AGANTRO
De como a antropoloxía me cambiou a lingua

A “imposición lingüística” é case un clásico do discurso reaccionario ás políticas normalizadoras.
Queremos Galego manifestacion
Movilización de Queremos Galego en Compostela en el Día de las Letras Galegas de 2018. Galiza Contrainfo
AGANTRO
27 mar 2021 18:43

Se alguén nos pedira que argumentemos ao redor dun tema de actualidade e fixera o mesmo con varias persoas dentro da nosa comunidade, en pouco tempo veriamos como as opinións se empezan a parecer entre elas e ata a repetir. Ao final, atopariámonos cun número limitado de liñas discursivas nas que poderiamos agrupar e clasificar as declaracións recollidas. Como membros dun grupo, a pesar do orixinais e únicos que percibamos os nosos pensamentos, construímolos a partir de ideas que van máis aló de nós mesmos e pertencen ao conxunto da sociedade. En ocasións, somos co-creadores pero, as máis das veces, somos simples receptores e reprodutores destas ideas.

Na antropoloxía, a análise e interpretación dos discursos é unha parte fundamental do traballo etnográfico. O feito de poder relacionar entre si os testemuños de persoas diversas e atopar correlacións, analizar o seu efecto sobre as prácticas cotiás ou a súa xénese histórica, é un xeito de entender mellor as interrelacións entre o individuo e a comunidade.

Dende o inicio da miña relación coa disciplina, intereseime polos vínculos entre estes discursos e o mantemento das desigualdades sociais. Como explican e xustifican as persoas a orde das cousas ata o punto de moitas veces chegar a obviar as inxustizas? Non é que fora unha inquedanza moi orixinal, pois todo o que envolve ás relacións de poder soe ter un papel central nos intereses dos científicos sociais. Poderiámonos cuestionar mesmo se existe ou pode existir ciencia social allea a estas preocupacións. No meu caso, o primeiro que me fascinou foi o descubrimento da funcionalidade destas asimetrías sociais e a súa estreita relación coas condicións materiais da existencia humana. O segundo, a arbitrariedade –ou cando menos a particularidade histórica– das argumentacións que as sostiñan e daban sentido na experiencia dos individuos.

Había dúas linguas e unha situación de desigualdade, había políticas e polo tanto tiña que haber relacións de poder.

Segundo avancei nos meus estudos, fóronme interesando cada vez máis como se (re)producen estas asimetrías e con elas as ideas e discursos, de xeito que se poida dar continuidade ao sistema cultural, social e produtivo. É por iso que nos últimos anos da carreira me fun orientando cara a antropoloxía da educación e particularmente do sistema educativo, en tanto que institucionalización pública desta dimensión auto-reprodutiva da sociedade.

Ao que nunca lle prestara atención antes, polo menos dun xeito antropolóxico, fora á nosa realidade sociolingüística. Tampouco estudara nunha universidade galega nin vivira aínda en Santiago –por afondar no clixé– polo que poderiamos dicir que o meu coñecemento da situación e a miña interpretación eran de nivel usuario. Non foi ata que apareceu a oportunidade de facer traballo de campo en centros escolares de Galicia que xurdiu a idea de analizala. Nunha etnografía é desexable atopar unha sincronía entre o relevancia dos temas traballados e as particularidades dos lugares nos que se desenvolverá a investigación. A xestión lingüística presentouse entón coma un tema localmente significativo, no que os centros visitados poderían ser representativos e que parecía axeitado aos meus intereses. Había dúas linguas e unha situación de desigualdade, había políticas e polo tanto tiña que haber relacións de poder. Tamén, había un papel claro e explícito do sistema educativo ao respecto.

traduccion galego xapones

En canto comezou a recolleita de datos, empezaron a aparecer eses argumentos recorrentes dos que falabamos antes e con eles fóronse debuxando as liñas discursivas e o marco ideolóxico do que se nutren. Que o galego que se estuda é inventado e que o cambian cada pouco. Que é inútil porque só se fala en Galicia ou, menos frecuentemente, que é útil porque se parece ao portugués. Que está ben protexelo, pero o que non se pode é impoñer. E moitos outros. A verdade é que todos eles me eran coñecidos, de feito coido que non houbo ningún que non tivera escoitado antes na miña vida como galego. A diferenza é que agora me enfrontaba a eles dende outra perspectiva. Para min o do galego no colexio deixara de ser un tema estritamente lingüístico para pasar a ser unha vía de acceso, case unha desculpa, para atender á produción e á reprodución das desigualdades entre as persoas ou, máis exactamente, entre grupos sociais. Que o xeito de falar ou a maneira de escribir de cada quen eran marcadores en intersección con outras categorías de estratificación social coma o xénero ou a orixe socioeconómica, volveuse manifesto. Se era así, a introdución do galego como lingua institucional e o reforzo da súa presenza pública, a Normalización Lingüística, non sería só un acto de protección da diversidade lingüística e unha estratexia para garantir a supervivencia do galego. Sería un requisito indispensable, nun contexto democrático, para a integración dunha maioría social en desvantaxe nas súas relacións coas institucións públicas e cuxos intereses foran obviados durante moito tempo polas Administracións.

