Medio rural
Ao redor da cociña de ferro: vivir o inverno, sobrevivir ao virus

A chegada do frío sempre muda por completo o ritmo de vida no rural. Este ano, ademais, a pandemia conxelou as tradicións milenarias. Como se lidia coa soidade e o confinamento nunha sociedade que se basea na cooperación para sobrevivir?
Frío
19 dic 2020 08:46

As noites son longas e os días son chuviosos. Rómpense as rutinas do resto do ano e empezan a xerminar outras que nacen aptas para este tempo. É xa o segundo inverno que paso na aldea, na Galiza, mais non deixa de me sorprender o violento cambio entre estacións. A cidade na que medrei era todo o oposto: as temperaturas eran case as mesmas ao longo de todo o ano, os días non medraban nin se acurtaban e a vida na metrópole non estaba determinada polo clima. Nin sequera reparábamos nel.

No rural, no entanto, o tempo é quen define as tarefas que hai que facer e quen dita o momento en que é mellor facelas. Só bastou que chegase o frío a miña pequena casa de pedra, para saber que hai moitas cousas novas de que ocuparse, como resolver o xeito de manternos quentes ou lidar coa humidade que entra e aferrase ás paredes da casa.

Ao redor da cociña de ferro

Aquí na aldea o cambio de estación non só é máis patente que na Cidade de México, senón que tamén é máis evidente que en calquera outra cidade da península, incluíndo as galegas. Aquí a xente móvese ao ritmo da natureza: se cae a noite e aínda son as seis, non importa, hai que cear e ir cedo á cama; se é un día de chuvia, non se traballa nas leiras e toca gardarse na casa.

No inverno, os camiños, rúas e estradas fican baleiras a maior parte do tempo. Non hai onde ir máis que a cociña, onde está o núcleo do calor e, sobre todo, onde non se escoitan tanto as panxoliñas que cantan a todas horas a través das bucinas da parroquia.

Cando chegamos á casa na que agora vivimos, emocioneime en canto vin a fermosa cociña de ferro do número sete. E a miña emoción medrou aínda máis cando vin que a avoa da miña parella deixara unha corte repleta de leña rachada. Era coma se ela soubese, 30 anos antes, que o seu neto ía a retornar un día a casa.

Mais a cociña rompeu á semana de usala. A humidade do abandono corroera o metal. Entón  tentamos de aproveitar o forno de pedra, mais a leña estaba tan seca que este comeu a metade da madeira. Aprendimos dúas cousas desa experiencia: que as cociñas de ferro son MOITO máis caras que as “modernas” estufas de butano e que a existencia do monte comunal é vital.

Así como a auga, o monte na miña parroquia é de xestión comunitaria. É dicir que hai unha sección dentro do territorio da aldea que é propiedade da veciñanza, da chamada “comunidade de montes”. Cada ano, despois de avaliar o estado do bosque, delimítase unha zona na que calquera persoa membro da comunidade de montes pode ir a talar árbores para aproveitar como leña. Isto quere dicir que a xente da aldea conta con esta materia prima a súa disposición, o que é fundamental, xa que se non es propietario de terras ou se non tes árbores para aproveitar, o monte comunal tórnase nun factor clave para acceder ao dereito de non pasar frío durante o inverno e sortear a pobreza enerxética.

Porque a maioría das casas (se non é que todas) utilizan a cociña de ferro como método de calefacción principal. Isto non quere dicir que algunhas non conten con outro tipo de calefacción, mais o inverno é tan longo que é máis economicamente posible manterse quentes con leña que con calquera outro medio.

Deste xeito, a cociña vólvese o centro da casa, o lugar no que se pasa a maioría do día, o que podería soar idílico, mais, na realidade, despois de dous meses, termina por semellar máis a un martirio de aburrimento.

A pegada do virus

A tristura no aire é particular este ano. As panxoliñas soan, mais xa ninguén blasfema contra elas. Non hai con quen. As casas que o ano pasado iluminaban a noite máis que os farois, tampouco foron adornadas.

A crises sanitaria remarcou o abandono ás persoas maiores que viven nas zonas rurais, ás que non lles queda máis remedio que ficar illadas na cociña, esperando a que termine o día. As visitas diarias entre veciñas, que atenuaban a soidade e distraian a mente, disolvéronse no vento. As relacións sociais, quizabes o factor máis imporante para vivir e sobrevivir no medio rural, quedaron conxeladas no tempo.

Como afrontan, se non con desesperación ou negación, as comunidades do rural as medidas de distanciamento social? Como se resolven as tarefas do día a día que precisan da axuda de máis persoas? Quen poda entón as viñas? Quen vai a leña? Quen mata o porco, pica a carne, enche e afuma as chourizas?

En xeral, esta época estase a vivir con gran desconcerto. As actividades do campo non poden parar porque representan gran parte do sustento e a maioría destas precisan da cooperación da veciñanza. O medo e a necesidade aparecen como dúas forzas opostas que tiran da vontade da xente.

Mentiría se negara que nalgúns casos óptase por ignorar as medidas. Mais tamén hai outros nos que se prefire forzar os vellos e doridos ósos para terminar as tarefas en soidade. Hai quen tamén vai resolvendo co maior optimismo posible, chama ás veciñas todos os días e avisa a toda a familia que lles vai mandar o bacallau de Nadal en toppers para non romper a tradición.

Nós, que non puidemos ir  axudar ás veciñas a picar a carne da matanza dos seus porcos, recibimos ao longo dunha semana un prato de zorza “para probar” de cada unha delas. Ao quinto día xa éramos uns catadores profesionais.  

A pesar dos tempos,  a vida avanza e os vínculos, sementados hai séculos, resisten a tempestade. Os afectos fanse patentes en cada pequeno intercambio e chamada telefónica, mais tamén na distancia. Ao final, esta é das poucas veces en que a ausencia se pode xustificar co amor e o coidado. Mais non por iso é máis sinxelo.

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Cultura Residente cancela todos sus conciertos en los festivales propiedad del fondo proisraelí KKR
René Pérez, cantante y rapero que llegó a la fama bajo el paraguas de Calle 13, abandona los carteles del FIB de Benicasim y del Morriña Fest de A Coruña.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
#78063
25/12/2020 14:43

Lembranzas de infancia, e doutras cousas tamén. E renovación dos puntos de vista, das bases de pensamento, da acción.

0
0
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.