Medio rural
Da póla ao barril. Facer viño: tradición, memoria e identidade

Empeza o mes de setembro. Toda a aldea alístase para o traballo que comeza xunto co outono. É época de vendima. Nas viñas de máis de cen anos, as uvas volven estar maduras como cada tempada, listas para a súa recolección.
A pesar do inminente despoboamento do medio rural, facer viño de maneira artesanal é unha tradición que ningunha casa deixou de practicar de maneira colaborativa.
A través do traballo, reactívase a memoria, refórzanse os vínculos comunitarios e se continua construíndo a identidade. Factores imprescindibles para a defensa da terra e dos modos de vida fóra das urbes.


Acios de uva
Acios de uva Sara Guerrero Alfaro
Xornalista
4 oct 2019 09:00
Máis que ser anunciado pola súbita frescura outonal que rempraza o caldelo do verán, advírtese que comeza setembro cando os bocois de madeira están fora da adega cheos de auga.
Setembro significa vendima. As uvas están xa coloradas e tan inchadas que semella que van rebentar en calquera momento. A partir de entón a aldea divídese en dous tipos de persoas: as que vendiman cedo de máis, “cando a uva aínda está amarga”, e as que o fan tarde de máis, cando “xa é todo vinagre”. Así, sen puntos medios.

***

Apenas o sol alumea, saímos de casa e dirixímonos, sombreiros e tesoiras na man, cara ás fincas. É a primeira vez que vendimo na miña vida. Fóra dos documentarios sobre os procesos de elaboración artesanal de produtos gourmet, nunca vira como se fai. María, entusiasmada polas miñas ganas de aprender, ensíname con dilixencia e coidado como seleccionar a uvas do acio. 

Primeiro próbase un baixo para saber se a froita está madura. É moi importante que o estea porque “se non, amarga todo o viño”. Despois, pola mesma razón, sácanse aqueles abrochos ainda verdes, e tamén aqueles que están demasiado maduros. Tríscase o acio pola metade e bótase ao capacho.
En xeral, pareceume unha tarefa sinxela –esceptuando eses momentos nos que, mentres María movía con axilidade as súas tesoiras, eu, austada, deixaba caer os acios que estaban habitados por insectos e arañas–. O mellor de todo era probar as uvas. Sempre as mercara en supermercados; nunca tería crido a variedade de tipos e sabores de uva que existen.
Cando chegamos a unha viña de uva tipo catalá, as bágoas case rebordaron polos meus ollos. Como era posíbel que a natureza criase algo tan doce? A substancia tampouco fica atrás: a carne da uva dá a sensación de estarmos comendo unha gominola...
O día pasaba e nós enchiamos un capacho tras outro. Ás doce, cando o sol xa estaba no alto, comezáronme a doer as costas e os brazos. A tarefa deixou de me semellar tan sinxela e deixou de ser tan glamurosa, a diferencia do visto na televisión. Por máis que percorresemos as viñas, tiña a sensación de que os acios non remataban nunca. Mudabamos dunha videira a outra sen parar.
Para alivio dos meus brazos, as viñas comezaron a baixar de nivel. Porén, chegamos a  unhas nas que as uvas colgaban a rentes do chan. A rastras, á vez que esquivaba algún que outro mato de silvas, ía cortando os acios enteiros para que María os limpase. Outras veces, atopabamonos con viñas que “non valían para nada” porque os acios estaban secos. Entón tiñamos que escoller uva por uva.
Neses casos as palabras eran as que alixeiraban a tarefa. De anunciar que videira tiñamos que deixar sen traballar porque aínda tiña a uva moi verde, pasabamos a especular quen, daquela outra metade da xente que vendimaba demasiado cedo, contrarrestaba a amargura adozando o viño con sucre.
Tampouco faltaron os contos e a través das palabras de María puiden vela de nova apañando uvas coa súa familia, puiden ver ao seu pai dándose unha ducha para despois esmagar as uvas cos pes. Incluso puiden imaxinar ese home –que adoitaba contratar a María e outras mulleres da aldea para apañas as uvas das súas viñas– esmagando as uvas metido de corpo enteiro no bocoi, rindo mentres facía burbullear o contido cos gases.
Cara á unha da tarde, cando comezaba o meu estómago a bruar e o meu padal estaba escaldado por probar tantas uvas, chegamos á zona do Xaque. O primeiro que me alucinou foron as cores. Un tallo dun verde estridente resaltaba as pequenas e redondas uvas de morado profundo. Cando erraba coa tesoira e partía unha uva, unhas gotas de cor vermello sangue salpicabanme as mans…

A xornada rematou cara ás tres da tarde. Mais levounos case toda unha semana apañar todas as videiras.



