Migración
De volta ás raíces: Abrindo a porta dunha casa abandonada hai máis de trinta anos

A impredecibilidad da vida queda totalmente exposta cando se migra. Sáese de casa e xa nunca máis se pode ter a certeza de onde imos terminar. Así foi como as familias galegas marcharon e asentáronse en cidades doutros continentes; así foi como nós chegamos dunha desas cidades e optamos pola vida no campo.

Puente Romano
Ponte romano. Cernadela, Mondariz. Sara Guerrero Alfaro
Xornalista
19 sep 2019 09:00

O meu compañeiro Rodrigo e máis eu viaxamos pouco máis de doce horas nun autobús dende Barcelona até Vigo. El viñera visitarme a Barcelona dende México para pasar xuntos unha fin de semana e quixo aproveitar a viaxe para ir a Galiza, lugar de onde saíu a súa familia hai máis de trinta anos.
Esa historia familiar sempre me resultara nebulosa. Ao comezo pensaba que a súa familia emigrara como consecuencia da Guerra Civil. Non obstante, Rodrigo desmentía tal relato unha e outra vez, dicindo que fora unha decisión que tomara seu avó para abrir negocios no “Novo Mundo”.

A primeira vez que fun á súa casa en México puiden notar o seseo español na fala da súa nai. Pero o gran contraste cultural foi cando coñecín aos seus avós. Durante a presentación só puiden asentir e sorrir. A razón non foron tanto os nervios de coñecer á familia, senón máis ben que non comprendín nada do que estaban a dicir. Nunca escoitara o galego.

Agora, case cinco anos daquel primeiro encontro coa súa familia, estabamos no autobús camiño a Sabaxáns, unha aldea de Mondariz. Durante a viaxe, Rodrigo foi relatándome historias familiares, as cales eran a única aproximación que tiña con ese sitio. Era como se quixera repasar os detalles para unha proba da historia. Non, era como se estivera preparando a terra para colleitar.

A súa historia familiar, como a da maioría dos galegos, sempre estivo tocada pola sombra da migración. O irmán do seu avó José, aos doce anos, seguiu a seu pai a Portugal, deixando na casa á súa nai Hermosinda, á súa tía Adelina e ao avó de Rodrigo. José casou nunha aldea próxima con Dalia e tiveron unha filla; abriron un bar e despois unha panadaría...Non foi ata que o sogro de José o convenceu para emigrar a México con el e seu fillo, baixo a idea de que nese lugar poderían abrir varios negocios cos que poder acumular bastante capital e vivir mellor do que poderían chegar a vivir na aldea, que deixou a súa terra. Un “novo” discurso colonial?

Así que tomou a decisión e saíron todos, incluída a señora Hermosinda aos seus case noventa anos. Foron vivir ao norte da gran Ciudad de México. Pasaron de compartir un entorno con apenas 300 habitantes a convivir nunha área metropolitana de, naquel entón, 15 millóns.

México, como a Arxentina ou o Brasil, era unha gran promesa. Para algúns galegos México foi o país no que se converteron en empresarios multimillonarios. Porén, para outros a historia foi distinta. A avidez por prosperar era tal que varios deles foron estafados e deixados en quebra por facer investimentos en negocios inexistentes...

Para a familia de Rodrigo a vida interpúxose entre México e Galiza. Non puideron volver a Sabaxáns. Pasaron os anos e agora eramos Rodrigo e máis eu quen volviamos abrir a porta dunha casa de pedra que tanto tempo atrás foi pechada con esperanza. Semellaba que foramos os protagonistas dunha secuela da historia da casa: xa sabiamos en que rematara a primeira parte, agora comezaba a segunda.

Migración
A experiencia de migrar ao rural galego
Inauguración dun espazo literario que describe a vida social, cultural e política do rural galego, a través da estraña mirada dunha emigrante.

O resto é historia. Non ten caso detallar o estado no que atopamos a casa. En realidade, foi mellor do agardado e puido volver ser habitable con limpeza e traballo. A Rodrigo bastoulle isto para abandonar a súa vida en México e quedar a vivir na aldea con só unha mochila ao lombo.

Eu uninme a el logo de pechar ciclos en Barcelona. Estaba atafegada polas grandes cidades nas que vivira. Estaba cansa da lóxica da competitividade e produtividade á que se nos somete; da precariedade do traballo artístico. Vin na aldea a promesa dunha vida digna. Quizais Rodrigo e máis eu depositamos a nosa esperanza nesta forma de vida como hai trinta anos fixeron seus avós, mais á inversa.

Sexa por tratar de indagar na identidade propia, por curación, por ganas de mudar de vida, por cartos, por traballo ou por amor, non cabe dúbida de que migrar é un dos anhelos máis básicos da humanidade. É unha das formas nas que nos podemos completar a nós mesmas. É unha forma de abrir os ollos e de abrir os mundos.

Claro que, por outro lado, poucas cousas son tan dolorosas coma o exilio. Penso na migración forzada coma un dos peores castigos que poden existir. Rodrigo e eu tivemos a fortuna e o privilexio de poder escoller o noso camiño, como todos deberían poder facelo.

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Castellón
Castelló Salvar La Surera de Almedíjar: una llamada a la acción por el futuro del mundo rural
La cooperativa Canopia impulsa una campaña de financiación colectiva para asegurar la propiedad comunitaria y ampliar su base social.
xanxove
8/1/2020 20:54

Precioso blogue, parabéns!

0
0
#39579
20/9/2019 11:11

O pé de foto está errado: é imposible que esa ponte sexa romana. Será, en todo caso, "ponte de orixe romana", pero non romana.
Polo resto, parabéns por un artigo tan fermoso.

0
1
Mondarizano
20/9/2019 18:04

Ten toda a razón, a ponte é románica.
Pero é moi habitual a confusión polo parecido fonético e que a xente coñece máis o romano que o estilo románico😅.

0
0
Rehabitar o rural
22/9/2019 21:53

"Hay quién afirma que sus orígenes se sitúan hace 2000 años, durante el dominio del Imperio Romano. De esto se sabe por la aparición de una estela antropomórfica en el año 1958, en la cual una inscripción marcaba la vía como el itinerario de Antonino Pío, o lo que es lo mismo la Vía XVIII, que unía Brácara (Braga) con Astúrica. (...) De todas formas, el puente sufrió modificaciones a lo largo de los siglos, en concreto en XV, XVII y XVIII". De ahí que tamén se poda considerar de estilo "románico" -ainda que a forma dos arcos non sexa dese estilo-.

Deixo aquí o link por se quereres botarlle un ollo, que a historia é sorprendente.
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/cernadela/

Saúdos e grazas por ler o blog.

1
0
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.