Refinería en A Coruña
Refinería de petróleo en A Coruña. Pablo Santiago

Energía
Un protocolo para evitar as guerras polo derradeiro petróleo

Existe unha pouco coñecida proposta de acordo internacional para evitar os previsibles conflitos por un petróleo en declive.

Coordinador do Instituto Resiliencia

15 jun 2021 17:49

A maioría de nós coñecemos un protocolo como o de Kioto, que naceu en 1997, estivo vixente até finais do pasado 2020 e que tivo como unha especie de sucesor o Acordo de París asinado en 2015. Ambos os dous acordos internacionais, como é sabido, pretenden poñer límites á queima dos combustibles fósiles, centrándose na súa consecuencia sobre o clima, isto é, a emisión de gases de efecto invernadoiro. Mais existe desde 2003 outro instrumento moito menos coñecido, aínda apenas pouco máis ca unha proposta desde o mundo académico, que pretende facer fronte ao problema desde o outro lado do uso da enerxía fósil pola Humanidade: o Protocolo de Uppsala, tamén coñecido como Protocolo de Rimini pois fora presentado polo seu autor intelectual nun congreso celebrado nesta cidade italiana no mes de outubro daquel ano.

O xeólogo retirado Colin Campbell, un dos fundadores de ASPO —organización internacional de referencia para a cuestión do Teito do Petróleo— publicouno na súa forma definitiva e baixo a denominación de Protocolo de Uppsala, coa colaboración do físico nuclear Kjell Aleklet do Grupo para o Estudo do Esgotamento dos Hidrocarburos da Universidade desa cidade sueca. Basicamente, o que propón este documento é un plan para ir reducindo de maneira xusta o derradeiro petróleo que vai poder queimar cada país cada ano até este se esgotar definitivamente.

Posteriormente o divulgador estadounidense sobre cuestións enerxéticas Richard Heinberg publicaría un libro ao redor da potente idea do protocolo, baixo o explícito título The Oil Depletion Protocol: A Plan to Avert Oil Wars, Terrorism, and Economic Collapse. A idea que desenvolvía Heinberg, inspirado pola proposta de Campbell e Aleklet, era que a alternativa a un acordo internacional para ir reducindo o petróleo que utilizaba cada país de tal maneira que deixase unha parte xusta aos demais países, sería o conflito armado e o caos. Tristemente, o camiño que levamos, atendendo unicamente a unha (suposta) redución centrada nas emisións, plasmada primeiramente no acordo de Kioto e agora no de París, cheo de trampas e de notorios incumprimentos pola inmensa maioría dos asinantes, é precisamente ese: un reparto inxusto do sacrificio que implica ir deixando de queimar uns combustibles que, de todos os modos, están a se esgotar.

O Protocolo de Uppsala propón repartir dunha maneira internacionalmente xusta o derradeiro petróleo

A perspectiva recentemente apuntada pola AIE, e que o experto Antonio Turiel lle lembrou ao Senado español, é a dunha redución vertixinosa na dispoñibilidade en apenas catro anos, algo que dificilmente podemos agardar que se realice de maneira pacífica e ordenada, cando sexa inagochable que xa non queda petróleo dispoñible no mercado internacional para as industrias, para os coches, os camións e mais os tractores de todos os países do mundo, e apenas se avanzase nada na tan cacarexada Transición Enerxética, que deste modo se verá abortada case antes de comezar, pois o petróleo a día de hoxe e nun futuro previsible é imprescindible para fabricar coches eléctricos, paneis solares, aeroxeradores ou instalacións de produción de hidróxeno.

O que sucedeu na actual pandemia da COVID19 con recursos escasos coma as vacinas, ou está a suceder xa cos materiais escasos dos que dependen economías netamente importadoras de materia prima, como as europeas, e máis especificamente os alegres plans da masiva electrificación renovable que implica o Pacto Verde Europeo, confirman a tendencia insolidaria e de acaparamento común na xeopolítica realmente existente. E por se houber calquera indicio de reparo moral nalgún goberno, a propia Axencia Internacional da Enerxía xa se encargou de recomendar o acaparamento aos países da OCDE cun desprezo absoluto aos valores dun desexable e san internacionalismo. Sen dúbida cómpre lembrar todo isto cando nos falan de “Transición Xusta”.

