O prelo
Narrar con conciencia: usar a imaxinación para defender a vida

Paula Carballeira profunda na necesidade humana do relato e exhibe a potencia política da narración oral.
15 ene 2022 10:00

Nun templo perdido entre as montañas, un grupo de monxes están inmersos na tarefa de contar a “Historia eterna” que sostén o universo. A parsimonia é interrompida pola visita do diabro, que chega coa intención de probar que, se os monxes deixan de contar a historia, o mundo continuaría a existir. Así que lle quita aos monxes a capacidade de fala e, orgulloso, comenta ao monxe de maior rango:

-A historia parou, mais continuamos aquí. O vento continúa a soprar, as aves a voar. Nada mudou.

O monxe, co sorriso de quen acaba de ter unha epifanía, responde:

-Agora o vexo: isto non ten que ver con nós. Nalgún lugar afastado, do que non sabemos ren, alguén está a contar unha historia agora mesmo. Unha historia distinta. Unha lenda, unha novela, un relato dunha morte imprevista, non importa. Está a soster o universo. Por iso continuamos aquí. Non podes evitar que se conten historias.

***

Cando penso no relato oral, venme á cabeza inmediatamente esta pequena historia que me cativou de pequena. E acho que non existe outra forma máis acaída de expresar a realidade dun acto atemporal e imperecedoiro como é o de contar historias, un acto sen o cal, non estariamos aquí.

A escritora Ana Llurba di: “A capacidade de suxestión de “Érase unha vez”, é só comparable co arranque do Xénese”. E penso que non só lle debemos á narración oral á nosa construción identitaria. Sen a imaxinación que se verte nos relatos que falan de lugares afastados, nunca nos encamiñaríamos a explorar territorios descoñecido, nin a saír ao espazo ou a alumear a teoría da relatividade.

Non sei se foi nunha caverna nin se foi primeiro con xestos ou sons que estaban a evolucionar en palabras. O xurdimento do relato só pode ser resolto pola imaxinación. Só sei que o acto de contar historias, a narrativa oral, é o xénese da comunidade, pois é en si mesma a dinámica de organización máis primixenia: alguén que fala e alguén que escoita.

Paula Carballeira (Fene, 1972) traballa profesionalmente no eido teatral como actriz, directora de escena, dramaturga e narradora oral. Escribiu e dirixiu espectáculos para varias compañías de teatro profesional dentro e fóra de Galicia, entre as que destaca o Centro Dramático Galego. Como narradora oral, participou nos principais festivais deste eido a nivel nacional e internacional. Como escritora, a súa produción literaria está conformada por máis dunha vintena de libros publicados de literatura infantil, poesía e narrativa.

E continuaremos a contar (2021), a súa última obra, foi publicada por Através Editora. Forma parte de Alicerces, unha colección dirixida por Teresa Moure adicada á publicación de ensaio breve. Dá voz a especialistas de distintos ámbitos para tratar cuestións relacionadas co pensamento, a arte ou a sociedade.

Nesta obra, Paula Carballeira afunda nas características, posibilidades e importancia da narración oral. Aínda que a autora comezase a escribir o texto antes de que estalara a crise sanitaria no 2020, ela terminou de construír a súa reflexión en medio da pandemia, o que a leva a facerse preguntas pertinentes ao respecto da presencialidade e a capacidade curativa do relato. Así, nun momento en que todos os espazos e posibilidades de encontro permaneceron pechados e foron impostas as medidas de distanciamento –o que marcou a crise do sector cultural- Carballeira enuncia:

“Continuaremos a contar, porque está em nós e porque é a maneira ancestral de enfrentarmos ao medo. (...) Contaremos a contar porque é a nossa maneira de sobreviver, nas memórias individuais e coletivas, a nossa maneira de existir e deixar constância da nossa passagem pelo mundo; de nos visibilizarmos (...) Continuaremos a contar para nos sentirmos menos sozinhas, menos sozinhos; para escutarmos e que nos escutem”.

Mais a autora non se mantén no ton de manifesto, nin no plano das metáforas. Tece o libro con pensamentos, citas, definicións e anécdotas, para facer patente as múltiples implicacións do acto de contar.

“A neta pequena daquela avó, como jogo, começou a ir ter com ela para a escutar. E a avó, milagrosamente, recuperou de todos os achaque que tinha. (...) as mãos da avó voltaram a debuxar no ar, a sua voz fez com que as cordas da garganta vibrassem, deixando a morte do outro lado da janela, tranquila, que acabasse de contar”.

E continuaremos a contar, lembra, sen dúbida algunha, á certa tradición de escrita teórica das artes escénicas. Falo daquela á que se adscriben autores como Peter Brook ou Yoshi Oida, quen teñen unha didáctica transmitida ás lectoras a través de experiencias persoais. No seu libro, Paula Carballeira escribe como quen escribe a un aprendiz, como unha mestra que comparte con agarimo e dilixencia os segredos da arte da narración oral. Así, aínda ser escrito na modernidade, o libro garda nas súas páxinas certo carácter artesanal e mítico.

CONTAR A CONCIENCIA

Sen ben a autora recorre a metáforas para resaltar os efectos que fan da profesión artística algo indispensable para a sociedade, non comete o erro de tantos outros autores que distancian a arte do mundo real, elevándoo por riba do mundo da moral. Pola contra, reitera a responsabilidade, o carácter ético, do feito de ter a palabra e enunciala fronte a un público.

“Contar força-nos a adotar uma postura. Por muito omnisciente que for, relativamente à estória, quem narra escolhe as palavras, o argumento, as inflexões na trama, a entonação, o ritmo, e isso reflete uma mensagem, um subtexto (....) A narração oral tem a capacidade de visibilizar o que se tenta ocultar, de mostrar, de dar voz a quem não a costuma ter”.

Así mesmo, Paula Carballeira enmarca a reflexión sobre a narración oral na época dixital e a importancia que ten nos procesos de recuperación da memoria histórica.

“Penso que a nossa sociedade promove o esquecemento. A velocidade da informação, o mal entendido aproveitamento do tempo em produzir para o consumo inmediato, a superficialidade dos conhecementos, a falta de consideração por tudo o que exija reflexão pausada (...) confluem numa desmemória coletiva que dificulta o nosso avanço”.

A autora entende a narración oral como un acto capaz de afrontar non só á desmemoria, senón tamén os discursos que carecen de perspectivas optimistas sobre o futuro. Ao final, no acto de contar, tanto polo encontro que require, como polos horizontes que abre o exercicio imaxinativo, invoca a capacidade de empatía das oíntes, capacidade necesaria para evitar caer en xeneralizacións e invisibilizacións das distintas comunidades que conforman a sociedade.

Así, E continuaremos a contar é un libro que propón xeitos de opoñerse a un Realismo capitalista presente en todas as distopías que nos fan crer que non hai futuro posible ao falarnos dun porvir dominado por totalitarismos e horizontes apocalípticos. Paula Carballeira propón outros xeitos de contar e, nese sentido, dignifica a profesión das narradoras e narradores orais ao lembrarnos que o seu labor é indispensable.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.
Feminismos
Jule Goikoetxea “Los genocidios se sustentan en prácticas micro que legitiman una manera de vivir delirante”
Jule Goikoetxea es una de las filósofas más reconocidas del Estado Español. El año pasado acompañó a Angela Davis en su visita a la Fira Literal de Barcelona. De aquellos cuatro días nace su primera novela, ‘Politeísmo bastardo’.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.