Unha semana despois de rematarmos, voltei a casa de María para sacar o viño. No  momento de entrar na súa adega percibín o cheiro. Asomeime aos bocois e puiden escoitar o grave son do burbulleo da fermentación. Todos os días, desde que se vendimiou, alguén tiña que entrar á adega a “darlle a volta á uva” cun pau, para que aquilo que fica aboiando na superficie non secara e se volvese vinagre.

Déuselle unha volta por derradeira vez e, coa axuda dunha pequena bomba, sacamos o viño do bocoi de madeira. A través da mangueira, enchimos un barril de aceiro, onde remataría de ferver e madurar o viño para o ano enteiro; polo menos até a próxima vendima.
Cando a mangueira non puido chuchar máis líquido, procedimos a montar a prensa para exprimirmos o bagazo.
Non foi até ese momento que vin na esquina da adega unha pedra esculpida hai máis de dous séculos. Era baixa e plana, cos bordes un pouco máis levantados, para que o viño non escurrise, os que se interrompían xusto no punto no que foi tallada unha especie de embocadura que direccionaría a saída do viño.
Unha vez que puxemos o bagazo na prensa, leveime outra sorpresa. Unha palanca de madeira xigante estaba montada por riba da pedra. María non se cansaba de me dicir que, a pesar do aspecto de estar comido pola couza da viga de madeira, era resistente pois existía desde que o seu pai era pequeno. É dicir, o mecanismo tiña máis de dous séculos de antigüidade, do mesmo xeito que a pedra.
Para activar a palanca, que iría apretando por un extremo o bagazo, tiñamos que dar volta a outra viga de madeira que estaba esculpida en forma de espirar para permitir que a palanca subise ou baixase. No extremo inferior desta viga estaba amarrada unha pedra xigante que actúa de contrapunto e acaba por se levantar cando o outro extremo baixa.
Non tarda en aparecer, entre a superficie rugosa e gris da pedra, un pequeno río de intenso morado que vai enchendo o caldeiro.

Como o marca a idiosincrasia da aldea contida na frase “todo se aproveita”, o bagazo é gardado para despois ser utilizado como a materia prima do augardente.

Cando o viño dos bocois por fin está no seu punto, non falta moito tempo para que a produción do viño volva comezar. Ben cedo hai que podar as viñas –tarefa que é moito máis complicada do que poidera parecer e que ten o seu propio sentido de lóxica–, atar as pólas, reemplazar as canas vellas que as sosteñen, sulfatar… e comezar de novo a vendimar.


A través da vendima puiden ver como varían os costumes dunha cultura a outra. O que neste lugar do mundo é unha tarefa normal que leva a cabo case toda a poboación desde hai máis de dous séculos, na Cidade de México é impensábel; como aquí resulta impensábel que unha persoa poida tardar até dúas horas no transporte público para ir traballar nas mañás. E iso sen sair da mesma cidade.
O coidado e aproveitamento das viñas normalmente lévase a cabo pola comunidade, até que se é demasiado maior para poder aturar semellante esforzo físico. Mais no entanto, faise con gusto. É unha tradición artesanal que aviva o pracer humano de transformar a materia, de criar algo novo coas nosas propias mans.

Sen lugar a dúbidas fun afortunada de ter experimentado esta experiencia con métodos e ferramentas antiquísimas, antes de que o sistema económico acabe por deixar desertas as aldeas, como a xa grande cantidade de viñas abandonadas e perdidas entre a maleza do bosque o presaxian.

