Movimiento obrero
Vigo, loitas de onte e de hoxe

Un deles pechou as portas. Falouse dun peche patronal; o certo é que foron os traballadores. Sen sabelo, pero sen sorprenderse, dera comezo a folga máis longa de Vigo: Ascón, 1978. Oito meses por diante en que se xogarían o futuro.

18 abr 2018 12:04

Alí estaban todos: o Benito, o Camilo, o Carlos Barros, o Waldino Varela, o cerebro Guillermo Fontán, o sentido Ricardo Castro, o irredutible Antero... os cadros obreiros. Alí estaban as asembleas, os sindicatos. Formaríanse os comités. Tiñan a experiencia de 1972. Estaban preparados.

A Igrexa

Desde o comedor do colexio dos xesuítas esténdese ao porto cos centos de colectores diante. Talvez miles. Detrás, a ría. “Unha vista marabillosa”, di un dos curas, xa maior.

Ás sete da mañá miles de traballadores baixaban polas empinadas rúas cara ao porto. Ían con fundas, recoñecíanse. Ían aos estaleiros, ás fábricas de peixe, ás conserveiras. Eran a clase obreira. Formábana eles, unha xeración atrás Vigo apenas era un pequeno porto pesqueiro. A familia do Benito vivía da agricultura, comía o que cultivaba e o que vendía dáballes para comprar algunha cousiña e ir tirando. O habitual. Aos doce anos remataba a escola, pero o Benito tivo a posibilidade de seguir estudando. O non habitual. Foise a un internado dos xesuítas na Guarda, máis tarde a Salamanca e logo a universidade de Comillas. Tres anos de filosofía e catro de teoloxía. Era xa un cura. Coa trintena asomando, tiña unha cousa clara: Xesús non predicara desde o altar. Se quería servir a unha comunidade, tería que vivir como eles. Non sería sinxelo.

“Tristes equívocos no pasado mantiveron durante longo tempo a desconfianza e a incomprensión entre vós; a Igrexa e a clase obreira sufriron unha cousa e outra con iso. Soou a hora da reconciliación, e a Igrexa do Concilio convida a celebrala sen reservas mentais”. O Concilio Vaticano II -a renovación eclesiástica- lanzado en 1959 por Xoán XXIII e terminado por Pablo VI foi o punto de partida dos relixiosos que tomaron o bando da pobreza. O sínodo pastoral en Galicia confirmou esta vía. Entre outras cousas, conseguiuse que en cada parroquia houbese polo menos unha misa semanal en galego. A fin de contas, o latín non era a lingua do pobo.

Xunto ao Benito, arredor de 800 curas aprenderon a soldar, a ser montadores, caldereiros. Serían, para a historia, os curas obreiros. Mentres realizaba os seus estudos ían tendo unha serie de actividades coa HOAC (Hermandad Obrera de Acción Católica) e outras organizacións. Durante dous veráns foi traballar ás minas de Asturias, mentres en Madrid se adicaba á construción. Alí en Asturias atopáronse máis de 30 curas obreiros, algúns de ordes que o Benito nin sequera coñecía. A súa orde, a xesuíta, tiña un movemento social forte detrás. Impulsaran organizacións políticas como a ORT ou Bandera Roja. Desde Pontevedra, chegou a Vigo un grupo da JOC (Juventud Obrera Cristiana), organización que participou na formación da USO, a Unión Sindical Obreira, sindicato de corte cristián. Non foron os únicos en chegar. Para implantar a doutrina social da Igrexa chegaron ao barrio de Teis tres xesuítas. Un deles, o Benito.

A clandestinidade

Ás veces quedaban no monte. Esta vez nun local de Cáritas. Había moitas reunións alí, ninguén sospeitaría. Cáritas non sabía nada. Un chegaba pola esquerda. Aos quince minutos, outro chegaba por abaixo. Dous compañeiros vixiaban, atentos a calquera movemento da policía. O lugar elixido era unha casa non queimada, de alguén pouco coñecido. Non se coñecían todos. Traballaban en células, con estruturas por encima. De feito, ao multicopista non o coñecía case ninguén. Para a propaganda, quedarían nun bar. Un deixaría unha bolsa. O outro, recolleríaa ao saír. Era o día a día na loita clandestina. E alí, dentro, xente dos estaleiros Barreras, de Vulcano... De pasar o peor, estarían a planificar clases de alfabetización. Todos coa coartada ben aprendida.

