Fútbol
Dous cordóns, atados e ben atados

“Enterado”. Deste xeito, tan eufemístico, o ditador Francisco Franco asinaba coa súa propia man as sentenzas de morte que depositaban na mesa do seu despacho no Palacio do Pardo. Así, cando pola tarde a radio informou de que chegara o “enterado”, quedou confirmado que as peticións de indulto foran desouvidas. Nese mesmo intre algún pragmático comezou preparar os detalles funerarios.

Ultimos fusilamientos Franco
Imaxe dunha publicación da época sobre os derredeiros fusilamentos do réxime franquista. Foto: Arquivo Revista Interviú
10 may 2020 08:00

O 26 de setembro de 1975 o Consello de Ministros franquista aprobou por unanimidade as penas de morte de Jon Paredes e Anjel Otaegi, dous presuntos membros de ETA político-militar; e de José Luis Sánchez Bravo, Ramón García Sánz e Xosé Humberto Baena, da Fronte Revolucionaria Antifascista e Patriótica (FRAP). As condenas eran a fin dun proceso longo e cheo de irregularidades, sen ningún tipo de garantías e amparado no novo Decreto de Lei Antiterrorista aprobado tan só un mes antes polo Consello de Ministros. Decreto creado ad hoc e aplicado con carácter retroactivo para condenar, nun primeiro momento a once persoas. Finalmente, os executados acabaron sendo cinco.

Non porque o franquismo decidise ser clemente, senón porque estivo case obrigado a ceder, xa que as sentenzas provocaran unha enorme onda de protestas e mobilizacións durante esas datas para reclamar a anulación das execucións. No País Vasco, en estado de excepción, foron declarados tres días de folga. Os traballadores portuarios italianos negáronse a traballar para os barcos españois que chegaran ás súas costas. Tamén houbo presións ao máis alto nivel. Por exemplo, as demandas de indulto que emitiu o Papa Juan VI. O primeiro ministro sueco, Olof Palme, estivo pedindo cun peto nas mans polas rúas de Estocolmo para as familias dos condenados. Incluso o presidente de México, Luis Echeverría, pediu a suspensión do Estado español como membro das Nacións Unidas.

Pero o réxime, que 18 meses antes executara a Salvador Puig Antich, desatendeu a presión e non houbo indulto de última hora para os cinco condenados. Os protagonistas foron durmir coa certeza de que “trala noite”, chegaría a “noite máis longa”, como escribiu Luis Eduardo Aute en Al Alba. Os fusilamentos das penas de morte non indultadas finalmente aconteceron a mañá do 27 de setembro de 1975, sábado. En Barcelona, foi executado Jon Paredes Manot, Txiki, de 21 anos; en Burgos, Anjel Otaegui, de 33 anos, ambos militantes de ETA político-militar. Por último en Hoyo de Manzanares (Madrid), José Luis Sánchez Bravo, de 22 anos, Ramón García Sanz, de 27, e Xosé Humberto Baena Alonso, de 24, os tres membros da Fronte Revolucionaria Antifascista e Patriótica (FRAP).

Os protagonistas foron durmir coa certeza de que “trala noite”, chegaría a “noite máis longa”, como escribiu Luis Eduardo Aute en Al Alba

Ese 27 de setembro, en Hoyo de Manzanares, ás 10:10h xa rematara todo. Estaban de pé. Vestían uniformes de faena. Cada un deles sostiña coa man esquerda o fusil, aínda fumeante. Agrupados en pelotóns de sete, xunto aos tres vehículos que os trasladaran desde o cárcere de Carabanchel, chegaran xunto ao convoi organizado para os fusilamentos. Ás 10:10h eran incapaces de articular palabra, de prender un cigarro, de tragar saliva, de mirarse aos ollos uns a outros. Pero os gardas civís e policías armados que estaban aí, en Hoyo de Manzanares, non estaban obrigados, ou baixo a disciplina da obediencia debida. Todos eran voluntarios para ser os executores das penas de morte ordenadas pola ditadura.

