capitalismo y trabajo

Laboral
Que vai pasar co emprego na transición ecosocial?

Un estudo de Ecoloxistas en Acción traza diversos escenarios sobre como poden afectar as mudanzas precisas ao mundo laboral.

Coordinador do Instituto Resiliencia

1 jul 2020 06:03

A comezos do ano en curso a organización Ecoloxistas en Acción realizou un importante informe que aínda está dando que falar, non só no ámbito ecoloxista senón (e velaquí a novidade e especial interese) no mundo sindical. O estudo leva por título Escenarios de trabajo en la transición ecosocial 2020-2030, e foi realizado co apoio da Fundación Biodiversidad, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, co obxectivo de responder á pregunta “Que implicacións tería para o emprego e para os labores de coidados aplicar un tipo de políticas ou outras cara á Transición Ecolóxica?”.

É salientable tamén que un dos autores deste informe, Luis González Reyes, tamén publicara recentemente outro estudo para unha fundación vencellada co sindicato vasco ELA, co inequívoco título Colapso del capitalismo global y transiciones hacia sociedades ecomunitarias. É dicir, no mundo sindical non só se está a falar de transicións ecolóxicas ou ecosociais, senón que ese debate xa non elude o concepto de colapso do modelo civilizatorio actual, o capitalismo no que o propio sindicalismo naceu e desenvolveu toda a súa historia.

Pero volvendo ao informe sobre os escenarios, este parte da necesidade de que a sociedade española reduza as súas emisións de efecto invernadoiro (e para iso toma como guía o borrador actual do Plan Nacional de Clima e Enerxía, PNIEC), para, a partir dese obxectivo, explorar cualitativa e cuantitativamente as transformacións que previsiblemente van acompañar esas reducións no mundo laboral. Ao longo de todo o informe considéranse, seguindo os postulados da economía feminista, “traballo” tanto certos labores non remunerados (especificamente os vencellados cos coidados ou “mantemento da vida” / “reprodución social”, aínda que aparentemente non os do voluntariado ou os dos coidados á terra) como os empregos asalariados ou autónomos, aínda que se van desgregando como un sector máis da actividade económica (neste caso “invisibilizado” pola economía neoclásica). O informe parte da idea de que ao ser o traballo remunerado (“emprego”, segundo a terminoloxía diferencial que emprega) parte intrínseca da organización socioeconómica capitalista, e esta ser incompatible coa resolución da crise ecolóxica, é preciso cuestionar ese concepto dentro do proceso de Transición, que debe ser, apuntan, necesariamente poscapitalista.

Como afectaría ao emprego e aos coidados optar polo Green New Deal ou polo Decrecemento? Cal das dúas políticas lograría os obxectivos de redución de emisións?

As diferentes “vías económico-institucionais” que exploran as máis de cen páxinas do informe, dentro da marxe temporal 2020-2030, son o Green New Deal, o Decrecemento e o Business-as-usual. O primeiro estaría caracterizado por unha aposta neokeynesiana e tecnolóxica pola eficiencia e as enerxías renovables, apoiada por un Estado refortalecido. A segunda por unha redución socialmente xusta dos niveis de produción e consumo, ao tempo que o Estado iría deixando campo á “construción de autonomía social”, nun contexto xeral de relocalización, rerruralización e unha descomplexización tecnolóxica. O terceiro, máis ca unha vía para lograr a descarbonización precisa, sería simplemente un escenario de referencia para comparar o efecto de continuar coas tendencias actuais.

Algunhas das conclusións ás que chega o informe son as seguintes. O BAU permitiría aumentar o traballo remunerado nun 13% pero a conta de aumentar as emisións nun 21%. Tanto o GND como o Decrecemento permiten reducir as emisións máis do que formula o PNIEC, sendo a vía do Decrecemento a única que permite alcanzar niveis de redución necesarios (ao redor do 80%), por medio dunha contracción xeral da economía e un aumento da importancia do sector primario. A sociedade de consumo mantida a base de enerxía renovable que propón o GND aparece no informe como inviable, á parte de “quedar curto” na súa redución de emisións.

