Coronavirus
Bosques pechados: A aplicación das políticas deseñadas para a cidade no campo

O estado de alarma ten feito visible a desigualdade social. Os estragos nos centros urbanos son evidentes. Mais, que está a pasar lonxe dos focos de contaxio, nos territorios da periferia?

Xornalista
29 mar 2020 11:37

O territorio rural, aínda que corresponde a un 84,5% da superficie galega, é sistematicamente esquecido polas políticas e servizos sociais, as inversións económicas e culturais das deputacións.

Porque parece que, a diferenza do campo, a cidade ten todo o necesario para un bo vivir: traballo, servizos públicos coma o transporte e as bibliotecas, universidades, ximnasios, centros comerciais, cines.... A cidade é un privilexio. Excepto en momentos de crises. Que pasa entón cando todos eses privilexios pechan? Que é o que queda na cidade para nós?

A xente vacila se saír ou non á súa leira que está ao cruzar a estrada, por onde xa non camiña ninguén, por medo á denuncia das persoas que coñecen o seu nome e enderezo. Cando é que os políticos deixarán de supoñer que a totalidade da poboación é urbana?

En canto se decretou o estado de alarma o pasado 14 de marzo, houbo unha tendencia de movemento da poboación cara a iso que chamamos a España valeira. Por unha banda, o turismo rural foi a opción que elixiron todas aquelas persoas da cidade que quixeron escapar do foco do contaxio do SARS-CoV-2 e mudar a un ambiente lonxe da ansiedade do cerramento e do pánico da xente. Da mesma maneira e quizabes polas mesmas razóns, unha cantidade considerable de emigrantes do rural, retornaron a esas casas das que saíron algunha vez.

Porque, cando todo é incerto e nas cidades xa non ofrecen nada, a natureza, esa vella esquecida, volve a ser considerada coma un privilexio que nos resgarda como ningún dos mundos de cemento fino.

Unha vida no confinamento cotián

Nas aldeas, a maioría da xente ten as súas fincas ou as súas cadras dentro do linde da súas casas. Porén, o movemento das persoas no contexto do presente estado de alarma, é bastante similar ao que ten nunha situación “normal”: a xente sae as súas fincas a sementar cebolas nas hortas, desbrozar a herba ou pastorear os animais.

Para a maioría da xente todas estas actividades non son vistas agora como privilexios desde os pisos nas cidades, mais na aldea son as tarefas que fan diariamente para a propia subsistencia.

Tanto a falta de servizos de transporte, como de cultura dignos, manteñen á poboación rural nun estado de confinamento permanente no cal as persoas que non contan con trasporte privado, só baixan ás cidades cos mesmos motivos permitidos nel estado de alarma: a compra de alimentos e medicamentos, así como ás citas médicas.

E esta situación non é exclusiva das persoas maiores. As mulleres que teñen baixo o seu coidado a familiares enfermos, dificilmente saen da súa casa xa que son os homes os que normalmente saen traballar e facer as compras.

O MEDO E A VIXILANCIA

Se hai algo que o SARS-CoV-2 alterou de forma significativa a cotiandade da vida no rural, sen dúbida é o estado de medo das persoas maiores, as máis vulnerables, que está a ser alimentado polo tratamento da pandemia por parte de certas cadeas de televisión que son o seu único vínculo co exterior.

Sumando isto coa propagación de noticias falsas entre a veciñanza sobre a forma na que se transmite o virus, as maiores que terminan por facer cousas como denudarse antes de entrar á casa logo dunha viaxe á vila.

A diferenza do medo e do coidado non termina por ser clara e é así coma comezan a aparecer as denuncias á Garda Civil nas que se sinala anonimamente a persoas que saíron dar un paseo polo monte, xa que a mala información e o estado de alarma e medo anulan a capacidade de recoñecer a diferenza de contexto con respecto á cidade.

Porque, ao chegar ás aldeas con menos de 300 habitantes, a situación de confinamento non é tan distinta das cidades: unha vez máis as normas deseñadas para os centros urbanos aplícanse do mesmo xeito para os rurais. O feito de que o metro das cidades permaneza aberto e, pola contra, o bosque no rural baleiro estea pechado, comezan a facer dubidar unha vez máis da aplicación xeral das normas.

Se o 84% do territorio galego é rural, por que non se crean normativas que se adapten á realidade do campo galego?

Agora a xente vacila se saír ou non á súa leira que está ao cruzar a estrada, por onde xa non camiña ninguén, por medo á denuncia das persoas que coñecen o seu nome e enderezo. Cando é que os políticos deixarán de dar por sentado que a totalidade da poboación é urbana? Cando é que a periferia vai estar considerada polo centro? Dos 29.575 quilómetros cadrados do territorio galego, 25 mil están considerados como territorio rural. Porque non é isto suficiente para a creación de normativas no estado de alarma que se adapten á realidade do campo galego?

E, por outra banda, é que o Estado español non é capaz de atopar outro xeito de relacionarse cós cidadáns nesta emerxencia que non sexa a través das políticas de medo nas que se inclúe o desplegue de gardas civis intimidantes e, nalgúns casos, armados? Que a nivel político se pense que nesta emerxencia a xente non é capaz de cooperar sen ameazas de por medio é perigoso.

Mentres as políticas sigan sendo construídas deste xeito, a natureza volverá ser esquecida cando a crises pase. A xente retornará as cidades e ao rural, ese afastado lugar polo que nunca loitamos, quedará como a reserva á que concorremos cando o que hai nas urbes xa non nos convén.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia La lucha por los montes gallegos: incendios, eucaliptos y amenazas a la propiedad colectiva
Galicia concentra un tercio de los incendios forestales registrados en el Estado. Mientras la Xunta apunta a los montes vecinales, comuneros y ecologistas denuncian una estrategia política que favorece la privatización y a la industria maderera.
Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
Segovia
Mujeres rurales Maribel y sus amigas o cómo sobrevivir sin servicios públicos
Maribel lleva trabajando en el campo desde que era pequeña pero no ha podido cotizar nunca. Junto a sus amigas resiste en un medio rural que envejece sin sanidad, educación o transporte.
#53919
29/3/2020 21:29

29.575 kilómetros cadrados

0
0
#55509
6/4/2020 9:39

https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/quilómetro

0
0
#53824
29/3/2020 12:47

Por favor, esa calidade da lingua fai doer os ollos!!! A calidade do artigo non debe ir en contra da calidade da lingua empregada. Non maltratemos o noso patriminio, por favor. Graciñas.

2
1
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.