Eran tempos en que os estudantes se proletarizaban: se a universidade deformaba, introducía unha conciencia burguesa nas mentes, o seu deber era traballar de xeito conxunto cos seus compañeiros, nas fábricas. Do mesmo xeito que os curas obreiros. Estaban os ‘do partido’ e os que cantarían ‘policía para que, se temos ao PCE’. A disidencia política organizábase na contorna ao PCE -a lexítima clase obreira organizada na súa forma de partido- e as escisións que entenderon que non seguían a vía correcta. O PT, a liga Comunista Revolucionaria, o Movemento Comunista... maoístas, trotskistas, marxistas-leninistas... Tamén ORT ou Bandeira Vermella. O tempo borra os berros de traidores: queda nunha brisa ou unha mirada perdida, do que puido ser e non foi.

A pesar de todo, eran tamén, os tempos da unidade obreira. Nas manifestacións marchaban xuntos. Nos comités de fábrica traballaban de xeito conxunto. As asembleas eran plurais no debate, pero eran un cando a decisión estaba tomada.

“Mirade irmáns, mirade, eu bautízovos...”. Desde unha pedra, cal altar, un dos traballadores parodia aos párrocos; abaixo, o resto ri. Entón Waldino Varela, líder sindical de Vulcano, agarrou o Benito e levóullelo ata alí: “Compañeiros, preséntovos o cura e compañeiro Benito. As cousas cambian”. Polas costas de Benito pasara xa un tribunal de Orde Pública, por dar uns berros en defensa duns traballadores atacados pola policía. Tivo sorte de ter o respecto dun cura, pois ás tres da mañá sacárono, mentres o resto dos detidos pasaron varios días alí. Polas súas costas tamén pasou un despedimento, por defender, outra vez, os compañeiros. O único cura de Ascón non tardou en ser referente na loita social.

O porto

Davila, creador dos estaleiros Ascón, morría mozo de cancro, non chegou a vivir a crise do naval. As ofertas minguaban, a competencia doutros portos era feroz. A empresa foi vendida a Estaleiros do Cantábrico. Con eles chegou un xestor arxentino, Roberto J. Slinin. Un déspota, lembran os traballadores da fábrica. Sobre el pesaron as dúbidas de varias operacións financeiras, así como diversas actuacións de dubidosa legalidade. “Davila era un home de empresa, en cambio o Slinin tiña moitos intereses, dáballe igual o que pasase aquí”, lembra o Benito. Slinin expuxo a necesidade de reducir o persoal case á metade, que por aquel entón era de 2250 barbas. Os traballadores ofreceron solucións, cambiar os métodos de traballo. Tiñan máis maquinaria, máis especialización. “Non o recoñeceron, pero nun barco reduciramos en 2000 as horas totais empregadas na súa construción con respecto aos anteriores”, di o Benito. El, cando remataba a súa tarefa, deambulaba dunha a outra banda para axudar os compañeiros. Nada cambiou para o Slinin. Pediron as razóns para reducir o persoal. Nunca chegaron. A folga comezou. 

“Ou todos ou ningún”, foi a consigna.
“Todo se organizou á volta de comités. Foi esgotador, e precioso”. “Había solidariedade. Nos mercados xuntábanse toneladas de comida, do Berbés chegaban caixas e caixas de peixe, carne das carnicerías, diñeiro... Camilo Nogueira deunos un millón de pesetas que recibira dunha indemnización da Citröen! No porto había unha gran lona de autofinanciamento, iamos polas festas dos barrios...”, relata o Benito. Non había volta atrás. Baixaban continuamente a Madrid a negociar co ministro de Traballo, sen que chegasen solucións.

Vigo_2

Na alcaldía o PSOE non era capaz de xestionalo. “A USO confiara en nós, pero pasaba o tempo”. Eran tempos duros. Houbo algún suicidio. Na última asemblea, o Antero, o irredutible Antero, quixo continuar. Ou todos ou ningún. Todos iguais. Douscentos corenta días despois, cento trinta persoas estaban dispostas a continuar camiñando xunto a el, a continuar coa loita. A asemblea celebrábase na Igrexa. “Mentres negociabamos, chegou un compañeiro que comezou a gritar: Traidores, traidores!”, lembra o Antón. Mentres decidían que facer, a patronal e os sindicatos chegaran a un acordo; había que terminar o conflito, era necesario. Comezou a pelexa, caeu algunha puñada. Algunhas empresas pequenas pecharan e non ían volver a abrir. Onde ía parar esa xente?

“O longo conflito resolveuse en falso mediante un laudo arbitrario polo ministro de Traballo, Calvo Ortega”, afirma o Benito. Catro despedimentos máis un quinto, Guillermo Fontán, cerebro nas asembleas. Aceptaron o laudo. Unha medida de carácter simbólico, para dar imaxe de que aquí perderan todos. Pero non. Foi unha vitoria dos traballadores. Pero só foi unha prórroga ante o tempo. Ascón volveu cambiar de dono. ERE temporais, recolocación de traballadores -mediante o Ministerio de Traballo- en fábricas de granito, lavanderías e outras empresas de nova creación...

