Medio rural
Servizos básicos inaccesibles: os tropezos de medrar no rural

Os programas para o desenvolvemento do medio rural están en marcha desde hai anos, porén na práctica a xuventude aínda medra lonxe dos servizos públicos, aprendendo que a vida está fora da aldea, na cidade.

Infancia no rural
Xornalista feminista
31 ene 2020 12:00

Segundo un artiigo do Faro de Vigo, en Galicia hai 2.000 aldeas completamente baleiras e máis de 10.000 con menos de dez habitantes; 41 aldeas en venta e un de cada tres concellos está con risco de desaparecer. 

Mais o avellentamento da poboación e a emigración non son noticias novas. A Xunta elaborou varios plans de acción para incentivar o retorno ao territorio galego en xeral, tomando como prioridade as zonas rurais. 

Alén do que se amosa nos medios masivos de comunicación sobre os negocios de produtos artesanais ou dos proxectos de gandería e agricultura, os impulsos administrativos fixéronse presentes na vida cotiá? Como vive a mocidade neste contexto?

MENORES DE 10 ANOS 

No concello de Mondariz en Pontevedra, que das catro provincias galegas é a que ten menor índice de abandono, o número de nenas e nenos menores de 10 anos diminuíu máis dun 20% desde o ano 2009. 

Non hai moito tempo que as nais e pais de familia do concello se mobilizaron ao ficar sen servicio de pediatría máis dun ano. 

Todos os días, un autobús escolar para ás oito da mañá enfronte da miña casa e recolle os nenos do meu lugar para levalos ao colexio. O autobús percorre estradas e camiños tan estreitos que ten que frear cada vez que se cruza cun coche; pasa por outros lugares e outras aldeas recollendo rapaces, mais nunca se enche. 

Na aldea na que vivo, ademais do monte, hai dúas atraccións para as nenas: unha zona de xogos escondida detrás de la vella escola, e unha cancha de fútbol. Ambos, baleiros a maior parte do tempo. Non poden acceder a outro tipo de entretemento cerca de casa porque non hai. Para atopalos, terían que ser levadas polos maiores a cascos máis urbanizados. Parecera que dende pequenas aprenden que “se queres algo, tes que desprazarte, tes que saír da aldea”. 

ADOLESCENCIA 

Rematar a ESO significa, sobre todas as cousas, mudar a unha escola máis afastada. Pero, cales son as ofertas educativas realmente accesibles? 

Estudar bacharelato ou comezar un ciclo superior. No tempo que levo vivindo nesta zona rural, puiden darme conta que a segunda opción é a máis popular entre a xuventude por razóns máis ben prácticas: estudas menos tempo e especialízaste nun oficio, o que quere dicir que te podes incorporar ao mundo laboral más rapidamente. 

A idea de cursar un grao universitario é moito menos común entre os poucos adolescentes da zona. Escoitei comentarios de pais que pensan que a universidade —aínda que sexa “pública”— é un espazo para persoas adiñeiradas, o que deixa ver que en moitas familias a opción nunca foi sequera considerada como tal. 

Pero en termos máis concretos, ingresar á universidade vivindo no medio rural é case imposible se non se conta cun medio de transporte privado ou con medios económicos que permitan pagar unha residencia estudantil ou un aluguer na cidade. Aínda cando a Universidade de Vigo está relativamente preto da miña aldea —40 minutos en automóbil—, o tempo adicado ao desprazamento pode levar ata 6 horas diarias, dous de ida e catro de volta, se se depende por completo do transporte “público”. 

ADULTOS NOVOS 

Quizás o problema da mobilidade é unha das causas que máis dificultan vivir nun entorno rural. Un autobús sae ás sete e media da mañá e outro retorna ás sete da noite. Non hai máis. Pagar un taxi, camiñar á vila máis próxima ou depender dos favores que poida ofrecer a veciñanza, acaban por completar as opcións para desprazarse. Incluso acudir a eventos vespertinos organizados polo mesmo concello se tornan inaccesibles para quen non conta cun medio de transporte propio. 

É un canellón sen saída: a baixa poboación fai imposible un aumento de horarios xa que non sería rendible para as empresas das liñas de autobuses. Mais, sen inversión, non hai ganancia posible. Algo similar acontece co servizo de internet: segundo o Informe Cobertura de Banda Ancha de 2018, na provincia de Lugo hai máis de 75,400 persoas sen acceso a internet a unha velocidade de 2Mbps, e en todo o territorio galego a cifra total ascende a 357.500. 

Xa a mediados do ano pasado se anunciou que a Xunta incentivou á empresa Telefónica con máis de 14 millóns de euros para levar fibra óptica a núcleos con menos de 300 habitantes. O que significaría un gran avance se temos en conta que o 90% dos núcleos de poboación en Galicia teñen menos de 100 habitantes, segundo un artigo de La Voz de Galicia. 

Con todo, no caso da aldea na que vivo, a instalación da fibra óptica, que estivo lista a mediados do ano pasado, non foi activada ata a data de publicación deste texto. 

Se os subsidios do goberno non son suficientes para solucionar nin a problemática da conectividade nin a do transporte, de que xeito se pretende dar solución á escasez de recursos e á emigración? 

Ao mesmo tempo, as ofertas de emprego escasean. Cousa que quere dicir que tanto estudar, como traballar, require dun esforzo extra, coloca en desvantaxe e precariza a vida. En moitos casos, para a xuventude vivir nunha zona rural significa abandonar inquendanzas e desexos para enfocarse en metas máis alcanzables. 

Parecera que as vantaxes e privilexios que ofrece o medio rural, como a posibilidade de ter unha horta propia, entre moitas outras materias primas que poden significar un aforro económico por unha banda, e unha mellora na calidade dos alimentos, fican cortas por unha cotiandade nas que o acceso a servicios básicos está obstaculizado desde a infancia.

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Sentido y senilidad
La senilidad que he estado viendo en la industria cinematográfica no se limita a la edad de ciertos directores. Es algo mayor que eso, se ha convertido en una manera de pensar, en un fenómeno cultural.
Opinión
Opinión “Tener correa” y la ridiculización del afecto
Existe una presión muy fuerte sobre los propios hombres para que no amen demasiado, no cuiden demasiado. El ideal de “libertad masculina” tradicionalmente se entiende como independencia, desapego, y muchas veces, desinterés.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.