Documental
A loita por un viño ecolóxico en 'Galicia do terroir ao natural', o documental de Pablo Alonso e Eva Parga

A peza audiovisual debate o uso de químicos na produción vinícola en Galiza. Vén de gañar o premio ao Mellor Documental no Festival Internacional de Cinema del Vi i el Cava.
Eva Parga e Pablo Alonso
Eva Parga e Pablo Alonso cun produtor de viño. Tato Gonçalves
2 jul 2021 08:02

Pablo Alonso González, científico titular do Instituto de Productos Naturais e Agrobioloxía do CSIC e Eva Parga Dans, socióloga e doutora en economía aplicada levan anos dedicados ao estudo do viño no eixo atlántico e plasmando as súas investigacións en audiovisual. Deste xeito, “teñen máis repercusión e chegan a todos os ámbitos da sociedade”. O pasado domingo 13 de xuño recibían o premio ao Mellor Documental no Festival Internacional de Cinema del Vi i el Cava pola terceira parte da súa triloxía sobre o viño en Galiza, Envino veritas: Galicia del terroir al natural. Nela falan dos perigos do viño industrializado e de como unha forma máis consciente de producir pode salvar esta bebida histórica da súa desaparición.

Gañáchedes o premio por esta terceira parte pero é unha triloxía.
Pablo: Si, de feito aínda que premiaran esta terceira película, a min dáme a sensación de que é máis ben un premio a conxunto dos tres documentais, que tiveron en conta as outras dúas para o galardón.

E como chegáchedes a facer tres películas?
Pablo: Empezou como un proxecto de investigación, unha colaboración entre Eva e máis eu desde o CSIC e a Universidade de A Coruña. A nosa intención era analizar o sector do viño en Galiza e a revolución que estaba a vivir. Digamos que Galiza se converteu nunha representante do que é o viño novo —ou o viño de máis valor engadido—, e isto relaciónase tamén con conflitos que existen no sector. Ao final vímonos con 140 horas gravadas co cal era imposible facer unha peza soa, polo que decidimos dividir por temas e facer unha triloxía.  

Cales son esas partes?
Pablo: A primeira parte, Albariño Rías Baixas: De la tradición al mundo, narra como se foi pasando dun albariño tradicional —que era un produto das clases apoderadas— a un albariño que conquistou os mercados de medio mundo. Alí nárranse tamén os conflitos que existen ao redor do albariño, por exemplo, hai xente que elabora viños máis caros e de máis valor engadido —que nos Estados Unidos chegan a venderse por 120 euros— e a eses non lles deixan entrar na denominación de orixe Rías Baixas porque din que non teñen tipicidade.  Tamén aparece aquí o tema dos furanchos e como se superou a tradición para globalizar o albariño.

A segunda parte, El despertar del vino en Galicia fala das zonas da Ribeira Sacra e Monterrei e como aquí empezan a aparecer produtores que dun sector en decadencia pasan a facer viños que son moi valorados a nivel internacional. Estes produtores reivindican a noción do ‘terroir’, un concepto francés que di que o viño ten que expresar o ‘terruño’ do que provén. Aquí tamén pasa como no albariño, que hai viños que non lles deixan entrar nas denominacións de orixe porque din que non teñen tipicidade.

Digamos que Galiza se converteu nunha representante do que é o viño novo —ou o viño de máis valor engadido—, e isto relaciónase tamén con conflitos que existen no sector.

E así chegamos á terceira parte, centrada na zona do Ribeiro e Valdeorras. Nesta zona é onde hai un maior desenvolvemento da viticultura ecolóxica, biodinámica e natural. Por esta razón a terceira parte leva o nome de Galicia del terroir al natural. En resumo, pódese dicir que cada pelicula vai facendo unha transición: da parte máis industrial do viño ao ‘terroir’ e finalmente ao viño natural. E sempre cunha visión antropolóxica, sociolóxica e histórica porque son películas resultado dun proxecto científico de investigación, polo que máis que pezas artísticas son documentais na acepción clásica do concepto. 

Falas moito de tipicidade, que quere dicir no ámbito da viticultura?
Eva: Dentro do control de calidade dos viños existe en Europa o que se coñece como sistema de denominacións de orixe. Isto o que fai é unha especie de regulamento do que son os viños típicos dunha determinada zona, desde que variedades son as que se recoñecen como autóctonas ata os métodos de elaboración. Isto é,  que características organolépticas ten que ter un viño. Mais que acontece con isto? Que hai produtores que elaboran viños albariño, por exemplo, que cando chegan aos Comités de cata —uns congresos onde se fan paneis para decidir se un viño representa a tipicidade ou non— son expulsados. Dinlles que os seus viños non representan a tipicidade da zona pese a que foran elaborados con variedades de alí e do xeito que o facían os seus antepasados. E isto por que pasa? Pois porque estes catadores adoitan ter unha noción do típico estandarizada e industrial, e cando un viño se escapa a eses parámetros, descalifícanos. Por esa razón nós nos preguntamos a nivel antropolóxico e sociolóxico como se define unha tipicidade? E concluímos que é unha construción cultural porque o que é autóctono pode ser moi subxectivo depende de para quen, sobre todo cando os sistemas están controlados por unha perspectiva máis industrializada.

in vino veritas
Un fotograma da última película da triloxía.

