Medio rural
A xestión comunitaria da auga: singularidades e conflitos

As estratexias de cooperación no medio rural brotan como os mananciais na Galiza: natural e abundantemente. Exemplo disto son os sistemas de repartición da auga xestionados por unha comisión. Con todo, o abastecemento autónomo afronta dificultades que poden levar á súa desaparición.
11 sep 2020 22:56

Polas mañás, antes da alborada, unha sombra atravesa a  estrada, sube cara ao monte, desvíase nun camiño e adéntrase no reino dos carballos. Desde hai décadas -e non sei se séculos-, cada mañá, case sempre á mesma hora, pasa a sombra que sempre pertence a persoas diferentes. Quen podería dicir que alí nas tebras é onde nace o segredo do perpetuo verde dos montes galegos.

Veño dunha cidade seca. Cando tiña doce anos, estimouse que o subministro natural da auga da cidade ía a rematar en meses. Medrei vendo como a xente pagaba a camións aos que lles chamamos “pipas” para que lles enchesen a cisterna das casas. Os cortes de auga ían sorteándose por barrios da cidade e podían chegar a durar até unha semana enteira.

De alí a miña sorpresa cando cheguei a Galicia, onde a auga sae por todos lados. Sempre hai un rego con auga nalgún camiño e, se andas un pouco máis, atopas regatos e regatos de auga que baixan a máxima velocidade. Despois están as fontes coa súa auga fresca que brota lixeira e constante dun buraquiño entre as pedras. E, por suposto, tamén están os ríos, aquelas venas da terra, cuxas beiras son o único lugar no cal se pode escapar do calor abafante do verán.

E eu non podo máis que darlle a razón á xente que di “non hai auga máis saborosa ca de aquí”, porque foi aquí onde probei por primeira vez unha auga que realmente non ten máis sabor ca da frescura. Mais non foi isto a única cousa que me deixou marabillada, senón tamén o feito de que o carácter comunitario da poboación estea presente até na xestión do líquido que alimenta o monte enteiro.

O SISTEMA DE REGO

Ninguén lembra xa en que ano foi. Mais calquera pode contar un anaco da historia da estrada que une a parroquia coa vila máis próxima: “Tíñamos quendas cada fin de semana para ir a pavimentar o camiño”, “ninguén nos construi a estrada, fomos nós, toda a xente da aldea, coas nosas propias mans.”

Este tipo de estratexias de cooperación para afrontar os problemas comúns aparecen un detrás doutro se escarvas un pouquiño. O sistema de rego que alimenta a todos os predios da aldea, por exemplo, tamén foi produto da construción colectiva das habitantes.

Malia que as zonas labregas teñan mudado, tanto pola emigración, como polo desenvolvemento da industria agraria, varios dos sistemas que algunha vez naceron para subsistir en períodos marcados pola precariedade sobreviven até os nosos días.

Tal é o caso do subministro da auga. Fronte a necesidade de regar os eidos e darlles de beber ao gando durante os estíos máis secos, a comunidade organizouse para deseñar sistemas de repartición da auga mediante regos.

Estímase que na Galiza poden haber máis de 5.000 captacións de auga comunitarias que abastecen a aproximadamente 300.000 persoas

O sistema que se usa na miña aldea, e que supoño de debe parecerse aos de outras, consiste na construción dunha presa onde a auga do monte se acumula pola noite. Así, cada mañá e segundo de quen sexa a quenda, alguén sube á presa e mide a auga que se acumulou para ese día metendo un pao até o fondo. A auga deixa marcada a profundidade do pozo desa mañá e procédese a repartir a auga entre a cantidade de persoas que farán uso dela ese día. A zona mollada do pao sirve para axudar a dividir con máis exactitude a cantidade da auga entre o número de persoas que regarán con ela.

Ábrese a chave e déixase correr a auga. Cada persoa vai dirixíndoa até a súa finca tapando con terra posíbeis desvíos. Mais hai que estar atentos. A persoa seguinte ten que subir até á presa para mirar se a persoa da quenda previa xa rematou coa cantidade de auga que lle correspondía e, de ser así, traza unha nova ruta co sacho cara ao seu eido, onde a deixa correr para regar a herba, as árbores, as verzas...

Con todo, o sistema non sempre é tan doado. As discusións sobre as quendas ou o pouco tempo que alguén deixou correr a auga soen ser frecuentes. Unha das miñas veciñas contábame: “Un día, Gloria e a señora Digna deixáronme a súa queda de auga para que puidera regar unhas sementes. O malo foi que tamén lle tocaba a Carmen, quen é boa persoa pero que non é moi legal no tema da auga. Entón eu fixen os regos para levar a auga ao meu eido e comecei a regalo. Mais ao pouco tempo a auga parou. Seguín o rego camiño arriba e descubrín que alguén o tiña tapado. Destapeino de novo e comezou a fluír a auga outra vez. Mais só chegar á finca, detívose de novo. Así pasou tres ou catro veces até que fun até onde Carmen para cantarlle unha boa. Ela estaba agachada a esperar a que marchase para volver a tapar o rego e quedarse con toda a auga”.

O sistema de rego aínda é bastante utilizado pola miña veciñanza. Mais tamén hai que destacar que a emigración e o envellecemento da poboación ten producido certo grao de abandono desta práctica na medida na que a cantidade de gando na zona decrece e a desatención de terreos avanza progresivamente.

