miño con Monção inaugurouse. Para celebrar o feito, un grupo de profesoras e profesores de Galicia e Portugal montaron unha xornada de radio que conectou por 12 horas as dúas poboacións.

Foi así como a Asociación Ponte…nas Ondas! (PNO) xurdiu. Nestes 25 anos de vida, PNO ten feito centos de actividades pedagóxicas para a difusión, recoñecemento e preservación do patrimonio cultural que comparten Galicia e o norte de Portugal.

Xerardo Feijóo, o coordinador da asociación falou con nós sobre o proxecto pedagóxico de PNO, o patrimonio cultural e a lingua.

Entendo que PNO se conformou por profesoras e profesores. Como se reflexa isto no traballo que se fai en PNO?

Si, PNO é unha asociación que está composta un 95% por profesoras galegas e portuguesas. Entón, para onde tiramos a nosa asociación? Pois fixemos análises bastante profundos do que é a escola, da súa realidade, da realidade social na que nos movíamos. E decidimos continuar a nosa experiencia baseándoa en tres eixes básicos: a cultura común galego-portuguesa, o patrimonio cultural inmaterial e os novos medios de comunicación.

Baseados niso levamos traballando 25 anos de todas as formas posibles: organizado mostras de oralidade, certames de recollida do patrimonio cultural nos que nós propomos unha idea ás profesoras de diferentes colexios, eles recóllena, danlle a forma adecuada ao seu centro e a nós chéganos un produto normalmente en formato audiovisual, que pode ser unha gravación da radio, un vídeo, unha edición dun libro....Pero nos chega ese produto rematado que nos demostra que a nosa proposta chegou a un centro, se adecuou á realidade próxima desa escola e nos chega en forma deste produto.

Cal é o seu interese do seu proxecto pedagóxico?

Nós evidentemente somos mestres e sempre a nosa fin ultimo é traballar co noso alumnado e transmitirlles o que nós pensamos que é fundamental, que son os tres eixes dos que falamos. Eu vivín en Salvaterra e sei que, aínda que a fronteira agora é permeable pola ponte, sigue habendo certa reticencia e a sensación de que non somos iguais, que é outro país. O cal é ridículo. Porque ti pasas co teu coche para Portugal e ves que os topónimos teñen o mesmo nome, que a lingua é a mesma, e que incluso o xeito de relacionarse e incluso o carácter das persoas é o moi similar.

Traballar coas tecnoloxías cambia absolutamente o interese do alumnado

Entón, iso sobre a cultura galego-portuguesa. O asunto do patrimonio inmaterial aos noso alumnos lles sona a chinés. “É cousa de vellos, a min que me importa como facían a matanza do porco fai anos...” Pero iso é cultura. Evidentemente, nós non queremos dicir que teñamos que ir ás leiras en carro e non en tractor. O tempo é este, pero non descoñecer que antes existía outra realidade, que é a nosa cultura. Entón nós estamos moi interesados en transmitir como era e como é. Facemos todo isto aproveitando o tirón das tecnoloxías que cambia absolutamente o interese do alumnado. A nosa pretensión é que a través do compoñente tecnolóxico, a mensaxe que a nós nos interesa chegue ao noso alumnado.

Que comprenden por Patrimonio Inmaterial?

Hai un patrimonio material que está sustentado por todo o que se pode tocar e un patrimonio inmaterial, que está nas cabezas das persoas. É dicir, antes falábamos da matanza do porco. Hai unha parte ritual alí que está estudiada pola etnografía e a antropoloxía. E hai unha sabedoría da xente... non todo mundo sabe matar un porco, cortalo, sazonar os alimentos... Iso son coñecementos e forman parte do patrimonio inmaterial.

Xa non hai esa transmisión por parte dos avós e cando morren, eses saberes todos que atesoran, desaparecen. É moi importante que non se perdan

Unha ponte é un patrimonio material que está alí e leva mil anos. Pero, no ano 83, a UNESCO empezou a ver o problema que tiña o patrimonio inmaterial, que reside na cabeza das persoas e que estas van morrendo, desaparecendo así o coñecemento atesourado na súa cabeza.

Antes no era tan grave porque existía a transmisión oral. É dicir, avós e avóas nas lareiras contando aos seus netos e fillos as cousas verdadeiras, os contos, as lendas, a cosmogonía... Pero agora toda esa cadea rompeu. Xa non hai esa transmisión por parte dos avós e cando morren, eses saberes todos que atesoran, desaparecen. É moi importante que non se perdan. E alí é onde nós estamos traballando.

Xusto, como foi e como é o proceso de recuperación do patrimonio inmaterial de Galicia e Portugal?

A existencia dun patrimonio común a galegos e portugueses existiu dende épocas ancestrais. E despois, fai 500 anos, a separación de Galicia e Portugal foi un feito político pero a fronteira era permeable e non sempre existiu. Nós somos conscientes da existencia da cultura común a Galiza e Portugal. Nós propuxemos descubrilo e descubrilo a todo o mundo.