E falades tamén do tema do etiquetado.
Eva: Si. A ausencia de obligatoriedade do etiquetado de ingredientes no viño é outro tema importante.

Pablo: E isto vai moi relacionado con esta última parte da triloxía: ao debate que se está dando sobre os viños naturais. A nivel mundial estes viños carecen de certificación, con todo Francia fixo un certificado este año. Isto fixo que xurdise o debate na UE sobre se isto é legal ou non. O que acontece é que, de facto, hai produtores que xa están elaborando viño natural, mais para eles é imposible diferenciarse no mercado porque non se reflexa nas etiquetas.  É o tema é que  industria está en contra do etiquetado porque din que se se reflexa que hai un viño que é natural, as consumidoras poderían pensar que os outros non son naturais. Por esa razón din que é mellor falar de viños sen aditivos, sen residuos químicos. Isto é o que se chama certificación ecolóxica negativa, é dicir, que non hai residuos tóxicos no viñedo. Mais, despois falta todo o tema da bodega, todos os aditivos, e esa é a certificación positiva. É dicir, que tampouco haxa aditivos engadidos na bodega. E isto o consumidor non o sabe. Por esa razón, as consumidoras non están dispostas a pagar máis euros por unha botella de viño natural. Porén, se soubesen os ingredientes que levan, probablemente sería distinto.

E por que non é obrigatorio etiquetar o viño?
Pablo: Por resumilo moito, desde os anos 70 vense debatendo na UE e digamos que as consumidoras perderon a batalla. Dentro das industrias alcohólicas —destilados, cervexa a e viño— os dous primeiros están a favor do etiquetado de ingredientes, mais o lobby do viño —sobre todo en Francia— está totalmente en contra de que se etiquete porque din que o consumidor vería o viño como un produto problemático.

E así está o tema, por un lado coas asociacións de consumidoras —como a OCU, etc.— e por outro o lobby do viño. Agora din que se vai regular a partir de 2022 con etiquetas que teñan un código QR, pero con este método os ingredientes non van estar nas etiquetas, senón que a xente vai ter que miralo co móbil. E cantas persoas usarán esta aplicación?

Eva: Ademais, o problema é que moitos dos ingredientes que hai no viño son potencialmente alérxenos, como o ácido sórbico que é daniño para as persoas intolerantes ao sorbanos, que tampouco se etiquetan porque non son considerados como alérxenos para a UE. Polo tanto, a falta de etiquetado ten implicacións de saúde para as consumidoras.

Por resumilo moito, desde os anos 70 vense debatendo na UE e digamos que as consumidoras perderon a batalla.

Aínda así, aínda hai moitas persoas reticentes a volver a unha forma de facer viño máis natural.
Pablo: Porque claro, ti se traballas polo método convencional é máis seguro. As producións aumentan, tes un viño estándar e vas pasar as catas do comité regulador da túa zona e vas estar dentro da denominación de orixe. Está todo máis controlado, digamos. É un método produtivista. E por que é así? Por cando ti entras no mercado, compites por prezos e non por calidade. Isto obriga a tirar os prezos e así créase un círculo vicioso de ter que producir máis para poder baixar os prezos e ser máis competitivo.

Eva: Esta ademais o tema da seguridade, porque un viño industrial non se te vai estragar. Ao poñer conservantes na bodega podes deixar o viño alí unha eternidade. Pero claro, non é o mesmo un produto así que un viño natural.

Pablo: Claro. E se traballas en ecolóxico ou en natural, en cambio, vas ter menos produción e corres máis riscos, por iso os produtores destes viños buscan diferenciarse en base a calidade para vender viños máis caros. Cal é o problema? Que sen etiquetado de ingredientes, non se poden diferenciar dos viños estándares e a xente non sabe por que razón son máis caros. Por poñer un exemplo: ti pagarías o mesmo por un queixo manchego que por un Philadelphia? Obviamente a maioría da xente pagaría máis por un queixo manchego que ten queixo e pouco máis, mentres Philadelphia ten unha lista de 20 ou 30 ingredientes. Pois co viño é o mesmo. Se as consumidoras puidesen ver que viños son só uva, probablemente pagarían máis por ese que por un con un montón de estabilizadores, etc.

