Teatro
Roberto Pascual: "Non mudaremos o mundo cun festival, pero podemos incidir en certas dinámicas e crear titulares incómodos para os grupos de poder”

O Salto Galiza conversa co director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia sobre a súa historia, a xestión cultural no país ou o teatro documento.

Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia
Roberto Pascual (director do MIT): "Todo teatro é político" Sara Guerrero Alfaro
26 jul 2019 07:30

Abrigada pola tranquilidade de verdes montañas, a pequena vila de Ribadavia, con pouco máis de 5.000 habitantes, vólvese cada ano sede dunha das mostras internacionais de teatro máis importantes da península. Polas súas rúas de pedra, ao longo de 35 anos, camiñaron grandes figuras das artes escénicas chegadas de todo o mundo, así como miles de espectadores. A mostra é tamén unha importante plataforma que impulsa e promove a escena teatral galega.

O director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), Roberto Pascual (1981), é tamén mestre da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia (ESAD), membro do Consello Artístico do Ministerio de Cultura e colaborador da Radio Galega.

Charlar con el permitiunos comprender os principios ideolóxicos do festival, os cales reivindican o valor político e social tanto do teatro como da organización civil. A MIT é, dende os seus comezos, un proxecto visionario que emana cooperación e resistencia.

Cóntamos, para comezar, cando soubeches que querías dedicarte ao teatro.
Foi durante o instituto. Tiven unha profesora de literatura que me ensinou a amar as artes e fíxome ver que a literatura é unha cousa e que as artes outra; que o teatro está moito máis próximo á pintura, á escultura e á fotografía, pero que ao mesmo tempo aliméntase da literatura. A miña primeira vocación foi ser actor. Foi cando me trasladei a Santiago para estudar co que considero o meu gran mestre teatral, o dramaturgo Roberto Salgueiro . Con el traballei durante cinco anos nunha grande variedade de obras. Nese período aprendín moitas cousas, non só cuestións técnicas, senón valores sobre a arte que Roberto me transmitiu.

“Toda actividade teatral é política
Como xurdiu a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia?
No 1973, en pleno Franquismo, un grupo de mozos de Ribadavia decatouse de que esta localidade, conservadora e fiel aos ideais franquistas, non respondía ás súas inquedanzas. Estes mozos, cun espírito transgresor, quería facer de Ribadavia un lugar diferente para poder ter unha vida moito máis conectada coa realidade e a modernidade europeas. Entón dixeron: “Que imos facer aquí?? Imos ver en que estado se atopa a reivindicación cultural na Galiza. Descubriron que no Carballiño estaban a reivindicar o audiovisual; en Santiago a música; noutros puntos o ámbito literario. Pero ningunha asociación cultural que loitase contra o Franquismo, reivindicando a lingua galega, reivindicaba as artes escénicas. Foi entón cando decidiron encargarse diso e sinalar Ribadavia como o lugar do teatro.

Dende o 73 ao 81 este grupo de xente moza consolidouse como a Agrupación Cultural Abrente, a cal comezou cunha mostra de teatro anual clandestina, debido á persecución e á censura do contexto- toda actividade teatral é política-. Entón levábase todo a cabo no bar Papuxa. Organizaron tamén un concurso de textos teatrais para alimentar a creación na nosa lingua.

Como se escolleu Ribadavia como sede? Por que lle chaman “a capital do teatro galego”?
Xa en democracia un director xeral da Xunta propúxose facer un mapa cultural do teatro na Galiza. Creouse un teatro nacional (o Centro Dramático Galego no 1983) e fíxose un mapa de festivais co obxectivo de ordenar o territorio escénico. No momento de revisar o mapa de festivais preguntáronse “Cal pode ser o noso festival de proxección internacional?” E por tradición e historia escolleron Ribadavia.

“Grazas a asociación de comerciantes o festival non caeu

Que particularidades ten a MIT, que cumpre 35 anos con tan boa recepción do público?
Hai varios factores. O primeiro: o apoio da comunidade. Foi un festival que pasou por épocas complexas. No segundo ano o entón director do proxecto decidiu non continuar, por cuestións económicas e políticas. A asociación de comerciantes de Ribadavia viu niso unha perda social, cultural e económica, e organizouse para orquestrar e realizar o festival dun xeito moi profesional. Eran persoas donas das tendas, as cafetarías...e grazas a elas o festival non caeu. Encargáronse do festival durante 5 anos.