Exxon Mobil
Refinería de ExxonMobil no río Mississippi, Louisiana. Foto: Terekhova

Así e todo, si que houbo un país que atendeu unha importantísima característica do Protocolo de Uppsala-Rimini: non é preciso que todos os países do mundo o asinen para ser útil, e calquera país, rexión, localidade ou mesmo organización pública ou privada que o aplicase, vaise beneficiar do aumento da resiliencia que implica, da adaptación temperá a un funcionamento con moito menos ou con ningún petróleo. Ese país foi o noso veciño Portugal, que no ano 2011 aprobou no seu parlamento este protocolo, situándose á vangarda internacional no recoñecemento do Peak Oil e da necesidade non só de artellar unha maneira de ir reducindo a dependencia civilizatoria desta excepcional forma de enerxía, senón de facelo dunha forma internacionalmente xusta e solidaria. Por desgraza, aínda que o 6 de abril de 2011 o parlamento portugués aprobase este Protocolo do Esgotamento do Petróleo, a proposta do PCP, cos votos a favor de PS, PSD, Bloco de Esquerda e Os Verdes, a súa aplicación práctica polo goberno portugués, até onde temos constancia e polo de agora, foi nula.

A alternativa a este protocolo é a guerra polos derradeiros recursos enerxéticos cando comecen a non chegar para todas as economías

Daquel texto rescatamos un extracto na versión internacional da nosa lingua, adaptado do protocolo orixinal:

(...) Considerando que é adequado planear uma transição ordenada para o novo contexto mundial de menor oferta energética, prevenindo o desperdício de energia, estimulando a produção de energias alternativas e alargando o período de vida do petróleo remanescente; Considerando que é desejável responder aos desafios que se colocam de um modo cooperativo e equitativo, bem como os relacionados com as preocupações das alterações climáticas, da estabilidade económica e financeira e das ameaças de conflitos no acesso a recursos críticos. Propõe-se agora que: Seja convocada uma convenção de Nações para equacionar a questão relativa à concertação de um acordo com os seguintes objectivos:

a) Evitar a especulação com a escassez, de modo a que os preços do petróleo possam manter uma relação razoável com o custo de produção.

b) Permitir aos países pobres a sustentação das suas importações(...).

E finalmente, a dupla chave para artellar o descenso en extracción-utilización e evitar deixar o reparto desta escaseza en mans do mercado e mais das armas:

a) Nenhum país deverá produzir petróleo acima da sua taxa de esgotamento corrente, sendo a mesma definida em produção anual como uma percentagem da quantidade remanescente (reservas e recursos por descobrir)

b) Cada país importador reduzirá as suas importações para as ajustar à taxa de esgotamento mundial corrente, deduzida qualquer produção interna.

Parece que chegou o momento de recuperar definitivamente este protocolo do esquecemento e poñelo en práctica o antes posible no maior número de países do mundo, especialmente nos países enriquecidos, e convertérmonos así en obxectores de conciencia contra o conflito polo derradeiro petróleo que se prevé nun dramático futuro que se achega a paso acelerado.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Energía
Energía El apagón se originó en Núñez de Balboa, una planta fotovoltaica que Iberdrola litiga para no desmantelar
La empresa lucha en el Supremo para revertir la sentencia del Tribunal Superior de Justicia de Extremadura, que obliga a desmantelar y devolver a su propietario el 60% de la finca donde se asienta la central fotovoltaica.
Energía
Energía Red Eléctrica echa balones fuera: culpa a las empresas del apagón y de entorpecer la investigación
“No toda la información recibida de las compañías eléctricas ha tenido la calidad deseable, ni ha sido tan completa como era necesario”, ha declarado la presidenta de Red Eléctrica, cuyo informe culpa a las empresas: “No hubo control dinámico”.
Energía
Energía El informe del Gobierno culpa del apagón a Red Eléctrica y a las empresas
Red Eléctrica falló a la hora de programar adecuadamente la demanda; plantas generadoras clave incumplieron la normativa al no absorber tensión o desconectarse del sistema demasiado pronto. El Gobierno descarta el ciberataque.
bocadiño
17/6/2021 13:54

O decrecemento e a crise enerxética lémbrame a xestión pandemia. Aínda con datos alarmantes do que temos enriba parece que os gobernos e o sistema económico non parecen dispostos a facer algo significativo. Exactamente como no caso da pandemia, na que se tomaron decisións para paliar parte do dano (isto dito dende Europa), pero na que se fai caso omiso da ciencia, en concreto da ecoloxía, que chama a atención sobre a relación coa destrución dos ecosistemas tanto nesta como en posibles futuras pandemias.
Unha vez máis se fía todo ao control de danos que supoñen as vacinas, o control social, etc. Non estou en contra delas, pero velas como a única medida viable parece cando menos curtopracista e perigoso.
Entendo que Manuel chame a atención sobre este protocolo do que non tiña escoitado falar, pero tristemente parece que estamos máis preto de novos parches tecnolilusoiros e dos conflitos militares que dunha asunción realista do que xa está a pasar.
Grazas por certo por darnos novas de Portugal (ese lugar tan lonxano nos nosos medios de comunicación) que quizais poida estar marcando o camiño neste tema.

0
0
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.