Coronavirus
Sanitarios da Mariña recollen sinaturas contra a celebración das eleccións

As profesionais advirten do perigo que se corre se un positivo en coronavirus ou calquera outra persoa que estea a gardar corentena vai votar o domingo. Recollen sinaturas na zona da Mariña, totalmente confinada, para amosar o seu descontento ante a medida.

Hospital da Costa en Burela
Hospital da Costa en Burela (A Mariña)

Un brote descontrolado de coronavirus e eleccións en catro días, que podía saír mal? A situación na Mariña comeza a preocupar aos sanitarios que ven como non se están a tomar as medidas suficientes para controlar o número elevado de contaxios. As declaracións do conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuiña, tampouco tranquilizan: tal e como o explicou, os contactos dos contaxiados que están a gardar corentena o domingo de votación si que poderán sair para participaren no plebiscito.

”Nestes momentos pasamos de casos de contaxio directo a contaxios de até quinta xeración, así que ubicar o brote é totalmente imposíbel e todo indica que se debe a un contaxio intercomunitario”, esclarece unha médica de atención pediátrica do centro de saúde de Burela, a localidade máis afectada da zona que alberga a 10.000 habitantes. No seu caso, atópase cubrindo o seu cupo de pacientes máis o de dúas compañeiras, viu como se multiplicaba por dous a cifra de contaxio en só tres días. O luns 6 de xullo alcanzaba os 166 pacientes positivos por coronavirus no servizo de saúde de Burela, que comprende varias localidades adxacentes.

Esta médica é unha das asinantes dun dos escritos que agora mesmo se moven en cada centro sanitario do lugar para pedir a suspensión das eleccións e para amosar a súa preocupación “polo problema de saúde pública que se poda xerar”, ademáis de estaren “indignados” xa que o seu traballo diario de loita en primeira liña fronte á pandemia ponse en perigo cunha decisión tan irresponsábel como non suspender os comicios, parafraseando o mesmo escrito.

Íñigo Melchor, médico no Punto de Atención Continuada (PAC) de Viveiro, tamén se amosa contrario á convocatoria das eleccións. “Non se entende como hoxe, na Mariña, habendo máis casos positivos que os que había en toda Galiza cando se decretou o confinamento, estean as cousas como están”, argúe. Desde o seu punto de vista, a única medida factíbel que se comprobou que ten efectos, ainda que a medio prazo, é o confinamento. “Ademáis, esta zona é de veraneo, así que nos próximos meses a súa poboación, actualmente de 70.000 habitantes, superará o duplo”, continúa.

A política por riba da saúde pública

Melchor comenta a situación sanitaria entrelazándoa coa política: “Todos os sanitarios limos moitísimo sobre contaxios e virus nos últimos meses, e en ningún lugar aparece que unha medida eficaz sexa un confinamento de cinco días. Isto só o fixeron para poder dicir que enfrontaron o problema dalgún xeito e que as eleccións se poden celebrar”, nos seus mesmos termos.

Cuestionado polas declaracións do Conselleiro de Sanidade, Melchor tíldaas de “impresentábeis”, e explícao: “Este tipo de pronunciamentos sáense de calquer debate serio. El ten os seus intereses políticos, e véxoos lexítimos, mais sempre e cando non se estea a xogar coa saúde da poboación. É moi perigoso que unicamente fale desde o plano político e non o científico”.

”Só unha causa de forza maior podería facer que un afectado abandonase a corentena. Se hai catro meses, votar non o era, tampouco pode selo agora”

Catalina Caamaño, farmacéutica de atención primaria en Burela, tamén se amosa contraria á celebración das eleccións, mais sobre todo coas declaracións de Vázquez Almuiña: “O confinado é unha persoa que garda corentena por dictame médico, e é únicamente o seu profesional sanitario o que lle pode permitir ou autorizar saltalo se non é por unha causa de forza maior”, declara.

Falando en primeira persoa, non deixa pasar a oportunidade para esclarecer as consecuencias que, declaracións como as do Conselleiro, poden chegar a efectuarse: “Xa temos moitos problemas para transmitir á xente a importancia de respectar o confinamento cando así está dictado, porque ninguén quere ficar dúas semanas máis encerrado coa calor que fai, así que facerlle entender que isto é unha crise sanitaria mundial que se ha frear con accións individuais é moi complicado. Os sanitarios levamos horas e horas a traballar sobre esta cuestión para que Vázquez Almuiña chegue e diga unha información contraria aos protocolos do Ministerio de Sanidade. É unha falta de respecto cara aos traballadores e á poboación ao pór en risco a súa saúde”, comenta a farmacéutica.

Os sanitarios asinan en contra

A escaseza de material de seguranza é un grave problema que as traballadoras solucionaron como puideron, grazas á axuda do Concello e da concelleira de servizos sociais, Carmela López. Ademáis da falta de material, denuncian a brutal sobrecarga de traballo. Por todo iso, entre as profisionais sanitarias da zona se están a repartir varias follas para que os asinantes, pertencentes ao Servizo Galego de Saúde (Sergas), poidan amosar o seu rexeitamento á celebración dos comicios.

O texto máis crítico que se está a asinar recolle a esixencia do aprazamento das eleccións do domingo. Así o argumentan: “Ao se declarar a epidemia por Sars-Covd2 no Estado xa se produciu unha mudanza de data para as eleccións autonómicas. Non facelo na Mariña neste momento, no que xa hai mais casos dos que tivemos en toda a fase de confinamento, non é admisíbel. E tampouco lóxico. Se o seu Goberno, representado polo seu Conselleiro de Sanidade, considera que acudir a votar é unha causa de forza maior, incluso nunha situación de epidemia con transmisión comunitaria como a que está vivindo A Mariña, agardamos teña o valor de redactalo e publicalo no DOG con caracter urxente. Só unha causa de forza maior, podería facer que un afectado abandonase a corentena. Se hai catro meses, votar non o era, tampouco pode selo agora”.

