Danza
“En dez anos nunca tivemos un contrato escrito. Non podemos seguir traballando así”

Desde hai dez anos, a cidade de Ourense é tomada durante dez días de verán pola danza contemporánea. Porén, a equipa do festival Corpo(a)Terra anunciou, despois da súa ultima edición a finais de agosto deste ano, o seu desarraigo da cidade e mesmo deu a coñecer o mal trato e a falta de sensibilidade da que foron vítimas por parte dos funcionarios do Concello ourensán.


Begoña Cuquejo directora de Corpo a Terra
Paula Quintas, Marta Alonso e Begoña Cuquejo, codirectoras de Corpo(a)Terra. Foto arquivo do festival.
2 oct 2020 07:00

Desde hai dez anos, a cidade de Ourense é tomada durante dez días de verán pola danza contemporánea. Porén, a equipa do festival Corpo(a)Terra anunciou, despois da súa ultima edición a finais de agosto deste ano, o seu desarraigo da cidade e mesmo deu a coñecer o mal trato e a falta de sensibilidade da que foron vítimas por parte dos funcionarios do Concello ourensán.

Conversamos con Begoña Cuquejo, directora de Corpo(a)Terra, sobre o festival, o estado da cultura na Galiza e as estratexias de resistencia para asegurar o futuro do proxecto.

Cal é a historia de Corpo(a)terra? Como xurdiu?
No 2011,  Marta Alonso mais eu tiñamos falado de levar unha actuación de danza a Ourense. Precisábamos ver danza sen ter que saír de Galicia. Cando chegou o momento de actuar na rúa, como parte dunha proposta persoal, dixemos: “porque non facemos disto un festival?” e inspirámonos no festival Pé de pedra que para entón xa non existía.
Nun intre terminaron apuntándose todos os profesionais da danza que estaban nese momento en activo e xa tiñamos tres días de programación cheos de actuacións.
Nese primeiro ano non queríamos impoñerlle un nome ao festival e nós xunto á cidadanía buscámoslle un nome: o cidadán de a pé quen escribía proposicións nun muro ao largo dos dez días do festival. O último día apareceu “Corpo á terra”, que foi votado polo publico. 

Queremos traballar co que significa o corpo e o xénero na danza, presentar cousas que se pregunten como mudan os xéneros e como mudan as identidades.

Que liñas de traballo seguen? 
Logo de ver que a cidadanía estaba moi involucrada e de que Paula Quintas se incorporara na nosa equipa, empezamos a tomar a responsabilidade dun proxecto social con subvencións públicas. Creamos o proxecto como ten que ser: cunha partida para a cidadanía e unha partida para as propias artistas locais, tanto as creadoras, como as intérpretes, que non soen ter un apoio.
Nos últimos anos empezamos a traer grandes producións como foi A Partida. E, como tamén facemos un exercicio enorme de produción, temos a liña de axentes culturais que veñen a ver o que está pasando. Ademais contamos con redes internacionais para os creadores galegos (con Suíza, por exemplo, establecemos lugares onde poden vir logo a estrear). Ten sido traballo moi continuado no tempo, estes dez anos deron para moito.

Podes contarnos un pouco mais sobre o factor participativo nos espectáculos que se programan? Porque se inclinaron cara á esa dirección? 
Nós, a verdade, tratamos de estar nos formatos máis actuais. Tratamos de seguir recollendo a danza contemporánea pero tamén de ter unha liña sempre cara ao circo e cara á performatividade. Non só recollemos o formato espectáculo, facemos outro tipo de colaboracións con artistas que utilizan o corpo desde outras perspectivas. Nunha representación de A partida dixemos: temos que facer unha serie de programación ao redor das escenas expandidas ou colaterais. Ademais, queremos traballar co que significa o corpo e o xénero na danza, presentar cousas que se preguntan como mudan eses xéneros e como mudan as identidades. Realmente estudiamos o que pasa co corpo e tratamos de integrar todos o formatos que falan del.  

O que queremos é que a cidade que acolla un festival así, se comprometa cun convenio.