Os barrios

Os conflitos no naval deixaran listas negras, xente a quen non contratar. Algúns, os de máis altura intelectual, metéronse a representantes políticos. Uns recicláronse nas empresas públicas. Outros foron quedando na rúa. Os últimos tiñan claro que podían continuar, que a forza de traballo estaba nas súas mans: o Benito, o Antón e outros tantos formaron a cooperativa Ganaín.
Emilio Suárez
chegara á Igrexa do Cristo da Vitoria do barrio de Coia, a pesar de que “os dominicos non somos moi de parroquias”. Pero aí estaba o seu proxecto de vida. Sociólogo de formación, foi chamado polas forzas da orde por facer un estudo explosivo do seu barrio, Coia. En fronte estaba o Waldo, xefe da policía de Vigo. Ao carón, o da social; ao outro, o da criminal.

-Lin os seus estudos e parécenme moi interesantes -di o Waldo cun moscón detrás.
-Si, o último é sobre a necesidade de ter un centro de EXB en Coia.
- EXB?

O da social achégase á súa orella entón, acláralle que non son siglas políticas, que o que significa é Educación Xeral Básica.

Non foi a última vez que pasou polo tribunal. A segunda foi cando se inculpou de certa reunión sindical en certo local de Cáritas. Dixeron del que escapara lanzándose polo segundo piso. Pero iso non era certo, e seguía sendo un cura co respecto que iso implicaba. O Emilio é partidario da teoloxía da liberación. “A parroquia é unha comunidade de comunidades, as decisións tómanse en asemblea e no consello parroquial onde hai representantes de cada unha destas”. A Igrexa transformouse nun referente no barrio.

 Os barrios estaban a medio construír. Os traballadores de Vulcano, Ascón, Barreiras e outras empresas representativas tiñan as súas casas alí, pero non había servizos. Non había rede de sumidoiros, luz eléctrica, teléfonos, centros de saúde, zonas verdes, garderías infantís. A xente que chegaba do rural atopábase unha contorna urbana descoñecida e non asimilada. O Antón fundou unha das primeiras asociacións de veciños, organizacións moi transversais. Unha das primeiras das demandas eran as ratas e o saneamento da zona: mordían os rapaces. Nunha das asembleas da Igrexa comezou a loita da “Bouza é nosa”, polo parque. Duraría 30 anos e sería historia viva. A charca transformouse na praza do pobo. Do único microbus pasouse á construción de infraestruturas. Construíuse o centro da EXB.

Pero as asociacións de veciños fóronse despolitizando. Chegaron os anos da droga. “Foron terribles -lembra con tristeza Emilio- aquí morreu moita xente”. Certos movementos mudaron cara á institucionalización. Incluso o entroido, eses días nos que a rúa era do pobo. O entroido, aquel que percorrera o meco da “Santa Sotina”, representando ao alcalde do PSOE Manuel Soto Ferreiro, e que fora queimado sen maiores problemas. O concello foise facendo cargo do entroido xunto a varios centros culturais. Hoxe, das cento e pico comparsas moitas foron quedando polo camiño, o resto compiten por uns premios. Hoxe, o meco é Feijóo, en tanto que rival de Abel Caballero. O meco hoxe só é un instrumento partidista.

O futuro

Hoxe en día Coia ten bastantes servizos. Hai dous institutos, colexios, un ambulatorio. “A través da loita fomos conseguindo os dereitos -precisa o Emilio- mais a pesar de ter os servizos, digamos, arquitectónicos, a pobreza volve”. E continúa: “a droga está a volver. Xente que non ten de que vivir adícase ao ‘trapicheo’; mozos que ante unha educación competitiva para a que non teñen os recursos quedan na rúa; os mozos que deixaron de estudar para traballar xa non teñen traballo...”. Son moitos os casos que buscan solucións na parroquia, pois nin sequera as familias poden responder en axuda.

“Os poderes souberon como irnos baixando os fumes. Iamos comer o mundo e fóronnos comendo a nós”. O Antón lembra cando lle obrigaban a mandar a un aprendiz a subir a soldar. “Daquelas dicíaslle non! e se che respondía chegaban varios compañeiros para rodear o encargado. Non ves que pode ser o teu fillo? como o mandas arriba, non ves que é perigoso?”. Actualmente os movementos estalan pero non son capaces de consolidarse. Os esforzos por continuar o transversal Nunca Máis como ferramenta para dar un sentido de país topáronse co desinterese de que non puido capitalizalo.

