O prelo
De volta ás orixes dunha historia inacabada

Nun contexto en que coñecemos dabondo a historia do feminismo occidental, “Parir a Liberdade” regrésanos ás nosas raíces e reconstrúe a traxectoria do movemento feminista galego.
21 mar 2021 09:30

Nun abrir e pechar de ollos, pasaron 46 anos desde 1975, ano que se acostuma considerar como o comezo “oficial” do feminismo organizado galego. Nese entón, Galicia era basicamente rural, tiña un alto grao de emigración ademais dunhas arraigadas ideas baseadas no catolicismo como resaibo de 36 anos de ditadura. Como foron eses anos de eclosión do movemento feminista no noso país? Que se reivindicaba daquela? Que se logrou e que demandas seguen pendentes?

Elvira Fente é periodista. Traballou como redactora para Cadena Ser, El Progreso de Lugo, a TVG e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Comezou a escribir sobre mulleres con perspectiva de xénero a partir do seu encontro nas aulas con Carmen Blanco. Escribiu varios libros entre os que se poden nomear Mullerícola, As miñas gafas violetas e Queizán: O  renacer dunha Atígona. Parir a liberdade: o movemento feminista en Galicia foi o seu primeiro libro e foi publicado por Alvarellos Editora no 2010.

A pesar de que xa saíra do prelo hai más de dez anos, este texto de Fente é un documento importante nun contexto en que a Historia da que se soe falar sempre ocorre noutros lares, como se o feminismo nacese unha soa vez e logo se transmitise ao resto do atrasado globo. Coñecemos dabondo a historia do feminismo “universal” -que máis que universal é o do Norte Global-. E é que hai moita bibliografía sobre a vida, obra de Simone de Beavoir ou Betty Frieddan, sobre a historia das sufraxistas inglesas; lemos a Woolf, a Butler, a Atwood... mais Parir a Liberdade encárgase de reconstruír a traxectoria do movemento feminista galego desde os primeiros anos da democracia, cando aínda era un movemento bastante minoritario.

TRAS AS PEGADAS

Para facer esta achega ao noso pasado, Elvira Fente percorreu os documentos, materiais gráficos, sonoros e tamén as voces das mulleres protagonistas dese período de efervescencia social.

O libro, que colle o seu título dunha expresión que María Xosé Queizán usa en varios dos deus textos, está dividido en tres partes. A primeira é unha aproximación histórica do movemento feminista en Galicia. Esta reconstrución foi posible en maior medida polos apuntes e as reflexións das mulleres que se inmortalizaron nas páxinas das primeiras revistas feministas.

Parir a liberdade rende honores a A Saia, Andaina ou a A Festa da Palabra Silenciada: algunhas das revistas que foron imprescindibles para ampliar as redes de mulleres e estender o alcance do movemento; revistas que máis que outra cousa foron plataformas que deron difusión ás voces das galegas de distintos contextos.

Na entrevista que a autora lle fai a María Xosé Queizán, directora de A Festa da Palabra Silenciada, esta última menciona que o obxectivo destas publicacións era “formar novas lectoras, fomentar a creación feminina, recuperar a historia silenciada, forzar novos valores críticos que permitan avaliar a literatura de mulleres non desde a reclusión e a marxinalidade senón desde a constatación de que lles era negada a palabra (...) É dicir, mostrar, ensinar, fomentar o espírito crítico e facer da revista un foro que ofrece un espazo inmellorable para empezar a publicar”.

A HISTORIA FAISE E ESCRIBESE EN COLECTIVO

A través das follas de Parir a liberdade, podemos recuperar parte da nosa historia que quedara esquecida. Elvira Fente rescata os momentos máis significativos do movemento de xeito didáctico e cronolóxico. Así, axúdanos a lembrar o sentido da organización e devólvenos a certeza de que, aínda que non o pareza, toda acción e manifestación empurran a historia para adiante. Comprobamos, grazas ao seguimento e férrea documentación de Fente, que ningún logro ou cambio na lexislación en favor da liberdade das mulleres foi un agasallo: todo foi gañado, froito da organización e manifestación das nosas nais.

“O 8 de marzo de 1977 a Asociación Galega da Muller daba un mitin na alameda de Santiago pola amnistía dos delitos da muller. Ó ano seguinte repítese polo 8 de marzo a manifestación en Pontevedra polos mesmos motivos. Nese mesmo ano, 1978, desaparecen o adulterio e o amancebamento como delitos e deixa de penalizarse a venda dos métodos anticonceptivos”.

