Energías renovables
O Supremo admite o recurso do sector pesqueiro contra os plans de ordenación do espazo marítimo

A plataforma que agrupa os pescadores solicita a cautelar que suspenda os POEM ante “os danos irreversibles” que os macroproxectos eólicos poderían provocar nos ecosistemas mariños.
parque eólico marino
Un parque eólico mariño en augas alemanas

A batalla social sobre a ordenación do espazo marítimo do Estado español e a súa influencia na creación de macroproxectos eólicos no litoral vén de dar un novo xiro. A Sala Terceira do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo acaba de admitir a trámite o recurso co que a Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños pretende impugnar os Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) que aprobou en febreiro por Real Decreto o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

A mediados de abril, coñecíase a intención de que esta plataforma, que agrupa a todas as confrarías de pescadores e pescadoras desde as Rías Baixas até Iparralde, pretendía tratar de impugnar o Real Decreto do Goberno de España. Unha das primeiras solicitudes que esgrimen é a medida cautelar de suspensión do Real Decreto “ante os danos irreversibles que a súa posta en marcha podería provocar nos ecosistemas mariños”.

Medio ambiente
Enerxías renovables Guerra na pesca e no ecoloxismo polo novo mapa da eólica mariña
Os Plans de Ordenación do Espazo Mariño dan luz verde á instalación de aeroxeradores en 4.948 quilómetros cadrados de litoral con influencia en reservas naturais e caladoiros, especialmente en Galicia e Asturias

“É unha moi boa nova que admitan a trámite o recurso contra esta auténtica barbaridade contra a pesca e os ecosistemas”, celebra Torcuato Teixeira, portavoz do colectivo. “En breve, teremos o expediente administrativo e poderemos ver todas as eivas que ten. Tomáronse decisións políticas sen ter a mellor información científica”, denuncia o representante da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños.

As confrarías de pescadores e pescadoras que, neste caso, gozan da simpatía de boa parte das organizacións ecoloxistas e sociedades científicas, xa advertiran de que utilizarían todas as vías posibles para pelexar polo que cren que é un “atentado contra a costa”. “Seguiremos esgotando as vías políticas e xudiciais”, di Teixeira. “Cremos que hai unha clara vulneración do principio de precaución e da normativa internacional que obriga a España a preservar o medio ambiente do que o litoral forma parte”, engade.

“Ese mapa fíxose de xeito evidente sobre os ditados de empresas enerxéticas como Iberdrola, Naturgy... Que do interese xeral saben pouco, pero que queren facer negocio cun ben de primeira necesidade como é a enerxía”, remata Torcuato Teixeira en nome da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Crisis climática
Datos El junio más cálido jamás registrado cierra con 330 fallecimientos por calor
103 personas han muerto en los primeros tres días de la ola de calor, según las estimaciones. Los datos de la Aemet señalan al pasado mes como el junio más caluroso; ha pulverizado la máxima anterior por 0,8 grados de diferencia.
Análisis
Análisis Negar, polarizar, avanzar: el asalto de la ultraderecha a las políticas climáticas
El llamado Pacto Verde Europeo se ha convertido en el principal caballo de batalla de la guerra cultural del negacionismo climático, sobre el que anudar los diferentes discursos negacionistas de la extrema derecha.
Ecofeminismo
Desinversión fósil Haciendo fortuna con las olas de calor
El papel de los bancos en la financiación de la emergencia climática. El Banco Santander, el que más invierte en proyectos de hidrocarburos.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.