Algunhas persoas na película din que non se pode facer viño natural en Galiza, é certo?
Pablo: Non. Practicamente en todas as zonas hai produtoras que fabrican en ecolóxico. Incluso en O Salnés ou en O Rosal. É dicir, pódese facer. Que acontece? Que como tes menos produción en ecolóxico polo que falabamos, tes que buscar outro modelo de negocio, con prezos máis caros e outro sistema. Polo que cando a xente di que non se pode, coméntao porque é algo que se repetiu moito ata converterse nunha crenza —moi fomentada tamén pola industria—, pero non está falando desde un punto de vista técnico ou científico. Tecnicamente pode ser máis difícil porque hai menos sol e máis choiva, pero tamén pasa en Alemaña ou Francia e hai moitos exemplos de viticultura ecolóxica aló.

O que é imposible é mais ben o que acontece hoxe en día en Galiza que atopas no supermercado botellas de albariño por 2 euros. Se calculas o que custa o tapón, a botella, a uva, o procesador, a man de obra... non dan as contas. 

Eva: O que é imposible é mais ben o que acontece hoxe en día en Galiza que atopas no supermercado botellas de albariño por 2 euros. Se calculas o que custa o tapón, a botella, a uva, o procesador, a man de obra... non dan as contas. Polo tanto, o modelo industrial a longo prazo é autodestrutivo.

En resumo, que un xeito máis natural e ecolóxico de producir sería mellor para o viño ao longo prazo
Eva: Evidentemente. O modelo industrial é unha aposta de certas persoas que dirixen a denominación de orixe, pero é construproducente levala así. A denominación de orixe debería servir como estratexia para valorización do produto, porque senón a longo prazo o que pasa é que estás facendo que a xente abandone o campo, porque chega un momento en que non lles merece a pena. Se tiras o prezo da uva e do viño, que van facer?

Pablo: Por facer unha análise un pouco máis técnico e centrándonos no Albariño, por exemplo, antes Galiza era unha rexión de minifundio con pequenas produtoras que se foron xuntando en cooperativas e bodegas industriais, e esas bodegas mercaban a uva ás pequenas produtoras. Mais, o que foi acontecendo é que aumentou o número de quilos de uva e as superficies, ao tempo que diminuía o de viticultores. Por esta razón, dun modelo como o da Borgoña francesa —con botellas a 40 euros— estamos dirixíndonos a un modelo como o Verdejo: grandes extensións, grandes producións e prezos moi baratos, e creación de novos produtos. Antes testes modelos, o que nós intentamos dicir é que existe outra forma de facer viticultura e ademais non hai que ir tan lonxe. O Douro, en Portugal, é un exemplo de facer as cousas de outra maneira. No canto de industrializarse ao bestia para competir por prezos, mantivo outra tendencia.

Audiovisual
Illa Bufarda “A historia do dentón mostra un rural activo e conectado co mundo que nunca se nos contara”
O seu documental recupera o relato agochado nun pequeno fungo do centeo que puxo Galiza no mapa cando a gran sombra do Franquismo só favorecía o illamento.

Eva: Hai que engadir temos un país tradicionalmente vinculado á viticultura, mais que tamén está exportando a nivel mundial ao maior volume pero co prezo máis baixo. E isto a longo prazo é un problema porque a xente acabará optando por abandonar os viñedos e a uva desaparecerá.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sevilla
Derechos Humanos ‘A dos velas’, la lucha contra los cortes de luz en Sevilla llega a la gran pantalla
Los cortes de luz en varios barrios de Sevilla siguen siendo una realidad diaria que afecta a miles de personas a pesar de años de presión social.
Cine
Cine El legado de la cantante saharaui Mariem Hassan llega a la gran pantalla con ‘Mariem’
El cortometraje documental ‘Mariem’, dirigido por Javier Corcuera, es el último canto de su protagonista, la cantante saharaui Mariem Hassan, y la oportunidad de volver a hacer oír su voz y la de su pueblo.
Cine
Kamal Aljafari “Palestina está en la raíz de la situación actual del mundo”
Kamal Aljafari lleva toda su carrera trabajando con materiales de archivo, indagando en las imágenes e interviniendo en ellas para preservar memorias en desaparición y para oponerse al proyecto colonial sionista y su falseamiento del pasado.
Andros
2/7/2021 13:45

Súper interesante e moi en profundidade, parabéns.

Só puxen en falta algo máis sobre o do "biodinámico" que, polo que pudien observar e contrastar cos meus limitadísimos coñecementos, é coma volver á agricultura da idade do ferro, mais sen beneficio obxectivo algún, alén de empregar a etiqueta "natural" sen ir máis alá. Iso, un pouco o rollo waldorf, entre a secta new age e o turbocapitalismo do séc. XXI.
Parabéns de novo.