Canto hai de renuncia ou ocultación da súa orixe socioeconómica na desgaleguización dunha nena do rural no seu proceso de integración no instituto da cidade?

Á vez, pasar a ver aos galegofalantes coma suxeitos históricos de exclusión, levoume a pensar se en corenta anos de políticas normalizadoras se tería revertido esta situación ou se pola contra se seguía a representar situacións cotiás que pasan desapercibidas. Se como di Guillem Calaforra, a utilidade dunha lingua é percibida conforme á súa capacidade de facilitar ou dificultar o acceso a determinados bens simbólicos e materiais, quizais deberiamos pensar se detrás de procesos coma a creba da transmisión interxeracional no seo familiar ou o cambio lingüístico cara o castelán non se agochan as limitacións que as persoas atopan na súa vida cotiá para acceder a estes recursos mediante a súa lingua propia. Máis claramente, canto hai de renuncia ou ocultación da súa orixe socioeconómica na desgaleguización dunha nena do rural no seu proceso de integración no instituto da cidade?

Galego
A lingua das crianzas (I): Paus nas rodas ao galego na infancia

Nos últimos anos, Feijóo, Pocoyó e os seus amigos aceleraron o proceso histórico de substitución lingüística do galego a prol do castelán. A política lingüística da Xunta e a súa inacción ante a imposición estrutural do castelán favorece unha desgaleguización que comeza coa vulneración dos dereitos lingüísticos dos nenos e nenas galegas.

Isto, que para moitos será unha babecada e para outros unha evidencia, para min naquel momento, foi case unha revelación. E da man desta visión, chegou a reinterpretación do argumentario.

A explicación que fan os discursos hexemónicos soe cumprir unha dobre función de cara a facilitar a pervivencia das desigualdades. Por unha banda, tenderán a ocultar as relacións de poder que median nestas asimetrías e por outra, procurarán darlles unha interpretación coherente cun marco ideolóxico xeral. Para o primeiro, as explicacións proporcionadas buscarán naturalizar a orde social. Presentarán as desigualdades coma inevitables e, na medida do posible, motivadas polas características intrínsecas dos obxectos implicados. É por isto tamén que estas xustificacións soen ser ahistóricas. É dicir, na medida en que son naturais, non teñen unha orixe identificable no tempo e non son facilmente comprendidas como froito de procesos sociais.

Por poñer un exemplo, se o galego é percibido coma unha lingua inútil, é porque está asociada a un determinado territorio e a unha comunidade de falantes limitada, e isto sería algo consubstancial e inevitable. Porén, o galego conta na actualidade con máis falantes que algunhas linguas que son oficiais de estados, coma o esloveno, ou o islandés e moitas outras coma o grego ou o polaco están tamén acoutadas a certas áreas territoriais sen que isto implique a negación da súa utilidade por parte dos seus falantes. Esta xustificación sería entón unha naturalización que obviaría a importancia das características sociolingüísticas dos grupos que concentran o poder económico e político e que como tales establecen, entre outros, os criterios de promoción social que condicionan a percepción da utilidade das linguas.

queremos galego mani
"Paremos o extermínio da nossa língua" Zelia García

Só mediante o estrañamento, a desnaturalización e a análise nos podemos emancipar destes prexuízos na medida en que isto é posible, xerar discursos contrahexemónicos e con eles iniciativas e políticas transformadoras. O problema é que aló onde xurdan propostas de cambio haberá case inevitablemente unha reacción. A interiorización destas desigualdades fará que calquera intento de transformación poida ser percibido coma un artificio e unha violación da orde natural. Esta idea de artificialidade é moi frecuente no caso do galego. Atopámola nalgúns dos cuestionamentos que se lle fan á lexitimidade da Normativización ou nos discursos máis radicais que defenden a substitución lingüística coma un proceso espontáneo e inmotivado e consideran as políticas que a tratan de evitar un respirador artificial e un malgasto de diñeiro público.

