O prelo
Escribir para sobrevivir. Estampas da vida dunha muller negra libre

A editorial Hugin e Munin edita a novela autobiográfica de Harriet E. Wilson que expón a explotación das mulleres negras no século XIX nos Estados Unidos.
19 sep 2021 10:05

A nosa negra, tamén titulada Estampas da vida dunha muller negra libre foi, até un novo descubrimento hai un par de anos, a primeira novela escrita por unha muller negra en Estados Unidos. Trátase da autobiografía de Harriet E. Wilson, quen naceu en 1825 no estado de Nova Hampshire. Como se relata no libro, Wilson foi abandonada cando tiña seis anos pola súa nai  na casa dunha familia terratenente. Alí foi recibida como servidume por contrato, o que consistía en que, a cambio de traballo, as nenas e nenos orfos recibiran vivenda e educación para que, ao cumprir os 18 anos, puidesen marchar e integrarse á sociedade. Con todo, era usual que este tipo de arranxo laboral fose un encubrimento para a explotación das persoas racializadas, como sucedeu no caso da autora. 

A nosa negra, publicada orixinalmente en Boston en 1859 de xeito anónimo, foi traducida ao galego por María Reimónidez para a editorial Hugin e Munin.  

Escrita nos albores da Guerra de Secesión, a única obra de Wilson dá fe de como, aínda nos estados do norte de Estados Unidos, que se proclamaban abolicionistas, as persoas racializadas eran vítimas do abuso, a violencia, e vivían en condicións propias da escravitude aínda que ante a lei fosen persoas “libres”. O texto, ademais, deixa clara a imposibilidade de escapar do racismo e machismo estrutural.

“Decidiu fuxir. Pero, onde? Quen a acollería? A señora B sempre a representa como fea. Se cadra todo o mundo a vía así. Entón ninguén a acollería. Era negra, ninguén a amaría. Se cadra tería que regresar e logo estaría máis a mercé da súa ama ca nunca antes.”

A novela, dividida en doce capítulos curtos, inicia coa breve historia de Mag Smith, unha muller branca que caída en desgraza e logo de casar cun home negro, fica viúva cunha filla e un fillo ao seu cargo. Sen diñeiro nin oportunidades laborais, Mag marcha cun home que lle aconsella deixar a súa filla maior, Frado, na casa da familia Bellmont. A partir de alí, o libro céntrase no período de vida comprendido entre os seis e os 18 anos, tempo que Frado pasa ao servicio dos Bellmont. 

Sen chegar a ser un Bildungsroman, A nosa negra narra o proceso de madurez de Frado. No principio, esta personaxe baseado na experiencia da autora, enfróntase ao descubrimento da súa condición de outretade determinada pola súa cor de pel. Esta experiencia é narrada desde a perspectiva infantil que denota certo estado de incomprensión das estruturas sociais marcadas polo mundo adulto, recurso que podemos atopar noutras obras autobiográficas como Eu sei por que canta o paxaro engaiolado de Maya Angelou ou Cadernos de memorias coloniais de Isabela Figueiredo.   

No desenvolvemento do libro, a protagonitsa, Frado, adquire conciencia da inxustiza e o libro comeza a expor discursos que avogan polo recoñecemento da humanidade das persoas negras e sinalan as estruturas racistas e machistas que perpetúan a súa precariedade e opresión aínda nos territorios máis liberais.  

“É unha pena pensar nos prexuízos que ten o mundo cara á súa xente; que tivese que crecer con tal ignorancia fulminante para cos sentimentos máis refinados. Cando penso no que podería ser, no que será, sinto o impulso de deter o tempo até que cambien as opinións e miles coma ela se ergan nunha liberdade digna.”