A recuperación empeza nas escolas. A proposta é “compañeiras mestras, imos a traballar sobre a música tradicional”. E en todas as escolas se recolle esta iniciativa e cada quen pensa en como darlle forma. Ao final, se produce unha efervescencia na sociedade que despois cristaliza no resultados desas investigacións en forma de exposicións, programas de radio, vídeos...De vez en cando, facemos unha mostra de oralidade ou organizamos en Melaço unha reunión de xogos tradicional. Que este ano vai ser o 15 e maio. E levamos un montón de nenas e nenos galegos e portugueses e presentamos os xogos que xogaban os nosos avós e avóas. Este é o sistema que nós podemos ver para transmitir o patrimonio: coller os nenos e nenas e suplantar un pouco a transmisión oral que sucedía antes no seno familiar e que xa non acontece.

Ponte nas Ondas 2
Xerardo Feijóo, o coordinador da Asociación Ponte…nas Ondas! Sara Guerrero Alfaro
Na vosa experiencia, que tipo de incidencia social ten a recuperación e o recoñecemento dunha tradición cultural común nas comunidades nas que traballan?

É moi difícil de saber a repercusión que tes porque isto se move nun campo da ambigüidade. Ti vas sementando cando es educador. Vas lanzando, algunhas cabezas pasan de todo e noutras esperas que algo vaia agromando. Por exemplo, nós estivemos en Portugal, falabamos cos portugueses e entendiámonos. E iso é o que nós queremos. Dito de forma moi simple. Nós queremos que vexas que pasas a raia e non pasas a outro país. Alí hai xente coa a que te vas entender perfectamente e que van ter uns intereses comúns.

Logo das actividades nas que conviven xente de Galicia e Portugal, notas que hai un cambio na concepción das persoas galegas con respecto á lingua galega?

Respecto ao galego como lingua eu son pesimista. É dicir, penso que vamos cara atrás porque se produciu este feito do que falamos, da ruptura da cadea de transmisión entre as xeracións.

Eu comecei a traballar na educación en Galicia no ano 82 e, polas circunstancias nas que traballei, que era en Salvaterra, había un 50% da rapazada galegofalante. Pero foi pasando o tempo ata o 2006, o ano en que me xubilei, tiña cero galegofalantes na aula. Cero.

Entón con esta relación cos portugueses, incentivamos á xente a falarlles en galego porque van a entender mellor. Pero custa un montón. Entre ás xeracións máis novas, pois eu traballei con rapazada pequena de 6 ou 7 anos, había absoluta imposibilidade de falar en galego. Por máis que intentara co boa vontade, nada. Son castelán falantes cen por cen e a relación co galego só a teñen na clase de galego. Iso foi unha radiografía, aquí na cidade non hai dios que o fale e mesmo nos pobos é moi dificil. Porque onde traballaba era un entorno rural, non só recibía xente de Salvaterra senón que tamén das parroquias. Antes sempre houbo esa diferenciación: os que eran do casco falaban castelán pero todos os que viñan das parroquias, falaban galego. E agora, nin os que veñen das parroquias falan galego. En fin, o galego é un desastre. Hai que buscar causas. Na educación o galego se foi deteriorando e desvalorizando máis e estamos onde estamos.

Comecei a traballar na educación en Galiza no ano 82, había un 50% da rapazada galegofalante na miña aula, cando me xubilei no 2006 tiña cero galegofalantes
Supoño que iso ten incidencias no proxecto de PNO...

Moitas, nós tratamos por todos os medios de evitar ese deterioro porque forma parte do patrimonio cultural. A máxima expresión dunha cultura é o seu propio idioma. E non é verdade que o mesmo que se pode dicir en galego, pódese dicir en castelán. Non é verdade, porque as cousas teñen un nome e ese nome forma parte dunha cultura. A xente vella ten unha riqueza lingüística... pero cantos centos e miles de topónimos poden perderse porque xa non os coñece ninguén.

E isto ten consecuencias na relación entre PT e Galicia...

Si e cada ves máis, porque os rapaces que son castelán falantes teñen algunha dificultade máis para entenderse cos portugueses.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Hazlo Posible
Hazlo posible Un año de investigaciones en El Salto: más impacto y visitas que nunca
En el último año El Salto ha publicado decenas de trabajos de investigación, con más impacto y visitas que nunca: desde la exclusiva de los festivales de KKR a la foto manipulada de Mazón, pasando por los agentes infiltrados en colectivos sociales.
El Salto Radio
El Salto Radio 600 señales
Señales de Humo cumple 600 emisiones y hace memoria: propuestas, prioridades y gente que ha ayudado a mantener el sueño de una comunicación transformadora.
Violencia machista
Violencia machista y medios comunitarios “Yo misma he notado lo difícil que es denunciar, por eso sé lo importante que son los medios”
Toribia Flores y Gladys Bolívar, promotoras comunitarias y comunicadoras populares en Bolivia, luchan contra las violencias machistas con su trabajo militante en la radio.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.