No corpo do texto interveñen notas de prensa, manifestos de colectivos, citas extraídas de artigos de revistas. Así, tanto na primeira parte do libro, coma na segunda, na que se expoñen os principais eixes temáticos do movemento nesa época, a autora constrúe un libro que recompila e dispón o contido de tal xeito que a reconstrución histórica se fai en colectivo, a través da transcrición dos escritos que foron publicados ó longo dos anos.

O resumo do percorrido do movemento feminista danos a perspectiva suficiente para facer unha analoxía entre o presente e o pasado, para recoñecer a valentía das mulleres que nos precederon e para comprender que estamos nunha loita continua en que aínda hai moitas cousas por lograr.

“A auto inculpación das 15 feministas viguesas foi a mecha que prendeu unha protesta social que, nunha semana, espallouse por todo o Estado, contra unha ofensiva xudicial, política e relixiosa orquestrada contra o dereito a abortar. Converteuse nunha onda de autoinculpacións para esixir a aprobación dunha leu de prazos que lle permita á muller decidir sobre o seu propio corpo sen renderlle contas a ninguén“.

Con todo, conforme avánzase na lectura, algo falta. Non nos basta coa información que Elvira Fente recolle e dispón para nós. Bótase de menos a súa voz, o seu xuízo, a súa intervención mediando os contidos.

OS OCOS

Mais, así como podemos observar os avances, tamén o libro dá conta dos erros, das ausencias, das omisións. Por unha banda, salta á vista que o feminismo en Galicia, polo menos até o 2010, non inclúe a voz das mulleres racializadas. As reivindicacións non as toman en conta nin teñen unha perspectiva antiracista. Nese sentido, Parir a liberdade tamén nos invita a prestar atención e, de xeito indirecto, sinálanos os ocos no movemento.

Esta lectura crítica tamén podemos estendela ao tratamento dos principais eixes temáticos da loita feminista do período que abarca o libro de Fente. Cando se aborda o tema da prostitución, por exemplo, podemos analizar o discurso dos manifestos que promoveron as asociacións feministas, os cales quitan axencia ás traballadoras sexuais e escriben desde un privilexio de clase que non empatiza nin se esforza por comprender a complexidade dos obstáculos, necesidades doutras realidades.

UN MAR DE VOCES

A terceira parte do libro é un espazo dedicado á transcrición das entrevistas que Elvira Fente fixo a dez mulleres implicadas no movemento feminista en Galicia desde os seus inicios. Nestas entrevistas fálase sobre a política, a historia e sobre as distintas traxectorias de vida de cada unha.

Fente pregunta a todas cuestións como se o feminismo debería loitar por ocupar postos nas institucións e administracións ou se é máis efectivo o “asociacionismo popular”. As respostas son variadas. Mentres que para algunhas é importante ocupar eses espazos, para outras sería un erro, como para a bibliotecaria anarco-feminista Rosa Bassave: “O movemento não está nos mellores momentos e em parte á pela excessiva institucionalização. Teríamos que pensar por nós próprias à margem do estado e não cair na trampa do sistema. Como anarquiste penso que o acreditar nas leis não leva a nenhuma saída q que é a própria sociedade a que tem que revolver-se e mudar, e para isso é necessário que o câmbio vaia uma a uma”

Hai outras voces que nos guían e nos dan alento, como a traballadora social Ana Míguez que comenta: “Desde que milito no feminismo sempre se nos acusou de utópicas, pero como moi ben dicía Anatole France a utopía é o principio de todo progreso e o deseño dun mundo mellor. E algo que xa gañamos”

E non faltan tampouco as intervencións que nos fan reflexionar sobre o significado detrás das consignas e reivindicacións: “Non pode haber liberdade sen medios materiais mínimos e económicos que o permitan, non é a liberdade en abstracto. Liberdade é a capacidade do s individuos de autodeterminarse e a autodeterminación é poder decidir sobre a vida, poder desenvolver as súas capacidades e iso require medios materiais”, apunta María Xosé Agra.

Así, Parir a liberdade termina por ser un texto-compás que nos orienta e nos suxire a dirección cara a onde debemos de tomar o seguinte paso.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Feminismo de clase y lucha por la hegemonía cultural
Muchos espacios feministas suelen incorporar códigos simbólicos y culturales burgueses que deslegitiman a los de la clase obrera. Aparte de las condiciones materiales, es necesario abordar la hegemonía cultural que estructura esta exclusión.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.
Opinión
Opinión Algunas claves para hacer un análisis feminista de las masculinidades y el patriarcado
Aunque el repunte patriarcal que estamos viviendo lleva tiempo consolidándose, ahora se le está otorgando la importancia que merece en el debate público, también en Euskal Herria.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.