Os fusilamentos produciron un impacto profundo en todo o Estado. Un exemplo: Txiki era estremeño, pero vivía en Zarautz, moi cerca do caserío da familia do Txopo Iribar. O lendario porteiro zarauztarra lembra: “eran circunstancias dramáticas, uns fusilamentos. Non foi un antes e un despois. Pero, cando vimos a cara da represión tan perto, algo mudou. Nós —o Athletic de Bilbao— xogabamos en Granada e sacamos uns crespóns negros, pero non foi moi coñecido porque non publicaron nada. Chamáronnos a atención efectivos policiais e a directiva dixo que era polo falecemento dun ex xogador”. Ninguén podía crer a escusa pero no caso do Athletic, creo, non houbo maiores consecuencias. “Os que si botaron bemoles foron Aitor Aguirre e Sergio Manzanera, do Racing de Santander. Creo que lles puxeron unha multa importante”, finaliza no seu relato Txopo Iribar.

En efecto, o caso máis rechamante aconteceu nos Campos de Sport do Sardinero, no partido que o domingo 28 de setembro, o día despois dos fusilamentos, xogaron Elche e Real Santander —nome que tiña por esas datas o Racing de Santander. A noite do sábado, Sergio Manzanera e Aitor Aguirre, na habitación do hotel conseguiron sintonizar o sinal de Radio España Independente —A Pirenáica— quedaron parolando case toda a noite e acabaron decidindo que lucirían un brazalete negro no partido. “Os xogadores xa están preparados. Os Campos de Sport agardan aos dous equipos”, lembraba El Diario Montañes. O dianteiro vizcaíno Aguirre adiantou ao Racing no minuto 29, rematando unha xogada comezada con un centro de Manzanera. Con todo; os seareiros do Racing comezaron murmurar. Santander era unha cidade con predominio da dereita tradicional eses días. A medida que avanzaba o partido, os afeccionados comezaron asubiar, os dous xogadores foron pitados polo seu propio público cada vez que tocaban a pelota.

Dous Cordóns
Sergio Manzanera e Aitor Aguirre, do Racing de Santander, cos seus brazaletes negros o domingo 28 de setembro, o día despois dos fusilamentos. Foto: Arquivo Diario Montañés.
“Ou quitan agora mesmo eses brazaletes ou veñen con nós a comisaría”

Quizais os futbolistas agardaban o descanso para estar lonxe dos asubíos, pero o que aconteceu no entretempo non foi máis tranquilizador. Cando os xogadores regresaron aos vestiarios, varios policías vestidos de paisano apartaron aos futbolistas de xeito ameazante: “ou quitan agora mesmo eses brazaletes ou vostedes non saen no segundo tempo”. Asustados, os dous xogadores quitaron os dous cordóns negros que facían as veces de brazaletes. Un dos policías recolleunas con coidado, como se fosen as probas dun delito. Regresaron ao campo de xogo, sen brazaletes, e Aguirre certificou a vitoria do Racing con un segundo gol de cabeza nos últimos minutos (2-1). “Houbo xente a que non lle gustou o xesto. Sorte que gañamos. Iso serviu para calmar os ánimos”, lembra Sergio Manzanera que tiña 24 anos durante esas datas.

As consecuencias de aquel xesto non tardaron en chegar. O día seguinte os dous tiveron que ir a comisaría para declarar. O presidente do Racing, que en todo momento apoiou aos xogadores, non sabía como saír do asunto. Os grises “tiñan na cara as ganas de darnos unhas hostias”. “Que o faga este, que é vasco, vale. Pero ti, que es valenciano”, dicíanlle a Manzanera segundo as lembranzas de Aguirre. O gobernador civil de Santander impúxolles unha multa “por alteración da orde pública” de 300.000 pesetas a cada un. Os seus correos foron intervidos. Recibiron ameazas de grupos de extrema dereita, dos Guerrilleros de Cristo Rey. E comezou un proceso xudicial contra ambos “por actos que puidesen ser puníbeis pola vixente Lei de Antiterrorismo”, así narraba os feitos o xornal ABC. O fiscal pedía cinco anos e un día de prisión para eles. “Case ninguén nos apoio. Naquela época, o mellor era non falar”, lembra Sergio Manzanera.

