O prelo
Sopas New Campbell ou a literatura onírica

E ti, que farías se a próxima vez que abras o teu roupeiro aparece un paquidermo? Cuarto de inverno publica unha novela que escapa dos lugares comúns e fainos dubidar de todo o que está escrito nas súas páxinas.
Sopas New Campbells de Teresa Moure
22 ene 2021 20:24

Por máis que leamos, gardamos certas ideas preconcibidas sobre a literatura. Digamos que gran parte dos libros que lemos, aínda que nos parezan magníficos, non nos chegan a sorprender completamente: quizabes a trama, as súas personaxes, o uso da linguaxe ou o xeito en que se desenvolven os feitos termina por ser, por así dicilo, “convencional”. E non ten nada de malo. O gusto non está nin debería de estar determinado só por todo aquilo que sae das normas preestablecidas polos xéneros ou polas meras convencións. Mais, cando sucede, cando se le algo que resulta inesperado, confúndenos. Regresamos as páxinas e volvemos a ler porque hai unha parte de nós que non pode crer o que din esas diminutas palabras impresas.

Obras así quédanse na memoria. É como ler Peer Gynt e pensar: que está a pasar?, de verdade é este teatro decimonónico?, e din que é do mesmo autor que escribiu Casa de Bonecas? Ou como ler Cen anos de soidade e non estar segura de quen é esa personaxe, se o fillo, o neto ou o curmán, mais aínda así sentir o espírito sobresaltarse cando na súa morte choven flores amarelas durante toda a noite. Son libros que nos lembran todas as posibilidades que garda a literatura. Algo similar sucedeume lendo Sopas New Campell.

É difícil de presentar a Teresa Moure. Leo a súa pequena biografía na lapela do libro e describese como “un projecto performático em construçao” e más adiante advírtese que “qualquer dado biográfico (humano) atribuído a TM é, portanto, (necessariamente) falso”.  Para min, o único que isto pode significar (e que quizabes di moito máis dela que os seus premios e listaxe de publicacións) é que o papel no lle é suficiente para construír os seus relatos. Dá a sensación de que a súa obra é a súa vida mesma e que si ben usa a literatura como unha ferramenta para comunicar, tamén a usa para narrarse, para darlle forma á súa identidade.

Porén, os datos falsos na rede dan conta de que, supostamente, Moure é profesora na Universidade de Santiago de Compostela e ten escrito máis dunha vintena de libros de diferentes xéneros, entre os que destacan o ensaio, a dramaturxia e a narrativa. Teresa Moure é recoñecida como unha das escritoras máis orixinais e versátiles da literatura contemporánea galega.

O seu último libro, Sopas New Campell, foi publicado na metade do 2020 por Cuarto de Inverno, editorial que, con pouco máis dun ano de vida, distínguese tanto pola diversidade do seu catálogo feminino, así como polo extremo coidado das súas edicións.

A premisa do texto é a seguinte: Nádia, unha muller que traballa cargando armarios, un día atopa no seu un elefante. E é que Sopas New Campbell é a terceira parte dunha triloxía de metaficción en que o denominador común son os elefantes.

Neste texto que pecha o ciclo, os elefantes aparecen nos armarios como a culpa aparece nos nosos corpos. Aliméntanse da nosa melancolía e as nosas angustias manteñenos vivos, os fan medrar. Só desaparecen cando se experimentan momentos de tranquilidade e paz. Mais nada dura para sempre e a vida escríbese sobre un muro cuberto de mosaicos de emocións. Por máis que a protagonista quere acabar cos elefantes e incluso inventa métodos para asasinalos, o que Moure parece querer comunicarnos con esta metáfora é que ninguén pode fuxir nin escapar dos seus propios elefantes. Xa sexa cedo ou máis tarde, volverán e haberá que aprender a vivir con eles.

