niños recurso

Educación
Ecofeminismo para todos os públicos

‘Pequeño diccionario de ecofeminismo’ é unha nova e orixinal obra de María González Reyes.

Coordinador do Instituto Resiliencia

29 dic 2021 20:53

Baixo a aparencia dun inocente libro ilustrado para cativos, a docente e activista María González Reyes, ofrécenos no recentemente publicado Pequeño diccionario de ecofeminismo unha valiosa ferramenta non tanto para achegar esa fértil confluencia de feminismo e ecoloxismo aos nosos nenos, senón máis ben para achegarmos mutuamente, adultos e nenos, as nosas visións acerca da dupla opresión sobre a vida que se exerce sobre as mulleres e sobre a biosfera, compartindo tamén a idea dun mundo que as supere.

Acompañado dunhas discretas ilustracións de Celia Sacido, que axudan a atraer as nenas e os nenos á súa lectura, atopamos nas súas páxinas unha combinación de definicións inventadas por un grupo de máis de cen cativos de entre 5 e 9 anos que nos dan a súa visión —sorprendentemente sabia as máis das veces, mais nalgunha ocasión reveladoramente ignorante— de conceptos básicos para pensar o mundo en clave ecofeminista. Esa clave, apunta a única autoridade no campo que atoparemos no libro, Vandana Shiva, consiste en “recoñecer que este fermoso mundo do cal somos parte é unha terra vivente, que é unha terra sagrada e é sostén de calquera forma de vida”.

O libro é unha valiosa ferramenta para achegarmos as visións de adultos e nenos acerca da dupla opresión sobre a vida

As persoas adultas que se acheguen ao libro hanse sentir abraiadas pola agudeza das respostas de moitos destes sabios miúdos e acariñadas por esa peculiar poesía que agroma espontánea nos primeiros anos de dominio da expresión oral e escrita, en definicións coma a que describe unha árbore coma “unha planta moi importante na nosa vida, porque sen ela non podemos respirar. E se non respiramos, morremos” ou que as bruxas eran “antigamente, as mulleres listas”. Se cadra non é unha sabedoría poética moi diferente da que atesouran os pobos orixinarios ou a que tiñan as nosas avoas e avós nas aldeas preindustriais, que eran quen de explicar conceptos complexos de maneira sinxela e intuitiva centrándose naquilo que realmente conta a efectos vitais.

Aínda que tamén hai que recoñecer que, por desgraza, a que atoparemos neste Pequeño diccionario de Ecofeminismo está lonxe de ser unha intelixencia colectiva representativa do conxunto das nenas e nenos das nosas sociedades industrializadas, senón dun grupo que se presume moi particular, e no que é innegable a pegada, nalgúns dos protagonistas do dicionario, de docentes ou familias especialmente sensibilizadas tanto coa loita feminista coma coa ecoloxista. E iso, sabémolo, non adoita ser a norma nun sistema educativo convencional atrapado entre a obsesión por converter os innatos espíritos libres dos rapaces en obedientes engrenaxes para a Megamáquina e unha tecnolatría moi desorientada das auténticas coordenadas civilizacionais nas que se van mover mañá as persoas actualmente en idade escolar. Sería un experimento educativo moi interesante analizar o tipo de definicións que daría aos conceptos recollidos neste libro a rapazada en función de se residen en áreas urbanas ou rurais, ou en función dos países de procedencia, no caso do alumnado migrante. Oxalá alguén se anime a facer algún proxecto didáctico deste tipo nun país tan híbrido como é Galiza, a cabalo entre o urbano de pequena escala e un rural do que, por fortuna, non nos demos despegado de todo.
As rapazas e rapaces que falan neste libro non son a norma, por desgraza, no noso sistema educativo

Mais os nenos non son os únicos que falan neste dicionario. O papel principal da autora adulta desta obra coral e multixeracional é o de acompañar cada letra do alfabeto cun minirrelato relacionado con algunhas das palabras definidas, algo que fai mediante o seu persoal estilo literario que xa tivemos ocasión de coñecer nun anterior libro, Vivir.

Unha das cousas que máis chama a atención destes relatos que tecen a resistencia das mulleres a diversas formas de opresión co amor a un mundo natural ameazado polos mesmos opresores, é o especial protagonismo das mulleres pobres e indíxenas do Sur, concretamente dese continente que os europeos demos en chamar co nome de América. A explicación deste protagonismo reside, con seguridade, nas múltiples viaxes que realizou a autora para coñecer, participando neles, diversos movementos sociais. Segundo afirma a propia María González, foi especialmente nos barrios populares de Tucumán (Arxentina) onde “aprendeu a mirar o mundo desde abaixo”, o cal non deixa de ser o mesmo que nos propón neste libro no que aprendemos a mirar o ecofeminismo desde a estatura dos nosos pequenos. Para ela as súas “grandes mestras” foron as mulleres destes barrios que lle amosaron que “outros mundos posibles” si que existen, e son precisamente os que elas habitan.

Sen dúbida hai moito de experiencias vitais reais nas súas historias, que chegan a emocionarnos, a través dese valor tan ecofeminista como é a empatía, en apenas un par de páxinas. O mérito da autora está en facer esas historias accesibles tanto para as adultas como para as lectoras máis novas, aínda que para poder percibir a mensaxe na súa totalidade, serían máis recomendables para idades a partir de 8 ou 9 anos.

Mais este dicionario non agacha unha chata que ten: está incompleto. Aínda que iso é comprensible, precisamente porque é pequeno. Teño a impresión de que vai ser tan só a primeira entrega, e que esas palabras que nos anuncia a autora na última páxina que se topan a faltar nel (e ás que se podían engadir outras como Aforrar, Bosque, Labregos, Comunal, Colonizar, Culturas, Decrecimento, Democrático, Horta, Migrante, Noso, Petróleo, Permacultura, Posteridade, Rexenerar, Resiliente, Socialismo, Silvestre...) poderémolas descubrir en futuras entregas do que ben podería rematar por conformar unha Grande Enciclopedia Familiar do Ecofeminismo.

Este libro compría usalo na aula e mais en calquera fogar con nenos destas idades, propoñéndolles o xogo de tentar definir estas ou outras palabras, e aprender con eles a ver o mundo con outros ollares. Outro recurso que engadir aos materiais xa máis expresamente deseñados para as escolas como Gaia, creado por FUHEM con notable influencia de Ecoloxistas en Acción, organización na que (non sorprende) tamén milita a autora deste libro que agora chega ás librarías. Publicacións, ambas as dúas, de enorme valor para a transformación de relatos, valores, contidos e prácticas no Ensino que precisamos con urxencia como motor da transición cultural a unha nova civilización en paz coa Vida.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Educación
Policialización del ámbito educativo Haciendo frente a la policialización del ámbito educativo
Ante la creciente normalización de la presencia policial en espacios educativos, emerge una reflexión sobre las formas no punitivas de hacerse cargo de los conflictos escolares
Educación
Opinión Voces desde el aula: la huelga asturiana como grito por la educación pública
Hace una semana se desconvocó la huelga de Educación en Asturias y el silencio volvió. Nos callaron con un caramelo que se deshace en la boca, con palabras bonitas y promesas de un futuro mejor
Laboral
Empleo público CGT denuncia que España pretende remitir a Europa “una versión sesgada” de la temporalidad para evitar multas
El sindicato ha enviado un informe a la comisaría europea de Empleo para evidenciar “el uso interesado y excluyente” de los datos reales para crear una imagen “falsa” del cumplimiento de la normativa
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.