Chaplin Tiempos Modernos
Charles Chaplin en Modern Times (1936) Wikimedia Commons

En canto á cuestión do emprego, o Decrecemento implica a necesidade de repartir o tempo de traballo e de crear medios de vida fóra do sistema capitalista (“traballo autoxestionario comunitario”, un concepto moi similar ao proposto por Ted Trainer, baseado nunha economía local nin estatal nin capitalista orientada á satisfacción das necesidades locais), xa que produciría unha perda neta de emprego, ao contrario có GND que permitiría crear como mínimo un millón de novos postos de traballo (sen contar reducións nin reparto de xornada). O informe recoñece que o cambio que implica a vía do Decrecemento, malia ser a máis efectiva a nivel de obxectivos de descarbonización, é o máis drástico e o que máis resistencias recibiría. Chama a atención a caída que implicaría no sector turístico, un dos motores do PIB e do emprego actualmente no Estado Español, e que sería un dos sectores cuxo peso máis decrecería. Pola contra, salienta a importancia que tería a creación de novo emprego en actividades de reforestación masiva e dunha reconversión agro-gandeira cara a sistemas agrecolóxicos, como novos nichos necesarios de emprego “verde”, o cal está polo de agora lonxe de ser nin tan sequera considerado nos actuais debates políticos e sindicais sobre a desindustrialización, as crises de sectores electrointensivos ou de automoción e acerca da chamada Transición Xusta. Precisamente sobre e cuestión da xustiza, entendida a nivel internacional, o informe marca unha liña diferencial clara entre a política decrecentista e a do Green New Deal, xa que recoñece que países como España, cunha gran responsabilidade histórica nas emisións causantes do caos climático (“un dos principais emisores do mundo en termos históricos, actuais e per cápita”), deben reducir de maneira máis importante estas co que asumen as políticas oficiais, nese sentido pouco xustas con outros países.

Ser xustos climaticamente con outros países obrigaría a España a decrecer, e a substituír o peso de sectores coma o turismo por un retorno importante ao sector primario

Áchase de menos no estudo a influencia que os diversos escenarios climáticos e enerxéticos exercerían sobre o desenvolvemento destas vías de política económica. É dicir, analizar en que medida un agravamento do caos climático repercutiría no emprego nos tres escenarios políticos manexados, ou en que medida a carencia de petróleo ou a interrupción do transporte por unha anticipada carencia de gasóleo perturbarían o desenvolvemento de cada sector económico, na liña de informes realizados por outras institucións. Trazar escenarios cruzando estas tres variables (políticas, mudanza climática e declive enerxético) resultaría máis complexo, pero moito máis interesante e útil, pois calquera variación importante no clima e na dispoñibilidade enerxética (moi probables dentro da década considerada polo informe) botaría por terra moitos dos cálculos incluídos. Pensemos tan só na posibilidade da redución da dispoñibilidade de petróleo a nivel mundial dun 40% de aquí a 2025, como vén advertindo Antonio Turiel baseándose nos datos da Axencia Internacional da Enerxía. Tamén estes escenarios fican un tanto descolocados no contexto da pandemia da COVID19, e o profundo impacto sobre a economía e o emprego, que recomendaría unha revisión á luz destes efectos e da súa incerta duración, se cadra mediante a incorporación dunha dimensión máis na matriz de escenarios.

Con todo, é un documento de enorme relevancia, e o feito de que se estea a discutir en ámbitos sindicais, un elemento esperanzador de cara ás mudanzas socioculturais que implica a fin dunha era industrial que foi alimentada pola abundancia de enerxía barata e que xerou un caos climático que pon en perigo non só todos os empregos actuais senón a propia continuidade da nosa, entre moitas outras especies do planeta.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Asturias
Contra la entrada en prisión Miles de personas arropan a Las Seis de La Suiza por las calles de Xixón
Una multitudinaria manifestación apoya en Xixón a las seis sindicalistas condenadas a penas de prisión en el caso conocido como Las Seis de La Suiza.
Laboral
Laboral Europa confirma que las indemnizaciones por despido improcedente en España son insuficientes
El dictamen, que se conoció en febrero pero se hace público este viernes 27, debe ser para CCOO el arranque de una negociación a tres bandas entre gobierno, patronal y sindicatos.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.