O prelo
Sen medo ao descoñecido: un achegamento á realidade da emigración feminina

Cal é a historia das galegas que marcharon cara a Suíza? “Elas, as emigrantes” ilumina a parte máis escura da diáspora galega a Europa: a feminina.
Libro Elas, as emigrantes
6 mar 2021 10:00

Moita bibliografía escribiuse sobre aqueles homes que colleron a maleta e marcharon da súa terra na procura de oportunidades. Sabemos como funcionaban as cadeas migratorias, cales eran os principais destinos dos emigrantes e o tipo de empregos aos que podían acceder segundo o país ao que chegaban. Sabemos do estilo de vida que levaban no estranxeiro, dos clubs galegos que formaron e até dos símbolos indianos que incluían na construción das súas casas despois de retornaren a súa aldea natal.

Mais que sabemos sobre as mulleres galegas que tamén se buscaron a vida alén das fronteiras?, cales foron as súas motivacións para emigrar?, en que condicións viaxaban?, que atoparon nos seus destinos? Parece que a maioría dos estudos e relatos sobre a emigración galega deixaron as emigrantes á sombra dos homes ou pintáronas coma unha excepción da norma.

Porén, Elas, as emigrantes estuda os contextos e detonantes que impulsaron ás mulleres da Terra de Soneira a emigrar a Suíza en dous momentos distintos: nos anos 60 e despois da crise económica de 2009. En palabras da autora, o libro xorde como ”uma homenagem a todas essas mulheres, que ficaram amiúde ocultas dentro de genérico facto migratório galego, mas que têm histórias próprias e realidades específicas que contar”.

Carmen V. Valiña é unha investigadora nada en Baio. É doutora en Historia Contemporánea e profesora experta en feminismos decoloniais. Arredor de 2016, creou a plataforma Periféricas, unha escola virtual de feminismos alternativos que ofrece cursos impartidos por doutoras e investigadoras especializadas. Ten un ensaio publicado sobre a representación do mundo arabo-islámico no traballo de periodistas da TVE.

Elas, as emigrantes foi publicado en 2019 mais, como podemos intuír a través das palabras da autora, parece que o libro é un proxecto que se leva xestando desde a infancia de Carmen V. Valiña, quen naceu e medrou na Terra de Soneira, onde o halo da migración estivo presente na cotiandade: na aula chea de nenas e nenos criados polas súas avoas e nos luxos que cada verán chegaban desde Suíza para ser ostentados fronte á comunidade.

“Influiu aquela “mitologia” sobre o país que desde bem crianças fomos mamando, inconscientemente, através daqueles carros, aquelas salas de aulas preenchidas de crianças com pais fora e aqele alemão alarivado nas noites de verão”.

Así, desde o inicio, a autora deixa claro que as implicacións da migración incidiron en toda a poboación e non só naquelas familias en que emigraba alguén. Nese sentido, falar da emigración é contar a historia económica e social dun territorio, mais tamén é cavilar sobre como moldeou e continúa a configurar a identidade da poboación galega.

O libro é o produto dun traballo de investigación que incluíu, entre outras cousas, falar coas mesmas emigrantes. A partir destas conversas, a autora fixo un exercicio de análise crítica e demostra como e en que aspectos o proceso migratorio das mulleres galegas foi determinado polo seu xénero. Valiña escrebe e divulga relatos e realidades da historia da emigración galega que até agora non foran estudadas. Ela, como tantas outras autoras feministas, precisa  facerse preguntas ao percibir unha ausencia, unha omisión sistemática das mulleres nos anais da Historia.

“(As mulheres) Tinham padrões diferenciados em relação á emigração dos seus pais ou os seus maridos? Mais ainda: que motivações induziram aquelas que viajaram sós desde os anos sesenta, numa época em que, na Espanha, o único modelo aceitável para elas era o de mãe e donas de casa?”

