Medio rural
A insoportable sutileza do racismo no rural: contos e chufas como mecanismos de exclusión

Os medios masivos, o hermetismo das comunidades e os discursos herdados do franquismo son algúns dos factores que sistematizan a segregación das minorías.

migración galiza 3
Galicia tuvo un saldo migratorio negativo hasta 1983. Sara Guerrero Alfaro
17 jul 2020 23:24

Aínda até o día de hoxe, o rural gárdame dous segredos con extrema discreción: o proceso co que as novas se transmiten en cuestión de horas a toda a aldea sen necesidade de ningún aparello electrónico e a orixe mesma dos contos que, por máis absurdos que poidan ser, se propagan de todos os xeitos con especial seriedade. 

Nalgúns casos, este fenómeno pode ser de gran axuda como cando alguén precisa de algo ou hai algún perigo que pode ser evitado. Agora ben, tamén pode ser perigoso en si mesmo cando é usado como vehículo da difamación.  

A pandemia do COVID-19, como calquera acontecemento o fixera, ocasionou que se especulara, sospeitara e propagaran ideas falsas. Esta vez, sobre o contaxio do virus (era moita a veciñanza que lanzaba a súa roupa pola fiestra en canto chegaba a casa) e sobre quen o tiña. 

E unha das falsas vítimas, claro, tiña que ser o home chinés que leva o bazar da vila. O que me sorprendeu non foi só que se afirmara sen dúbida ningunha que o home tivera o virus só pola súa nacionalidade, senón toda a historia que se creou para soster o relato. Ao final, non sei até que punto o conto supuxo perdida de clientela ao bazar, ou se o usual racismo (disfrazado de burlas “amables”) tornou en comentarios máis directos ou nun evidente rexeitamento. Non hai que esquecer que o tipo de relatos que se xeran nunha sociedade expresan as súas idiosincrasias, valores e crenzas que, na convivencia pública cotiá, a miúdo mantéñense á marxe .  

CANDO O ALLEO CHEGA Á ALDEA 

O primeiro que me dixeron cando tomei a decisión de vir a vivir ao rural galego foi: a xente alí é moi conservadora. Mais as experiencias dos primeiros meses demostrábanme o contrario. Non escoitei comentarios de extrema dereita nin sentín que ninguén me violentase por vir de Latinoamérica. Ao contrario, a veciñanza tratábame con moitísima amabilidade. Agora ben, conforme foi avanzando o tempo, chamaron a miña atención certo tipo de comentarios como: “ese neno da televisión é negro pero é gracioso” (como se estiveran a facerlle un cumprido ao rapaz)  ou “os indios non teñen alma” (un comentario que data do tempo da colonia no século XV e que non pensara de escoitar nunca na miña vida). 

É evidente que o racismo non é algo intrínseco ao rural. Os comentarios no bar que critican as (imaxinarias) axudas económicas ás migrantes téñoos escoitado tanto na cidade como na miña aldea. Con todo, hai algunhas particularidades da expresión da xenofobia na Galiza labrega que vale a pena revisar. 

Para min, hai tres factores que propician o racismo no rural: a educación e os discursos aprendidos da ditadura franquista, os medios masivos de comunicación que reafirman prexuízos e homoxeneizan ás persoas migrantes, e o herméticas e pequenas que son as comunidades.  

Todo isto produce un grao de descoñecemento xeral con respecto a outras culturas que se enfronta cunha identidade cultural ben delimitada e compartida entre todas as persoas da vila. Así, cando as persoas que representan esas “outras” culturas aparecen nunha aldea onde toda a poboación é en certo sentido homoxénea, se lles acolle, si, pero con certa cautela xustificada co que se ten escoitado na televisión.  

Hai xa uns quince anos chegou a vivir na miña aldea Fabián, un home que migrou de Venezuela. Un dos primeiros traballos que atopou foi o de peixeiro ambulante. O outro día, falando do tema, contábame: “cando vendía peixe pasoume moitas veces que a xente notaba a miña cor de pel e tíñame medo. Algunhas persoas nin saían sequera da casa porque pensaban que lles ía roubar”.  

Alén desas experiencias, Fabián considera que, desde unha perspectiva máis xeral da súa experiencia migratoria, non se sentiu particularmente violentado, senón ao contrario, que a xente foi sempre moi amable con el.  

E xustamente alí recae unha dos aspectos máis complexos do racismo no medio rural. A xente non é hostil nin acostuma rexeitar a ninguén. A violencia nunca é directa, mais está alí. Porén, o racismo non se reduce só a ataques de odio. Hai outros xeitos cos que se fai manifesto.  

As implicacións dos contos 

Como na maioría dos territorios da península, hai un prexuízo enraizado na medula sobre as persoas xitanas. A desconfianza e o desagrado maniféstanse sempre que hai un encontro con esta poboación. Os adxectivos son sempre os mesmos (xente ladroa e preguiceira) e repítense tanto que terminan por transmitirse de xeración en xeración como se fixo desde hai séculos.  

