Galicia
As receitas caseiras de Sabaxáns: coenllo á tarteira

Se a través da gastronomía se pode coñecer unha cultura, pensei que o mellor xeito de coñecer a miña aldea —e en xeral a vida no rural galego—, era aproximándome ao que se cociña nas súas casas.

Adicarei este espazo do blog Rehabitar o rural á documentación das receitas tradicionais galegas co fin de valorizalas, compartilas e desfrutalas.

Cociña galega bis
Xornalista
13 nov 2019 19:04

A RECEITA DE MARGARITA
É unha tarde xeada, mais iso esquécese cando se está á calor da cociña. Despois dun tempo vivindo aquí, aínda me resulta incríbel a calor que as estufas de leña son capaces de producir.
A cociña da miña veciña Margarita é ampla e luminosa, cousa que non me estraña xa que foron moitos os rapaces que medraron e comeron entre esas paredes. En realidade, non sei se o resto da casa será igual de espazosa mais si sei que a cociña ten que selo porque, ao final, é o corazón de calquera casa.
Margarita cóntame que a súa nai, alí presente cos seus 99 anos, foi quen lle ensinou a cociñar cando aínda era unha rapaza. Practicou e perfeccionou a súa técnica cando migrou a Marín, pois durante unha longa época da súa vida traballou facendo labores domésticos nunha casa familiar, o que incluía cociñar todos os días.
Cando lle pregunto: “Cal é a túa comida favorita?” Non o pensa nin un segundo e sorrí cando di: “Polo”. “Guisado dalgún xeito en particular?” “Non, non importa”. E entón recordo todas as veces que dende a miña xanela a vin depenando pitos para a comida do mediodía.
Lamentabelmente, hoxe non hai polos desconxelados para comer. Así que comeremos coenllo. “Coenllo á tarteira”, dime, e eu saco o meu caderno para tomar nota coma se fose unha estudante de química que está por apuntar as reaccións que teñen os elementos ao fusionárense. En realidade, penso, a diferenza é pouca.


Mentres ela cociña e me explica os procedementos, enche a habitación cos seus recordos. A carne á tarteira era o prato que a súa nai cociñaba sempre cando a familia ía ás romarías cando ela era nena. Despois de misa, camiñaban e escollían un bo lugar no monte para sentar a comelo. Que tan ligados están os nosos gustos aos nosos recordos máis felices?

COENLLO Á TARTEIRA

INGREDIENTES:
1 Coenllo, 1 Cebola, 3 Cenorias, 1 Pemento 2-3 tomates, Aceite


Especias:
Sal, Allo, Perexil, Viño branco, Pementa branca, Tomiño, Ourego, Pemento doce e picante, guindilla


IMPORTANTE: Debido á longa traxectoria destas receitas que pasan de xeración en xeración como coñecementos empíricos, as cantidades e as proporcións non poden ser dadas de maneira exacta e máis ben dependen tanto da sazón de quen o cociñe, como do gusto dos comensais. Aínda así, dende a experiencia podo afirmar que mesmo con pequenas variacións nas cantidades das especias, o guiso resulta un éxito.



Nun morteiro, moer dous dentes de allo, perexil, unha ou dúas culleres de té, de sal de gran e viño branco ao gusto. Gardar.
Cortar o coello en anacos medianos. Quentar aceite a lume alto nunha tixola; agregar o coello e selalo ata que se doure. Neste punto, non é necesario que a carne fique cocida por completo.


Adobar o coenllo co preparado de allo e viño previamente preparado e deixalo repousar unhas horas a temperatura ambiente.
Picar a cebola, as cenorias, o pemento e os tomates e cociñalos nunha tarteira cun pouco de aceite. Unha vez que empecen a abrandarse os ingredientes, agregar viño ao gusto, pementa branca, tomiño e un pouco de ourego. Así como os dous tipos de pementos e a guindilla.
Cando todas as especies estean incorporadas, agregar o coenllo repousado ata que remate de se cociñar a carne e o viño se consuma á metade, dependendo de que tan caldoso se prefira o guiso.
Servir con patacas cocidas bañándoas no prebe do guiso. Acompañar cun bo anaco de pan.

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Castellón
Castelló Salvar La Surera de Almedíjar: una llamada a la acción por el futuro del mundo rural
La cooperativa Canopia impulsa una campaña de financiación colectiva para asegurar la propiedad comunitaria y ampliar su base social.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.