Violencia machista
Vítimas de violencia machista con novas ordes de afastamento urxen ás empresas de pulseiras telemáticas a asegurar a súa protección

Unha vítima de violencia machista da Coruña non ve garantido o cumprimento da orde de afastamento ditada polo xuíz. Desde o día 20, a empresa que instala pulseiras telemáticas para o cumprimento das ordes só traballa na modalidade de teletraballo, malia que a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero deu instrucións á empresa de que as pulseiras deben colocarse tamén durante o estado de alarma.

21 mar 2020 13:00

A vida segue e a violencia machista tamén. Hai uns días, nun municipio da Coruña, unha muller denunciaba a súa ex-parella por agresións e coaccións. Na vista para a toma de medidas cautelares provisionais ate a celebración do xuízo, o xuíz acordou unha orde de afastamento de 500 metros e pulseira telemática para ambos.

Por mor do coronavirus, a empresa responsable da instalación das pulseiras suspendeu o servizo: “O problema é que quen pon os dispositivos se nega a poñelos porque non ten os equipos de protección axeitados para protexerse do virus”, explica María Rodríguez, avogada defensora da vítima. Estas pulseiras son a garantía de que o agresor non incumpre a orde de afastamento: “Cando o agresor se achega a unha distancia menor á estipulada polo xuíz, ou cando se achega ao domicilio da vítima, chama automaticamente ás forzas de seguridade.” En concreto, o sistema advirte á Polícía e elabora informes para xuíces e fiscais.

“O xuíz díxonos que cando teñan os equipos avisarán para colocar a pulseiras, pero que non se sabe cando vai ser.”

Neste caso Rodríguez ten claro que “o risco é máximo, porque ademais tamén afecta a un fillo menor”. Malia que o xulgado ditou medidas provisionais, o agresor non puido ser detido ao non ter pena de cárcere e quedou en liberdade, explica a avogada. “Isto tería que ser suplido polas forzas de seguridade do estado, pero non vai haber un garda civil na porta da casa 24 horas. É imposible controlar iso.” Polo que nos conta María Rodríguez, a vítima ten moito medo e está “pechada en casa sen saír para nada; pediu axuda para que lle leven a compra, pero despois da corentena vai ter un risco aínda maior. Agardemos que se resolva antes.”

Rodríguez critica que non haxa solucións á vista para o restablecemento do servizo: “O xuíz díxonos que cando teñan os equipos avisarán para colocar a pulseiras, pero que non se sabe cando vai ser.”

Desde a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero deixan claro que “se deron instrucións claras desde o primeiro momento de que os dispositivos deben colocarse, á vez que se garantizan os equipos de protección para os traballadores e traballadoras que colocan as pulseiras. Así é e así foi desde o principio e así llo reiteramos á empresa.”

actualización:
O 24 de marzo, tras a publicación do artículo, a empresa chamou á vítima e foille colocada a súa pulsera telemática.

 

QUEN XESTIONA o SERVIZO?

O programa COMETA comezou en 2009 no marco la Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral Contra a Violencia de Xénero (2004) e recolle as medidas telemáticas para protexer ás mulleres nas medidas de afastamento. Xa daquela, o goberno de Zapatero externalizou a xestión adxudicando a Telefónica este servizo, que á súa vez subcontrataría a Securitas Direct. O funcionamento explícao a propia empresa neste vídeo:

En 2013, xa co PP no goberno, os Ministerios de Xustiza, Interior, Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o CGPJ e a Fiscalía Xeral do Estado firmaron un novo protocolo para este tipo de casos.

POR QUE PARou ESTE SERVIZO?

O 13 de marzo, as UTE Telefónica de España e Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones de España, remitiron un escrito á Delegación de Goberno contra a Violencia de Xénero no que solicitan “que se lle autorice a prestación do servizo en modalidade de teletraballo” durante o estado de alarma.

O 16 de marzo, a secretaría de Estado de Igualdade acorda a modificación contractual e o día 20, publícase e recolle que mentres dure o estado de alarma “será posible a prestación do servizo na modalidade de teletraballo”. Esta modificación é recorrible.