Como se adaptaron a situación da pandemia nesta ultima edición? 
Este ano tentamos de darlle unha saída polo lado do streaming porque sabíamos que vía presencial non habería tanta xente. Fixemos un streaming completamente profesional, con varias cámaras para que a danza se vira ben desde as casas. Ao final, había mil persoas véndoo. Porque claro, polo COVID, só puidesen estar cen persoas de xeito presencial. Entón, cando nos dimos conta dixemos: imos a tirar doutras cousas. Por iso utilizamos tamén drons de luces, porque se podían ver por toda a cidade. Ademais, xeolocalizamos a retrospectiva de Corpo(a)terra na cidade de Ourense porque, se ao final marchamos de alí, polo menos queda ese legado. 

Cal é o motivo do cese do festival? 
Pois nesta traxectoria de dez anos, o que nunca houbo foi un contrato legal por escrito. E nós non podemos seguir traballando así. A cidade que acolle festivais ten que facer un convenio legal. A nosa asociación está facendo unha actividade cun valor de cen mil euros e só lle pedimos a Ourense quince mil. Un contrato moito menor. O que queremos é que a cidade que acolla un proxecto así, se comprometa cun convenio. Un convenio a varios anos, coas cousas firmadas e sólidas. Nós non podemos estar na Rede Nacional de Festivais porque nunca ao día de xaneiro lles podemos dicir: temos o contrato firmado.
Iso é una vergoña. É un proxecto moi  profesional e moi grande. Para nós é grande, para a danza de Galiza é grande, pero para eles (os funcionarios do Concello de Ourense) non é nada. Calquera cidade ten que ofrecer un convenio con contrato porque nós si lles facemos contratos a todos os artistas e, se algo falla, nós pagamos. E iso é o que eles non fan. Non queren facer contratos nin convenios. 

Levamos dez anos facendo un proxecto cultural, está máis que xustificado que non hai malversación de fondos.

Pensas que feito de non darlles o contrato, é dicir, condicións mínimas para calquera traballadora, ten que ver cunha demeritación ou incomprensión do traballo artístico? 
Completamente. Non se dan conta do traballo que dan as cousas. Por falta dese contrato unha vez perdemos unha Europa Creativa: o noso festival estaba invitado a formar parte da subvención europea, que nos ía dar cincuenta mil euros pero, claro, para iso tes que demostrar que che apoia a cidade que che acolle. Perdemos a oportunidade porque non tíñamos ese contrato. 
Nós temos subvencións do INAEM e da Xunta grazas a que temos unha estrutura sólida. Mais o Concello de Ourense, por ignorancia, termina provocando un desmantelamento xeral da cultura. 

Moitos outros festivais na cidade de Ourense desapareceron nos últimos anos. Consideras que os motivos son os mesmos ou semellantes aos dos de Corpo(a)terra? 
Si, claro. Son motivos moi semellantes e hai un punto no que a xente xa non pode seguir empeñando ou pedindo créditos ou hipotecas sobre as súas casas para poder pagar as cousas. 

Agora mesmo toda a cultura está moi mal. Faltan estruturas sólidas, un bo plan estratéxico.

Fixeron un convenio de colaboración coma unha condición ao Concello para poder continuar co festival nos próximos anos. Pódesme explicar un pouco máis en que consiste e cales serían os beneficios para vos e todas as persoas involucradas no festival? 
Un convenio de colaboración pon estabilidade e profesionalidade. Neste caso o funcionario dixo que non tiña tempo para facer ese tipo de pliego e que non o ía facer. Díxenlle que nós podíamos ofrecernos a facer un borrador, que pagariámolo dos nosos soldos, pero nada. O beneficio dun convenio é que podemos medrar e a cidadanía pode ver a evolución dun festival; podes facer un proxecto a tres anos cos artistas, porque se ti sabes que durante tres anos podes pagarlle ese caché a unha persoa, podes facer o acompañamento dun proceso artístico. E, por suposto, podemos contratar a un equipo con anticipación. Porque, como ter bos profesionais en xullo se non os bloqueamos? 
Nós temos traído artistas boísimos dicindo “imos adiante e se non, lles pagamos nós”. Porque hai que bloquealos un ano antes e logo non tes escusa para dicirlle: non, é que ao final o meu Concello non quixo pagarme. 
Entón nós, para prever e facer algo sólido, estable e profesional, precisamos este tipo de contratos en fórmulas xurídicas. Ademais, levamos dez anos facendo un proxecto cultural, está máis que xustificado que non hai malversación de fondos.