O réxime franquista acabou por pechar filas o 1 de outubro, a través dunha manifestación na praza de Oriente, en Madrid. O ditador tomou a palabra para aseverar que “todo lo que en España se ha armado obedece a una conspiración masónica-izquierdista que, si a nosotros nos honra, a ellos les envilece”. Na praza de Oriente, xunto a Franco, ao seu carón, estaba Juan Carlos de Borbón. Semanas despois, concretamente un 20 de novembro de 1975, o Presidente do Goberno Carlos Arias Navarro apareceu ante as pantallas de televisión: “españoles, Franco ha muerto”. Dous días despois, o 22 de novembro de 1975 as Cortes declaraban Rei a Juan Carlos de Borbón. “Juro por Dios y sobre los Santos Evangelios cumplir y hacer cumplir las Leyes Fundamentales del Reino y guardar lealtad a los principios que informan el Movimiento Nacional”.

O réxime franquista acabou por pechar filas o 1 de outubro, a través dunha manifestación na praza de Oriente, en Madrid. Na praza, xunto a Franco, ao seu carón, estaba Juan Carlos de Borbón

Coa morte de Franco as dilixencias contra Aguirre e Manzanera quedaron nunha multa, da que tiveron que abonar 100.000 pesetas, unha cantidade considerábel xa que “pola época un piso valía 200.000 pesetas”, relata Aitor Aguirre. O resto da causa quedou diluída polo falecemento do ditador. Aitor Aguirre, natural da localidade vizcaína de Sondica, durante as cinco tempadas que estivo en Santander acadou os seus mellores resultados. Marcou 63 goles en 178 partidos para os santanderinos, entre a primeira e a segunda división. No verán de 1977 foi fichado polo Athletic Club de Bilbao, o equipo máis representativo da súa terra. Sen embargo o seu paso polo equipo zuri gorri foi discreto. Estivo tan só dúas tempadas, xogou 35 partidos e marcou 2 goles. Declarado transferíbel foi ao Recreativo de Huelva onde xogou dúas tempadas en segunda división. Rematou a súa etapa profesional xogando no mesmo Sestao onde comezara a súa carreira. Desde a súa retirada en 1984 dedica o seu tempo ao mundo da restauración, é o propietario dun coñecido asador en Getxo.

Pouco tempo despois de 1976, Sergio Manzanera deixou o fútbol con 27 anos. Quería estudar mediciña. “Tiña contrato aínda co Racing, pero o club respectou a miña decisión”. Hai poucos anos, como dentista, dirixía dúas clínicas, unha en Valencia e outra en Alcásser. Hoxe Aitor Aguirre e Segio Manzanera seguen sendo amigos, e aínda coa separación propia da distancia e do tempo, ambos conservan un cariño incríbel o un polo outro. Quizais é porque seguen unidos por un xesto do que nunca se arrepentiron. “Foi unha das cousas máis bonitas que fixen na miña vida”, lembra aínda hoxe Manzanera.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Memoria histórica
Memoria histórica Combatir la pesadilla fascista, ya lo dijo manolo
lo único que nos hará (con)vencer será nuestro tesón y la unidad de la masa crítica que haya en nuestros barrios y pueblos.
Memoria histórica
Reforma legal El Congreso aprueba la ley que permite ilegalizar asociaciones franquistas y apologistas de la dictadura
El Gobierno y sus socios de investidura tumban las enmiendas introducidas por el PP en el Senado, por lo que el Congreso da luz verde a la reforma normativa para poder disolver las asociaciones que hagan apología del franquismo.
Alicante
Alacant Martín Villa y el expolicía Daniel Aroca irán a juicio por un asesinato político durante la transición
El exministro y empresario será investigado por crímenes contra la humanidad cometidos durante la dictadura franquista. Se trata del primer caso de estas características dirigido desde un juzgado español.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.