0
0
Salario mínimo
Salario mínimo PSOE y Sumar intentan llegar a un acuerdo para no perjudicar con el IRPF a los trabajadores con el SMI
La ministra de Hacienda ha confirmado que sería “algún tipo de medida que permita compensar a aquellos pocos trabajadores” en la situación de tener que tributar con el salario mínimo.
Residencias de mayores
Residencias Fondos de inversión y residencias: la mano invisible que retuerce los cuidados
Mientras DomusVi, en manos del fondo de inversión ICG, ya es la empresa con más residencias privadas del Estado, residentes, familiares y trabajadoras explican lo que supone que las prácticas especulativas acunen la vejez de las personas.
Opinión
Opinión Bretón no es un monstruo, ni Martín el nuevo Capote
Frente a la libertad sin peros que defienden unos, la responsabilidad de muchos: la de ciudadanos y librerías que se niegan a comprar o vender, respectivamente, el libro que Anagrama ha tenido a bien materializar.
LGTBIfobia
Manifestación Plataforma Trans planta cara a la transfobia con una manifestación contra el odio
La convocatoria el 29 de marzo denuncia un contexto internacional antiderechos. La organización pide a partidos y sindicatos que se sumen a la marcha porque la transfobia es un problema social, y por lo tanto también político, explican.

Últimas

AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
Música
Música Pervertidos y puritanos, a los pies de Ethel Cain
Proyectos musicales como ‘Perverts’ de Ethel Cain son capaces de imponer silencio en medio de tanto ruido para pensar en un momento en que las redes sociales son herramientas tendenciosas para la difusión de propaganda de ultraderecha.
Gasto militar
Gasto militar “No nos resignamos a la guerra”: 70 organizaciones rechazan la deriva militarista de la UE y el Gobierno
Más de 70 organizaciones y personalidades de la cultura y el activismo firman un manifiesto que rechaza la escalada belicista y el rearme frente a una posible agresión rusa.
Palestina
Cisjordania Hamdan Ballal, codirector de ‘No other land’, agredido por colonos israelíes
Según los testigos que presenciaron el ataque, el cineasta está herido. Poco antes de las 14h el codirector de la cinta ha anunciado que Ballal ha sido puesto en libertad.
Minería
Minería estratégica en Extremadura La Comisión Europea declara “estratégicos” tres proyectos mineros en Extremadura
Las Navas (Cañaveral), Aguablanca (Monesterio) y La Parrilla (Almoharín) obtendrán financiación, verán facilitados sus procesos de tramitación y se beneficiarán de plazos más reducidos. La mina de Valdeflores no es considerada estratégica.
Más noticias
Obituario
Obituario Jesús Santos, el basurero que se ganó el corazón de Alcorcón
Alcorconero de toda la vida, teniente alcalde, activista social y sindicalista, Jesús Santos hizo que aquellos que le acompañaron en su camino se ilusionaran por la política.
Israel
Genocidio Mercadona vende tampones y patatas procedentes de Israel
En 2024 se produjo una reducción de las importaciones de tampones y patatas israelíes. Mercadona es una de las plataformas que trabajan con estos productos.
Madrid
Madrid La Sareb amenaza con el desahucio a dos jóvenes activistas en Carabanchel
Cadete 7, el bloque en lucha del que el ‘banco malo’ prevé desalojarles de forma inminente este jueves 27, fue el primero recuperado por el movimiento de vivienda de Madrid en 2013 tras haber permanecido deshabitado desde 2008.
Palestina
Palestina Egipto abre la puerta a un nuevo alto el fuego en Gaza con el visto bueno de Hamás y EEUU
A cambio de la retirada gradual de la tropas de Israel en la Franja, serían liberados cinco rehenes cada semana. El Gobierno de Netanyahu no se ha pronunciado y siguen los ataques contra población civil.

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente Milleiros de persoas enchen A Pobra do Caramiñal para berrar contra a celulosa de Altri e a mina de Touro
Unha grande multitude por terra e centos de embarcacións por mar esíxenlle ao Goberno de Alfonso Rueda que “recúe” ante o potencial desastre ambiental que sobrevoa Galiza.
Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Colegios underground en Járkov después de tres años de guerra
La ciudad ucraniana construye escuelas subterráneas, preparadas para aguantar ataques balísticos y nucleares.
Feminismos
Irene García Galán “La memoria feminista hay que construirla desde abajo, desde nuestras casas”
‘Hilaria’ (Errata Nature, 2025) es un libro dedicado a la tatarabuela de Irene García Galán, pero también un ensayo político que navega a través de la memoria feminista, el antipunitivismo y el anarquismo.
Argentina
Estela de Carlotto “Faltan todavía muchos nietos por encontrar”
Al cumplirse 49 años del golpe cívico-militar, la presidenta de Abuelas de Plaza de Mayo dialogó con El Salto y apuntó contra el Gobierno de Milei y su ministra de Seguridad, Patricia Bullrich, que encabeza la represión de la protesta social.