Pista de aterrizaje
Irimia Fernández: “As crianzas aprenden con máis interese xogando”

Irimia Fernández converteu a súa paixón polos xogos de mesa no seu traballo ao crear o proxecto Brazolinda.

Irimia Fernández
Irimia Fernández, fundadora de Brazolinda.

Irimia Fernández converteu a súa paixón polos xogos de mesa no seu traballo ao crear o proxecto Brazolinda. Baixo este nome, Irimia deseña e fabrica xogos orixinais, educativos e en galego. Falamos con ela sobre o seu proxecto e a importancia de divertirse xogando.

Como comezaches a dedicarte a deseñar estes xogos?
Desde sempre encántame o mundo dos xogos de mesa. Cando me convertín en nai quixen que os meus fillos coñeceran tamén ese mundo, creara afección neles. Mais non atopaba xogos que me convencesen. Entón funos inventando para eles.

Fas ti todo?
Si. Invento o xogo, a dinámica, fabrico, pinto... Menos o deseño das ilustracións que as fai Dani Xove, o demais fágoo todo eu.

Por que cres que é importante que os pais e nais xoguen coas súas crianzas?
Non só importante, é fundamental. Primeiro, porque xogando se poden aprender moitas cousas: fórmulas matemáticas, expresión oral, agudeza visual... E despois, porque aparte do que aporta o xogo neste senso, tamén a través deles as crianzas aprenden a relacionarse coa xente de idades distintas á súa. Os xogos de mesa axudan a que non se perda o contacto entre pequenas e maiores. As pequenas acostúmanse a estar con xente maior ca elas, e os grandes ven que as súas fillas tamén poden aprender catro normas moi sinxelas e xogar. Ás veces parece que pensamos que os nosos nenos son moi pequenos para xogar e que non van entender os xogos. Pero cando as nais e pais se póñen a xogar con eles, decátanse das habilidades e coñecementos que teñen en realidade.

xogo brazolinda

Como é facer xogos tan artesanais e analóxicos na era do dixital?
É necesario. Moitas veces achégase a nós xente que non está afeita a xogar coas súas fillas e fillos, e cando xogan aquí —porque sempre temos unha zona de xogos nos puntos de venta— ven que en realidade poden desfrutar moito. As crianzas chegan aquí mirando a tablet, e os pais din que son moi inquedas e que non van facer caso nin van gozar. Mais ao xogar descobren que lles encanta, porque todo o mundo agradece manipular e compartir, o problema é que non se lles dá oportunidade. Por iso aquí sempre temos un cheo de xente xogando de distintas idades. Por esa banda, penso que con Brazolinda cubrimos ese oco de necesidade non cuberta.

Todo o mundo agradece manipular e compartir, o problema é que non se lles dá oportunidade.
E onde vendedes?
Temos tenda online e puntos de venda físicos en distintos puntos de Galiza. Moitos dos nosos xogos van a escolas de infantil, primaria, gabinetes de psicoloxía. Tamén en centros de terceira idade porque, ao fin e ao cabo, o que aprenden os pequeniños é o que logo van esquecendo os grandes. Habilidades motrices e así. Por iso chegamos a moitos sitios. Aínda onte vin unha imaxe na que se vía a xente de xornalismo utilizando o xogo das adiviñas para aprender a comunicar.

Ao final son xogos para traballar diferentes cousas, non?
Si, claro. Supoño que unha arquitecta ten ideas para deseñar edificios que ás que non sabemos diso nos parecen imposibles. Mais, sobre xogos de mesa eu teño moitas ideas, porque me gusta xogar e porque me gusta ensinar a través do xogo. Teño moita curiosidade e así vou creando e imaxinando. E ademais gústame que os xogos sexan moi distintos. Se teño un xogo para traballar unha cousa, por exemplo a memoria, non fago outro para traballar o mesmo. E así en conxunto trabállanse moitas cousas.

Podemos falar de pedagoxía con xoguetes?
Claro, a ensinanza a través do xogo. Nas escolas fano moito ultimamente. Antes nas escolas todo era moi serio, non se podía aprender xogando, mais agora estase introducindo este xeito de ensinar. E ao fin e ao cabo é como multiplicar: ti podes poñer ao neno a aprender a táboa de corrido, ou podes xogar unha partida con el. Antes pensábase que iso era perder o tempo na aula, pero agora saben que é ao contrario, xogando as crianzas aprenden con máis interese e motivación.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Izaskun Mata Coloma, agitadora cultural “Estoy entre Alejandro Sanz y Evaristo”
En sus genes hay fusilados de la Guerra Civil, huelgas del metal en Tubacex, trabajadoras en fábricas de telas, orfelinatos, amas de casa, limpiadoras y camareras. Fue jugadora de fútbol y regentó una taberna. Organiza y participa en slams, y tiene un grupo de poesía musical con su hermana.
Pista de aterrizaje
Fátima Ait-Benali, inmigrante marroquí “Al final ganamos, vivimos donde queremos”
Turquía, Grecia, Albania... Tres años de travesía, penurias y adversidades. De vivir en la calle, de jugarse la vida a cada paso. Otro horizonte, un futuro. Fátima Ait-Benali dejó atrás su ciudad natal, Tan-Tan, en el sur de Marruecos, y en marzo de 2019 culminó su cruel periplo en Bilbao.
Pista de aterrizaje
Edurne Lekunberri Urmeneta, maestra “Buscamos un dolmen”
Euskaldunberri venida al mundo en 1976, su abuelo paterno fue el último vascoparlante de Ilurdotz.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.