O prelo
A literatura esquecida: a recuperación da obra de Irène Némirovsky

 O fascismo logrou soterrar a obra de Irène Némirovsky por máis de medio século. A editorial Irmás Cartoné edita a primeira novela da autora.

18 abr 2020 14:50

Cando se len as listas das obras máis importantes da Historia da literatura, é infalible atopar que máis do setenta por cento foron escritas por homes.

Se a primeira autora do que se ten rexistro Enheduanna, naceu no ano 2285 a.C, non é estraño que nos dea vertixeimaxinar todas asobrasque se perderon a través do paso dos séculose que xa non poderemos recuperar.

Mais o tempo, a humidade, o lume e o pó non son os únicos responsables de tale perdas. As guerras e os rexímenes totalitarios teñen sido os principais verdugos da preservación do coñecemento ao querer liquidar as voces disidentes que escribían sobre outros xeitos de vivir e pensar.

Cada obra, cada autora é unha historia de vida e non só un número ou un grupo social vulnerable cos que se borran as identidades. É por iso que cando algún texto logra saír do esquecemento da escuridade imposto é fundamental recollelo e recuperalo para entender o noso pasado, así como para darlle dignidade a toda aquela xente que perdeu a vida polo acto de escribir ou polo feito de nacer na pel dun colectivo oprimido.

Foi o caso de Irène Némirovsky, unha autora que ficou na sombra desde a súa morte en 1942 e que foi rescatada 62 anos despois ao atoparse a súa última novela Suite Francesa. A vida de Irène é unha historia que fala do medo aos duros prexuízos de xénero do mundo editorial e do horror que se viviu durante a invasión nazi. 

É por iso que a tradución da obra da escritora en cuestión ao galego é un esforzo imprescindible para achegarnos ao descoñecido desde a nosa propia lingua que, ao mesmo tempo, digníficase coa amplificación do catálogo literario.   

Unha vida entre guerras  

Irène Némirovsky naceu en Kiev no ano 1903 e era filla dun dos banqueiros máis ricos do Imperio Ruso. Educouse principalmente cunha institutriz francófona, o que quizais foi unha das razóns pola que toda a obra de Iréne fora escrita en francés. En 1918 a familia Némirovky tivo que saír fuxindo da Revolución Rusa e instalouse en París onde a autora estudou na Sorbona. Tempo despois, Irène integrouse no gremio literario con éxito. 

Mesmo aínda despois de casarse, ter dúas fillas e converterse nunha autora publicada que frecuentaba a escritores da talla de Jean Cocteau, en 1938 o goberno francés rexeitou a súa petición de nacionalidade francesa como un acto de antisemitismo que era impulsado polo clima político e social que presaxiaba a segunda guerra mundial.  

A reacción disto, Iréne e a súa familia, convertéronse ao catolicismo mais non foi suficiente. Aos ollos da lei, foron catalogados como xudeus e foron forzados a usar a estrela amarela que os distinguía como tales. Non pasou moito tempo ata que a ela lle impediron publicar e ao seu marido, traballar.  

O 11 de xullo de 1942, Némirovsky remata na súa casa a súa novela Suite francesa e dous días despois foi arrestada e deportada a Auschwitz onde morreu de tifus tan só un mes despois.  

A súas dúas fillas, que foron salvadas por unha mestra que as escondeu na súa casa, sobreviviron grazas a axuda dos coñecidos de seus pais. Viaxaron sempre resgardando unha maleta chea de manuscritos de súa nai. Dese xeito, lograron salvar a mente que o fascismo tratou de aniquilar. 62 anos despois, un deses manuscritos foi redescuberto e rescatou do esquecemento a obra de Irène. 


David Golder 

Un día de 1929 un manuscrito chegou á sede da editorial francesa Grasset. Tratábase dunha novela que se titulaba David Golder. Mais o texto non estaba asinado e no sobre non había ningún enderezo postal. O editor, ante unha obra que cualificou como mestra e brillante, decidiu publicar un anuncio na prensa para atopar ao autor que non sería ninguén máis que Irène Némirovsky. Ela enviou a súa primeira novela de tal xeito por medo ao rexeitamento.  

Irmás Cartoné, editorial independente que se dedica á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal, é a primeira en achegarnos na nosa lingua a obra de Némirovsky coa súa edición de David Golder

O libro xira arredor dun home de negocios millonario que nun principio non lle importa nada máis que incrementar a súa fortuna e que, polo tanto, vive nun estado permanente de soidade do que non repara senón ata despois de sufrir unha crises cardíaca.  

Esta liña argumental, que parecera que a temos lido antes en historias como o Conto de Nadal de Dickens, é enriquecida pola prosa de Iréne que aproveita a enfermidade da súa personaxe principal para reflexionar sobre os seus principios éticos e para abordar temas como a vellez, a felicidade e a familia.  

A autora logra reflexar a frialdade e a crueldade dun mundo burgués que, ao final de contas, é bastante similar a aquel onde ela mesma naceu. Nunha primeira lectura, as personaxes da esposa de David, Gloria, e a súa filla, Joy, poderían pasar por ser dúas mulleres meramente frívolas que só se manteñen cerca de David polos cartos del. Non entanto, Némirovsky non cae na tentación do lugar común: estas mulleres non foron construídas como seres dependentes e baleiros, senón que actúan dun xeito consecuente ao trato que lles deu David Golder. O abandono e a falta de coidado dun home que está illado co traballo e que substitúe a súa responsabilidade nas relacións con bens materiais, detonan que as mulleres se poñan a sé mesmas e aos seus desexos como prioridades. A liña entre o amor e o interese queda borrosa. 

O libro está dividido en capítulos curtos que axilizan unha lectura que, como bo clásico, aborda cuestións vixentes na nosa contemporaneidade relacionadas con a soidade e o xeito no que nos valoramos a nós mesmas.  

David Golderfoi traducida por Celia Recarey, co-fundadora da editorial que conta con máis de catorce traducións de textos ao galego, nos que se inclúen O conto da criadaA señora Dallaway de Virgina Woolf e O gozo das damas de Émile Zola, entre moitos outros títulos. 

Arquivado en: Galego Literatura O prelo
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.
Feminismos
Jule Goikoetxea “Los genocidios se sustentan en prácticas micro que legitiman una manera de vivir delirante”
Jule Goikoetxea es una de las filósofas más reconocidas del Estado Español. El año pasado acompañó a Angela Davis en su visita a la Fira Literal de Barcelona. De aquellos cuatro días nace su primera novela, ‘Politeísmo bastardo’.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.