O prelo
Entrecontar nos límites do tempo e do espazo

Unha serie de historias ucrónicas que tecen a memoria dunha Galiza que non morreu coa guerra nin coa ditadura, senón que sobrevive e se recrea.
6 ago 2022 10:40

A pedra fala da morte do tempo. Não tenhais medo também do seu nascimento. A pedra conta as histórias como passos, por isso têm pés. Cada vida é um caminho e os caminhos de todas as pessoas são a vida de uma morte, de um nascer do mundo. 

As frases de Iolanda Aldrei lembran As Ondas de Virginia Woolf, novela en que a autora inglesa narra a vida de seis personaxes, desde a súa infancia e até a súa morte. Todo sucede ao ritmo do mar e, asemade, semella durar unha eternidade, coma un só día: desde a rompente do día e até a  bocanoite. Entre outras cousas, Woolf describe a percepción da nosa vida como un continuum, como unha experiencia que non remata, senón que continúa a repetirse, a recrearse. Mais tamén fala sobre aqueles vínculos que nos definen por toda a vida.  

Estes temas aparecen tamén en Entrecontar, de Iolanda Aldrei. Nos relatos curtos que conforman o libro podemos ler tanto vidas enteiras, como apenas pequenos anacos que, ao enfiarse uns con outros, debuxan o bosquexo dun territorio e das pequenas grandes historias que o constrúen. 

Iolanda Aldrei (Santiago de Compostela, 1968) é escritora e profesora. Alén da súa ampla contribución á investigación académica sobre literatura lusófona, é recoñecida pola súa obra literaria, que se compón principalmente de poesía, mais na que tamén aparece o ensaio e a narrativa. Entrecontar forma parte deste último xénero e foi publicado pola editorial Através no ano 2020. 

Esta última, é unha obra composta por narracións ucrónicas que discorren en varios tempos e vencellan distintas xeracións. Así, Entrecontar é un libro que traballa sobre a liminalidade, en tanto que todo o que relata sucede entre as fronteiras do tempo, a vida e a morte. No entanto, todos os relatos gardan como común denominador a memoria dunha forma de habitar a guerra civil e a ditadura.  

No labirinto, apenas os contornos guiam. Ele são as margens necessárias entre o medo do finito e a angústia do infinito.  

As linhas desenhadas demarcam o vazio do labirinto preexistente, tan como as vozes deixam os fragmentos de um relato pluridimensional no espaço do devir.

Agora ben, é complicado explicar como é que Aldrei cose este patchwork –vocábulo que Andrea Nunes usa para se referir á estrutura do libro no prólogo-, pois os relatos non son independentes, mais tampouco conexos de todo, nin sequera en termos cronolóxicos. Mais, por confuso que poida semellar, o que a autora logra facer é escribir unha “partitura base” desde a cal as lectoras poden decidir desde como ligar os relatos, até cal personaxe está a narrar un capítulo e se este garda relación coas personaxes dos outros relatos.  

As historias do libro nos son, en certos casos, familiares. Hai algunhas sobre as mulleres que ficaron soas, xa sexa pola emigración ou pola guerra. Fala da precariedade e das estratexias que se tiveron que desenvolver para continuar a vivir, para darlle sentido e valor á vida sobre calquera outra cousa. Entrecontar aborda tamén os mitos e as lendas do territorio. Mais, aínda que si, aparecen meigas e sabedoría orixinaria, a autora non cae nos lugares comúns dese folclore galego que tanto se ten mercantilizado. Non, Aldrei vai máis aló e faino cun dominio da lírica excepcional que reclama a lectura atenta de cada imaxe.  

Alén do momento histórico que contextualiza o libro enteiro, un dos grandes temas que ligan as narracións é a presenza da morte. Vemos os finados facerse presentes a través das lembranzas, dos obxectos, animais e até como pantasmas. Estes reencontros, que se viven con máis ledicia ca desconcerto, en realidade revelan que, no fondo, non se fala tanto da morte como da vida e da resiliencia, e que a fronteira entre ambas as dúas non existe. 

Ofreceu os alimentos que zelava, a água pura do poço que cobrira, e administrava com esperança de porvir. Lembranças e espaço de sentir, para que o mundo resista entre tanta morte latejante. 

En O infinito nun xunco, Irene Vallejo fala da escrita e a lectura, como unha historia sen fin que se continúa a construír con cada libro que lemos, con cada palabra que escribimos.  A intertextualidade está presente en cada relato, sexa escrito ou oral. Entrecontar xira arredor deste fenómeno literario, pois a autora deixa claro como cada relato é capaz de desafiar as leis da física ao lograr que converxan, nun mesmo tempo e espazo, o pasado, o presente e o futuro. A literatura como lugar de encontro. As narracións de Iolanda Aldrei “procuram uma linha em espiral, para sobreviver na polifonia, na alteridadem no convívio.  O tempo e o espaço dialogam para entrecontar”. 

Quizabes a frase coa que remata o libro, “O passado é um invento do progresso, existe o devir”, logra concatenar todo o que o libro é. Os tempos pasados son parte do presente e todo aquilo que pasou recréase cada segundo. O acto de facer memoria, de lembrar, fai posible entender que non vivimos nun tempo máis avanzado, o que activa o noso sentido político na medida en que nos obriga a reconectar con aqueles e aquilo que sucedeu e do cal non podemos desentendernos. Aldrei lémbranos que nós mesmas, así como todo ao noso redor, estamos compostas pola mesma materia prima: un cúmulo de historias que non saben do tempo e que xiran sobre si nunha espiral non finita. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.
Feminismos
Jule Goikoetxea “Los genocidios se sustentan en prácticas micro que legitiman una manera de vivir delirante”
Jule Goikoetxea es una de las filósofas más reconocidas del Estado Español. El año pasado acompañó a Angela Davis en su visita a la Fira Literal de Barcelona. De aquellos cuatro días nace su primera novela, ‘Politeísmo bastardo’.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.