O prelo
Ecoloxismo e literatura: O relato dunha distopía para reformular a realidade

A obra de Antía Yáñez propón un horizonte distópico para imaxinar as consecuencias da crise ecolóxica que vivimos.
Be water libro
15 may 2020 22:45

“Flotando sobre a súa cabeza, o globo aquaestático seguiuna durante todo o percorrido. A esfera de auga, cuxas paredes, imperceptibles á vista, moldeaban o líquido nun suave abrazo. (...) Aquel globo transparente convertérase na quinta extremidade dos seres humanos.”

O mundo como o coñeciamos rematou hai anos. Saír ao exterior deixou de ser unha opción e a liberdade só existe a través de sonos que sempre rematan co espertar nun cubículo pequeno, a única vivenda posible. Estamos no ano 2485 e a vida na superficie da Terra, a Era Superficial, acabou. Agora a humanidade vive baixo monarquías en colmeas subterráneas onde a auga escasea de tal xeito que se tornou no ben máis desexado e, polo tanto, na moeda de cambio. 

Este é o escenario da cotiandade na distopía creada por Antía Yáñez (Burela, 1991) narrada na novela curta Be Water, que foi finalista na categoría de Literatura Xuvenil nos Premios María Victoria Moreno e Gala do Libro Galego. Foi o primeiro libro en saír do prelo da editorial independente Cuarto de inverno.

A través do relato deste mundo post-apocalíptico, Yáñez preséntanos unha realidade alternativa que sacode a mente e nos fai reflexionar sobre os nosos xeitos de vivir e o que temos e damos por garantido.

O texto segue dúas liñas argumentais protagonizadas por dúas mulleres diferentes. Por unha banda, está a personaxe da déspota e cruenta raíña Hera e, pola outra, está Iolanda, unha nai nova, solteira e independente. Grazas a estas dúas historias no libro logramos ver dúas realidades diametralmente distintas da mesma colmea. As decisións que toma cada muller fronte un presente desalentador, introducen no libro discusións sobre a ética e as implicacións da vida en comunidade. 

Na colmea de Yáñez, a natalidade descende cada vez máis, a esperanza de vida é curta e as persoas que morren de deshidratación cada vez son máis. Nese contexto, a raíña está a experimentar con distintos líquidos que poidan substituír a auga, mais os resultados non son os esperados e esta substitución podería significar o fin da vida humana na colmea. 

A historia en Be Water avanza grazas á resistencia das personaxes que insisten en sobrevivir aínda en contextos escuros. A pequena filla de Iolanda pode ben representar a posibilidade de ter un futuro distinto ao presente. A procura dunha vida digna e a esperanza se desvelan no libro como as únicas formas de opoñerse a un poder que atenta contra a vida. Nese sentido, esta curta novela pode considerarse coma unha invitación da autora a percibir as actuais estruturas opresoras moito máis fráxiles do que aparentan, a considerar que as cousas poden ser dun xeito distinto, que o futuro non ten que ser o que nos ten dito e que sempre hai outra posibilidade. 

“Antes intentaría deixar a mente en branco, pero agora xa sabía que había opcións mellores ca non sentir nada. Sentilo todo. Ter esperanza. (...) A esperanza podía ser unha arma moi poderosa, aínda no sitio máis infecto do mundo. Esperanza por ter unha vida, no canto limitarse tan só a subsistir.”

Aínda que o libro chega ás escasas 115 páxinas, a solidez da distopía nótase no traballo dos detalles. Non é a primeira vez que se concibe unha historia onde apareza a analoxía entre a vida humana e as colmeas de abellas obreiras gobernadas por unha raíña. No entanto, o mundo de Antía Yáñez destaca pola súa minuciosa e orixinal construción, que logra establecer unha lóxica propia que torna máis potente o relato ao permitirlle á lectora imaxinar con facilidade o mundo que propón a autora.

O texto está dividido en catro partes. Cada unha precedida por un epígrafe de activistas ecoloxistas, e cada leva o nome dalgunha gran obra expoñente da literatura universal. 

Sen dúbida, un dos valores máis importantes de Be Water é o feito de que a autora toma responsabilidade e aporta con calidade e compromiso ao tipo de narrativas que son publicadas e dedicadas ao público xuvenil. Presenta unha historia que mostra maternidades alternativas, alerta sobre a transcendencia do ecoloxismo e que ademais está escrita dende perspectivas feministas cunha muller forte coma protagonista.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.
Feminismos
Jule Goikoetxea “Los genocidios se sustentan en prácticas micro que legitiman una manera de vivir delirante”
Jule Goikoetxea es una de las filósofas más reconocidas del Estado Español. El año pasado acompañó a Angela Davis en su visita a la Fira Literal de Barcelona. De aquellos cuatro días nace su primera novela, ‘Politeísmo bastardo’.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.