Patrimonio cultural
Na procura dos tesouros humanos vivos en Galiza

Asociacións culturais poñen a Galiza no mapa dos países que activan o proxecto Tesouros humanos vivos, unha iniciativa para recoñecer e visibilizar o valor do Patrimonio Cultural que as persoas maiores resgardan na súa memoria. Falamos con Xerardo Feijoo, quen está na cabeza da edición galega, sobre os obxectivos e as particularidades do programa na nosa terra.

Clementina. Arquivo Tesouros Humanos Vivos
Clementina é unha das poucas persoas vivas que conservan o goianés, unha forma dialectal do galego que só se deu nunha parroquia do concello de Tomiño. Arquivo Tesouros Humanos Vivos
17 nov 2020 19:14

Saber de onde vimos, así como saber de que maneira se vivía antes de que nós estivesemos aquí, é unha pulsión humana natural. É o xeito que temos de explicarnos a nosa existencia, de entender o lugar no que estamos. Recorremos aos libros e museos para rastrexar a nosa historia e preservámolos con xeito para que as xeracións futuras poidan gozar deles. Mais é común que esquezamos acudir as testemuñas das persoas que os gardan a historia na súa memoria, no seu corpo. Pero, que pasa cando as persoas portadoras deses coñecementos morren?

Para poder evitar a perda deste patrimonio inmaterial, en 1993 a UNESCO aprobou a iniciativa Tesouros humanos vivos coa que se recoñece publicamente as persoas que teñen os coñecementos e habilidades necesarias para crear e reproducir determinadas expresións e tradicións culturais.

GALIZA ENTRA NO MAPA

A iniciativa chegou a Galiza para rescatar os saberes que custodian as nosas maiores en 2015 a través da asociación Ponte nas… Ondas!. Esta encárgase da preservación do patrimonio cultural que comparte Galiza co norte de Portugal e é a única asociación galega recoñecida como consultora pola mesma UNESCO.

Nun primeiro momento, o seu coordinador, Xerardo Feijoo, propuxo á Deputación de Pontevedra facer un “levantamento” dos Tesouros Humanos Vivos na rexión do río Miño.

Tras o éxito que tivo o proxecto nas comunidades coas que se traballou, Feijoo propuxo reactivar o programa para reproducilo na cidade de Vigo, desta volta a través da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo.

“Partín da estrutura do traballo de Ponte nas... Ondas! para empregala cos Tesouros Humanos Vivos do casco vello e levalos ás escolas. Este é o sistema co que podemos colaborar na transmisión do patrimonio: coller o patrimonio inmaterial, que as propias portadoras valoricen o que é e, unha vez que se dan conta de que é interesante, levarllo aos nenos e suplantar un pouco a transmisión oral que sucedía antes no seo familiar e que deixou de pasar”, conta Feijoo.

Alén de facer unha greta no muro que divide as relacións interxeracionais, o proxecto Tesouros Humanos Vivos ten sido un impulso importante cara ao traballo de valorización das persoas maiores que están sendo sistematicamente abandonadas polas súas familiares. Segundo o INE, en 2019, 119,000 persoas de máis de 65 anos vivían soas en Galiza. Neste contexto, a iniciativa supón un apoio importante para a saúde emocional das persoas maiores ao dignificar e valorizar os seus saberes e a súa vida mesma.

Isalina. Arquivo Tesouros Humanos Vivos.
Isalina e a súa familia conservan o antiguísimo costume da transhumancia. Arquivo Tesouros Humanos Vivos

OS TESOUROS DE VIGO

Isidro é un home que desde neno adicou a súa vida ao oficio de pescador. Lembra con completa lucidez as curiosas técnicas que seu pai empregaba para a pesca, como poñer unha pedra no río nunha posición específica para atraer a faneca. Tamén recorda as viaxes de 20 horas cara ao norte para atopar bonito. Os coñecementos empíricos e as experiencias que garda Isidro son unha testemuña de primeira man da historia da pesca, da historia da Galiza.

En 2015, Isidro Alonso Marcial foi proclamado o primeiro Tesouro Humano Vivo da cidade por “ter demostrado os seus coñecementos sobre a cultura tradicional marítima despois de mais de cincuenta anos traballando, primeiro como mariñeiro e até chegar a acadar a categoría de capitán, atesourando na súa memoria feitos, técnicas, lugares e nomes de todo o referido á súa profesión”, como estipulou a propia Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo.

Con todo, para o equipo ao cargo do proxecto, a mención é a derradeira parte do programa, pois a incidencia na vida das persoas nomeadas, na sociedade, e na cultura da comunidade é o que verdadeiramente sustenta e dá relevancia á iniciativa.

“Non o facemos só por dar recoñecemento ás persoas. Trátase de recoñecer o seu coñecemento e un sistema de vida que está a mudar, sen valorizar se é mellor ou peor. O que nos interesa non é perpetuar un modo de vida, porque esta ten que continuar avanzando. Pero si que coñezamos e valoremos a nosa historia. Os  feitos en si mesmos teñen o valor que teñen porque ao redor dun feito se dá toda unha cultura. O que non debemos facer é abandonar o coñecemento desta realidade cultural que existía na nosa terra. E quen di iso, di as romarías, as festas, os seráns... e corenta mil cousas que existen e que debemos preservar”, opina Xerardo Feijoo.

PATRIMONIO CULTURAL E FONDOS PÚBLICOS

A Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo leva arredor de catro anos traballando xeitosamente con este proxecto. Pero, a pesar de que noutros países como Chile ou Xapón xa está institucionalizado por lei, a Xunta de Galicia non respondeu favorabelmente ás petición da asociación sobre institucionalizar o proxecto para que cada ano unha ou dúas persoas sexan declaradas Tesouros Humanos vivos.

Co isto, Xerardo Feijoo detecta o problema sistemático de valorizar o patrimonio cultural a partir do rendemento económico que poida ter “Por que o patrimonio cultural inmaterial non está tan coidado como o material? Porque non se lle ve un rendemento económico. Non se pensa nel como unha fonte de ingresos. Por exemplo, se cae a muralla de Lugo todos recoñeceriamos que cae un ben cultural, pero tamén económico. No noso caso é moi complicado porque o patrimonio só está na cabeza da xente.... Pola nosa parte, as propostas á Xunta están feitas e seguimos esperando”.

Queda claro que a conservación e coidado da gran parte do patrimonio cultural está nas mans do traballo de asociacións e ONG’s, que toman a responsabilidade que o Goberno non quere ter. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia La esperanza de la gestión colectiva frente al expolio: la Comunidad de Montes de Tameiga contra el Celta
Mientras varios proyectos industriales intentan privatizar y destruir los ecosistemas gallegos, algunos grupos de vecinos y vecinas organizadas hacen oposición social construyendo alternativas comunitarias. A veces, también ganan al gigante.
Galicia
Galicia Ourense se organiza para combatir patrullas de extrema derecha en los barrios más empobrecidos de la ciudad
Vecinas y vecinos y los movimientos sociales responden al discurso del miedo promovido por Frente Obrero y señalan su estrategia de criminalizar la pobreza y sembrar odio en contextos de exclusión y abandono institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.