O CONFLICTO DO ABASTECEMENTO AUTÓNOMO

Segundo as cifras ofrecidas polo xornal Campo Galego o 25% da poboación galega subminístrase de auga de pozos ou de comunidades de augas veciñais, como é o caso da miña aldea. Este nivel de autoxestión se debe a que non existen (ou existían) redes de subministro centralizadas. Estímase que na Galiza poden haber máis de 5.000 captacións de auga comunitarias que abastecen a aproximadamente 300.000 persoas. Con todo, moitas desas captacións non contan con controles de potabilidade.

En canto se creou a rede municipal da auga, as normativas prohibiron que as persoas tiveran acceso a rede municipal e á traída veciñal. Dese xeito, segundo Campo Galego, a Administración busca eliminar as captacións comunitarias nas zonas que conten coas dúas opcións. As comunidades afectadas como o foron os concellos de Tomiño o Tui, proclamáronse en contra das medidas, xa que para eles esta substitución da traída veciñal era unha cuestión de lucro. E, para solucionar a cuestión da calidade da auga, a veciñanza declarou que necesitaba do apoio da administración para atender o asunto.

Porén, no ano 2010, a Xunta redactou o “Plan Auga”, o plan vixente do abastecemento do auga para o consumo humano. Conforme o expoñe o Informe sobre el abastecimiento autónomo en Galicia do 2018, un dos obxectivos do Plan é subministrar de auga con garantía en cantidade e calidade, tanto ao medio rural como ao urbano. No entanto, o Plan deixa a elección do estado a extensión da súa aplicación ás augas que abastezan a menos de 50 persoas.

Isto, no caso de Galiza implica que a priori, o 80% da poboación quede fora do alcance do Plan. Con todo, os núcleos con menos de 50 habitantes que se atopan xeograficamente próximas ás redes de subministro existentes poden acceder ao Plan. De calquera maneira, o informe mencionado indica que o 10% da poboación galega queda fora do alcance do Plan que inclúe apoios en materia de augas de consumo brindados pola administración autonómica.

É dicir que, desde hai dez anos, o Plan vixentes da Xunta está a deixar desatendidas as poboacións que precisarían de apoios para que a auga das traídas veciñais sexa de boa calidade. Mentres tanto, prohíbense que comunidades conten cun subministro dobre en detrimento destas traídas autónomas e a favor das redes municipais, que custan á xente case o triplo. O que parece unha afronta (ou un grave esquecemento) das administracións contra as augas de xestión comunitaria, non ten logrado sequera propoñer unha solución factible que garante un beneficio seguro para as pequenas poboacións cun sistema de abastecemento autónomo, que non poden (nin queren) acceder ás redes municipais.

Movimiento vecinal
A autoxestión da auga, unha loita veciñal
Os usuarios de traídas comunitarias atópanse acotío con dificultades para conseguir que os organismos reguladores renoven as súas concesións.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Málaga
Lucha por el agua Victoria parcial para la Mesa del Agua
Tras meses de lucha ciudadana, el equipo técnico de la Junta de Andalucía rechaza la concesión de agua al proyecto Transcendence sobre El Llano de Matagallar (Málaga)
Grecia
Turismo depredador La isla griega de Sifnos, entre la escasez de agua y el exceso de turismo
VV.AA.
Las islas Cícladas en el mar Egeo son uno de los lugares más turísticos del mundo. La economía del archipiélago depende de los visitantes, pero el desborde del turismo está provocando graves problemas hídricos y ambientales.
Mozambique
Neocolonialismo La expansión del eucalipto en Mozambique para la papelera europea
VV.AA.
La creciente demanda de celulosa en Europa está dando lugar a nuevos mercados y a la expansión de las plantaciones de eucalipto en Mozambique. Pero algunas comunidades rurales ahora quieren recuperar la tierra que han perdido.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.
Violencia machista
Violencia machista Estadística del INE sobre violencia de género: disminuye un 5% en 2024 tras aumento histórico del 12% en 2023
En 2024 se registraron 34.684 mujeres víctimas de violencia de género correspondientes a los asuntos en los que se habían dictado medidas cautelares u órdenes de protección.

Últimas

Represión
València Activistas valencianos por el derecho a la vivienda enfrentan penas de cárcel y miles de euros en sanciones
El movimiento de lucha vecinal contra la turistificación y la especulación inmobiliaria de Caixers, así como en el proyecto de vivienda conocido como La Peseta, denuncian el hostigamiento represivo.
Más noticias
Madrid
Derecho a la vivienda Izquierda parlamentaria y organizaciones sociales reclaman medidas para acabar con el racismo inmobiliario
Una proposición no de ley ha sido registrada en el Congreso para solicitar al Gobierno que actúe contra las prácticas discriminatorias contra personas migrantes a la hora de acceder a una vivienda.
Música
Música E150, a mil por hora en este matadero
Vuelve, por cuatro noches, la zapatilla hardcore del mítico grupo catalán.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Ley de Extranjería
El Salto Radio El laberinto de la ley de extranjería y la ILP Regularización Ya
La abogada antirracista Florencia Brizuela y la escritora Vivi Alfonsín cuestionan la existencia de la Ley de Extranjería y analizamos en qué punto está la ILP que regularizaría a 500.000 personas.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.