Derecho a la vivienda
A cesión de uso: un modelo de vivenda descoñecido pero totalmente legal

Mentres a burbulla inmobiliaria volve medrar, persoas e colectivos buscan xeitos alternativos de compartir e de vivir.
Aldea de Sálvora
Aldea de Sálvora, abandonda desde hai décadas.
27 may 2020 07:00

En Galiza hai case 300.000 casas baleiras, un 18,6%. A isto hai que lle engadir que algunhas desas vivendas forman parte dos case 2.000 núcleos de poboación deshabitados da nosa comunidade, segundo datos do INE no 2017. Ao tempo dunha Galiza que se baleira, vivimos nunha época na que nos rodean series e programas de televisión que xiran en torno á compra, cambio e arranxo de casas imposibles por prezos desorbitados. Mergullármonos polas opcións de casas en venta e aluguer é ser testemuñas dun panorama desalentador onde fica máis que evidenciado que a adquisición dun lugar no que vivir parece un soño inalcanzable para a maioría. Con todo, a vivenda é un dereito, non un privilexio, e así o entenden algunhas das persoas e asociacións que buscan difundir a coñecida como cesión de uso, un sistema de intercambio onde non hai case cartos de por medio, pero que é moi “beneficioso para ambas partes”.

A filosofia da cesión de uso

“Cando comecei a vivir con este modelo foi porque traballaba na construción e o propietario dunha casiña que busquei para vivir me deu a opción de quitar o contrato a cambio de manter o lugar e facer algúns arranxos, porque sabía que se me daban ben e a súa casa precisaba reparacións”, conta Alberto, un dos membros da cooperativa Kibutz, pioneira en darlle visibilidade a este modelo de vivenda en Galiza. “E desde entón, este é o modelo que procuro no canto de hipotecarme. En Galiza hai moitas casas abandonadas, e arranxalas é beneficioso tamén para as persoas propietarias”, explica.

O fundamental é entender tamén que este modelo é totalmente legal, aínda que sexa pouco coñecido no estado español. “Existen varios tipos de contratos e a cesión en uso é un dos sistemas de acceder a vivenda recoñecidos, é dicir, no estado español é legal. O que pasa é que aquí se fai moi pouco uso del (sobre o 6%). Con todo, noutros países está moito máis estendido”. Sen ir máis lonxe, este modelo de cesión leva 40 anos en funcionamento en varios países europeos: Dinamarca, Alemaña ou Holanda son un exemplo. Na capital danesa, concretamente, máis do 30% da poboación vive grazas a este sistema . No estado español, pola súa banda, Barcelona e Madrid teñen barrios que perseguen estas iniciativas.

No caso de Kibutz, unha cooperativa que busca outros xeitos de vivir máis acordes co entorno e diferentes ao sistema convencional, Alberto explica que o que pretende é dar a coñecer este sistema “porque hai moitas persoas que se non usan a cesión de uso é porque non saben que existe esta posibilidade legalmente” e, ao tempo, “para chegar directamente aos propietarios, para saltar un eslabón. A través de amosar exemplos de propietarios que están moi contentos e que senten que este sistema lles favorece porque se lles revaloriza a propiedade, non se teñen que preocupar de mantela, algo que leva moito tempo e implica moitos cartos cada ano —ao final estamos na Galiza, aquí a nada que tes terreo a natureza sempre reclama o seu espazo— haberá cada vez máis xente interesada en ceder as súas propiedades”. Con todo, din, por agora “a maioría son persoas que buscan vivenda, que non teñen casa e que queren saber como facer para atopar unha con este sistema”.

“A cesión en uso é un dos sistemas de acceder a vivenda recoñecidos, é dicir, no estado español é legal. O que pasa é que aquí se fai moi pouco uso del (sobre o 6%). Con todo, noutros países está moito máis estendido”

O importante para esta e outras iniciativas é que cada vez se coñeza máis, porque así, explican, “habería moitas menos casas abandonadas na Galiza, e todo cun sistema moi positivo para todas”. E se evitaría a especulación. Tamén consideran importante que cada vez máis colectivos se sumen a este xeito de vivir, como o Proxecto Epona, que busca que as persoas donas de terreos en desuso as cedan para que outras as cultiven e poidan utilizalas para o autoconsumo.

