Música
Marx contra 'El mal querer'

Lévase falado moito no último ano en torno ao concepto de apropiación cultural a raiz do despunte mediático da cantante catalá Rosalía. O interesante debate que abre aquí parte do feminismo xitano sobre a ética da representación, toca unha serie de cuestións importantes que pretende abordar este texto.

24 jul 2019 15:30

Algunhas destas cuestión son: cando e como se xustifica a representación de experiencias de grupos alternos dos que non se forma parte? Pode alguén dende unha posición de privilexio representar a ditos grupos sen caer no chauvinismo? Por que se lle impide ao subalterno representarse a si mesmo en primeiro lugar?

A réplica podre dos apoloxistas da industria cultural foi defender alterados o dereito de todo artista a recoller calquer cultura que quixer, e que toda acusación de apropiación cultural ou racismo non é senón un ataque “infantil” ao dereito fundamental de liberdade de expresión artística. Facendo oídos xordos aos esforzos pedagóxicos que insistían en que crítica de “racista e antixitana” ía dirixida principalmente á industria cultural (Sony Music e non tanto Rosalía a cantante, no que nos ocupa), reduciron o debate ao absurdo e fixeron da “apropiación cultural” un home de palla que ten ben pouco –senón nada– que ver coa intención orixinal do concepto. Chegadas a este punto, o asunto tornouse tabú moralista de “posmos” a ollos da opinión pública, en parte abofé porque é unha idea máis intuitiva para a que non cómpre unha mínima lectura postcolonial, mais tamén pola clara intencionalidade política dos caricaturistas: ao pobo xitano quéreno no gueto (tamén) teórico.

A crítica de “racista e antixitana” ía dirixida principalmente á industria cultural

Esta condena á superficialidade de cuestións complexas plantexadas por identidades oprimidas, segue unha liña de continuidade que vai –permítasenos a provocación– dos vídeos de youtubers, como Un Tío Blanco Hetero, a libros como “La trampa de la diversidad” de Daniel Bernabé. Non imos aquí repetirlle por enésima vez a resposta detida a unha impostura que atribúe aos movementos “identitarios” o que son, en realidade, ineptitudes (ou directamente fobias) políticas propias. Sería caermos na súa “trampa”. Dende o noso punto de vista, ademais, parécenos dunha prioridade ridícula en comparación coa amplísima difusión da propia caricatura entre as identidades non cuestionadas (ben acaído aquí de novo o dos “tíos brancos heteros”) coas que comparten clase social e intereses.

Móvenos neste artigo o feito de que, se chegado o momento no que ao dicir unha cousa todo (ou case todo) o mundo enténdea de certa maneira, importa pouco ou menos a intención orixinal do concepto. Que “apropiación cultural” sexa na práctica sinónimo popular de mestizaxe ou intercambio cultural apunta a unha notable falta de precisión deste termo fóra da discusión académica. Pásalle como aos “posmodernos” que batallan Bernabé e os seus. E xa que logo, o problema non era que as acusación de “apropiación” a Rosalía estiveran sempre fóra de lugar –invocando para isto a Paco de Lucía, Lorca ou mesmo a Camarón–, senón que cando si eran pertinentes e xustas apuntaban a algo máis específico que a “apropiación”. Abondaba para isto escoitar 5 minutos máis estas críticas para comprendelas: ler artigos como os da avogada Pastora Filigrana ou o historiador Rafael Buhigas, falando de expropiación, de descontextualización para manter estereotipos interesados.

A categoría de apropiación cultural pode, abofé, resultar ampla de máis para comunicar o que non poucas veces se pretende. E, debido a esta mesma amplitude, pode prestarse a xuízos apresurados nos que unha crítica fundada que empregue o termo sexa inmediatamente descartada baixo o argumento da necesidade de compartir e “normalizar” outras culturas. Isto adiántanos a necesidade de que as nosas categorías conceptuais sexan precisas, mais ao que imos é a que as críticas de apropiación cultural non poden nin deben desbotarse como unha queixa banal e atomística do nativo ante o foráneo. Afirmamos aquí sen temor a equivocarmonos que o pobo xitano non reivindica esencialismo ningún no tocante á recente polémica en torno ao cante flamenco. Sobrado recoñecemento ten feito a figuras como Antonio Chacón ou La Niña de La Puebla. Pódese dicir o mesmo acaso dende a outra parte? Que de alguén coma Lola Flores perduren, na cultura popular paya, os sotaques e anécdotas na televisión antes que a súa obra musical fala por si só.

Sony Music e Rosalía sitúanse no mercado liberal das ideas

A controversia en torno a Rosalía é honesta. Hai unha intención de diálogo construtivo dirixido ás formas nas que unha determinada experiencia cultural ou identitaria é cruamente expropiada e alienada daquelas ás que pertence –podemos admitir, de maneira non exclusiva ao pobo xitano no tocante ao flamenco– sen unha mínima preocupación pola experiencia mesma, que se deforma ao discurso de quen nada sabe do que é a marxinalización, o gueto, as miradas de receo pola rúa ante a propia presencia. Tampouco quere saber. Sony Music e Rosalía sitúanse no mercado liberal das ideas e fano de maneira deshonesta: quéixanse da crítica confundíndoa coa censura. Un mercado liberal que é depredador e que inevitablemente xera conflito, a necesidade de que o explotador sexa expropiado tamén no eido cultural dende a posición de clase das desposuídas. Así, a razón pola que nos decantamos por empregar “explotación” no canto de “apropiación” cultural, é porque este último termo non comunica o que está aquí en xogo e, xa que logo, préstase ao malentendido.

