Ecologismo
Socioloxía da extralimitación: a vixencia do pensamento de William Catton

No día en que a nosa especie chega ao seu 'overshoot day', repasamos seis conceptos dun investigador clave.

Coordinador do Instituto Resiliencia

27 jul 2022 08:00

Aínda non resulta frecuente abordar a cuestión do colapso civilizatorio desde a Socioloxía, e mesmo pode dicirse que non faltan as persoas que desde este campo rexeitan certos conceptos manexados pola Colapsoloxía por consideralos “bioloxicistas”, ou critican que persoas procedentes de campos coma a Física ou a Enxeñaría advirtan de determinadas consecuencias socioeconómicas da situación de extralimitación da nosa especie ou, por exemplo, que poidan considerar relevante o mínimo de Liebig para o funcionamento social. Porén, denuncias coma as que está a facer, verbi gratia, alguén procedente das ciencias duras coma Antonio Turiel, alertando sobre o ecofascismo que vén, poderían ser vistas coma retroalimentacións transdisciplinarias con certos autores que, precisamente desde campos coma a Socioloxía, mesmo non sendo numerosos, levan décadas a reflexionar e escribir sobre estas mesmas cuestións, e producindo mesmo obras colectivas centradas no colapso. No Estado Español un caso ben coñecido e de prestixio é Ernest Garcia, experto na socioloxía medioambiental e autor dun clásico como é Medio ambiente y sociedad (2004), mentres que a nivel internacional outro autor sobranceiro foi sen dúbida William R. Catton (1926-2015). Centrarémonos neste artigo na figura deste último, repasando algunhas das súas ideas máis notables, procedentes de Overshoot: The Ecological Basis of Revolutionary Change (1980) e Bottleneck: Humanity's Impending Impasse (2009), e que tamén se poden atopar en diversos artigos de quen fora profesor emérito de Socioloxía na Universidade do Estado de Washington.

1. O predicament da especie humana
Unha cousa que chama moito a atención cando unha persoa comeza a ler a Catton é o termo co que define a situación da nosa especie. Aínda que máis ben deberiamos dicir a subespecie Homo colossus, outra brillante concepción súa que nos sinala como seres superpoderosos dotados con próteses exosomáticas que nos permiten facer cousas impensables para os nosos antergos, e que se pode vencellar doadamente cos “estilos de vida imperiais” dos que fala Riechmann e mais cos “escravos enerxéticos“ de Buckminster Fuller. Para el a sociedade deste Homo colossus non está nunha crise (que é, por definición, algo temporal), nin ten un problema (que implica xeralmente unha solución) senón que se acha no que denominou, en inglés, un predicament, concepto que non ten doada tradución na nosa lingua, pero que viría sendo algo así coma un problema descomunal e sen solución. Basicamente, este predicament consistiría nas consecuencias de nos termos extralimitado, o cal nos leva ao segundo concepto clave do seu pensamento.

Para William Catton non estamos diante dunha crise pasaxeira nin dun problema que teña solución.

2. Extralimitación
Este concepto de overshoot daba título ao seu libro de 1980, unha obra fundamental e que poderiamos incluír entre os grandes libros publicados hai medio século que a nosa sociedade ignorou e que nos podían ter reconducido fóra do camiño cara ao colapso civilizacional, cando aínda había tempo, xunto con The Silent Spring (1962), The Entropy Law and the Economic Process (1971) e The Limits to Growth (1972). Hoxe en día numerosos científicos e tamén filósofos coma Jorge Riechmann sinalan que ese é o noso verdadeiro problema (ou predicament). Catton sinala que a relevancia do overshoot está nas súas consecuencias: unha especie que sobrepasa a súa capacidade de carga está provocando que esta se degrade, co cal está cavando a súa propia tumba. Isto é, que se a civilización humana está consumindo recursos e producindo lixo coma se tivese 1,7 planetas, está a provocar que o único planeta que en realidade temos perda capacidade para nos albergar. Mais como é posible que poidamos consumir máis do que realmente temos? Como podemos seguir vivindo no ano 2022 se o día en que consumimos todo o que o planeta nos dá para vivir este ano é o día 28 de xullo? Esta pregunta lévanos a outro concepto clave.

3. A capacidade de carga pantasma
A capacidade de carga é un concepto da Ecoloxía, que William Catton como especialista en Ecoloxía humana manexaba pero que a maioría da Socioloxía desprecia —ou cando menos ignora— por facer referencia a outras ciencias alleas como a Ecoloxía e a Bioloxía. Este concepto indícanos o límite que ten un ecosistema para albergar unha determinada especie, e Catton derivou de aí que as ampliacións insostibles que está a facer a nosa especie e que temporalmente lle permiten aumentar a súa poboación a niveis imposibles nun contexto normal, se poderían denominar capacidade de carga pantasma, incidindo así na súa irrealidade, no seu carácter efémero e, xa que logo, perigoso. A nosa especie creou esta capacidade especialmente ao pasar de ser unha especie alimentada basicamente do que producía a biosfera de maneira anual grazas ao fluxo de enerxía que recibe do sol, a consumir os stocks de fotosíntese almacenada durante millóns de anos en forma de combustibles fósiles, isto é, un detrito.