Antón é presidente do colectivo Os Ninguéns, que leva a loita contra a pobreza por bandeira. Hai cousas que non cambiaron. Unha delas é o alcalde que non oculta a súa frustración cara a eles ou cara a “ese cura de Coia que mente”. Outra, son as celebracións relixiosas encarnadas de realidade: Coia segue sendo un reduto. Cal é o diagnóstico actual?. “Hai estudos que demostran que dunha familia pobre, un de cada tres fillos herdaraa”, asegura o Antón. É difícil recoñecer no compañeiro outra persoa con quen ter forza. Como humanizar? É a gran pregunta do Benito. El segue coa premisa “dunha teoloxía que alimenta, que fai madurar, de compromiso, non unha fe infantil”. Cos pobres.

Hoxe pintan canas naqueles que riron, distintos e unidos, das bromas entre curas e traballadores. Pesimismo da razón, optimismo da vontade.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Green European Journal
Green European Journal Lucha de clases ecológica: la clase trabajadora y la transición justa
Aquellas personas que se encuentran en una situación precaria y de inestabilidad económica son las que pueden inspirar la descarbonización de la industria y la creación de empleos que sean respetuosos con el medioambiente.
Italia
Italia Treinta años de San Precario
Presentamos en estas páginas algunos testimonios, análisis, escritos, hechos y acontecimientos ligados a la acción de San Precario veinte años después de su aparición en Milán el 29 de febrero de 2004.
CNT
Sindicalismo ‘Morala’: “Como las seis de La Suiza, fuimos condenados para dar escarmiento por unos hechos que no cometimos”
Miles de personas saldrán a la calle en Xixón para recordar que ´El sindicalismo no es delito. Tras el mitin de apoyo a las cinco sindicalistas de CNT y una trabajadora, actuarán Nacho Vegas y el Coru Antifascista Al Altu La Lleva.
#14078
18/4/2018 15:50

Muy buen artículo, hay un documental que se llama 1972 que aborda cuestiones complementarias a las del artículo.

2
0
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Israel
Día de la Nakba Ex Libris, la empresa israelí que provee tecnología a las bibliotecas del mundo
Los principales productos de gestión y servicios bibliotecarios provienen de una empresa cuya sede principal se encuentra en el Malha Tecnology Park, sito en el territorio ocupado donde antes se levantaba la aldea palestina de Al Maliha.
Irlanda
Lavanderías de la Magdalena Caelainn Hogan: “Las madres “descarriadas” y sus criaturas eran un desafío a la autoridad de la Iglesia"
Caelainn Hogan, periodista irlandesa nacida en 1988, es autora de 'La república de la vergüenza', donde revela los abusos en las instituciones para mujeres que se desviaban de la norma en Irlanda.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Genocidio
Genocidio 470.000 personas están en situación de hambruna en Gaza, donde continúan los asesinatos
El Ministerio de Salud de Gaza reporta que 52.928 personas han sido asesinadas y 119.846 heridas desde el 7 de octubre de 2023. Trump se reúne con los países del Golfo, pero no se mueve de su apoyo a Israel.
Educación
Educación Protocolos éticos en espacios educativos: ¿qué dicen sobre el abuso de poder?
La asociación de referencia para las escuelas gestalt acaba de aprobar un protocolo para detectar y abordar del abuso de poder. Otros ámbitos educativos cuentan con documentos éticos sobre este asunto.
Más noticias
Madrid
Movimiento estudiantil Vuelve la acampada universitaria por Palestina y contra el asedio de Gaza por parte del Estado de Israel
Los estudiantes vuelven a acampar en el campus de la Universidad Complutense en protesta y contra el genocidio palestino que “ha continuado y se ha intensificado”. Acusan de “inacción” al Gobierno español y exigen detener el rearme europeo.
LGTBIAQ+
Informe Estado del Odio Las agresiones físicas y verbales a personas LGTBI+ se han duplicado en el último año
El informe Estado del Odio: Estado LGTBI+ 2025 revela que el 20,3 % de las personas LGTBI+ encuestadas ha sufrido acoso. La discriminación en ámbitos como el empleo, el acceso a servicios o la vivienda, alcanza al 25,25 % del colectivo.
Reducción de jornada
Reducción de jornada ¿Vivir mejor o más trabajo para todos? las diferentes vías para llegar a la reducción de la jornada laboral
Situar el empleo fuera del eje central de la vida de las personas trabajadoras enfrenta la visión clásica de los sindicatos para lograr el pleno empleo al de asociaciones que buscan la conciliación y el autocuidado.
Personas sin hogar
Personas sin hogar “No todos somos conflictivos”: la otra cara de los sintecho en Barajas
Las personas que “viven” en el aeropuerto de Barajas, como en tantos otros, son el reflejo de un problema de fondo: el aumento constante del sinhogarismo ante el encarecimiento del acceso a la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Uruguay
Muere Mújica Muere José Mujica: el descanso del guerrero
La muerte de Pepe Mujica hará aumentar sin duda la leyenda que rodeó durante tantos años al viejo guerrillero tupamaro convertido en presidente de Uruguay, pero no todos serán elogios.