Nese sentido, a última publicación no Diario Oficial de Galiza (DOG) adica un epígrafe á orde pola que se decretaba o confinamento da Mariña. O mesmo texto sinala que, dada a proximidade dos comicios, “resulta oportuno aclarar que as limitacións á mobilidade non poden afectar ao exercicio dun dereito fundamental como é o do sufraxio”, polo que votar o domingo será unha causa “xustificada” cara á entrada e saída do ámbito territorial.

Non haberá interventores do PSOE

Por outra bonda, un documento diferente, tamén disponíbel para ser rubricado polas profesionais sanitarias, amosa o seu malestar coas declaracións explicitadas anteriormente. “Ante a situación de brote epidémico con probábel transmisión comunitaria que estamos a vivir na comarca da Mariña, o persoal do Sergas abaixo asinante amosa a súa alarma ante as manifestacións do Conselleiro de Sanidade de que pacientes en corentena poidan acudir aos colexios electorais rachando o illamento indicado nestes casos”, escriben.

De feito, os efectos de que se celebren os comicios en medio dun brote descontrolado fixo reconsiderar a postura da Agrupación Socialista de Burela de cara á participación nos mesmos como interventores dado o medo da xente ao contaxio. “Decidimos apostar únicamente pola figura do apoderado, así non estaremos todo o tempo na mesa como é habitual senón que faremos un control máis light. Imos tentar estar o menos posíbel con membros da mesa, que xa bastante preocupación terán por ter que estar aí sen saber se o que está a votar pode estar contaxiado de coronavirus”, declarou Ramiro Fernández, o secretario xeral da formación política na zona.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Ecuador
Ecuador El día que Simón Bolívar escuchó del ‘Ecuador’: un análisis de la segunda vuelta electoral
Las elecciones entre el conservador Daniel Noboa y la correista Luisa González han sido definidas como “históricas”. Sin embargo, no parece que ninguno de los candidatos represente la “gran figura” que el momento lo requiere.
Análisis
Análisis La hipérbole pasa factura a Vox y deja la mayoría absoluta en manos de Sumar y Podemos
La caída de dos puntos de Vox muestra cómo la izquierda y el PSOE podrían seguir teniendo una oportunidad de evitar un Ejecutivo del Partido Popular con la ultraderecha.
Ecuador
El Salto Twitch Ecuador: cuando el Estado asesina
Cuatro menores afrodescendientes de Guayaquil fueros asesinados en diciembre pasado por militares. El cruel hecho, ya que fueron encontrados incinerados y con signos de tortura, desató la indignación nacional e internacional.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Genocidio
Genocidio 470.000 personas están en situación de hambruna en Gaza, donde continúan los asesinatos
El Ministerio de Salud de Gaza reporta que 52.928 personas han sido asesinadas y 119.846 heridas desde el 7 de octubre de 2023. Trump se reúne con los países del Golfo, pero no se mueve de su apoyo a Israel.
Educación
Educación Protocolos éticos en espacios educativos: ¿qué dicen sobre el abuso de poder?
La asociación de referencia para las escuelas gestalt acaba de aprobar un protocolo para detectar y abordar del abuso de poder. Otros ámbitos educativos cuentan con documentos éticos sobre este asunto.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Eléctricas
Eléctricas Aagesen sitúa la desconexión que llevó al apagón en Granada, Badajoz y Sevilla
La vicepresidenta tercera y ministra para la Transición Ecológica explica en el Congreso que siguen investigando, pero avanza que no fue un problema de cobertura ni de reserva. El Ejecutivo no ha detallado qué tipo de energía fue la que falló.
València
València La instrucción de la dana determina que Pradas y Argüeso cometieron una “grosera negligencia”
La magistrada Ruiz Tobarra resalta en un auto la inoperancia de la ex consellera y el ex secretario de emergencias, y califica como “absurdas” sus explicaciones sobre el retraso del sms.
Opinión
Opinión Por qué es vital que el mundo (y Europa) se desarme
Mientras buena parte de los políticos mundiales nos hablan de las amenazas que suponen los Otros, la conclusión en el campo de la ciencia climática es que los problemas del siglo XXI son consecuencia del modo de vida desmesurado del mundo occidental.
Más noticias
Laboral
Laboral Los trabajadores de Bridgestone tendrán que decidir sobre la última oferta de la empresa
Reducen en 103 despidos el ERE de la multinacional, fomentan las prejubilaciones y se comprometen a asegurar la producción en las dos plantas afectadas en Cantabria y Bizkaia.
Energía
Límites planetarios Reducir el consumo energético, el debate olvidado (e incómodo) del gran apagón
España proyecta un 43% de aumento de consumo eléctrico en los próximos cinco años. Especialistas opinan que la electrificación de la demanda, clave para abandonar los combustibles fósiles, tiene que ir acompañada de la suficiencia energética.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Uruguay
Muere Mújica Muere José Mujica: el descanso del guerrero
La muerte de Pepe Mujica hará aumentar sin duda la leyenda que rodeó durante tantos años al viejo guerrillero tupamaro convertido en presidente de Uruguay, pero no todos serán elogios.
Pensamiento
Michael Hardt “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.