O prelo
Quitarnos a culpa e morder a mazá

Corpo, sexualidade e poder. A banda deseñada de Liv Strömquist repasa a historia dos órganos sexuais femininos.
13 nov 2021 06:55

Resulta incrible, mais é verdade: até finais dos anos 1960, foi publicado o primeiro estudo sexolóxico que indicaba que o clítoris era un órgano central na sexualidade das mulleres. Isto, que en realidade era algo que as parteiras sabían desde hai séculos, foi acollido nos círculos científicos occidentais como unha gran novidade. E foi até 1998, que se descubriu que o clítoris, en realidade, ten entre 7 e 10 centímetros de lonxitude. É dicir que hai menos de vintecinco anos, aínda non había información exacta da anatomía do órgano reprodutor feminino.

A distancia e o machismo na mirada masculina sobre os corpos das mulleres. O sometemento á ignorancia, ao descoñecemento xeral de funcións básicas do noso corpo. Liv Strömquist fala disto e dalgunhas ferramentas máis coas que por séculos se levou a cabo un proceso de colonización do corpo feminino.

Liv Strömquist (Suecia, 1978) estudou ciencias políticas e hoxe é unha afamada autora de banda deseñada. Os seu traballo adoita abordar temas sociopolíticos desde unha perspectiva feminista. Os seus cómics, que destacan tanto polo seu humor satírico, como pola súa rigorosa documentación, son considerados ensaios gráficos cos que a autora denuncia diversas inxustizas sociais e divulga información sobre as políticas de asilo e feminismo. Desde o 2005 traballa na radio e coordina o podcast En varg söker sin pod (Un lobo procura a súa manada) para o xornal sueco Expressen.

A froita do coñecemento foi publicado por primeira vez en lingua galega pola editorial independente Catro Ventos, un proxecto cooperativo que aplica o modelo das economías alternativas e solidarias no seu traballo de edición e publicación de textos. A súa liña editorial ten cinco eixes temáticos: economía social, ecoloxía, consumo responsable, dereitos humanos e crianza alternativa. Até o momento, levan máis de vinte títulos publicados. A froita do coñecemento, traducida por David Á. Álvarez Martínez, forma parte da sección “Dereitos humanos” e saíu do prelo este ano 2021.

Esta banda deseñada fai un repaso histórico a través de exemplos e momentos concretos que van desde a época clásica até a nosa contemporaneidade, nos que se construíron mitos e crenzas falsas ao respecto do corpo feminino. Stömquist mostra, nas súas viñetas, como este coñecemento masculino carente de ética e responsabilidade someteu por séculos ás mulleres ás máis diversas humillacións, procedementos cirúrxicos innecesarios e discriminación. A froita do coñecemento deixa en evidencia como a historia do corpo da muller foi escrita nun occidente imperial e foi protagonizada por homes, que sistematicamente silenciaron a sabedoría, o coñecemento e a experiencia feminina.

Ao longo do libro, Liv Strömquist sinala como, do mesmo xeito que o fixo a relixión no seu momento, na modernidade a ciencia ocúpase de construír certo marco de comprensión do mundo. E, pola xeopolítica que enmarca a historia da ciencia en occidente, non resulta estraño que o pensamento científico fose rexido e construído sobre ideas racistas e machistas. É dicir, a autora demostra en un par de viñetas que a obxectividade científica nunca existiu.

Sobre isto, Strömquist repasa exemplos de como as mulleres africanas foron dehumanizadas polos científicos europeos, como foron tratadas como animais de exhibición e sometidas á investigacións para probar a inferioridade das persoas racializadas con base no aspecto do seu corpo.  As mesmas ideas heteropatriarcais no pensamento científico ocasionaron que os corpos femininos que non corresponden esteticamente á norma establecida pola ciencia, incluíndo os corpos intersexuais, fosen quirurxicamente modificados. Dese xeito, Liv Strömquist afirma que non só o xénero é unha construción cultural, senón que o sexo biolóxico tamén ten sido construído –e alterado- pola cultura.

A froita do coñecemento axúdanos a comprender a relación entre corpo, sexualidade e poder; o xeito no que a bioloxía se utilizou para espallar a idea sobre a diferenza entre homes e mulleres, o que logo deveu na construción dunha sexualidade feminina débil, inferior e dependente do seu “complemento” masculino.

As liñas temáticas do libro de Strömquist entrelázanse coas doutros libros como as do filósofo Paul B. Preciado ou as de Silvia Federicci ao suxerir a indisociable relación entre a opresión dos corpos non masculinos heteronormativos e brancos, co sistema capitalista.

O longo percorrido na historia dos xenitais femininos, axúdanos a situarnos no espazo-tempo, a identificar as condicións sociculturais que definiron a nosa perspectiva sobre o corpo e, finalmente, a recoñecer como estamos aínda atravesadas por un sistema que perpetúa un estado de descoñecemento e distanciamento con respecto a nosa propia anatomía.

Un dos momentos máis destacables do libro é a sección dedicada á menstruación feminina, a cal non só nos fai preguntarnos como é que aínda concibimos o fluxo menstrual como sucio ou algo do que debamos avergonzarnos. Tamén convídanos a pensar a menstruación ou os síndrome premenstrual desde outras perspectivas. “(...) é como se eses días, para unha parte das mulleres, abrísese unha especie de canle ou unha maior susceptibilidades ao lado escuro. Algunhas viven esta fase do ciclo coma un período de sensibilidade e clarividencia intensificada que pode ser duro, pero que tamén pode ser interesante e proveitoso, por exemplo, desde unha perspectiva creativa”.

Sen dúbida, A froita do coñecemento é un libro de divulgación indispensáble, un punto desde o cal partir na procura de desarticular a ignorancia á que fomos inducidas. Esta banda deseñada representa un esforzo por reescribir a Historia, tomando a pluma, agora si, coas nosas propias mans.

O libro de Liv Strömquist, que por momentos lémbranos ao traballo de Marjane Satrapi, mestura con mestría o humor, unha mirada feminista e o rigor documental nas súas viñetas para facer un retrato crítico da relación que mantén a sociedade contemporánea coa sexualidade feminina.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.
Feminismos
Jule Goikoetxea “Los genocidios se sustentan en prácticas micro que legitiman una manera de vivir delirante”
Jule Goikoetxea es una de las filósofas más reconocidas del Estado Español. El año pasado acompañó a Angela Davis en su visita a la Fira Literal de Barcelona. De aquellos cuatro días nace su primera novela, ‘Politeísmo bastardo’.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.