A casa da Poza: cesión para proxectos de reactivación do rural

“Somos, pura e sinxelamente, unha familia orixinaria de Poulo (Gomesende), que ten a idea de non deixar esmorecer a casa familiar. Non é mellor atopar alguén que a coide?”, así comeza o páxina web dunha familia que ofrece a súa casa para quen a queira manter durante uns anos que se poden alongar no tempo. “A Casa da Poza é un proxecto familiar de reconstrución de vivenda en desuso. Como cremos firmemente en potenciar a reactivación do rural galego a través de acordos de cesión de uso orientados máis ao traballo na vivenda que ao intercambio económico, ofrecemos un contrato de oito anos prorrogable a dez por un módico alugueiro de 50€ ao ano a aquel grupo de persoas que decididamente aposten pola vida no rural. Preferimos falar de traballo, de involucrarse, de ilusión e de proxectos que de diñeiro”, explican tamén no seu sitio web.

“Á casa iamos de cando en vez desde que se baleirou, pero realmente nunca houbo unha ocupación real do espazo. Iso si, fómola mantendo con pequenos arranxos —o teito por exemplo está perfecto, non hai nada que estea cedido—”, conta Suso, un dos donos da vivenda que se ofrece. “Démoslle varias voltas e amoseille ás miñas irmás que quizais se podía facer algo para evitar que a casa esmorecera. Que por medio dalgún tipo de proxecto lle podiamos dar algo de vida á zona. Agora mesmo hai vivindo habitualmente na aldea catro ou cinco familias e fan a súa actividade alí tamén”.

A idea, contan, é buscar unha persoa, grupo ou mesmo unha cooperativa que estean dispostas a levar ao cabo un proxecto sostible no lugar. “Nós poñemos a disposición a casa e os terreos colindantes —aínda que pode haber máis se a xente que colla a casa o precisara—, para que fagan un proxecto de vida, conta Suso. Pero para nós non se trata tanto de que nos manteñan a casa nin que a arranxen un pouquiño ou cousas así. Iso sería moi sinxelo e non interesa tanto porque xa o podemos facer nós. Senón que isto vai de proxectos, e se aparece un proxecto interesante e que é sostible, nós imos apostar por el. Incluso poderiamos asesorar con información e presentarlles xente que axude”.

Deste xeito, a través da súa páxina web as persoas interesadas en ofrecer un proxecto teñen que poñerse en contacto coa familia, que valorará todas as participacións recibidas ata o 15 de xuño e dará a coñecer a persoa ou persoas gañadoras en agosto. “Tivemos que aprazar a elección pola Covid-19. Pero tamén a pandemia fixo que se incrementara o interese na iniciativa”, contan as creadoras da idea.

isto vai de proxectos, e se aparece un proxecto interesante e que é sostible, nós imos apostar por el

“É curioso porque a maioría dos galegos -creo que se cifran nun millón e medio- teñen parcelas no rural, porque de súbito se ti tes un avó en tal sitio, de repente un día descobres que herdaches unha finca e igual ti nunca estiveras nese lugar, e igual nin sabes onde está. E somos moitas as que estamos nesa situación. Pero como nunca pensamos nese tema pois están reabandonadas”, conta Suso. Tamén menciona o banco de terras nacido no ano 2007 durante o bipartito na Consellería de medio rural. “Porque hai moitas terras que están abandonadas e non poden estar así. Ou aparecen os donos e fan algo con elas, ou senón terán que pasar a un banco de terras público para facer unha ordenación do territorio e poñer iso a funcionar dalgún xeito”.

“O que temos claro é que se realmente queremos dalgunha maneira conseguir que haxa unha actividade no rural galego, hai que empezar a repensar o concepto da propiedade como o estamos levando. Por outra banda, antes vivía moita xente da agricultura no rural e hoxe iso non é posible, pero por moitas razóns distintas, non só produtivas senón tamén sociolóxicas”, remata Suso. “Por iso, o único que queremos é que alguén se anime a crear o seu proxecto no terreo que ofrecemos, e temos incluso outra xente que quere ver se dá bos resultados para intentalo eles despois nas súas zonas. Se o noso proxecto serve para isto, pois nós encantados da vida”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Almería
Derecho a la vivienda Las 53 familias de Almería que iban a ser desahuciadas por la Sareb se quedan en sus casas
Los vecinos han comenzado un proceso de negociación con la Sareb para paralizar un desahucio que estaba proyectado para el próximo 5 de junio.
Cádiz
Derecho a la vivienda El vecindario de un edificio en Cádiz se niega a irse y se declara en lucha
La nueva propiedad del edificio de la Plaza Falla, 3 , Grupo Abu y la inmobiliaria Ovando Homes se niega a seguir arrendando las casas a los y las inquilinas que lleva años viviendo allí.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda KKR y el negocio del ladrillo: de vender pisos en territorios ocupados a gestionar las viviendas de la Sareb
Desde 2022, el fondo proisraelí KKR es el encargado junto a Blackstone de gestionar la cartera residencial del banco malo. En verano vencen sus contratos y los fondos presionan para seguir sacando rédito del patrimonio público.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.