Cal consideras ti que é o estado da danza contemporánea en Galiza agora mesmo? 
A verdade é que agora mesmo toda a cultura está moi mal. Entón tampouco sei se a danza está peor. Faltan estruturas sólidas como na época na que o Centro Coreográfico Galego estaba ben dirixido e tiña unha partida orzamentaria forte. Cando as institucións fan un bo traballo cos recursos grandes, nótase moito. Esa época era moi interesante.
Agora hai pequenas axudas, como as axudas a coproducións, que eu creo que son parches porque non hai un bo plan estratéxico para a danza. Tampouco sei se o hai para as outras artes. 
Nós estivemos moi en contacto con todas as redes de festivais e co outras asociacións doutros xéneros artísticos durante a corentena. As problemáticas, para a danza sobre todo, pero para a cultura en xeral, están alí. Pero estámonos apoiando todos. 

Nestes contactos xurdiu o que podería ser un plan de acción para facerlle fronte ao desmantelamento cultural? 
Si. Ao igual que nun momento dado necesitamos rodearnos de fotógrafos e de xestores culturais, agora tamén entendemos que sen asesor xurídico non se pode facer nada. Temos que acompañarnos coa linguaxe administrativa e xurídica coa que lidamos todos os días. A burocracia é moi dura. No sector da danza en Galicia, estamos todas nunha plataforma que se chama PAM (Plataforma de Artes do Movemento) e alí axudámonos e tratamos de estar atentas ás necesidades do sector. Iso co respecto á danza mais sucede o mesmo respecto á rede de festivais.
Na asociación de Ourense o que nos pasa é que hai que meterlle moitísimo tempo e non sempre podemos. Ao final a institución nos gaña porque a burocracia está mudando todo o tempo. Entón é moi difícil. 

Retornando a Corpo(a)terra. Falan do desenvolvemento de novos formatos para a continuidade do proxecto en próximas edicións, que teñen en mente? Cales son as súas estratexias para resistir? 
Para novembro temos unha sorpresa dun novo formato, pero aínda o estamos a argallar. Mentres, imos apoiarnos na formación, na universidade e no Espazo Xove. Tamén imos buscar un convenio cunha cidade que nos acolla. 

A indiferencia do Concello cara ás artes parece converterse nunha resposta sistemática ao longo dos últimos anos. Se Corpo(a)terra desaparece ou marcha da cidade, sumarase á longa lista festivais que deixaron de existir como Outono Fotográfico, Pórtico do Paraíso, Enclave de cámara e, quizabes, á mesma MITEU, cuxo destino tamén pende dun fío, o cal os funcionarios do Concello de Ourense, cales Moiras, poden decidir en calquera momento se o cortan ou o deixan intanto. Polo menos outro ano.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Libertad de expresión
Arte y política La censura sobre Gaza fue una de las principales amenazas a la libertad de expresión artística en 2024
El informe anual de la organización Freemuse sobre el estado de la libertad de expresión artística en 2024 alerta del incremento de la censura y la persecución en un contexto de guerra e inestabilidad.
Culturas
Opinión Macrofestivales o la romantización del hiperconsumo
No hay macrofestival ético, del mismo modo que no hay banco que piense en las personas. La forma de construir relaciones sociales, así como el lugar desde donde estas se producen son importantes.
A Catapulta
A Catapulta O mapa afectivo conectado a través da poesía
O poeta, escritor e dinamizador Tiago Alves visita A Catapulta e reflexiona sobre as conexións na lusofonía
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.