No primeiro capítulo, Carmen V. Valiña expón as dificultades para estudar a emigración a Suíza, que non fora tan estudada como a emigración que tivo como destino o continente americano. Mais o legado dun Instituto Español de Emigración construído segundo as estruturas patriarcais e católicas imperantes da época franquista tamén obstaculizou a obtención de información: as cifras oficiais sobre a emigración feminina nos anos 60 e 70 foron reducidas respecto da realidade. Para as institucións, esta migración adoitaba ter un carácter limítrofe por considerar a gran parte das emigrantes un desdouro por non se acatar  aos modelos tradicionais de muller.

“As próprias políticas migratórias contribuem a essa ocultamento (as mulheres como sujeitos migratórios): durante décadas, o caráter tutelar das normas de emigração do Estado espanhol estableciam uma série de requisitos para a emigração feminina que mostravam de forma evidente a sua subordinação a respeito dos homens e a aparente necessidade de protegê-las pela sua suposta deibilidade e falta de autonomia. (…)”

Así, a autora fai máis que abordar a emigración con delimitacións temporais e xeográficas: expón a realidade da muller en dous momentos históricos distintos. Ademais, Valiña non só fala daquelas que emigraron da man dos seus maridos, tamén menciona ás que cruzaban a fronteira na procura de liberdade, de eludir os estigmas sociais que caían sobre elas e, mesmo, de fuxir do matrimonio nunha época en que o divorcio non estaba permitido. Xa que logo, fai o que moitos investigadores non: visibiliza a axencia das mulleres.

“A emigração, e de forma particular a emigração à Europa (...) constituiu uma autêntica via de escape. Muitas delas, aliás, experimentaram pela primeira vez, logo do controlo paterno, a possibilidade de ganhar o seu próprio dinheiro, decidir onde o investir, sair ou desfrutar do seu lazer sem as estritas normas da moral católica imperante na Espanha da época ou no Portugal da ditadura de Salazar”.

Mais Elas, as emigrantes non queda no pasado. O feito de que o libro se nutra das entrevistas coas emigrantes, dálle  unha especie de amplitude temporal que permite observar as diferenzas entre as distintas xeracións de emigrantes e como foi e continúase  transmitindo o mito da migración, o mito da Suíza.

“A Suíça  continua apresentando-se, pois, como uma opção de emigração interessante, mas já longe do “Dourado” que parecia ser durante os anos 60 e 70” (…) “As circunstâncias também pareceram mudar frente a esse discurso estudado para os anos 60 e 70, e as mulheres entrevistadas que continuam atualmente na Suíça não se colocam un retorno imediato para a Galiza”.

Elas, as emigrantes, fala do que implica ser muller e ser migrante. Fala de como inflúe a maternidade, dos estigmas e opresións que caeron sobre elas; dos obstáculos que tiveron que enfrontar só polo seu xénero. Mais tamén fala do que atoparon doutro lado, da liberdade e da apertura de horizontes. É un libro que, neste presente de extrema criminalización ás persoas migrantes, lembra que o desexo e acto de migrar responde a un impulso natural e que é un dereito humano.

Nunha primeira instancia poidera parecer que escribir sobre un contexto espazo-temporal tan particular —como é estudar só a emigración feminina da Terra de Soneira cara á Suíza—, fose limitar o alcance das súas palabras. Mais Carmen V. Valiña demostra o contrario e máis aínda: é como se ao facelo deste xeito, fixese manifesto que as historias das mulleres desta rexión, por máis pequena que sexa, merecen ser contadas.

Elas, as emigrantes, foi publicado por Através Editora no 2019.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galego
Manifestación Miles de persoas enchen Compostela cun berro único en defensa da lingua galega
A plataforma Queremos Galego conseguiu aglutinar voces diversas da Galiza social, política e cultural para “parar a emerxencia lingüística” que sofre a lingua propia e así esixir á Xunta “un cambio de actitude”.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.