Pese a todo, a mirada de Harriet E. Wilson sobre a sociedade norteamericana non é dicotómica nin tampouco recorre á xeralización. En A nosa negra, as persoas brancas non aparecen representadas coma unha masa segregacionista, senón que a autora é capaz de narrar a complexidade do contexto. Por exemplo, certas personaxes que viven na casa onde ela traballa na súa infancia opóñensese explicitamente a violencia coa que é tratada e avogan por relacionarse con ela desde a dignidade que merece, aínda que non por iso cheguen a tomar accións directas para romper a situación de opresión. Mesmo, ao final da novela, inclúense cartas de apoio escritas por algunhas persoas brancas que coñeceron a autora, animando á xente a mercar o libro, dando fe da bondade de Wilson e manifestando o interese polo seu benestar.

Apuntamentos sobre a escritura de mulleres

O prólogo da obra abre cun captatio benevolentiae, figura literaria e retórica dabondo usada polas mulleres a través dos séculos para escusarse de escribir sobre un tema, de certo xeito ou por escribir en si. Mais, ademais disto, a autora deixa claros os seus obxectivos: subsistir.

“Ao lle ofrecer ao público as seguintes páxinas, a autora confesa a súa incapacidade para obsequiar as persoas refinadas, esta narración crúa non está pensada para elas. Abandonada pola familia e impedida pola miña mala saúde, véxome na obriga de aventurarse nun experimento que nos dea sustento a min e ao meu fillo sen perecer de debilidade.”

Desesperada pola súa situación, a autora recorre á escritura. Este esforzo, ben lembra ás palabras que, máis de 120 anos despois escribiu Audrey Lorde en Sister Outsider: “A poesía é a voz dos pobres, da clase traballadora e das mulleres de cor. Para escribir prosa  necesítase unha habitación propia, mais tamén grandes cantidades de papel, unha máquina de escribir e moito tempo”. Mais, para o caso de Harriet E. Wilson, eu engadiría un matiz a través dunha cita de Gloria Anzaldúa no seu escrito “Una carta a escritoras tercermundistas”:  “Esquécete da “habitación propia”, escribe na cociña, encérrate no baño. Escribe no autobús ou mentres fas fila no Departamento de Beneficio Social, entre durmir e estar esperta. (...) Cando esteas deprimida, enfadada, ferida, cando a compaixón e o amor te posúan.  Cando non poidas facer nada máis que escribir”.

No caso de Wilson, o acto de escribir convértese noutra cousa, toma outra dimensión. Así, máis que polo valor literario do libro, que conta cunha prosa directa, clara e lixeira, A nosa negra convértese nun texto imprescindible polo seu valor histórico, pois é unha fiel testemuña dunha cara da opresión que foi esquecida pola historia oficial e rexeitada polo canon literario. 

A nosa negra non tivo moito éxito no seu momento e o fillo da autora morreu seis meses despois da publicación. Foi esquecida até o seu (re)descubrimento en 1982. Segundo o filólogo Eric Gardner, a falta de apoio e interese no libro dos abolicionistas debeuse a que o libro expoñía os resaibos da escravitude no norte dos Estados Unidos (circunstancias que preferían deixar na sombra), ademais de que non ofrecía unha promesa de liberdade. É dicir, por ser demasiado honesta e retratar o mundo tal e como se presentaba. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Senegal
Senegal El Gobierno senegalés cumple su primer año en el poder con más preguntas que respuestas
El Pastef, el partido panafricanista senegalés, llegó a la presidencia a finales de marzo de 2024 con propuestas radicales de cambio. Un año después, limitado por la deuda externa, mantiene el apoyo popular mientras busca un nuevo acuerdo con el FMI.
Racismo
Arun Kundnani “Arrazakeriak gizarteko baliabideen banaketarekin du zerikusia”
Militante eta ikerlari antiarrazistak abiapuntu argia adierazten du: arrazakeriaren aurka borrokatzea ez da zeregin psikologiko edo diskurtsibo bat, baizik eta egiturak desegiteko premia.
Senegal
Senegal Una ‘Escuela de rehenes’ o cómo Francia usó la educación en África para transformar las mentes
La administración colonial francesa puso en marcha en 1855 un centro educativo que tenía el objetivo de formar a los hijos de los reyes locales mediante el borrado de su cultura.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.