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia El Gobierno confirma que Altri se queda sin los 30 millones de las ayudas de descarbonización
El ministro de Industria, Jordi Hereu, ha confirmado públicamente la decisión de su cartera. La multinacional portuguesa había solicitado fondos europeos con este propósito.
Galicia
Galicia Así opera en la sombra la banca en el proyecto de la celulosa de Altri en Galicia
La sociedad público-privada Impulsa Galicia, que cimentó los primeros planes de la multinacional papelera y , está participada fundamentalmente por la Xunta y por el banco que surgió de la desastrosa fusión de la cajas de ahorro gallegas.
Medio ambiente
Crise climática Sarria, cun dos peores índices de calidade do aire de Galiza, á espera dunha nova planta contaminante
Sarria convive dende hai décadas coa contaminación provocada pola cementeira do Oural. Agora, Votorantim Cimientos proxecta a instalación dunha nova planta para a produción de combustible a partir da coincineración de residuos.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Medio ambiente
Medio ambiente Que papel xoga Abanca no proxecto da celulosa de Altri en Galiza?
A sociedade público-privada Impulsa Galica, que cimentou os primeiros plans da multinacional papeleira e Greenalia está participada fundamentalmente pola Xunta e polo banco que xurdiu da desastrosa fusión das caixas de aforro galegas.
Israel
España El Gobierno español vuelve a romper su compromiso de no comprar armas a Israel
El Ejecutivo de Pedro Sánchez adquiere armamento israelí por valor de 6,6 millones de euros a pesar de haberse comprometido a un “embargo total”.
Gobierno de coalición
Carrera armamentística Izquierda Unida denuncia incumplimiento del PSOE y habla de “crisis de Gobierno”
El aumento del gasto en defensa y la compra de armas a Israel, a pesar del compromiso de no hacerlo, ha enfadado a tres pesos pesados de la coalición.
Estados Unidos
Extrema derecha Los beneficios de Tesla caen un 71% y Musk anuncia que reducirá su colaboración con Trump
Las protestas contra Elon Musk funcionan y hacen caer los beneficios y el valor en bolsa de la compañía. El anuncio del millonario hace que las acciones de Tesla crezcan cerca de un 5% en apenas unas horas.

Últimas

Sáhara Occidental
Sáhara Occidental Crece la indignación por el apoyo de Sánchez a los planes expansionistas de Marruecos en el Sáhara
Los socios del Gobierno y el Frente Polisario acusan al Ejecutivo de Sánchez de dar la espalda al derecho internacional y usar el Sáhara como “moneda de cambio” para mejorar las relaciones con Rabat.
Reino Unido
Reino Unido La decisión del Supremo de Reino Unido da alas a la transfobia en un contexto antiderechos trans
Los términos “mujer” y “sexo” en la Ley de Igualdad se refieren únicamente a la mujer biológica y al sexo biológico, pese a que esta especificación no aparezca de forma literal en el texto.
Religión
Religión Muere el papa Francisco, el primer pontífice latinoamericano
Jorge Mario Bergoglio ha muerto este lunes 21 de abril en su residencia en la Casa de Santa Marta, en Roma, según ha informado el Vaticano. Tenía 88 años.
Culturas
Cultura Tiphaine Rivière y la necesidad de entender a Bourdieu
La francesa Tiphaine Rivière se enfrenta en ‘La distinción’ (Garbuix, 2025) a la obra de Bourdieu para entender el diálogo entre los diferentes estratos sociales.
Ocupación israelí
Ocupación Israelí Tel Aviv encubre en un informe “lleno de mentiras” el asesinato de 15 trabajadores humanitarios
Una investigación interna admite la masacre realizada el pasado 23 de marzo, pero oculta información, es contradictoria y llena de falsedades, según denuncia la Media Luna Roja y la organización israelí Breaking The Silence.

Recomendadas

Medio ambiente
Crise climática Sarria, cun dos peores índices de calidade do aire de Galiza, á espera dunha nova planta contaminante
Sarria convive dende hai décadas coa contaminación provocada pola cementeira do Oural. Agora, Votorantim Cimientos proxecta a instalación dunha nova planta para a produción de combustible a partir da coincineración de residuos.
El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de la Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.
Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.