Por exemplo, hai uns días un neno de menos de sete anos contábame sobre a súa visita ao río: lanzouse desde unhas rodas, divertiuse e comeu un bocadillo... e por algunha razón pareceulle pertinente comentarme con desgusto que todo fora ben excepto por “uns xitanos que estaban alí gritando e acaparando o espazo”. 

Eu como mexicana non teño ás miñas costas un prexuízo tan denigrante e acoutado como o da poboación xitana. Mais o que teño logrado identificar é que moitas veces a extrema amabilidade cara a min é en realidade unha tendencia a infantilizarme. 

Por unha banda, polos comentarios que teño escoitado do meu país, sei que predomina sobre el unha idea de carencia, falta de desenvolvemento e atraso xeral (tan só hai que mirar as novas recentes nos telexornais das cadeas televisivas privadas, as cales descontextualizaron e recortaron o discurso do presidente de México para deixalo como alguén tolo e parvo. Despois diso, a xente non paraba de sinalar o atraso do meu país de orixe e, por extensión, de meu pobo). 

A partir das historias que poden xurdir dos medios masivos, comezan a xerarse crenzas e sospeitas que fundamentan o racismo e perpetúan a redución identitaria.  

Non podo contar as veces nas que lle ten preguntado ao meu compañeiro polo seu sombreiro mexicano. Nin as que a xente fálanos imitando/esaxerando o noso sotaque (grazas, publicidade racista da salsa de tomate Orlando, pola súa contribución). No entanto, alén desas reproducións, calquera costume, expresión ou comentario que facemos relacionado con México é minimizado e, as veces, sinxelamente ignorado. O constante rexeitamento polo estraño e foráneo ocasionou que automaticamente suprimamos parte da nosa identidade cara á sociedade. Isto, que usualmente é aplaudido e confundido como unha ‘integración’ xeitosa, na realidade é un proceso de absorción cultural.  

Así e todo, non sucede o mesmo coas persoas migrantes que proceden de Alemaña ou Suíza, por exemplo. Ao final, o racismo é un proceso de opresión e poder orientado especificamente a certas sociedades. Secasí, sorprendeume atopar esas reaccións e actitudes con respecto a Latinoamérica. En particular porque xusto do rural saíron (si, cunha certa idea colonialista) cadeas migratorias cara ao continente americano. Supuxera que o feito de vivir alá axudaría a rachar cos imaxinarios que no entanto perduran. 

A PARADOXA 

“Sempre existiu quen di o típico ‘veñen (xs inmigrantes) a quitarnos o traballo’. E logo resulta que o di quen ten dous tíos en Brasil, un curmán en Venezuela e o avó en México. Eu sempre lles tapei a boca dicíndolles “Venezuela nunca lles dixo ‘non’ cando vós chegastes alá”. Aínda así, noto máis racismo e desprezo de cinco anos para aquí, a comparación de hai vinte. Téñoo escoitado moito da xente nova, de menos de 30 anos. Moitos racistas estaban agachados e agora saen á luz despois da aparición de VOX”, contabame Fabián con certo pesar. 

Nas eleccións deste mes, VOX tivo 41 votos no meu pequeno concello, ¡41! Se os medios de comunicación continúan a xerar contido que reforza ideas pexorativas sobre as persoas migrantes ou se non se levan acabo plans de integración ou sensibilización cara a migración (aínda nas zonas rurais onde as estranxeiras somos poucas mais si que existimos), as comunidades do campo non deixarán de ser herméticas e os prexuízos continuarán a pasarse en forma de contos de xeración en xeración e de casa en casa como se dunha tradición se tratara.  

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Murcia
Racismo Institucional La ultraderecha incentiva ataques racistas en Torre Pacheco: “Moros de mierda”
Diversos grupos de extrema derecha como Vox, Frente Obrero y Deport Them Now están promoviendo linchamientos a personas migrantes en la localidad murciana de Torre Pacheco
Opinión
Opinión Juanma Moreno será Baltasar, blackface mediante, y otras aberraciones presentes en la Andalucía colonial
El presidente andaluz será el rey Baltasar en la Cabalgata de 2026 de Sevilla dejando un claro mensaje racista y violento y sacando a relucir toda la cultura colonial en la que se sigue sustentando el territorio.
#66904
6/8/2020 8:58

Artigo cheo de "lugares comúns", con algunha verdade tamén. Chamarlle racista ao anuncio de Orlando é, por un lado descoñecer o fenómeno da publicidade nos 80, e por outro un insulto ao pobo mexicano. Ninguén coñezo que pensara nel como nunha xeneralidade do pobo mexicano, se non mais ben como unha "marca de garantía" do ben feito.

0
0
#65532
18/7/2020 18:49

Maravilloso artículo, grazas!

6
1
#65499
18/7/2020 12:41

Non se pode xeralizar máis!

6
10
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.