Cremos moi conveniente aquí rescatar e exarminarmos a distinción que Marx fixera da propiedade privada capitalista respecto da propiedade nun sentido xeral. Propiedade ven a ser o comportamento do ser humano coas súas condicións naturais de produción como algo de seu –ou máis ben que comportamento, é a súa dobre existencia en tanto que subxectivamente como persoa, e obxectivamente nesas nesas condicións naturais da súa existencia–. Toda produción é logo apropiación da natureza por parte do individuo no seu seo e por intermedio dunha sociedade determinada. A produción cultural non é, dende logo, ningunha excepción: a artista pertence ela mesma a unha nacionalidade (e sociedade) na que se apropia da súa lingua, cultura, etc. para unha produción que ten como obxectivo a reprodución da artista con e nestas súas condicións obxectivas de existencia.
O que se poñen en cuestión son as formas parasitarias nas que se distorsiona unha experiencia cultural

Como se pode comprender, é absurdo saltar de aquí a unha forma determinada da propiedade como é a propiedade privada capitalista. Nesta última, dase unha expropiación do productor directo a través da explotación económica de traballo alleo. Retomando o caso da produción cultural: o que fora obxecto de uso para a comunidade na que se creou esa cultura, tórnase mercadoría, un obxecto ao que lle pomos prezo para a súa compra-venda. E velaí que as queixas máis habituais sobre “apropiación cultural” sexan de feito, máis ben, sobre “explotación cultural”, xa que o que se poñen en cuestión son as formas parasitarias nas que se toma e distorsiona unha experiencia cultural para a súa mercantilización. Do mesmo xeito que acontece nunha fábrica co xefe cara o persoal operario, hai un lóxico desinterese na vida diaria daquelas culturas que a clase capitalista explota económicamente: tal é como debemos entender a lóxica perversa da “desxitanización” do flamenco.

Non cabe dúbida e non está en discusión que as culturas desenvólvense a través da mestizaxe e do intercambio. Non hai unha soa cultura que exista hoxe sen terse apropiado de elementos doutras, como non existe idea completamente atomizada. Mesmo as culturas subalternas que están a ser expropiadas e explotadas pola industria cultural do primeiro mundo, desenvolvéronse e evolúen acordo a procesos de apropiación.

O cante, toque e baile flamenco non son, naturalmente, ningunha excepción. De aí a preocupación pola categoría, pola precisión conceptual que tenta reflexionar sobre se as formas de apropiación son ou non son depredadoras. Porque se o problema está vagamente definido pola nosa parte –a apropiación cultural no seu sentido máis amplo–, non nos debera indignar logo a vaguidade parella que resulta en que o hit musical do momento use o caló como un accesorio máis. A categoría, dende o punto de vista marxista, tampouco debe reducirse a un exercicio inútil de denuncia do grupo privilexiado, de queixa sobre as formas nas que se apropia unha manifestación cultural sen atender á situación que permite que persistan esas formas depredadoras. Tomemos, xitanos e payos, as discográficas por asalto.

Pueblo gitano
Marketing con lunares y volantes

Una cantante ha publicado un videoclip musical de flamenco y trap donde aparecen toreros, palabras en caló y nazarenos en monopatín. Con este producto, ha generado una falsa polémica identitaria que perpetúa estereotipos sobre Andalucía y el pueblo gitano, ignorando una historia de opresión y culturas de resistencia.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Pueblo gitano
Pueblo gitano A propósito del Año del Pueblo Gitano y los 600 años de negación del otro
El 8 de abril se celebra, como cada año, el Día Internacional del Pueblo Gitano. Pero no es este 2025 un 8 de abril como otro cualquiera, al menos, no en España.
Antigitanismo
Antigitanismo Queridas payas
VV.AA.
El caso del material didáctico ‘Mujeres gitanas cambiando el mundo’, presentado en Asturias, es un ejemplo más de esta apropiación sistemática.
Antigitanismo
Opinión Un Año del Pueblo Gitano sin gitanas ni gitanos
Antes de ninguna declaración, la Corona, el Estado y la Iglesia deberían pedir perdón por todo el daño que sus antecesores hicieron a mis antepasadas y antepasados.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Opinión
Opinión ¡A la mierda Europa!
Hay otra Europa que es víctima de la Europa neoliberal y belicista que apuesta por la industria de las armas a costa de los derechos sociales, es una Europa que se muere de vergüenza cada vez que ve imágenes de Gaza o Cisjordania.
Laboral
Laboral Al borde de la huelga en la educación pública vasca
Los cuatro sindicatos convocantes denuncian que el Departamento de Educación vasco no se han sentado a dialogar hasta este viernes pocos días antes de los paros
Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Palestina
Ocupación Isarelí Primera movilización unitaria contra el genocidio en Palestina y por el fin del comercio de armas con Israel
Este sábado 10 de mayo se espera en Madrid una asistencia multitudinaria de personas venidas desde cientos de municipios de todo el Estado español para concentrar la protesta de los ataques indiscriminados del Israel contra la población palestina.
Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.