Na resolución recóllese tamén un apartado das prescricións técnicas do concurso, que deixa claro quen é a responsable de garantir o servizo: “Todos os gastos derivados da adecuación dos postos dos efectivos correrán por conta do adxudicatario que deberá dimensionar adecuadamente a dotación de los mesmos co obxecto de garantir os niveis de operatividade e calidade esixidos.” O que segue sen ter resposta é quen e como instala e activa a pulseira telemática, xa que evidentemente ese traballo non é posible facelo a distancia. Polo dito polo xuíz do caso da Coruña, o servizo reactivarase en canto as traballadoras teñan os equipos da empresa de protección axeitados.

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, recalcamos, deu instruccións á empresa de que os dispositivos deben colocarse e se ten que garantir os equipos de protección para os traballadores.

EXTERNALIZACIÓN POLÉMICA

Desde hai anos hai queixas sobre o concurso para esta adxudicación, como recollía eldiario.es en declaracións de UGT. Criticaban que ao principio, os procesos de selección eran “rigorosos”, pero que cos anos fóronse flexibilizando ata rematar cun persoal menos formado e máis heteroxéneo. Tamén houbo denuncias en canto ás condicións das traballadoras. Xa en 2018, as empregadas do Programa Cometa, e outras dentro dos protocolos de protección a vítimas de violencia de xénero, queixábanse do convenio ao que estaban acollidas. Malia que para traballar no programa é requirida especialización -en traballo social, psicoloxía, etc.-  no convenio as profesionais estaban suxeitas a convenios colectivos que se axustan á actividade das empresas adxudicatarias, coma o dos call center.

A delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero xa anunciou un novo concurso para mellorar o marco as condicións destas traballadoras
Nun informe de UGT da investigadora Marta Cabezas, dedicábanse dez páxinas a unha análise das deficiencias do programa Cometa. As principais son a falta de especialización e a inestabilidade do emprego derivada da externalización, que criticaba: “Securitas Direct é unha empresa especializada en xestión de alarmas. A súa subcontratación con estas funcións de atención aos e ás usuarias do Centro COMETA xera un eslabón máis na cadea de axentes non especializados en violencia de xénero que prestan os servizos públicos nesta temática. Así pasa de man en man como unha patata quente, sen insertarse nunha estrutura especializada en violencia de xénero.”

Este mesmo mes, a delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, Victoria Rosell, informaba dun novo concurso para mellorar o marco as condicións destas traballadoras, que cobrarán ao redor dun 30% máis, segundo UGT. Tamén anunciaba un incremento no orzamento para o 016. Ademais, por mor do estado de alarma, a Delegación realizou unha completa guía para mulleres vítimas de violencia machista.

Violencia machista
Amigos y vecinos, clave para víctimas de violencia machista confinadas

La madre de Patricia Carranza fue víctima de violencia de género en pareja, una violencia de la que ella también fue objeto. Tras decretarse el estado de alarma, esta sevillana de 34 años grabó un vídeo para transmitir el mensaje que le hacía llegar su madre y que comparten también otras organizaciones: familiares, amigos y vecinos, serán clave para las mujeres que vivan la crisis del coronavirus en confinamiento con sus agresores.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Madrid
Corrupción El novio de Ayuso, a un paso del banquillo por fraude fiscal y falsificación de documentos
La jueza que instruye la causa propone el procesamiento de Alberto González Amador, de uno de sus testaferros y de los tres presuntos colaboradores en el caso del fraude a Hacienda.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Suspendidas las declaraciones de los cabecillas de los protocolos de la ‘vergüenza’
Reclaman que no han sido llamados en tiempo y forma. Los familiares de los 7219 residentes fallecidos denuncian denegación de servicios por motivos discriminatorios a tres altos cargos de Isabel Díaz Ayuso.
Chernóbil
Cuba y Chernóbil Cuba, Chernóbil y COVID-19
Los médicos cubanos ya acudieron al rescate de los niños de Chernóbil.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.