Coronavirus
A Universidade non é cousa menor, dito doutro modo, é cousa maior

Este título explica ben o cinismo co que nos vemos na obriga —porque a apatía xa non é unha opción, se non este artigo non tería sentido— de afrontar a actual situación do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Unha verdadeira cerellada na que a crise da COVID-19 foi só o desencadeante.

Clase Universidad Alumnas
Alumnas en clase. Álvaro Minguito
Membro do grupo de representantes de Grao e Máster da Facultade de Filoloxía.
27 abr 2020 18:00

O 23 de abril, Día Internacional do Libro, compareceu, por fin, o ministro de Universidades Manuel Castells ante os medios de comunicación. Dende o 14 de marzo, data na que se decretou o estado de alarma, o ministro aínda non nos reconfortara coa súa presencia. Mentres o resto de ministros e ministras desfilaban día tras día en roldas de prensa e se repetía a todas horas a excepcionalidade da situación na que nos atopabamos, as estudantes tiñamos a sensación de non ter representación nesa situación e, por tanto, de non formar parte —como formamos— da realidade social da crise. Castells non dubidou en incidir acerca dos problemas de natureza psicolóxica nun chanzo superior sobre a fenda tecnolóxica e os de natureza pedagóxica, mais os nosos problemas psicolóxicos foron xerados, na súa maioría, pola falta de solucións ante os outros.

Coronavirus
Manuel Castells insiste en que las universidades deben tener en cuenta a la comunidad universitaria

El ministro de Universidades ha insistido en que el modelo de evaluación tiene que ser flexible y ha declarado que “los estudiantes deberían saber en breve plazo cómo van a ser evaluados para que puedan prepararse”.

A “incerteza” e “anguria” ás que se referiu o ministro témolas experimentado todas nós dende a suspensión das aulas. Só até hai dous días, cando o reitorado publicou un documento oficial —modificábel— no que trataba de botar luz sobre as datas e criterios de avaliación, o estudantado foi tratado como un corpo homoxéneo que se foron pasando entre o ministerio, as autonomías e os reitorados. Agora temos entendido que dependemos da bonhomía dos departamentos. Normal que non fosemos unha nova apetitosa para os medios, pois a famosa reunión entre a equipa de Castells e as responsables autonómicas só se traduciu nunha serie de recomendacións sobre a maneira de proceder ante a crise. O ministro salientou a propia autonomía das universidades e deixou claro que a última palabra a teñen as respectivas Comunidades Autónomas.

Mentres o resto de ministros e ministras desfilaban día tras día en roldas de prensa e se repetía a todas horas a excepcionalidade da situación na que nos atopabamos, as estudantes tiñamos a sensación de non ter representación nesa situación e de non formar parte da realidade social da crise.

Perante esta situación apareceu a necesidade da mobilización estudantil, para esixir o recoñecemento da nosa propia situación de crise, nada homoxénea e con todas as súas particularidades. Conste que coa mobilización non pretendemos censurar a totalidade do corpo docente, sabemos que moitas das nosas preocupacións e críticas son compartidas por algunhas profesoras e profesores. Porén, temos o deber de dubidar, de aproveitar o pensamento crítico que se di cultivar dende esta institución, en fin, de aproveitar unha serie de armas (malia estaren desafiadas) para protexer os nosos intereses, que inevitabelmente actuarán na contra da comodidade de moita parte do profesorado, do reitorado, das autonomías e do ministerio. Desafortunadamente, esta crise tamén colleu desarticulado a gran parte do estudantado, polo menos na USC. Feito que nos debería estrañar, pero non o fai, en gran medida polo viro de filiacións que tomou a relación que as propias alumnas manteñen coa universidade, sobre a que agora é o noso deber reflexionar.

O ministro tamén recalcou, durante a comparecencia, a necesidade e o deber da consulta co estudantado, iso si, sen que se malinterpretara dita consulta cun peso na toma de decisións, especialmente nesta situación nosa tan complicada. Segundo o ministro, a situación ofrece o lado positivo de estudar e ver como funcionan eses métodos de docencia alternativa, louvando a posta a punto e presteza das universidades para asumir as competencias en liña. Se antes eramos un corpo que se ían pasando de responsábeis en responsábeis, agora semellamos unhas cobaias (moi boas, por certo, xa que segundo Castells, “os estudantes manifestaron unha capacidade de adaptación, responsabilidade e sentido común extraordinaria”). Actuando no nome do sentido común ao que aludía o señor Castells resultounos moi fácil sobrepórmonos ao conformismo e á apatía cos problemas internos da universidade con certa serenidade, até que a situación nos estoupou na cara. Dende a consolidación da relativa liberdade que ten agora a xuventude parece que as universitarias entramos nunha especie de limbo no que, dende a sociedade, se nos contempla como consumidoras hedonistas da vida ou submisas construtoras dun futuro rendíbel, tal e como explicaba Alain Badiou no 2017. Se o filósofo levaba razón aí atopamos as causas da desorientación e a descoordinación política do estudantado. Á fin e ao cabo, o lóxico sería que houbese friccións, protestas xeradas polos conflitos de intereses, non esa falsa estabilidade que esta situación truncou, esperemos, para sempre.

Actuando no nome do sentido común ao que aludía o señor Castells resultounos moi fácil sobrepórmonos ao conformismo e á apatía cos problemas internos da universidade con certa serenidade, até que a situación nos estoupou na cara.

