O prelo
Madialeva: viñetas do rural desde unha perspectiva feminina

As filas da ilustración da banda deseñada, ao igual que os relatos do rural galego, soen estar protagonizadas por homes. Ana Moreiras muda a xugada ao autoeditar un cómic que reúne historias do rural onde mostra as repercusións do machismo na vida das mulleres de varias xeracións.

3 oct 2020 10:01

Rebelarse contra a extinción dun relato é rebelarse contra o tempo. É loitar por manter con vida un legado, unha parte de nosa historia. E así, con inmenso esmero e agarimo, Ana Moreiras únese á batalla contra o esquecemento coa súa primeira banda deseñada Madialeva, unha recompilación de historias contadas e protagonizadas por mulleres no medio rural.  

Ana Moreiras naceu en Lugo en 1976, é licenciada en Física e traballa como profesora de Tecnoloxía. Como ela mesma conta, foi logo dunha crise persoal que contraeu o compromiso de dar continuidade ao “relato debuxándoo e denunciar co el a desprotección do noso rural e da nosa cultura ancestral”.   

Dese xeito, iniciou a xestación da banda deseñada composta por historias que escoitou ao longo da súa vida na aldea da súa nai en Meiraz, na Terra Chá. Catro anos despois, Moreiras autopublicou Madialeva grazas, en parte, á doazón de máis de 150 mecenas que colaboraron para que o proxecto puidese saír do prelo baixo o selo de Morandeira.  

O libro comeza cando Pelines, unha presentadora e xornalista televisiva, é removida do seu posto de traballo. Tras soportar comentarios sexistas por parte do seu xefe, marcha de Madrid e chega a Miraz, a aldea onde medrou, para buscar consolo no seo familiar. Ao vela tan aflixida, a súa nai preséntalle a Mirta e Gloria, dúas mulleres maiores que conquistan a Pelines cos relatos que lle  contan ao longo dos días cun espírito de Sherezade.

Madialeva 2

Ana Moreiras logra narrar, a través de imaxes e palabras, de tal forma que a sucesión de historias e capítulos é semellante á lóxica característica dunha conversa: un relato leva a outro, fai saltos no tempo, as personaxes aparecen en distintos momentos en idades distintas e tenden pontes entre temas e problemas. Meiraz, onde ocorren todas as accións, convértese na personaxe principal da banda deseñada. 

Ademais, se ben en Madialeva os sucesos estean relatados por Mirta e Gloria, a autora rescata outra particularidade de todo relato oral: o que se conta é produto dunha construción colectiva. Así, as historias vanse completando polo que cada quen viviu, lembra ou viu. É dicir, do mesmo xeito no que usualmente se adoitan a escoitar os relatos na pequenas comunidades. 

As ilustracións do cómic, que están feitas en acuarela, varían de estilo e evolucionan conforme discorren as páxinas. Cada capítulo inicia con Mirta e Gloria no momento en que empezan a lembrar. Vémolas retratadas a detalle dun xeito realista facendo tarefas cotiáns como lavar as tripas do porco no río para facer chourizas, recoller nabizas no monte ou sinxelamente descansando e charlando ao fresco.  

Madialeva 3

As imaxes de aquelo que relatan, por outra banda, teñen unha calidade máis caricaturizada, pero que non perde terreo no ámbito dos detalles nin das expresións das emocións. As viñetas están complementadas por documentos debuxados como fotografías, cartas, obxectos, poemas e cancións que lle dan á banda deseñada un aspecto de álbum de memorias, como en certo sentido o é na realidade.  

Aínda que en ocasións, caese en lugares comúns en tanto á fala e os ditos das personaxes, un dos maiores acertos do libro é que as personaxes contan con desexos e conviccións políticas claras. Contrario ao que se soe relatar das labregas e labregos do século pasado que, en moitas ocasións, son retratadas e xeneralizadas como ignorantes, atrasadas e con personalidades homoxéneas.  

Sen dúbida, as temáticas das que fala Madialeva transcenden o medio rural galego. Moitas das viñetas poderían situarse en calquera outro poboado rural do territorio español do século pasado. No entanto, ao mesmo tempo, este factor é un dos que lle da maior forza ao libro, xa que rompe con certas ideas e estigmas sociais e dános outra mirada do que o rural galego tamén foi.  

Madialeva 4
Madialeva 5

O libro chegou a min do mellor xeito que poden chegar os libros: da man dunha amizade, a mellor recomendación que pode haber.  

Ao ser unha banda deseñada autoeditada, Madialeva é distribuído directamente pola autora. Con todo, proximamente será publicado por Aira Editorial dentro da súa nova colección: Mulleres ilustradoras na banda deseñada.   

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cómic
Cómic ‘Los nadie’, un reportaje en viñetas para empatizar con las víctimas de la masacre en la valla de Melilla
La novela gráfica ‘Los nadie’ recrea la vida de cinco personas hasta el fatídico 24 de junio de 2022, cuando encontraron la muerte al tratar de cruzar la frontera y llegar a Melilla desde Marruecos.
El Salto Radio
Podcast Lecturas: El Eternauta
Analizamos el cómic distópico que anticipó la barbarie política en Argentina y que se ha convertido en una china en el zapato de Milei
Granada
Cómic 'La Revística': el caso de Juana Rivas, Remama contra el cáncer y más historias de la Granada rebelde en cómic
La asociación ‘La Tebeoteca’ publica el número 9 de su revista gráfica que incluye el caso de Juana Rivas, la iniciativa ‘Remama’ de mujeres pacientes oncológicas o el mítico festival granadino ‘Espárrago Rock’, entre otros temas
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.