Migración
Presentación: Documentar a experiencia de migrar a unha aldea galega

Inauguración dun espazo literario que describe a vida social, cultural e política do rural galego, a través da estraña mirada dunha emigrante da gran cidade de México.

Sabaxáns na néboa
Sabaxáns na néboa Sara Guerrero Alfaro
Xornalista
6 sep 2019 09:00

Esperto pola mañá e pola ventá podo ver a néboa desdebuxando os bordes das árbores e, un pouco máis lonxe, das montañas enteiras. A quietude fai que esta imaxe pareza un lenzo cunha pintura inacabada.

Fai frío e quero permanecer un pouco máis na cama. Pero a través da ventá podo escoitar os cacarexos das miñas galiñas. Teñen fame ou queren saír. Penso: hai que abrirlles a porta para deixar que saian aproveitar o sol. Entón interrompe no cuarto Burgán, o meu mastín leonés. Non teño ovellas ás que poda pastorear, así que é un can da casa e agora ven pedirme que lle abra a porta tamén a el.

Non me queda outra opción que erguerme da cama. Dou de comer a Burgán, abro a porta do galiñeiro habilitado baixo o hórreo. Sirvo suficiente millo ás galiñas e rego a horta e as plantas que aínda non se deciden por vivir ou morrer.

Até entón podo almorzar e organizar o meu tempo. Penso en dividilo entre traballo, lecturas e tarefas do fogar. Entre unha cousa e outra pasa o tempo e, cando apenas vou sentarme a traballar, o reloxo marca a hora do xantar. Suspiro e érgome para ir procurar un pouco de leña. Acendo a cociña de ferro e preparo a comida para min e o meu compañeiro, que pronto volverá da universidade.

Hai uns meses podería ter quedado na cama. Almorzar nunha cociña eléctrica e sentarme no escritorio sen ter que estar pendente de se as galiñas entran na casa ou de se o can trata de entrar na horta.

Pensei que cambiar o meu domicilio da cidade ao campo implicaría ter máis tempo para min mesma e descansar. Pero este tipo de vida non é o escenario común da vida nas aldeas galegas. Pénsase que saíndo da cidade a cotidianidade estaría composta pola tranquilidade no medio da natureza e pola boa comida.

Pero as aldeas son distintas ao que esperaba e poucas semanas de vida no campo demostráronme que había moito por facer, por aprender, e moitas maneiras distintas de levar a vida, a diferencia do que se nos conta nos estereotipos.

Vivín toda a miña vida nunha cidade. Nunca vin como se sembra e se colleita o que comemos todos os días. Confío en que esta mirada estraña poda tender unha ponte co meu novo entorno para visibilizar e relatar como é a vida social, política e cultural nunha aldea galega.

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Castellón
Castelló Salvar La Surera de Almedíjar: una llamada a la acción por el futuro del mundo rural
La cooperativa Canopia impulsa una campaña de financiación colectiva para asegurar la propiedad comunitaria y ampliar su base social.
Javi
11/9/2019 21:01

What is this? Don't worry my darling just call amazon...

0
0
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.