Debemos, como en todo, matizar excepcións. Dende logo, a inquedanza mantívose en determinados núcleos estudantís illados. É normal que nazan divisións, somos moitas as que accedemos agora ao sistema universitario e é difícil coordinarnos a todas. Despois están os sindicatos, mais tamén é certo que, dende hai tempo, se puxo en dúbida a representatividade dos mesmos. Ademais, estes tenderon a crear o mesmo “illamento escolástico” que denunciaba Bourdieu no campo académico, que moi probabelmente garde relación co incremento dos seus problemas internos. Creáronse asembleas abertas, fóra do dominio dos sindicatos, con representantes de cada grao para dar conta da pluralidade de opinións e acadar unha maior representatividade. Estivéronse recollendo a conciencia, a través destas representantes, as queixas e demandas do alumnado da maioría das facultades da USC.

Educación
ANEGA convoca folga estudantil durante o estado de alarma
As organización convocante reivindica a suspensión do curso e a superación das materias que estaban impartíndose no momento do inicio do estado de alarma, sen que estas computen para a media.
Redactáronse e enviáronse manifestos ao reitor e ao decanato (queda patente que non nos aclararon a quen debiamos dirixírmonos) paralelamente á folga convocada pola organización ANEGA, de dubidoso seguimento entre o estudantado. Realizáronse enquisas, coma as que mencionaba Castells na súa comparecencia, por parte do alumnado para coñecer o número de afectadas polas poucas e contraditorias decisións que até o de agora se estaban a tomar sobre o noso devir académico. Se intentabas estabelecer comunicación con estudantes doutras universidades semellaba reinar o “sálvese quen poida”. A día de hoxe seguen a chegar protestas, lóxico, dado que a información segue a ser confusa, sirva de exemplo: que significa que unha alumna poida optar ao aprazamento da defensa do TFG/TFM baixo “circunstancias excepcionais debidamente xustificadas”? Non salientan os medios de comunicación e o Goberno a excepcionalidade da situación en xeral?

Parece mentira que tivera que chegar un virus democrático para pór en dúbida a avaliación presencial e a asistencia ás aulas.

Das penalizacións pola falta de asistencia —tan necesaria— (con posibilidade de suspenso incluída) até a docencia virtual que se está a levar a cabo polo profesorado, sen aulas nin explicacións engadidas —ben por inconsciencia, ben por puro pasotismo— no que uns exercicios e diapositivas suplen perfectamente esa asistencia. Parece mentira que tivera que chegar un virus democrático para pór en dúbida a avaliación presencial e a asistencia ás aulas. Parece mentira que o ministro diga que a universidade é “para os estudantes”, que “necesitan ser oídos” cando ignoraron todas as mobilizacións contra o plan Boloña. Certo é que non hai que esquecer que goberno foi o que aprobou dito plan, o responsábel do título deste artigo, cuxo aparello ideolóxico critica agora o ministro por confraternizar demasiado co estudantado: “En la universidad no todo puede solucionarse de forma asamblearia” sentenciaban “fuentes educativas” para El Mundo. Só lles debemos o cinismo no que nos tivemos que educar, como se sinalaba ao comezo deste artigo, para poder sobrepor as sucesivas frustracións (que mellor mostra disto que a encrucillada na que fican os métodos de ensino). Se de certo a universidade tivera sido para o estudantado e non estivese dominada por un conservadorismo retrógrado, amparado na solemnidade que lle outorgou a historia, a situación sería menos caótica. Tivo que vir a COVID-19 para que realmente fosemos escoitadas. E, malia isto, lendo declaracións coma as do xornal El Mundo e vendo a pouca concreción das recomendacións ás universidades, permitirannos, polo menos, dubidar de até que punto se produciu isto. Se alguén finxe sorpresa tras estas afirmacións diremos que esta ferida interna non é nova. A autocrítica e autoflaxelación lévaa practicando a academia durante boa parte do séc. XX, especialmente a raíz dos fortes movementos estudantís que se deron na segunda metade. Xa se chamou á deconstrución e se criticou “o distanciamento social e mental de cara ao mundo” que se produce no campo académico, como sinalaba Pierre Bourdieu.

Pero basta de Bourdieu e Said e Badiou e arrastrar as críticas do século XX. Como ben dicía Krahe en “Ay Democracia”:

volvamos al aquí y ahora…

Agora que maio está por chegar…

María Zambrano dicía que somos tempo, movémonos entre o tempo e que, por iso mesmo, teríamos que saber respiralo. Tanto o reitorado no documento do novo réxime de avaliación, aprobado polo Consello de Goberno no 22 de abril, como Castells na súa comparecencia, especificaron que ditas medidas son aprobadas só para esta situación especial, esperando voltar á normalidade o vindeiro curso académico. Sinceramente, esperemos que non se volva á normalidade, unha normalidade de conformismo e desorientación, que contemplabamos escépticas moitas de nós. Esperemos que a inquedanza e a cooperación que se está a recuperar entre o estudantado nos leve a deixar de representar os papeis dados previamente no escenario universitario. Soamente deste modo poderemos romper coa filosofía inacabada do século XX e crear novos lazos filiativos coa universidade. Continuemos comprometidas e consideremos as nosas esixencias dentro do conxunto da sociedade.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Comunidad de Madrid
Nueva ley Un borrador de Ayuso contempla multas de hasta 100.000 euros por manifestarse en universidades
La Ley de Enseñanzas Superiores, Universidades y Ciencia lleva meses en negociación. Además de las manifestaciones, el texto considera como infracción grave acampadas como las de los últimos meses en apoyo a Palestina.
Opinión
Opinión La universidad pública vasca en la cuerda floja: ¿defensa real o competencias como excusa?
La reciente ofensiva del Gobierno Vasco y del Rectorado contra el decreto estatal que busca poner coto a la creación indiscriminada de universidades privadas es más que una disputa territorial.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.