Na mesma dirección, se unha política é verdadeiramente inclusiva e igualitaria, é probable que implique unha redución dos privilexios dos colectivos favorecidos. Cando é así aparecen os discursos vitimistas que a consideran un agravio, unha discriminación ou unha imposición. Abonda con pensar nos argumentos contrarios ás leis de igualdade de xénero ou en favor dos dereitos de calquera minoría. No ámbito das linguas cooficiais, a Imposición Lingüística é case un clásico do discurso reaccionario ás políticas normalizadoras. O feito de que a escolarización en lingua galega sexa obrigatoria e sen alternativa é visto coma unha imposición. Ademais, é unha discriminación para co alumnado castelanfalante, xa que lles suporá un hándicap na aprendizaxe e aparellará carencias formativas graves. Porén estes argumentos non aplican no caso do inglés, e moito menos no do castelán, aínda que estas linguas teñan a día de hoxe a mesma representación en moitos centros educativos.

Se unha política é verdadeiramente inclusiva e igualitaria, é probable que implique unha redución dos privilexios dos colectivos favorecidos. Cando é así aparecen os discursos vitimistas que a consideran un agravio, unha discriminación ou unha imposición.

Isto, ademais de amosar a conveniencia e a arbitrariedade destes discursos, dá pistas do marco ideolóxico máis amplo dende o que se constrúen que, dende o meu punto de vista, non é outro que a adaptación da ideoloxía neoliberal á interpretación da realidade lingüística. De acordo a isto, unha lingua será considerada segundo o proveito que se pense que lle pode sacar un individuo nun contexto social rexido polas leis do libre mercado. Deste xeito, quedan descartadas outras aproximacións que exploren, por exemplo, a súa utilidade na construción de proxectos colectivos ou que non sexan funcionais a este sistema.

A violación desta lóxica subxacente, moi probablemente implique a aparición de actitudes de rexeitamento que funcionarán na práctica como mecanismos de control social para manter o statu quo. Por exemplo, a interpretación do cambio lingüístico soe ser distinta segundo a dirección na que este aconteza. Aínda que poida ser sentida, a decisión dunha persoa galegofalante de aumentar o uso do castelán ata chegar a facelo a súa lingua principal soe ser vista socialmente como un fenómeno adaptativo e comprensible. Pola contra o proceso inverso, o neofalantismo, continúa a ser hoxe percibido de xeito bastante negativo. De feito, a presión social segue a ser o suficientemente forte para que en moitas ocasións persoas que estarían atraídas pola idea comezar a empregar máis o galego se resistan a dar o paso.

Unha lingua será considerada segundo o proveito que se pense que lle pode sacar un individuo nun contexto social rexido polas leis do libre mercado.

Persoalmente, este xeito de interpretar as relacións entre as linguas e os falantes convenceume de que calquera proxecto político, artístico ou doutra índole, que queira ser construído dende unha perspectiva alternativa á ideoloxía dominante debe considerar outorgarlle á lingua galega un papel protagonista. Igualmente, xa que non é só un tema de lingua, creo que cada vez que nos posicionamos respecto a esta cuestión, deberiamos tratar de valorar en que medida os argumentos que adoptamos, por máis que a nosa intención sexa de favorecer ao  galego, subverten esta lóxica de fondo ou contribúen á reforzar. Na mesma liña, tamén me pregunto como podemos cada un de nós ser polo menos co-creadores de discursos realmente alternativos e non só reprodutores acríticos. Por último, gustaríame comprender o papel da escola en todo isto e como aproveitar e reforzar o seu poder como axente de transformación social. Pola miña parte, seguirei investigando.

Galego
O galego que falamos
A nossa língua perde palavras, sons... e falantes. Num contexto de espanholizaçom acelerada, o galego tem no português umha boia de vida para frear a sua deturpaçom.