Extralimitación, capacidade de carga pantasma, espolio das xeracións vindeiras, e Homo colossus son conceptos fundamentais na obra de Catton.

4. Os detritívoros
Así, o profesor estadounidense explicaba que ese cambio de base enerxética da nosa subsistencia foi o que nos permitiu extralimitarnos, ao tempo que reducía a capacidade de carga verdadeira do planeta a base de destruír e deteriorar os recursos realmente renovables. Todo comezou cando os primeiros homínidos aprenderon a manexar o lume, e desde aquela fomos dando saltos na dispoñibilidade enerxética. Aquí Catton achega unha perspectiva pouco habitual, que é a de engadir neses saltos a colonización imperialista que realizou Europa a partir do século XV: facerse cos recursos de todo un hemisferio novo supuxo un enorme chute de enerxía para uns imperios que se enfrontaban daquela a diversos límites de recursos. O último e maior salto, por suposto, consistiu na explotación da enerxía fósil a partir da Revolución Industrial, que el comparou repetidamente co comportamento dos lévedos dentro dunha botella de mosto. E esta capacidade extra el explicaba que, en boa medida, a estamos a conseguir roubándolles basicamente os seus recursos e destruíndo os sumidoiros ás xeracións futuras, outro concepto sociolóxico absolutamente relevante para entender a deriva da nosa civilización. Os humanos que consumían ”fotosíntese contemporánea“ conservaban o seu futuro, mais os que viramos detritívoros e pasamos a nos alimentarmos de ”fotosíntese prehistórica“ multiplicámonos coma unha praga e comezamos a engolir tamén o futuro. Cando esgotemos este detrito que nos deu superpoderes como Homo colossus embriagados de hybris e cun consumo per cápita descomunal, a única saída será volvermos ser Homo sapiens cun consumo metabólico axustado a unha capacidade de carga que, traxicamente, estará deteriorada con respecto á preindustrial. E a única política sensata, advertía hai xa máis de 40 anos o finado profesor, non sería tentar por todos os medios —como fan as nosas elites económicas e políticas— prolongar o breve periodo da Historia no que o Homo colossus dominou a Terra, senón tentar asegurar a re-existencia do seu antecesor.

5. O retraso cultural
Catton tamén falaba dun cultural lag como factor social que ten impedido á nosa especie librarse deste camiño autodestrutivo. Segundo a súa análise, existe un desfase xigantesco entre o ritmo de desenvolvemento da tecnoloxía e do consumo enerxético —coa conseguinte explosión demográfica— e o ritmo ao que as nosas sociedades se adaptan a todas as consecuencias da era exponencial ou da Grande Aceleración, coma a denomina o historiador ambiental J. R. McNeill. Isto mesmo teno sinalado tamén, máis recentemente, Carlos de Castro, autor da Teoría de Gaia Orgánica, como un dos factores que nos levan ao colapso. Segundo esta explicación, unha industrialización máis pausada, non ruxida polo mandato do crecemento do lucro a todo custo, tería permitido ir adaptando e corrixindo o rumbo a medida que se fosen detectando problemas de contaminación, de destrución de tecido social ou de coñecementos para a sustentabilidade, de impactos negativos para a saúde, ou cuestións coma o quecemento global, ou as destrucións ecosistémicas que dan como resultado pandemias, extinción de especies e outros males. Catton sinalaba ademais que a hybris, esa fachendosa desmesura da nosa especie que doadamente podemos remontar moitos séculos antes da Era Industrial, foi un dos principais atrancos para percibirmos as consecuencias diso que demos en chamar Progreso. E para cando reaccionamos, moitas veces é demasiado tarde. A nosa cultura é incapaz de seguir o ritmo ao noso desenvolvemento científico-técnico e á nosa industrialización acelerada por un capitalismo insaciable.

A nosa especie, alimentándose do detrito fósil, foi coma se se dividira en varias especies diferentes, pero a nosa cultura non deu seguido a velocidade destes cambios.