Nos últimos dez anos, plena época de crise económica e recortes á cultura, en lugar de deixalo caer aproveitamos o momento de dificultade para darlle unha volta e pensar en oportunidades. Entón comezamos convenios con organismos de proxección internacional da cultura de varios países que nos permitiron traer a Galiza a grandes mestres da escena e así dar á mostra unha forza que chamou a atención da xente.

Que principios e obxectivos ten a mostra?
Un obxectivo moi importante é que sexa capaz de provocar unha revolución social en contra das modas, da lóxica capitalista de “consumo e marcho”. Que sexa capaz de xerar novos comportamentos sociais. Non somos revolucionarios nin imos mudar o mundo cun festival, pero si podemos incidir en certas dinámicas e crear titulares incómodos para os grupos de poder mediáticos, políticos e sociais. Cremos que a arte pode resituar os focos. Óllase para Ribadavia, que está na periferia, en Ourense, no interior da Galiza, pero onde pasa a Vangarda. Non en Madrid nin en Santiago. Porque nós querémolo así, somos o pobo o que o queremos así. Eu creo que hai moita ideoloxía nisto.

“O maior obstáculo é un goberno da Xunta pasivo respecto ás iniciativas culturais

Cales son os maiores obstáculos que enfrontan para dar continuidade ao proxecto?
O maior obstáculo neste momento é un goberno da Xunta de Galicia bastante pasivo respecto ás iniciativas culturais, bastante enfocado en dúas lousas para a cultura que son: o monte Gaiás e os fastos dos grandes eventos coma o Xacobeo. A falta de iniciativa propia da Xunta para crear o seu propio proxecto cultural e a inexistencia na Galiza dun instituto de proxección exterior da cultura. E podemos ter un porque aquí temos un potencial e un nivel artístico do cal estamos moi orgullosos e que po xerar moito interese fora do noso territorio.

Por outra banda quizais existe unha visión por parte de certos medios masivos de que a cultura é un só medio de entretemento e nós pensamos que é máis que entretemento: é diversidade, é compartir, é unha oportunidade de medrar humanísticamente.

Baixo que parámetros escollen ás compañías? Hai unha porcentaxe dedicada ao teatro galego?
Hai parámetros meramente técnicos, como a inclusión de 5 obras doutras comunidades autónomas. Pero máis aló dos formalismos temos o criterio da diversidade e da coherencia. É dicir, preguntámonos “que imos poñer no foco?, que imos facer pensar e ver á xente que acude ás obras? Para min a coherencia dun festival é moi importante. Tamén combinar e equilibrar a presenza de compañías novas e innovadoras coa de grandes mestres da escena internacional. Polo MIT pasaron Arístides Vargas ou Nekrošius, que os galegos tamén temos dereito a coñecer no noso contexto inmediato.

No apartado galego, máis que ser un vehículo de exhibición, pensamos que temos que actuar como coprodutores ou lugar de estrea, residencia ou apoio dalgunha clase. Somos un festival internacional, pero temos que ter en conta a produción galega. Aquí temos o obxectivo de axudar a proxectar o teatro galego internacionalmente. Queremos coidar ao teatro galego dende o niño, para axudalo a chegar ao voo.

“Estamos aprendendo a facer un teatro que nos fai cuestionar e repensar a historia

Nesta edición hai varias obras e obradoiros de teatro documento. Por que esta escolla, que pode aportarnos?
Penso que o teatro documento inquieta. Escollémolo porque como comunidade tamén estamos aprendendo a facer un teatro que nos fai cuestionar e repensar a historia. Bríndanos algo esencial que é o empoderamento crítico da cidadanía. Lévanos a que nós mesmos saquemos as nosas propias conclusións sobre o que estamos a ver. O teatro documento presenta, non representa, distintos aspectos dunha realidade e nós conectámolos co noso propio contexto, intelixencia e identidade crítica.

Dende o teu punto de pista, por que a realidade parece chamarnos de pronto a atención? Que nos impulsa a querer ver testemuñas e historias reais sobre o escenario?
Penso que as ganas de querer ver a realidade veñen de ver tanta mediatización política nas noticias, que moitas veces son falsas, pero que outras son terxiversadas, tendenciosas e intervidas. O que queremos é unha arte que volva confiar na capacidade da intelixencia. Que non nos traten como borregos, como unha masa homoxénea.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Euskera
Lourdes Oñederra “La comprensión tiene valor por sí misma, no es un mero paso intermedio”
Lourdes Oñederra destaca la comprensión lingüística como clave para abrir oportunidades y beneficios que merecen atención y cultivo.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.