 

 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia Exámenes en castellano en la CRTVG: un retroceso histórico tras 40 años de consenso
La cadena que dirige Alfonso Sánchez-Izquierdo permite por primera vez elegir entre gallego y castellano en los exámenes de acceso, generando dudas sobre el futuro de la lengua gallega en los medios públicos de Galicia.
Partido Popular
Galiza Dimite o xefe de Cultura do PP de Rueda sinalando a “incompetencia” do seu conselleiro en política lingüística
O tamén concelleiro no Concello de Bueu abandona o Partido Popular e carga duramente contra o conselleiro José López Campos a quen acusa de dirixir “un equipo claramente incompetente” para xestionar o pilar do galego.
#86003
30/3/2021 13:11

Moi interesante achegamento ó análise dende unha perspectiva sociocultural (e sempre política) da nosa realidade linngüística.
Afortunadamente diría que no proceso que comentas ó final-castelanización e neofalantismo-quero pensar que podería chegar a invertirse esa percepción e as súas consecuencias no uso da lingua galega, en definitiva, unha nova aproximación á normalización efectiva.

3
0
#85984
30/3/2021 9:46

Grazas polo artigo e a leitura do conflito lingüístico desde outra perspectiva! + Lembra que o verbo *soer nom existe em galego (é um castelanismo por calco de 'soler'), senóm que empregamos 'adoitar', 'acostumar'...

0
0
#85997
30/3/2021 11:38

Tes toda a razón! Téñoo tan metido na fala que nin me decatara. Non se me volve escapar. Moitas grazas!!

0
0
Memoria histórica
Memoria histórica Cultura, exilio e loita das bibliotecarias galegas na Segunda República: a vida de María de los Ángeles Tobío
Durante os primeiros anos trinta, as bibliotecas tornaron en espazos de traballo ideais para un modelo de muller que aspiraba ser independente e que manifestara un claro compromiso político. A Guerra Civil remataría con todas as súas aspiracións.
Xunta de Galicia
Sanidade A Xunta de Feijóo, condenada por negar as visitas a unha muller falecida de cancro por ter covid-19
A xuíza di que a situación requiriu medidas de prevención “flexibilizadoras”. Faleceu a principios de 2022 no Hospital Álvaro Cunqueiro durante os últimos meses de administración do xefe do PP con Julio García Comesaña como conselleiro.
Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.
Cine
Kamal Aljafari “Palestina está en la raíz de la situación actual del mundo”
Kamal Aljafari lleva toda su carrera trabajando con materiales de archivo, indagando en las imágenes e interviniendo en ellas para preservar memorias en desaparición y para oponerse al proyecto colonial sionista y su falseamiento del pasado.

Últimas

Historia
Descifrando a historia Así foi a rebelión antifiscal galega de 1790 contra a burocracia española
A monarquía española quixo implantar a Contribución Única, algo que provocou fortes protestas. A máis coñecida foi o motín da Ulloa, chamado así porque se produciu nas zonas desta comarca. Foi a maior revolta antifiscal do Antigo Réxime en Galiza.
Opinión
Opinión ¡Que vivan los aranceles!
Que Trump propugne aranceles no debe hacernos caer en la trampa de defender los intereses de los grandes oligopolios.
Paterna
Paterna Vandalizan el muro de Paterna donde el franquismo fusiló a 2.238 personas
El paredón amaneció este viernes con grandes letras pintadas con spray negro donde se podía leer “Sagredo eres maricón y tarado”, en referencia al alcalde del municipio.
Más noticias
Opinión
Derecho a la vivienda Flex Living: el caballo de Troya de la precarización del alquiler
No es una respuesta moderna a las nuevas formas de habitar la ciudad. El ‘flex living’ no es más que la última jugada del sector inmobiliario y los grandes fondos de inversión para maximizar beneficios a costa del derecho a la vivienda.
Opinión
Opinión La unidad del anarcosindicalismo es la acción conjunta
Al hilo de supuestos movimientos desde la CGT hacia la unificación con CNT es necesario diferenciar entre lo que es una relación en clara mejora y lo que sería un proyecto real en marcha.
Galicia
Memoria histórica Cultura, exilio y lucha de las bibliotecarias gallegas durante la Segunda República
Durante los primeros años treinta, las bibliotecas se convirtieron en espacios de trabajo ideales para un modelo de mujer que aspiraba ser independiente y que había manifestado un claro compromiso político. La Guerra acabó con todas sus aspiraciones.

Recomendadas

Líbano
Ocupación israelí Israel incumple el acuerdo de paz y mantiene tropas en el sur de Líbano para “vigilar” a Hezbollah
El Ejército sostiene la ocupación de cinco colinas a lo largo de la frontera tras evacuar sus soldados de decenas de municipios. Miles de civiles regresan a sus casas para descubrir que lo han perdido todo.
Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.