O prelo
Descenso aos círculos do coidado

A primeira novela de María Marco representa o acto de coidar como un poliedro para desvelarnos os seus diversos carices: os máis luminosos e os máis escuros.
30 oct 2021 11:12

Cantando al sol 
Como la cigarra 
Después de un año 
Bajo la tierra 
Igual que sobreviviente 
Que vuelve de la guerra 

Tantas veces me borraron 
Tantas desaparecí 
-María Elena Walsh
 

A experiencia de ler Coidadora é a de quen atende a unha exposición de obras creadas por mulleres que deixan ver o amplo e disímil espectro do íntimo, incluíndo o traballo de coidado. Pasar as páxinas do libro de María Marco é como ver o autorretrato de Rosa Rolanda, aquel en que colle a súa cabeza mentres ao seu redor voan caoticamente figuras que representan a morte, a vida, a dor e a loucura. Nesas paredes do meu museo imaxinario tamén está presente Lo que el agua me ha dado, de Frida Kahlo, La Huída de Remedios Varo, onde parece que as personaxes se dirixen a unha zona cavernosa; unha fotografía de Bill Stag, esa na que mostra orgullosa a manta que fixo desde cero coas súas propias mans e alí, no centro da sala: Representacións da artista como amadecasa/naidefamilia de Monica Ross, mostrándonos a outra faciana da persoa que estivo fronte ao lenzo desde que este aínda estaba en branco.

Coidadora logra concatenar as diversas perspectivas e experiencias que decorren a partir do acto de coidar a outrx. Expón unha loita desesperada por atopar sentido a través da escrita, mesmo a pesar de estar lonxe das condicións que permiten contar con algo semellante a unha habitación propia. De como, desbordadas pola presencia e a atención ao outro, en pequenos intres de soidade  e reflexión, reaparecemos como subxectividades.

María Marco (Vigo, 1979) é doutora en Belas Artes. Ademais de traballar como comisaria en exposicións, adoita escribir crítica de arte. Ten colaborado con xornais e revistas como El Mundo ou Tempos Novos. Coidadora, a súa primeira novela e gañou o Premio Xerais 2020.

O texto é unha novela composta por unha serie de fragmentos que perseguen representar a intricada percepción íntima e emocional fronte ao coidado, que falan, desde a complexidade, do fermoso, doloroso, cansado e vital que  resulta o acto de coidar a alguén que se ama.

Desde hai un par de décadas, distintas teorías e espazos feministas abordaron o tema do traballo reprodutivo pugnando pola súa visibilización e remuneración económica. Advertiron como os coidados recaían, sistematicamente, sobre as costas das mulleres. A partir disto moitas mulleres preferiron renunciar ao traballo de reprodución por completo e outras, desde outra perspectiva, optaron por achegarse a eles desde unha nova mirada crítica e consciente.

En Coidadora, a autora comeza desmarcándose das “mediocridades afectivas”, deixando en evidencia o carácter político, da potencialidade, do coidado no panorama socioeconómico en que vivimos hoxe. Coidar hoxe é resistirse á imposición dun sistema neoliberal que se constrúe sobre o individualismo e a falta de empatía. Deste xeito, María Marco aborda indirectamente o que Nancy Fraser estipulou sobre a “crise dos coidados”.

Mais o libro excede o carácter estrutural da mencionada crise e enfócase nas implicacións que ten ese traballo na subxectividade. Un dos capítulo-fragmentos que compoñen a novela, presenta unha serie de testemuñas, unha sorte de comunidade de coidadoras e coidadores que comparten a súa experiencia a a cargo do mantemento de seres queridos. Nun contexto altamente capacitista e produtivista, estas voces que irrompen no libro logran dimensionar non só o que supón na vida persoal, senón tamén o pouco que se fala de eses traballos que a maioría teremos que experimentar nalgún momento.

Esta novela, definida pola autora como un “nó gordiano que se vai enmarañando e anoando dun capítulo a outro, perdendo os cabos que unha vez o iniciaron”, está composta por una yuxtaposición de diéxesis. Empezamos seguindo a unha muller desde que a neuróloga lle diagnostica a súa nai unha enfermidade neurodexenerativa. A partir do diagnóstico, a obra estala en distintas direccións: cara ó futuro cando se atopa a cura para este tipo de enfermidades, cara a un espazo narrativo da orde da divulgación científica, cara a unha serie de universos pararelos que xorden desde a desesperación e a ansia de fuxir do destino, das responsabilidades inevitables que se adquiren fronte á enfermidade.

E nesa ansia por fuxir a autora atopa na escrita un refuxio, a cova na que quere agocharse e alí, no escuro da tinta, atopa o que estaba a procurar: a si mesma. Coidadora é unha novela en que a protagonista se afronta con desesperación á vertixe de desdebuxarse.

“O máis importante de min xa non son eu. A miña identidade foi substituída pola miña actividade. Eu son un “estou” dobregado porque todo o que me ocorra será un eco, un espello do estado en que se atope <<o outro>>. Esta actividade, a de coidar, definirá as miñas emocións, o meu estado de saúde, o meu humor do día, se durmín ben ou mal".

Así, María Marco, ademais de levar os coidados ao ámbito político e ao subxectivo, elévaos a dimensións filosóficas. Que somos e en que nos convertemos ao coidar? Esta novela narra unha crise vital, un proceso de transformación, a larga viaxe que percorre desde o máis fundo dos infernos até o momento en que vislumbra a luz, no que pode volver a mirar. Vivir na caverna, como o mito, como tránsito ao porvir. A metáfora da cigarra, que pasa máis de 15 anos baixo terra medrando e gardando o momento para saír.

Coidadora está sutilmente tecida cunha prosa lixeira, cambiante e iluminada por referencias artísticas que aparecen sen pretensión. A pesar de que sexa imposible desvincular una lectura con perspectiva de xénero, a novela non elabora una crítica sobre o coidado. Mais ben, céntrase en falar dun sacrificio que nace do amor profundo. Coidar, como a escrita da novela mesma, xorde a partir dun impulso vital. Xorde da loita por saír, coma a cigarra, e volver a mirar o sol.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.
Feminismos
Jule Goikoetxea “Los genocidios se sustentan en prácticas micro que legitiman una manera de vivir delirante”
Jule Goikoetxea es una de las filósofas más reconocidas del Estado Español. El año pasado acompañó a Angela Davis en su visita a la Fira Literal de Barcelona. De aquellos cuatro días nace su primera novela, ‘Politeísmo bastardo’.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.