6. Especializados ata sermos case especies diferentes
Outro concepto relevante que aborda Catton nas súas obras xorde ao comparar a aparición de novos “nichos” sociais a partir da industrialización fosilista (novas ocupacións derivadas do medre exponencial da complexidade social) cos nichos ecolóxicos e como adoitan estes ser ocupados por especies diferenciadas. A conclusión á que chegaba era que, como froito desa exuberancia fósil da que gozou temporalmente a nosa especie, se crearon tales diferencias entre os seres humanos —en aspectos como o seu modo de vida e o seu impacto do medio— que case se poderían considerar, cunha óptica ecolóxica, coma especies diferentes: é o que chama a “cuase-especiación” do Homo colossus. E este marco interpretativo vencéllase directamente cunha importante lección dos ecosistemas: cando un ecosistema sofre un colapso, as especies que teñen máis doada a supervivencia non son precisamente as máis especializadas, senón precisamente as xeralistas, que non son supereficientes en aproveitar ningún nicho pero tampouco dependen dun nicho en concreto e poden adaptarse máis doada e rapidamente. Algo que nos lembra a contradición entre a eficiencia entendida en termos económicos convencionais e a resiliencia entendida en termos ecosociais, e que nos sinala que seguir na tola carreira cara a unha meirande complexidade, dixitalización e especialización socioeconómica pode ser unha trampa que pagaremos moi cara cando fiquemos sen a exuberancia fósil que por un breve lapso de tempo permitiu que nos diferenciásemos en case unha especie diferente por cada profesión, unhas especies novas compostas por centos de millóns de personas xordidas como resposta á aparición de novos nichos ocupacionais creados pola abundancia do petróleo, o gas e o carbón.

A sociólogos coma Henrique Lijó, autor do libro Privilexios ambientais: O reparto da natureza como causa histórica de desigualdade, que critica os que se “atreven” desde outras ciencias “a categorizar cal vai ser a conclusión socioeconómica do declive enerxético” e lles reclama que “deixen de xogar á socioloxía”, compriría lembrarlles as palabras coas que o seu colega Catton respondeu en Bottleneck a argumentos semellantes empregados por George A. Lundberg (“We must not expect physical science to solve social problems”) no seu libro Can Science Save Us?: “Non debemos esperar que nin tan sequera a máis explicitamente social das ciencias nos 'salve' se nos empuxa a permanecer desinformados sobre as causas e as consecuencias dos sucesos e condicións do mundo biofísico no que vivimos.” Ou tamén as de Ernest Garcia no libro Repensar la sostenibilidad: “[A socioloxía] ten que asumir como propia a pregunta acerca de se os límites do planeta foron sobrepasados, por allea e inaccesible que tal pregunta poida parecerlle de entrada, e ten que traballar a partir dunha resposta crítica á mesma, se pretende eludir o risco de que a tendencia de baixa autoesixencia a leve sen remedio á irrelevancia”. As conclusións sociais deben ser froito da comunicación entre quen analizan os aspectos materiais do colapso e quen analizan os aspectos sociais e económicos, así que alguén cunha deslumbrante capacidade integradora destas esferas coma William R. Catton, semella un magnífico punto de partida para este urxente debate transdisciplinar.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
Altri
Altri Centos de persoas enchen o río Ulla nunha protesta histórica contra a celulosa de Altri e a mina de Touro
O río potencialmente máis afectado por ambos proxectos converteuse este domingo nunha vía de protesta e conciencia ambiental grazas á decida de decenas de embarcacións dirixidas por activistas de todo o país.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.
Violencia machista
Violencia machista Estadística del INE sobre violencia de género: disminuye un 5% en 2024 tras aumento histórico del 12% en 2023
En 2024 se registraron 34.684 mujeres víctimas de violencia de género correspondientes a los asuntos en los que se habían dictado medidas cautelares u órdenes de protección.

Últimas

Represión
València Activistas valencianos por el derecho a la vivienda enfrentan penas de cárcel y miles de euros en sanciones
El movimiento de lucha vecinal contra la turistificación y la especulación inmobiliaria de Caixers, así como en el proyecto de vivienda conocido como La Peseta, denuncian el hostigamiento represivo.
Más noticias
Madrid
Derecho a la vivienda Izquierda parlamentaria y organizaciones sociales reclaman medidas para acabar con el racismo inmobiliario
Una proposición no de ley ha sido registrada en el Congreso para solicitar al Gobierno que actúe contra las prácticas discriminatorias contra personas migrantes a la hora de acceder a una vivienda.
Música
Música E150, a mil por hora en este matadero
Vuelve, por cuatro noches, la zapatilla hardcore del mítico grupo catalán.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Ley de Extranjería
El Salto Radio El laberinto de la ley de extranjería y la ILP Regularización Ya
La abogada antirracista Florencia Brizuela y la escritora Vivi Alfonsín cuestionan la existencia de la Ley de Extranjería y analizamos en qué punto está la ILP que regularizaría a 500.000 personas.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.