Deportes
“Para nós a montaña é o máximo expoñente do amor pola vida e a natureza”

Soa de fondo “Me robaron mi runa mula” de Juaneco y su combo. Dádelle ao play e gabeade con nós por esta conversa co Clube de Montaña Buxán.

Clube de Montaña Buxán
Subida a pena Trevinca. Fonte: Clube de Montaña Buxán
14 jun 2020 12:00

Tomás Porto e Álex Villa afirman que o Clube de montaña Buxán é “un colectivo de xente nova formada principalmente por indíxenas do máis profundo da amazonía lucense. Buxianos e buxianas habitantes e ionquis das montañas, gostosos de percorrelas, agatuñalas e afundirse nelas. Un proxecto horizontal e integral, moito máis alà que unha afección deportiva. E sobre todo, amantes da cumbia e do churrasco…”

Deportes
Fútbol na lama contra a morte do rural
Barciademera celebra cada ano un evento deportivo que involucra a todos os veciños desta vila de 300 habitantes.

Somos o entorno e a súa xente, esta é a vosa resposta á pregunta da revista Desnivel “que relación mantedes coa contorna e a súa xente”. Cal é a contorna e de quen vén sendo pois, esa xente?
Somos a Galiza profunda, formada por unha manda de indíxenas que habitan o interior de Lugo. Unha contorna dividida en parroquias, conformada por aldeas semi-baleiras; somos unha especie de últimos mohicanos da montaña lucense. Un resistente pobo galo adicto ao “al filo de lo imposible”, que vive na montaña e disfruta dela.

Que é ser montañeira? Cando se pode chamar unha así?
As nosas referencias de montañeiros son Lolo, Palmón e Piro, referentes da montaña da nosa zona. Somos seareiros deles, hooligans. Ser montañeiro non é difícil, podes ir a decathlon e equiparte co kit de alpinista hilmalaista para dar un paseo por un sendeiro pegadiño á túa cidade perfeitamente homologado pola Unión Europea; ou elexir a nosa opción, o Rural Climbing montañeiro “faino ti mesmo”: co que tes e cos teus medios busca os teus retos e as túas aventuras.

Somos unha especie de últimos mohicanos da montaña lucense: un resistente pobo galo adicto ao “al filo de lo imposible”, que vive na montaña e disfruta dela.

Calquera persoa pode ser montañeira?
Penso que si, ou polo menos espero que a montaña non sexa algo elitista dunha minoría.

O monte aviva o amor?
Para nós a montaña é o máximo expoñente do amor pola vida e a natureza. Vivir sen disfrutar e polo tanto coñecer o medio natural que te arrodea, é como vivir nunha burbulla. Unha vida de permanente confort e situacións controladas, deitado nun sofá diante dunha pantalla é un auténtico desperdicio; unha vida na montaña compón o mínimo que podemos ofrecernos a nós mesmos, é dicir, dalo todo por expremer a vida.

Hai riscos na montaña, iso fai a unha montañeira ter máis consciencia da morte?
A montaña ten riscos, que na medida do posíbel hai que paliar; pero a vida cotiá tamén os ten e con accidentes máis comúns. Se cadra isto parece frivolidade; pero se teño que elexir entre un accidente de coche indo a traballar pola mañá a un curro precario ou un accidente na montaña, elixo o segundo. Dios no lo quiera.

Unha vida de permanente confort e situacións controladas, deitado nun sofá diante dunha pantalla é un auténtico desperdicio; unha vida na montaña compón o mínimo que podemos ofrecernos a nós mesmos, é dicir, dalo todo por expremer a vida.

Eólicos, monocultivos, minas..., en que medida o rural climbing e a relación co monte axudan a sentir a necesidade de coidalo, de conservalo?
En Buxán somos aldeáns, traballamos na nosa contorna, e como tal, temos o deber como parte implicada de posicionarnos ante os conflitos ambientais. No Rural Climbing a montaña como medio e os seus habitantes son os principais baluartes a defender. O disfrute do medio polos habitantes deste, axuda a un maior entendemento, simbiose e empatía entre o hábitat e a xente que o habitamos.

Por que Buxán?
Chamámonos Buxán porque é o nome da aldea do Incio onde escalamos, onde tamén se atopou un mamut. Porque nos peta, porque nos sae de dentro. Que mellor que organizar un colectivo de xente para disfrutar e argalllar proxectos que nos entusiasmen. Para min, Buxán foi o mellor que poidemos facer.

A que andades agora?
Pois con isto das restriccións pola pandemia, tan só andamos planexando novos proxectos, pero cando se convirtan en realidade falaremos deles . Entre tanto quen teña curiosidade pode seguirnos nas redes e facer ganas de xuntarse a nós nalgunha andaina.

Que pregunta que non está vos gustaría contestar?
Cal é o misterio da santísima trinidade.[A que filme fará referencia isto que di Alex Villa, do clube de montaña Buxán?].

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Castellón
Castelló Salvar La Surera de Almedíjar: una llamada a la acción por el futuro del mundo rural
La cooperativa Canopia impulsa una campaña de financiación colectiva para asegurar la propiedad comunitaria y ampliar su base social.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.