“Intuitivamente sabemos que qualquer animal deve estar cá no planeta com alguma finalidade. Porém, um elefante serve para quê? (...) quando a civilização ocupou as terras mais afastadas, começou a demonstrar-se a sua ineficácia evolutiva: precisam comer exageradamente. Como ocorre nestes casos, os exemplares mais dotados adaptaram-se, precisamente ao entenderem que a culpa é o fruto mais fresco e nutritivo que existe. A culpa floresce a cada manhã. É só digerível para un estômago banhado em bastantes ácidos. Está em toda a parte e sem medida. Foi neste momento que os elefantes vieram para se instalarem nos roupeiros dos humanos. Simplesmente assim. Tão real."

Ao longo do libro acompañamos a Nádia na súa procura por tratar de eliminar a praga paquidérmica. Esta personaxe resalta polo carácter egoísta e enfastiado que a fai parecer unha eterna adolescente sumida nun humor pesimista. Por sorte, como contrapuntos aparecen na historia amizades que a rodean e a conteñen con paciencia, coidado e cariño.  Desta maneira, a historia convértese nunha sorte de viaxe iniciático contemporáneo e onírico no que non hai grandes aventuras nin desafíos que sortear. Máis ben é un percorrido interior para descubrir quen somos, de que estamos feitos.

“Os sabotadores são seres minúsculos que estão presentes nos momentos decisivos das nossas vidas. Revistam o que fazemos e exprimem a sua opinião, sempre negativa, em alta e clara voz. Têm a facultade de se encarnarem no corpo dos nossos familiares, das amizades, ou no de um ser superior que está em toda a parte para emitirem juízos negativos das pessoas ou das ideias que nos atraem. (...) O seu único objetivo é fazerem a melhor das guerrilhas: a de estragar o pleno funcionamento dos mecanismos da nossa vontade”.

E, xusto alí, cando pensamos que sabemos cara a onde vai a historia, todo re-configúrase coma nun xogo de espellos en que nada é o que parecía ser. Teresa Moure non busca compracernos cunha historia convencional, senón que non deixa de desconcertarnos cos xiros que lle dá á historia. A través das súas palabras reproduce a arquitectura dos soños e é alí onde plasma a acción: un escenario en que parece que nada ten sentido, pero onde todo se move segundo a súa propia lóxica.

Hai algúns anos, cando estudaba unha licenciatura en interpretación, unha das miñas mestras preguntou a todo o meu grupo: “que fai que sobre o escenario (mais tamén aplica á vida real) unha raíña teña lexitimidade? Non depende unicamente da actriz que a interpreta, depende do rango que lle dan todos ao redor”. Algo similar pasa en Sopas New Campbell: cando nada é o que parece até o grao que a protagonista, Nádia, perde o sentido da identidade, indispensablemente recorre aos demais. Son os outros quen nos constrúen e somos nós quen nos construímos en relación a eles. Non podemos ser uns sen os outros. O problema é, claro, saber se están a mentir.

A autora xoga coas nosas expectativas. Ao final, Teresa Moure pecha a súa triloxía de maneira congruente en relación ás ideas coas que parece rexer a súa vida e a súa arte: “Não pretendo diferenciar-me das linhas da literatura galega atual voluntariamente. Pretendo é diferenciar-me de mim própria (…) as obsessões próprias, o pulso na maneira de contar é o que dá unidade a cada uma das entregas, a cada livro. Mas os livros têm que ser diferentes, até porque eu não sou a mesma que era há um ano. Escrever exige reinventar-se; diferenciar-se no possível do escrito antes”, contaba para uha entrevista con Através Editora, e non nos decepciona nese sentido.

Arquivado en: Galego Literatura O prelo
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Natalia García Freire: escritora de una generación volcánica
Sexto capítulo de la serie Aleteo sonoro, en el que volamos a los Andes ecuatorianos para conocer la infancia y las motivaciones literarias de la autora.
El Salto Radio
El Salto Radio Centenari de Josep Maria Llompart
Demà fa un segle del naixement d’aquest poeta mallorquí que sacrificà la seva vocació per mor de les exigències de la cultura que abraçà.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.